Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
BS623D - Convocatoria de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF.
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2021 das axudas para a realización de programas de interese xeral que atenden fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas xestionado pola Consellería de Política Social e cuxo obxecto sexa o sinalado no artigo 5.
2. O procedemento será tramitado en réxime de concorrencia competitiva, ao abeiro do disposto no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e a súa xestión realizarase de acordo cos principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade, non discriminación, eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e eficiencia na asignación e na utilización dos recursos públicos.
3. Terá o código de procedemento BS623D para os efectos de identificación na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) e o acceso aos formularios de inicio específicos, de uso obrigatorio.
Gastos subvencionables .
1. Para os efectos desta orde, consideraranse como gastos subvencionables os que conten coas seguintes características:
a) Que, de maneira indubidable, respondan á natureza da actividade subvencionada ao abeiro do correspondente programa e resulten estritamente necesarios.
b) Que se efectúen durante o ano 2022 e sexan efectivamente pagados con anterioridade á finalización do prazo de xustificación establecido no artigo 23.4, agás os impostos imputables á dita actividade devindicados con posterioridade á súa finalización e os gastos relacionados cos honorarios derivados da xustificación baixo a modalidade de conta xustificativa con achega de informe de auditoría recollida no artigo 23.5.
c) Que teñan a seguinte natureza:
1º. Gastos do persoal da entidade:
Polo que respecta ao persoal laboral da entidade, será subvencionable o custo total que abranguerá as retribucións e os custos de Seguridade Social correspondentes á entidade.
O importe das subvencións destinadas a financiar as retribucións do persoal laboral imputables á execución dos programas estará limitado polas contías determinadas para os diferentes grupos de cotización á Seguridade Social que se detallan nos convenios colectivos de aplicación en cada caso.
Para xornadas inferiores á completa realizarase o cálculo proporcional.
2º. Gastos do persoal contratado en réxime de arrendamento de servizos: no relativo aos gastos do persoal contratado en réxime de arrendamento de servizos serán subvencionables as retribucións deste persoal, quedando afectadas, con carácter xeral, polas limitacións sinaladas para o persoal laboral.
Esta modalidade admitirase nos casos en que, polas especiais características do programa, non resulte axeitado o desenvolvemento das actividades concretas de que se trate por parte do persoal suxeito á normativa laboral.
Estas retribucións quedarán tamén afectadas, con carácter xeral, polas limitacións sinaladas no punto anterior.
3º. Axudas de custo e gastos de viaxe: serán subvencionables dentro desta partida as axudas de custo e gastos de viaxe do persoal adscrito ao programa.
A contía das axudas de custo será a equivalente á establecida para o grupo 2 no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, de indemnizacións por razóns do servizo ao persoal con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.
Polo que se refire ás axudas de custo no estranxeiro, observarase o disposto no Real decreto 462/2002, do 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo, e a súa contía será a equivalente á establecida para o grupo 2 no referido Decreto 144/2001, do 7 de xuño.
As axudas de custo serán subvencionables sempre que estas non superen o 10 por 100 (10 %) do importe da subvención concedida para o desenvolvemento do programa, logo da súa reformulación ou modificación, de ser o caso, de acordo co establecido nos artigos 15.3 e 20.2, respectivamente.
4º. Gastos de xestión e administración directamente relacionados co funcionamento habitual da entidade solicitante, incluíndo os custos xerais de estrutura necesarios e indispensables para a súa axeitada preparación ou execución, sempre que non superen o 20 por 100 do importe da subvención finalmente concedida para o desenvolvemento do programa, logo da súa reformulación, de ser o caso, de acordo co establecido no artigo 15.
5º. Gastos derivados de auditorías externas sobre a xestión do/dos programa/s por parte da entidade e/ou da implantación de procedementos de calidade.
6º. Gastos de investimento referidos a equipamento, obras de adaptación e rehabilitación e adquisición de vehículos adaptados, no caso da liña de actuación IV. Proxectos de investimento e adecuación de centros e unidades de atención destinados a persoas maiores ou con discapacidade. Na execución de obras, o importe total dos custos xerais (tales como honorarios de arquitectos e enxeñeiros) non poderá superar o 12 por 100 do importe total da subvención finalmente concedida para o desenvolvemento do programa.
7º. Bolsas de asistencia dirixidas a promover a participación dos beneficiarios nos programas de formación. A contía non poderá ser superior a 5 €/día.
8º. Outros gastos correntes directamente relacionados coa actividade desenvolvida ao abeiro do correspondente programa.
2. Non serán subvencionables os gastos orixinados polas actividades realizadas na condición de membros das xuntas directivas ou consellos de dirección das entidades.
3. Atendendo á natureza das actividades, as entidades beneficiarias poderán concertar con terceiros a execución total ou parcial da actividade subvencionada, de acordo co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, e demais normativa de aplicación, levar a cabo a súa subcontratación, ata o 100 % do orzamento total do programa e axustándose, en todo caso, ao disposto no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e 43 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
Entidades do terceiro sector de acción social definidas no artigo 2 da Lei 43/2015, do 9 de outubro, do terceiro sector de acción social, e a Cruz Vermella Española.
1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades do terceiro sector de acción social definidas no artigo 2 da Lei 43/2015, do 9 de outubro, do terceiro sector de acción social, e a Cruz Vermella Española, sempre que reúnan os seguintes requisitos, sen prexuízo de cumprir os requisitos específicos establecidos no anexo I para cada liña de actuación que se subvenciona, se é o caso:
a) Estar legalmente constituídas con dous anos de antelación á data da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia e debidamente inscritas no correspondente rexistro administrativo de ámbito autonómico.
A/as entidade/s solicitantes de axudas para realización de programas e/ou execución de proxectos de investimento recollidos nas liñas I, II, III e IV deberán estar inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS) da Consellería de Política Social.
A/as entidade/s solicitantes de axudas para realización de programas recollidos na liña V deberán estar inscritas no Rexistro de Entidades Xuvenís (REX) da Consellería de Política Social, agás no caso de entidades solicitantes de natureza fundacional legalmente constituídas que entre o seu obxecto social e finalidade inclúan a realización de actuacións destinadas á protección, promoción e mellora da xuventude.
A/as entidade/s solicitantes de programas da liña VI deberán estar inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia (RAV) da Consellería de Política Social.
O cumprimento deste requisito será comprobado de oficio polo órgano da Administración convocante.
No caso de federacións, confederacións ou outras formas de agrupación con personalidade xurídica de recente creación, entenderase cumprido o requisito sempre que o cumpra cada unha das entidades que a integran e a dita agrupación presente a solicitude de inscrición no rexistro correspondente dentro do prazo de presentación de solicitudes.
No caso de entidades de nova creación legalmente constituídas que se subroguen nos dereitos e obrigas de entidades constituídas legalmente que se extinguen, entenderase cumprido o requisito sempre que a entidade que se extingue estivera constituída con dous anos de antelación á data da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia e debidamente inscrita no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servicios Sociais ou no Rexistro de Acción Voluntaria, se é o caso. A nova entidade, en todo caso, deberá solicitar a súa inscrición no rexistro correspondente dentro do prazo de presentación de solicitudes.
b) Carecer de ánimo de lucro. Para estes efectos, a entidade solicitante acreditará que non reparte beneficios, que no caso de liquidación ou disolución desta o seu patrimonio se destina a fins sociais e que os membros do seu padroado e/ou órgano de goberno desenvolven o seu labor con carácter gratuíto de conformidade co disposto nos seus estatutos e co disposto nos números 2, 5, 6 e 10 do artigo 3 da Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado.
c) Non atoparse en ningunha das situacións establecidas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño. A acreditación de non estaren incursas nas ditas circunstancias realizarase mediante declaración responsable da persoa representante da entidade.
d) Figurar nos estatutos da entidade solicitante que os seus fins institucionais corresponden á realización e á execución de programas sociais de similar natureza á dos programas para os que solicita a subvención
e) Acreditar experiencia e especialización durante un prazo mínimo de 2 anos, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, na xestión e execución de, cando menos, un programa dos definidos na mesma liña do anexo I a que concorre, e que se posúen os medios persoais e materias necesarios para iso, mediante declaración responsable do representante legal.
No caso de que se solicite axuda para un proxecto de investimento da liña IV, deberá acreditar a citada experiencia e especialización na xestión e execución de, cando menos, un programa dos definidos na liña III do dito anexo I.
No caso de federacións, confederacións ou outras formas de agrupación con personalidade xurídica de recente creación, entenderase cumprido o requisito sempre que o cumpra cada unha das entidades que a integran. No caso de entidades de nova creación legalmente constituídas que se subroguen nos dereitos e obrigas de entidades constituídas legalmente que se extinguen, entenderase cumprido o requisito se o cumpría a entidade que se extingue.
2. Todos os requisitos sinalados deberán cumprirse na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes e manterse durante todo o período de execución do programa subvencionado.
3. No caso de entidades que formen parte de federacións, confederacións ou outras formas de agrupación con personalidade xurídica de entidades sociais de ámbito autonómico, a solicitude das axudas realizarase sempre a través da entidade en que estea integrada e non de forma individual.
No caso de que algunha das entidades solicitantes sexa unha federación, confederación ou persoa xurídica similar que integre no seu seo varias entidades, poderá propoñer de entre estas unha ou varias entidades para executar os programas, as cales actuarán no nome e por conta da entidade solicitante. En todo caso, cada un dos seus membros deberá cumprir os requisitos establecidos no número 1.
4. Dentro dos límites da lexislación autonómica tamén poderán ser beneficiarias as agrupacións de entidades sen personalidade xurídica que recollan nos seus acordos de constitución similares fins institucionais nos seguintes termos:
a) Cada un dos seus membros deberá cumprir os requisitos establecidos no número 1.
b) As entidades agrupadas deberán de achegar un acordo en que se indiquen os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe da subvención que aplicará cada un deles, que terán igualmente a condición de beneficiarios.
c) Deberán nomear un representante ou apoderado único da agrupación, con poderes suficientes para cumprir coas obrigas que, como entidade beneficiaria, corresponden á agrupación.
d) Non poderán disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 39 e 65 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
5. Non se entenderán incluídos dentro da tipoloxía destas entidades do terceiro sector de acción social os organismos ou entidades de dereito público adscritos ou vinculados a unha Administración pública, as universidades, os partidos políticos e as fundacións deles dependentes, os colexios profesionais, as cámaras oficiais de comercio, industria e navegación, as sociedades civís, as organizacións empresariais e os sindicatos, e outras entidades con análogos fins específicos e natureza que os citados anteriormente.
Requisitos dos programas e actuacións subvencionables .
1. As subvencións destinaranse a programas de interese xeral que teñan fins de carácter social. O contido dos programas deberá axustarse ás liñas de actuación sinaladas a continuación, segundo a tipoloxía de cada programa.
Os programas desenvolveranse no ano 2022, sendo a data límite de presentación da documentación xustificativa o 15 de febreiro de 2023, segundo o estipulado no artigo 23.
2. O importe mínimo de cada programa será de 5.000 €. O número máximo de programas para os que se poderá obter subvención por parte dunha mesma entidade ou agrupación, así como a contía máxima da subvención que se concederá para cada un dos programas e proxectos presentados dentro de cada unha das liñas de actuación, será o seguinte:
a) Para a liña I: actuacións no ámbito da familia, infancia e dinamización demográfica:
1º. As entidades e asociacións de ámbito local ou provincial poderán presentar un máximo de 2 programas dentro desta liña de actuación. Cada programa poderá ser subvencionado cunha contía máxima de 60.000 €.
2º. As federacións, confederacións, así como as agrupacións, entidades e asociacións que desenvolvan as súas actuacións no ámbito autonómico poderán presentar un máximo de 5 programas dentro desta liña de actuación. O programa poderá ser subvencionado cunha contía máxima de 130.000 €.
b) Para a liña II: actuacións de inclusión social:
1º. Programas dirixidos a cubrir necesidades básicas:
1º.1. As entidades e asociacións de ámbito local ou provincial poderán presentar 1 programa como máximo dentro desta tipoloxía de actuación. O programa poderá ser subvencionado cunha contía máxima de 60.000 €.
1º.2. As federacións, confederacións, así como as agrupacións, entidades e asociacións que desenvolvan as súas actuacións no ámbito autonómico poderán presentar un máximo de 1 programa dentro desta tipoloxía de actuación. O programa poderá ser subvencionado cunha contía máxima de 350.000 €.
2º. Programas dirixidos a persoas sen fogar:
2º.1. As entidades e asociacións de ámbito local ou provincial poderán presentar 1 programa como máximo dentro desta tipoloxía de actuación. O programa poderá ser subvencionado cunha contía máxima de 160.000 €.
2º.2. As federacións, confederacións, así como as agrupacións, entidades e asociacións que desenvolvan as súas actuacións no ámbito autonómico poderán presentar un máximo de 2 programas dentro desta tipoloxía de actuación. Cada programa poderá ser subvencionado cunha contía máxima de 160.000 €.
3º. Resto de programas dirixidos a inclusión social das persoas en situación ou risco de exclusión social:
3º.1. As entidades e asociacións de ámbito local ou provincial poderán presentar un máximo de 2 programas dentro desta tipoloxía de actuación. Cada programa poderá ser subvencionado cunha contía máxima de 40.000 €.
3º.2. As federacións, confederacións, así como as agrupacións, entidades e asociacións que desenvolvan as súas actuacións no ámbito autonómico poderán presentar un máximo de 4 programas dentro desta tipoloxía de actuación. Cada programa poderá ser subvencionado cunha contía máxima de 160.000 €.
c) Para a liña III: actuacións de promoción da autonomía persoal e apoio de persoas maiores ou con discapacidade:
1º. As entidades e asociacións de ámbito local ou provincial poderán presentar un máximo de 2 programas dentro desta liña de actuación. Cada programa poderá ser subvencionado cunha contía máxima de 40.000 €.
2º. As federacións, confederacións, así como as agrupacións, entidades e asociacións de ámbito autonómico poderán presentar un máximo de 8 programas dentro desta liña de actuación. Cada programa poderá ser subvencionado cunha contía máxima de 300.000 €.
d) Para a liña IV: proxectos de investimento e adecuación de centros e unidades de atención destinados a persoas maiores ou con discapacidade:
1º. As entidades e asociacións de ámbito local ou provincial poderán presentar 1 proxecto de investimento como máximo dentro desta liña de actuación. O proxecto poderá ser subvencionado cunha contía máxima de 50.000 €.
2º. As federacións, confederacións, así como as agrupacións, entidades e asociacións de ámbito autonómico poderán presentar un número máximo de proxectos de investimento equivalente ao 50 % do número de entidades que as integren. Cada proxecto poderá ser subvencionado cunha contía máxima de 150.000 €.
e) Para a liña V: actuacións destinadas á xuventude:
1º. As entidades e asociacións de ámbito local ou provincial poderán presentar un máximo de 2 programas dentro desta liña de actuación. Cada programa poderá ser subvencionado cunha contía máxima de 20.000 €.
2º. As federacións, confederacións, así como as agrupacións, entidades e asociacións que desenvolvan as súas actuacións no ámbito autonómico poderán presentar un máximo de 4 programas dentro desta liña de actuación. Cada programa poderá ser subvencionado cunha contía máxima de 30.000 €.
f) Para a liña VI: actuacións destinadas ao voluntariado:
1º. As entidades e asociacións de ámbito local ou provincial poderán presentar un máximo de 3 programas dentro desta liña de actuación. Cada programa poderá ser subvencionado cunha contía máxima de 15.000 €.
2º. As federacións, confederacións, así como as agrupacións, entidades e asociacións que desenvolvan as súas actuacións no ámbito autonómico poderán presentar un máximo de 2 programas dentro desta liña de actuación. Cada programa poderá ser subvencionado cunha contía máxima de 50.000 €.
3. Para os efectos desta orde entenderase que unha agrupación, entidade ou asociación ten ámbito autonómico cando esta, ou ben de xeito conxunto as entidades que a conforman, acredite que ten xestionado e executado programas sociais similares aos definidos no anexo I no ámbito das catro provincias galegas, durante un prazo mínimo de 2 anos.
4. Será requisito común para todos os programas das liñas de actuación subvencionables comprendidos nesta orde en que participe persoal voluntario a subscrición e vixencia dunha póliza de seguro de accidentes e de responsabilidade civil por parte da entidade a favor do persoal voluntario que participe nos programas subvencionados de conformidade co previsto nos artigos 7.g) e 11.i) da Lei 10/2011, do 28 de novembro, de acción voluntaria, durante toda a súa duración e que respondan dos prexuízos que se poidan causar durante o desenvolvemento da actuación subvencionable.
5. Para todos os programas destinados ás actuacións de inclusión da liña II serán requisitos comúns:
a) Os programas desenvolvéranse de conformidade coas prioridades e obxectivos previstos na anterior Estratexia de inclusión social de Galicia 2014-2020 e no Decreto 61/2016, do 11 de febreiro, polo que se define a Carteira de servizos sociais de inclusión.
b) Será requisito necesario que as persoas beneficiarias se encontren en risco ou situación de exclusión social, entendendo que a persoa se atopa nesta situación cando cumpra os requisitos previstos no artigo 3 da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia. As entidades beneficiarias acreditarán o cumprimento deste requisito mediante declaración responsable.
c) Os programas deberán describir concreta e amplamente como se van desenvolver as actuacións, indicando a denominación da actividade, o número de horas, o número de participantes, as accións de adquisición de hábitos sociais e laborais, que serán adecuadas ás necesidades do mercado e das propias persoas beneficiarias, e, se é o caso, as accións concretas que se realizarán para acadar a inserción laboral das persoas beneficiarias. Ademais, deberán concretar o número de persoas beneficiarias, as súas características en relación coas accións que se van desenvolver e os criterios establecidos para a súa selección.
d) As persoas profesionais que leven a cabo estes programas, deberán contar con experiencia e formación adecuada ao tipo de intervención que se vai realizar.
e) Os programas que se realicen en centros penitenciarios deberán contar coa preceptiva autorización da dirección dos centros de que se trate.
6. Para os programas destinados ás actuacións de inclusión da liña II serán requisitos específicos:
a) Programas de apoio a inclusión socio laboral (letra b) da liña II: os itinerarios deberán incluír, cando menos, as prestacións que a Carteira de servizos sociais de inclusión de Galicia considera indispensables e obrigatorias para a realización dun itinerario de inclusión de conformidade co Decreto 61/2016, do 11 de febreiro.
Nos casos de itinerarios de inclusión básica deberán incluír as seguintes prestacións: diagnose; deseño, seguimento e avaliación do proxecto de inclusión social; acompañamento social; acción de adquisición e/ou fortalecemento das capacidades persoais e sociais.
Nos casos de itinerarios de inclusión e transición ao emprego deberán incluír as seguintes prestacións: diagnose; deseño, seguimento e avaliación do proxecto de inclusión social; acompañamento social; acción de adquisición e/ou fortalecemento das capacidades persoais e sociais, e as accións promotoras do acceso e permanencia no mercado laboral, entendo que son as que a Carteira de servizos de inclusión define como tales: actuacións de formación prelaboral, orientación laboral, formación ocupacional, acompañamento laboral e todas aquelas que promovan a mellora da empregabilidade.
As persoas traballadoras que estean contratadas a xornada completa terán que acreditar a atención a un mínimo de 40 persoas. En caso de xornadas distintas, farase o cálculo proporcional. Para estes efectos, a entidade deberá achegar unha relación codificada das persoas atendidas, que aleatoriamente poderá ser obxecto de comprobación por parte da dirección xeral competente en materia de inclusión social.
As persoas atendidas nos programas de apoio á inclusión sociolaboral non poderán participar noutros programas de apoio á inclusión sociolaboral da mesma entidade financiados pola Consellería de Política Social que teñan a mesma finalidade.
A acreditación do cumprimento destes requisitos farase mediante declaración responsable do responsable da persoa representante da entidade e da persoa responsable da prestación, que xuntará a memoria da actuación segundo ou modelo establecido pola dirección xeral competente en materia de inclusión social.
b) Programas dirixidos a persoas sen fogar e en exclusión residencial grave (liña II.2): de conformidade coa descrición contida no Decreto 61/2016, do 11 de febreiro, enténdense que son programas dirixidos ás persoas sen teito, sen vivenda, con vivendas inseguras ou inadecuadas que non poden acceder ou conservar un aloxamento axeitado, adaptado á súa situación persoal, permanente e que proporcione un marco estable de convivencia, xa sexa por razóns económicas ou outras barreiras sociais ou porque presentan dificultades persoais para levar unha vida autónoma ou cando se trate de persoas que precisan apoio para a súa inclusión residencial.
c) Programas de formación e de reforzo socioeducativo (letras c) e d) da liña II.1): no caso de que a entidade solicitante de axuda para a realización de programas de formación solicite tamén axuda para a realización dalgún programa de apoio á inclusión sociolaboral, ou ben teña concedida algunha axuda para a realización dun programa de apoio á inclusión sociolaboral con financiamento doutra convocatoria de axudas xestionada pola Consellería da Xunta de Galicia con competencias en materia de política social, deberá acreditar que os programas de formación solicitados non están integrados entre as prestacións incluídas nos devanditos programas de apoio á inclusión sociolaboral.
4. Para os programas referidos ás actuacións destinadas ao voluntariado na liña VI serán requisitos específicos:
a) Indicar o número de persoas voluntarias.
b) Indicar o número de persoas beneficiarias.
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica
Subdirección Xeral de Demografía e Conciliación
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Email: ceroseteirpf@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Dirección Xeral de Inclusión Social
Subdirección Xeral de Prestacións e Programas de Inclusión
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Email: ceroseteirpf@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade
Subdirección Xeral de Programas de Apoio á Discapacidade
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Email: ceroseteirpf@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Dirección Xeral de Xuventude
Instituto da Xuventude de Galicia
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Email: ceroseteirpf@xunta.gal
Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social e Igualdade
Orde do 9 de setembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas xestionado por esta consellería (DOG nº 183 do 22 de setembro de 2021).
Extracto da Orde do 9 de setembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas xestionado por esta consellería (DOG nº 183 do 22 de setembro de 2021).
Orde do 29 de decembro de 2021 pola que se fai público o incremento do crédito previsto na Orde do 9 de setembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, xestionado pola consellería con competencias en materia de política social de la Xunta de Galicia (DOG nº 250 do 30 de decembro de 2021).
Resolución do 12 de xaneiro de 2022 pola que se publica a Resolución do 31 de decembro de 2021 que finaliza o procedemento administrativo ao abeiro da Orde do 9 de setembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, xestionado pola consellería con competencias en materia de política social da Xunta de Galicia (DOG nº 9 do 14 de xaneiro de 2022).
Prazo de presentación: PECHADO
23/09/2021 00:00 - 22/10/2021 23:59
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
Solicitudes .
1. As entidades deberán achegar a solicitude segundo o modelo normalizado que figura como anexo II dirixida á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social, á que se xuntará a documentación complementaria indicada no artigo seguinte. A súa presentación implica a aceptación da totalidade de prescricións previstas nesta orde, así como na demais normativa aplicable.
2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considérase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
3. No formulario de solicitude, anexo II, asinado polo/a representante da entidade, deberán figurar datos identificativos e acreditativos de determinados aspectos sinalados nesta orde e demais normativa aplicable:
a) Identificación da entidade solicitante, da persoa representante, enderezo, datos bancarios e datos para os efectos de notificación.
b) Os datos do/dos programa/s ou investimento respecto do/dos que se solicita subvención: denominación, código de prioridade e importe solicitado expresado en euros.
c) Declaracións sobre:
1º. Outras subvencións solicitadas ou concedidas: a entidade deberá declarar se solicitou ou se lle concederon outras axudas para o/os programa/s ou investimento/s para o/os que se solicita subvención, con expresión do organismo concedente, ano, importe expresado en euros e disposición reguladora da axuda solicitada ou concedida. En caso contrario, a entidade deberá declarar que non se solicitou nin se concedeu ningunha outra axuda para o/os programa/s para o/os que se solicita subvención.
2º. Veracidade dos datos, inexistencia de causa que implique prohibición para ser beneficiario, estar ao día no pagamento de obrigas por reintegros de subvencións e, ao mesmo tempo, estar ao día no pagamento das obrigas tributarias estatais e autonómicas e fronte á Seguridade Social, e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
3º. Cumprimento de requisitos establecidos na normativa vixente e da dispoñibilidade da documentación que así o acredite no caso de que sexa requirida pola Administración, así como que a/as actuación/s para a/as que solicita subvención se desenvolven de maneira real e efectiva na Comunidade Autónoma de Galicia.
4º. Condicións do persoal contratado que vai participar no proxecto: inexistencia de sentenza firme por ningún delito contra a liberdade e indemnidade sexual que inclúe a agresión e o abuso sexual, acoso sexual, exhibicionismo e provocación sexual, prostitución e explotación sexual e corrupción de menores, así como por trata de seres humanos, en aplicación do artigo 13.5 da Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor, de modificación parcial do Código civil, así como que as persoas voluntarias que van participar nel e que estean relacionadas con menores de idade non teñen antecedentes penais non cancelados por delitos de violencia doméstica ou de xénero, por atentar contra a vida, a integridade física, a liberdade, a integridade moral ou a liberdade e indemnidade sexual do outro cónxuxe ou dos/das fillos/as, ou por delitos de tráfico ilegal ou inmigración clandestina de persoas, ou por delitos de terrorismo en programas cuxas persoas destinatarias fosen ou poidan ser vítimas destes delitos, en aplicación do previsto no artigo 8.4 da Lei 45/2015, do 14 de outubro, do voluntariado.
5º. Coñecemento das obrigas derivadas desta orde e demais normativa aplicable.
6º. No caso de programas orientados a actuacións de inclusión social das persoas incluídos no anexo I (liña II), que todas as persoas beneficiarias están en situación ou risco de exclusión social ou ben nunha situación de vulnerabilidade derivada da súa condición de persoa inmigrante.
Ao mesmo tempo, declararase que a entidade solicitante dispón da documentación que acredite as circunstancias anteriores, e da dispoñibilidade que así o acredite no caso de que sexa requirida pola Administración.
d) Indicación da documentación complementaria que se xunta e, se é o caso, constancia dos datos relativos a documentos achegados anteriormente con indicación do tipo, órgano administrativo ante o que se presentou, código de procedemento e data de presentación e/ou manifestación da oposición á consulta dos documentos sinalados no artigo 9.1.
Documentación complementaria .
1. As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación:
a) Memoria explicativa sobre o programa obxecto da solicitude de subvención (anexo III) para todos os programas relativos a todas as liñas de actuación descritas no anexo I, agás os programas relativos á liña IV.
b) Memoria explicativa sobre o investimento obxecto da solicitude de subvención (anexo IV), no caso de programas incluídos dentro da liña IV do anexo I (proxectos de investimento e adecuación de centros e unidades de atención destinados a persoas maiores ou con discapacidade).
c) Información para a valoración das entidades (anexo V).
d) Estatutos debidamente legalizados, co obxecto de verificar que a entidade carece de ánimo de lucro e que os seus fins institucionais corresponden á realización e á execución de programas sociais de similar natureza á dos programas para os cales se solicita subvención, entre outros requisitos exixidos no artigo 4.
e) Documentación acreditativa da representatividade da persoa solicitante para actuar en nome da entidade.
f) No caso de agrupacións sen personalidade xurídica, documento dos compromisos de execución asumidos por cada membro, e o importe da subvención que se aplicará a cada un.
g) Documentación acreditativa dos requisitos establecidos no anexo I:
1º. En relación coas subvencións para a liña II, actuacións de inclusión social:
1º.1. No caso de que os programas se realicen en centros penitenciarios, autorización da dirección dos centros de que se trate para o desenvolvemento e execución do programa.
2º. En relación coas subvencións para a liña IV:
2º.1. Para a execución de obras:
2º.1.1. Memoria explicativa sobre o investimento obxecto da solicitude de subvención (anexo IV).
2º.1.2. Documento acreditativo de que se dispón de titularidade suficiente sobre o inmoble ou, no caso de que sexan inmobles arrendados ou cedidos, contrato de arrendamento ou documento acreditativo de cesión polo menos por 10 anos (contados desde a data de publicación da presente convocatoria) e autorización do propietario.
2º.1.3. Proxecto ou anteproxecto de obras, axustado á normativa vixente de acordo coas especificacións legais, técnicas e arquitectónicas, adecuadas aos usuarios do centro.
Cando se trate de obras de menor contía (conservación e reparacións de menor contía) deberá presentarse, no seu lugar, orzamento detallado e memoria asinada polo contratista.
2º.1.4. Informe sobre viabilidade urbanística e declaración responsable de que solicitarán as licenzas e permisos necesarios.
2º.2. Para proxectos de obras que sexan continuidade de investimentos financiados en convocatorias anteriores:
2º.2.1. Memoria explicativa sobre o investimento obxecto da solicitude de subvención (anexo IV).
2º.2.2. Declaración do representante da entidade de que o proxecto non sufriu reformas nin revisións ou variacións no prezo inicial.
2º.2.3.Certificado do director facultativo relativo á execución da obra realizada, ou do representante legal da entidade executante, de ser o caso.
2º.2.4. Memoria sobre a execución dos investimentos e o grao de cumprimento dos obxectivos previstos, na data de publicación da presente convocatoria.
2º.3. Para a adquisición de bens inmobles:
2º.3.1. Memoria explicativa sobre o investimento obxecto da solicitude de subvención (anexo IV).
2º.3.2. Orzamento detallado.
2º.3.3. Certificado do taxador independente debidamente acreditado, inscrito no correspondente rexistro oficial ou dun órgano ou organismo público debidamente autorizado, no que se acredite que o prezo de compra non excede o valor de mercado
2º.4. Para a adquisición de subministracións, equipamentos ou vehículos:
2º.4.1. Memoria explicativa sobre o investimento obxecto da solicitude de subvención (anexo IV).
2º.4.2. Orzamento da casa subministradora, con indicación do custo por unidade e do importe total das adquisicións que se pretenden realizar.
3º. No caso de solicitudes presentadas por federacións, confederacións ou outras formas de agrupación con personalidade xurídica de entidades sociais de ámbito autonómico deberá achegarse unha declaración responsable en que consten relacionadas as respectivas entidades asociadas a que representan.
2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente , cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesadas para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
5. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos .
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) NIF da entidade solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa representante.
c) Certificado sobre cumprimento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.
d) Certificado sobre cumprimento de obrigas coa Seguridade Social.
e) Certificado sobre cumprimento de obrigas tributarias coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes .
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar trala presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Outras convocatorias ou publicacións
Procedementos e servizos relacionados
Subvencións a entidades locais para programas de emerxencia social e inclusión social da poboación xitana, inmigrante e outras persoas en risco de exclusión, cofinanciada pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.
Axudas para a realización de actuacións de rehabilitación e/ou equipamento de edificacións para vivendas das entidades locais de Galicia destinadas á atención a persoas sen fogar.