Guía de procedementos e servizos

BS623D

Convocatoria subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo asignación tributaria do 0,7% do IRPF.

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong

Convocatoria 2017 - Prazo pechado: 30/09/2017 00:00 - 30/10/2017 23:59

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar as axudas para realizar programas de interese xeral que atenden fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas xestionada pola Comunidade Autónoma de Galicia.

Poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades do terceiro sector de acción social definidas no artigo 2 da Lei 43/2015, do 9 de outubro, do terceiro sector de acción social e a Cruz Vermella Española.

Obrigas das entidades beneficiarias.

Sen prexuízo das demais obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, as entidades beneficiarias das axudas concedidas ao abeiro desta orde estarán obrigadas a:

a) Executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da subvención e cumprir o seu obxectivo.

b) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento da finalidade da subvención, a realización da actividade ou a adopción do comportamento que fundamentou a súa concesión e o seu custo real.

c) Destinar os fondos percibidos ao obxecto concreto para o cal foron concedidos e realizar as actuacións que integran o proxecto subvencionado, segundo o estipulado no artigo 41 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

d) No suposto de adquisición, construción, rehabilitación e mellora de bens inventariables, a entidade beneficiaria debe destinar os ditos bens ao fin concreto para o cal se concedeu a subvención durante un prazo que non pode ser inferior a cinco anos no caso de bens susceptibles de inscrición nun rexistro público, nin a dous anos para o resto de bens.

e) Proceder ao reintegro, total ou parcial, das cantidades percibidas, se as houber, xunto cos xuros de demora correspondentes, segundo o procedemento establecido no artigo 38 da Lei de subvencións de Galicia, nos seguintes supostos:

1º. Incumprimento das condicións establecidas para conceder a subvención: reintegro do 100 % da axuda concedida.

2º. Incumprimento da obriga de xustificar o pagamento nos termos establecidos no artigo 14 desta orde: reintegro do 2 % da axuda concedida no caso de que o atraso na presentación sexa de ata 10 días, do 10 % no caso de que o atraso sexa superior a 10 días e inferior a 20 días, e do 100 % da axuda concedida no caso de que o atraso na presentación sexa igual ou superior a 20 días.

3º. Non dar a axeitada publicidade do carácter público do financiamento nos termos establecidos na letra j) deste artigo: reintegro do 2 % da axuda concedida.

4º. Aplicación da subvención a conceptos de gasto e a ámbitos territoriais doutras comunidades autónomas ou a programas diferentes aos cales figuran na solicitude: reintegro do 100 % da axuda concedida.

5º. Incumprimento das obrigas establecidas nos artigos 11 e 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, así como nos supostos establecidos no artigo 33 desta mesma lei e/ou calquera outro que resulte da normativa aplicable, e non recollido nos puntos anteriores: reintegro de ata o 100 % da axuda concedida.

f) Comunicarlle ao órgano concedente a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan axiña como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

g) Consentir expresamente a inclusión dos datos relevantes da subvención nos rexistros públicos que proceda, conforme coa disposición adicional do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o exercicio 2006, e artigo 16 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

h) Conservar os documentos xustificativos orixinais da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

i) Someterse ás actuacións de comprobación que deba efectuar o órgano concedente e ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coa subvención concedida, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

j) Incorporar de forma visible no material de difusión dos programas subvencionados o seu financiamento público.

k) Ter subscrito unha póliza de seguro de accidentes e de enfermidade e de responsabilidade civil a favor do persoal voluntario que participe nos programas subvencionados conforme o previsto nos artigos 7.g) e 11.i) da Lei 10/2011, do 28 de novembro, de acción voluntaria.

l) Cumprir coa obriga de subministración de información nos termos establecidos no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

m) Calquera outra obriga imposta ás beneficiarias na normativa estatal ou autonómica aplicable, así como nesta orde.

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

Subdirección Xeral de Demografía e Conciliación

San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Email: ceroseteirpf@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Dirección Xeral de Inclusión Social

Subdirección Xeral de Prestacións e Programas de Inclusión

San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Email: ceroseteirpf@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade

Subdirección Xeral de Programas de Apoio á Discapacidade

San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Email: ceroseteirpf@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Dirección Xeral de Xuventude

Instituto da Xuventude de Galicia

San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Email: ceroseteirpf@xunta.gal

Subdirección Xeral de Política Familiar, Infancia e Adolescencia

Prazo de presentación: PECHADO

30/09/2017 00:00 - 30/10/2017 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último do mes.

a) Estar legalmente constituídas, polo menos con dous anos de antelación á data da convocatoria e, cando proceda, debidamente inscritas no correspondente rexistro administrativo de ámbito autonómico ou estatal. Este último requisito entenderase cumprido coa presentación da solicitude de inscrición dentro do prazo de presentación das solicitudes establecido no artigo 8.2 desta orde.

b) Carecer de ánimo de lucro.

c) Ter entre os seus fins institucionais recollidos nos seus estatutos a realización das actividades consideradas subvencionables de acordo co establecido no artigo 4.

d) Estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias, coa Seguridade Social e por reintegro de subvencións, impostas polas disposicións vixentes.

e) Ter obtido axuda con cargo á asignación tributaria do imposto sobre a renda das persoas físicas na convocatoria do ano 2016 para desenvolver os programas obxecto de subvención de maneira real e efectiva no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Dentro dos límites da lexislación autonómica, tamén poderán ser beneficiarias destas subvencións as agrupacións de organizacións sen personalidade xurídica. Estas agrupacións deberán indicar os compromisos asumidos por cada un dos seus membros e o importe da subvención para aplicar a cada un deles. Así mesmo, deberán nomear unha persoa en representación con poderes suficientes para cumprir coas obrigas que, como entidade beneficiaria, corresponden á agrupación. A agrupación non poderá disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 39 e 65 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

No caso de que algunha destas entidades sexa unha federación, confederación ou persoa xurídica similar que integre no seu seo a varias entidades, poderá propor de entre estas unha ou varias entidades para executar os programas, as cales actuarán no nome e por conta da entidade solicitante.

No suposto de que a axuda para desenvolver o/s programa/s a que fai referencia a letra e) do punto 1 fose obtida por unha estrutura de ámbito nacional e forme parte dela unha análoga de ámbito autonómico, só poderá obter a condición de beneficiaria esta última.

Non se entenderán incluídos dentro da tipoloxía destas entidades do terceiro sector de acción social os organismos ou entidades de dereito público adscritos ou vinculados a unha Administración pública, as universidades, os partidos políticos e as fundacións deles dependentes, os colexios profesionais, as cámaras oficiais de comercio, industria e navegación, as sociedades civís, as organizacións empresariais e os sindicatos, e outras entidades con análogos fins específicos e natureza que os citados anteriormente.

Non poderán ser beneficiarias das subvencións reguladas nesta norma as entidades en que concorra algunha das circunstancias contidas nos números 2 e 3 do artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

  • As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación:

    • a) Memoria explicativa de cada programa para o cal se solicita subvención, segundo os modelos dispoñible na páxina web da Consellería de Política Social (http://politicasocial.xunta.gal).

    • b) Estatutos debidamente legalizados no suposto de que non estean inscritas nun rexistro administrativo da Comunidade Autónoma.

    • c) Documentación acreditativa da representatividade da persoa solicitante para actuar en nome da entidade para o caso de que a entidade non estea inscrita nun rexistro administrativo da Comunidade Autónoma ou que no dito rexistro esta se atribúa a persoa distinta á designada.

  • No punto correspondente do anexo II farase constar:

    • a) Que a entidade desenvolve os programas para os cales solicita subvención de maneira real e efectiva no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, que estes son continuidade dos que foron financiados pola Administración xeral do Estado na convocatoria de subvencións estatais destinadas á realización de programas de interese xeral con cargo á asignación tributaria do IRPF, ao abeiro da Resolución do 18 de maio de 2016 da Secretaría de Estado de Servicios Sociales e Igualdad, e que se desenvolverán nos seus mesmos termos.

    • b) O conxunto de todas as axudas solicitadas e/ou concedidas, para as mesmas actuacións solicitadas ao abeiro desta orde, polas distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou privados.

    • c) Que a entidade e, de ser o caso, as entidades que se propoñen como executantes non están incursas en ningunha das prohibicións establecidas nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, para obter a condición de beneficiaria dunha subvención.

    • d) Que a entidade e, de ser o caso, as entidades que se propoñen como executantes, están ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións de acordo co previsto no artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e o artigo 9 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento.

    • e) Que a entidade e, de ser o caso, as entidades que se propoñen como executantes están ao día no pagamento das obrigas tributarias estatais e autonómicas e fronte á Seguridade Social e non teñen pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

    • f) Que a entidade se compromete a manter o cumprimento de todos os requisitos establecidos nesta orde e na normativa aplicable durante o período de tempo en que perciba esta subvención e a comunicar inmediatamente cantas axudas solicite e/ou obteña doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais ou calquera outra variación que se produza no anteriormente declarado.

    • g) Que todo o persoal contratado que vai participar no proxecto non foi condenado por sentenza firme por ningún delito contra a liberdade e indemnidade sexual, que inclúe a agresión e o abuso sexual, acoso sexual, exhibicionismo e provocación sexual, prostitución e explotación sexual e corrupción de menores, así como por trata de seres humanos, en aplicación do artigo 13.5 da Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor, de modificación parcial do Código civil, así como que as persoas voluntarias que van participar no proxecto e que están relacionadas con menores de idade non teñen antecedentes penais non cancelados por delitos de violencia doméstica ou de xénero, por atentar contra a vida, a integridade física, a liberdade, a integridade moral ou a liberdade e indemnidade sexual do outro cónxuxe ou dos fillos/as, ou por delitos de tráfico ilegal ou inmigración clandestina de persoas, ou por delitos de terrorismo en programas cuxas persoas destinatarias fosen ou poidan ser vítimas destes delitos, en aplicación do previsto no artigo 8.4 da Lei 45/2015, do 14 de outubro, de voluntariado.

  • Comprobación de datos.

1. Para tramitar o procedemento regulado nesta orde consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

  • a) NIF da entidade solicitante.

  • b) DNI ou NIE da persoa representante.

  • c) Estatutos da entidade.

  • d) Certificados de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por calquera concepto, coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. No caso de que as entidades interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de solicitude e achegar os correspondentes documentos acreditativos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar das persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

  • As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

Se algunha das entidades interesadas presenta a súa solicitude de xeito presencial, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para presentar as solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de persoa usuaria e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

  • A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das entidades interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

  • No caso de que algún dos documentos que vai presentar a entidade solicitante de forma electrónica supere os tamaños límites establecidos pola sede electrónica, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a entidade interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.

  • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das entidades interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á Carpeta do cidadán da entidade interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de resolución: Tres meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 22 de setembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para conceder subvencións destinadas a realizar programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas (DOG nº 186 do 29 de setembro de 2017).

    • Extracto da Orde do 22 de setembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para conceder subvencións destinadas a realizar programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas (DOG nº 186 do 29 de setembro de 2017).

    • Resolución do 14 de febreiro de 2018 pola que se fai público o reaxuste dos créditos establecidos na Orde do 22 de setembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para conceder subvencións destinadas a realizar programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas (DOG nº 54 do 16 de marzo de 2018).

    • Resolución do 15 de febreiro de 2018 pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 22 de setembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para conceder subvencións destinadas a realizar programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas (DOG nº 55 do 19 de marzo de 2018).

Outros procedementos relacionados

BS103D

Autorización para a creación /construción de centros de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103E

Autorización de inicio de actividades de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103F

Autorización de cesamento de actividades de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103K

Autorización de modificación substancial de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano