Guía de procedementos e servizos

CO301B

Bonos Activa comercio.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2022 - Prazo pechado: 13/10/2022 00:00 - 30/11/2022 23:59

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

A presente orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de axudas do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio (código de procedemento CO301B).

Así mesmo, por medio desta orde procédese á súa convocatoria e á apertura do prazo de adhesión dos comercios interesados.

Obxectivos.

O obxectivo do Programa bonos Activa comercio é incentivar a demanda comercial, axudando economicamente ás persoas consumidoras, así como fomentar o consumo nos establecementos comerciais retallistas adheridos á campaña.

Ademais, o programa ten como finalidades propiciar o fortalecemento do sector comercial retallista da Comunidade Autónoma de Galicia, dinamizar a actividade comercial promovendo as compras de bens en comercios, mellorar o fondo de manobra dos establecementos comerciais e paliar o impacto negativo derivado da actual situación inflacionaria.

Actividade subvencionable.

Pola presente orde subvenciónase a compra de bens, a través dos bonos Activa comercio, nos establecementos comerciais retallistas de Galicia adheridos ao programa.

As vendas subvencionadas serán as realizadas ata o 31 de decembro de 2022.

Cada bono terá a consideración de bono desconto por un valor de 30 euros para as compras realizadas nos comercios adheridos.

O importe do bono irase reducindo, ata o seu esgotamento, en función do valor da compra de acordo cos seguintes criterios:

    - Desconto de 5 € en compras iguais ou superiores a 20 € e inferiores a 30 €.

    - Desconto de 10 € en compras iguais ou superiores a 30 € e inferiores a 50 €.

    - Desconto de 15 € en compras iguais ou superiores a 50 €.

Todas estas contías enténdense co IVE incluído.

Poderán ser persoas beneficiarias das axudas as persoas físicas maiores de idade e residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que que compren bens, a través dos bonos Activa comercio, nos establecementos comerciais retallistas de Galicia adheridos ao programa. Para seren beneficiarias terán que tramitar as súas solicitudes conforme o establecido na orde.

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Dirección Xeral de Comercio e Consumo

https://www.bonosactivacomercio.gal/

Dirección Xeral de Comercio e Consumo

Prazo de presentación: PECHADO

13/10/2022 00:00 - 30/11/2022 23:59

O prazo para a adhesión dos comercios retallistas ao Programa de dinamización e incentivación do consumo a través dos bonos Activa comercio comprende dende o 13 de outubro de 2022 ata o 30 de novembro de 2022.

Os bonos estarán dispoñibles na web www.bonosactivacomercio.gal para a súa descarga polas persoas usuarias dende o 24 de outubro de 2022 ata o 31 de decembro de 2022.

Data de activación dos bonos.

Os bonos estarán dispoñibles na web https://www.bonosactivacomercio.gal para a súa descarga polas persoas usuarias dende o 24 de outubro de 2022 e a súa validez estenderase ata o 31 de decembro de 2022.

Mediante orde da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación poderase modificar a antedita data se razóns organizativas, sanitarias ou de outra índole así o aconsellaran, dándose a oportuna publicidade.

Poderán adherirse ao programa bonos Activa comercio os establecementos comerciais retallistas que cumpran, ademais, os seguintes requisitos:

a) Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia (establecemento comercial en Galicia) e que reúnan as condicións legalmente establecidas para o exercicio da súa actividade.

b) Que sexan persoas empresarias autónomas ou pequenas e medianas empresas de conformidade co previsto no Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño.

c) Que estean dados de alta nalgún dos grupos ou epígrafes do IAE recollidos no anexo I desta orde.

Alta para a adhesión ao programa.

Os establecementos comerciais retallistas que desexen adherirse ao Programa bonos Activa comercio deberán rexistrarse na web www.bonosactivacomercio.gal indicando a seguinte información:

- Nome e apelidos ou razón social.

- Establecemento comercial en Galicia.

- NIF.

- Nome, apelidos e DNI ou NIE da persoa representante.

- Nome comercial.

- Enderezo do establecemento comercial.

- Número de teléfono móbil.

- Correo electrónico.

- IAE principal (incluído no anexo I).

- IBAN da conta bancaria.

- Páxina web do establecemento comercial.

A alta e o uso da aplicación polas persoas comerciantes suporá a aceptación das condicións do seu uso e da política de privacidade conforme ao Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello de 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos) e á Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, da que serán informadas convenientemente.

Na alta para a adhesión ao programa, as persoas comerciantes poderán outorgar a súa autorización para recibir información das axudas, actuacións e programas que poña en marcha a Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

As persoas comerciantes deberán asinar dixitalmente a declaración responsable, manifestando o cumprimento das condicións establecidas e a veracidade dos datos indicados, sen prexuízo de cantas outras formalidades estean obrigadas a cumprir. A Dirección Xeral de Comercio e Consumo poderá comprobar ou, no seu caso, solicitar en calquera momento os documentos acreditativos dos mencionados requisitos.

Non se admitirán nin terán en conta as solicitudes presentadas por establecementos que non cumpran coas anteriores condicións nin coa forma establecida nesta orde.

O nome comercial e a ubicación dos establecementos retallistas adheridos ao Programa bonos Activa comercio farase pública na web www.bonosactivacomercio.gal

As persoas comerciantes adheridas ao programa recibirán cunha periodicidade semanal, na conta bancaria indicada a tal efecto, a cantidade equivalente aos bonos canxeados no seu establecemento, agás no suposto previsto no artigo 20.

Comprobación de datos dos comerciantes.

Poderán consultarse automaticamente os datos das persoas comerciantes incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas Administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a)  DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) NIF da entidade solicitante.

c)  DNI ou NIE da persoa representante.

d)  Certificación expedida pola Axencia Tributaria na cal se indiquen as epígrafes do imposto de actividades económicas en que figura dada de alta a entidade solicitante.

Presentación da solicitude dos bonos.

Para a solicitude e a obtención dos bonos, cada persoa usuaria deberá darse de alta na web www.bonosactivacomercio.gal indicando a seguinte información:

a. Nome e apelidos.

b. Maioría de idade.

c.  DNI ou NIE.

d. Número de teléfono móbil.

e. Localidade de residencia e código postal.

O uso da páxina web e a descarga dos bonos polas persoas usuarias suporá a aceptación das condicións do seu uso e da política de privacidade conforme ao Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello de 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación de estes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos) e á Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, da que serán informadas convenientemente.

As persoas usuarias deberán declarar responsablemente a veracidade dos datos indicados. A Dirección Xeral de Comercio e Consumo poderá solicitar, en calquera momento, os documentos acreditativos dos mencionados requisitos.

Así mesmo, as persoas usuarias deberán declarar responsablemente que están ao día do cumprimento das obrigas coa Facenda Pública do Estado e da Administración autonómica, así como coa Seguridade Social.

Opcionalmente, os bonos poderanse solicitar presencialmente na Dirección Xeral de Comercio e Consumo e nas xefaturas territoriais da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.

As persoas interesadas, ou os/as seus/súas representantes, poderán autorizar expresamente aos/ás empregados/as para a solicitude e a obtención dos bonos en formato papel. Neste suposto deberase acreditar a representación expresa por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna ou mediante declaración responsable en comparecencia persoal da persoa interesada ante o/a funcionario/a da Administración.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 29 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio, se convocan para o ano 2022 e se abre o prazo para a adhesión dos comercios (DOG nº 194 do 11 de outubro de 2022).

    • Extracto da Orde do 29 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio, se convocan para o ano 2022 e se abre o prazo para a adhesión dos comercios (DOG nº 194 do 11 de outubro de 2022).

Outros procedementos relacionados

FA300A

Recoñecemento e inscrición no rexistro dunha persoa intermediaria de crédito inmobiliario, modificación de datos ou baixa.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA300B

Recoñecemento e inscrición no rexistro, modificación de datos ou baixa dunha persoa intermediaria de crédito inmobiliario presentada por unha persoa prestamista única.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA300C

Inscrición, modificación de datos ou baixa no rexistro de persoas representantes designadas por unha persoa intermediaria de crédito inmobiliario.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA300D

Recoñecemento e inscrición no rexistro dunha persoa prestamista inmobiliaria, modificación de datos ou baixa.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano