Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
BS628B
Cancelación da inscrición no rexistro único de entidades prestadoras de servizos sociais (RUEPSS)
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Cidadáns, Empresas e profesionais, Entidades locais
Tramitar a cancelación da inscrición dunha entidade no Rexistro único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais.
A cancelación poderá realizarse de dúas formas:
- Por instancia de parte, polo/a representante legal da entidade, que informe sobre as causas e a data prevista para o cesamento das súas actividades
-De oficio, polo órgano competente en materia de autorización e inspección de servizos sociais e logo de audiencia das persoas interesadas, por un prazo máximo de quince días, nos seguintes casos:
a) Que a entidade deixe de cumprir os requisitos que se tiveron en conta para a súa inscrición.
b) A Administración teña constancia fidedigna de que a entidade xa non presta actividades de servizos sociais nos enderezos que constan no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais.
c) Pola falta de presentación da memoria anual de actividades no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais durante os dous últimos anos.
d) Pola imposición de sancións á entidade, que pola súa propia natureza, supoñan este efecto
O/A representante legal da entidade inscrita
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social e Igualdade
Subdirección Xeral de Autorización e Inspección de Servizos Sociais
Edificio administrativo San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981957696
Fax: 981957697
Email: inspección.ssociais@xunta.es
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña
Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º
15008
Teléfono: 981185771
Fax: 981185701
Email: xefaturaterritorial.ctb.coruna@xunta.es
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294271
Fax: 982294359
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Ourense
Avda. da Habana, 79
32004 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386224
Fax: 988386770
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Vigo
R/ Concepción Arenal, 8-2ª
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817769/ 986817202
Fax: 986817621
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Solicitude Anexo I.
Acreditación das causas da cancelación, a data prevista para levala a cabo, a relación do financiamento público recibido e a recolocación noutros servizos de similares características das persoas que eran usuarias dos servizos que presta a entidade.
No caso de representación, documento acreditativo desta por calquera medio válido en dereito.
COMPROBACIÓN DE DATOS
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente e achegar unha copia dos documentos.
DNI/NIE da persoa solicitante
DNI/NIE da persoa representante
NIF da entidade solicitante
NIF da entidade representante
- Inicio
- Solicitude (Anexo I-B)
Prazo de resolución: TRES MESES
Sentido do silencio: NEGATIVO
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia (DOG nº 245 do 18 de decembro de 2008).
-
Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección de Servizos Sociais de Galicia (DOG nº 14 do 20 de xaneiro de 2012).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización para a creación /construción de centros de servizos sociais.
Aberto todo o ano
Autorización de inicio de actividades de centros e programas de servizos sociais.
Aberto todo o ano
Autorización de cesamento de actividades de centros e programas de servizos sociais.
Aberto todo o ano
Autorización de modificación substancial de centros e programas de servizos sociais.
Aberto todo o ano