Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
BS623D - Convocatoria de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF.
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2020 das axudas para a realización de programas de interese xeral que atenden a fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas xestionado pola consellería da Xunta de Galicia con competencias en materia de política social da Xunta de Galicia e cuxo obxecto sexa o sinalado no artigo 5.
2. O procedemento será tramitado en réxime de concorrencia competitiva, ao abeiro do disposto no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e a súa xestión realizarase de acordo cos principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade, non discriminación, eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e eficiencia na asignación e na utilización dos recursos públicos.
Programas e actuacións subvencionables
1. As subvencións destinaranse a programas de interese xeral que teñan fins de carácter social. O contido dos programas deberá axustarse ás liñas de actuación sinaladas a seguir, segundo a tipoloxía de cada programa.
Os programas desenvolveranse no ano 2021 e a data límite de presentación da documentación xustificativa será o 15 de febreiro de 2022, segundo o estipulado no artigo 23.
2. O número máximo de programas para os cales se poderá obter subvención por parte dunha mesma entidade ou agrupación, así como a contía máxima da subvención que se concederá para cada uns dos programas e proxectos presentados dentro de cada unha das liñas de actuación, será o seguinte:
a) Para a liña I: Actuacións no ámbito da familia, infancia e dinamización demográfica:
1º. As entidades e asociacións de ámbito local ou provincial poderán presentar un máximo de 2 programas dentro desta liña de actuación. Cada programa poderá ser subvencionado cunha contía máxima de 60.000 €.
2º. As federacións, confederacións así como as agrupacións, entidades e asociacións que desenvolvan as súas actuacións no ámbito autonómico poderán presentar un máximo de 5 programas dentro desta liña de actuación. Cada programa poderá ser subvencionado cunha contía máxima de 130.000 €.
b) Para a liña II: Actuacións de inclusión social:
1º. Programas dirixidos a cubrir necesidades básicas:
1º.1. As entidades e asociacións de ámbito local ou provincial poderán presentar 1 programa como máximo dentro desta tipoloxía de actuación. O programa poderá ser subvencionado cunha contía máxima de 60.000 €.
1º.2. As federacións, confederacións así como as agrupacións, entidades e asociacións que desenvolvan as súas actuacións no ámbito autonómico poderán presentar un máximo de 1 programa dentro desta tipoloxía de actuación. Cada programa poderá ser subvencionado cunha contía máxima de 350.000 €.
2º. Programas dirixidos a persoas sen fogar:
2º.1. As entidades e asociacións de ámbito local ou provincial poderán presentar 1 programa como máximo dentro desta tipoloxía de actuación. O programa poderá ser subvencionado cunha contía máxima de 160.000 €.
2º.2. As federacións, confederacións así como as agrupacións, entidades e asociacións que desenvolvan as súas actuacións no ámbito autonómico poderán presentar un máximo de 2 programas dentro desta tipoloxía de actuación. Cada programa poderá ser subvencionado cunha contía máxima de 160.000 €.
3º. Resto dos programas dirixidos a inclusión social das persoas en situación ou risco de exclusión social:
3º.1. As entidades e asociacións de ámbito local ou provincial poderán presentar un máximo de 2 programas dentro desta tipoloxía de actuación. Cada programa poderá ser subvencionado cunha contía máxima de 40.000 €.
3º.2. As federacións, confederacións así como as agrupacións, entidades e asociacións que desenvolvan as súas actuacións no ámbito autonómico poderán presentar un máximo de 4 programas dentro desta tipoloxía de actuación. Cada programa poderá ser subvencionado cunha contía máxima de 160.000 €.
c) Para a liña III: Actuacións de promoción da autonomía persoal e apoio de persoas maiores ou con discapacidade:
1º. As entidades e asociacións de ámbito local ou provincial poderán presentar un máximo de 2 programas dentro desta liña de actuación. Cada programa poderá ser subvencionado cunha contía máxima de 40.000 €.
2º. As federacións, confederacións así como as agrupacións, entidades e asociacións de ámbito autonómico poderán presentar un máximo de 8 programas dentro desta liña de actuación. Cada programa poderá ser subvencionado cunha contía máxima de 160.000 €.
d) Para a Liña IV: Proxectos de investimento e adecuación de centros e unidades de atención destinados a persoas maiores ou con discapacidade:
1º. As entidades e asociacións de ámbito local ou provincial poderán presentar 1 proxecto de investimento como máximo dentro desta liña de actuación. O proxecto poderá ser subvencionado cunha contía máxima de 50.000 €.
2º. As federacións, confederacións así como as agrupacións, entidades e asociacións de ámbito autonómico poderán presentar un número máximo de proxectos de investimento equivalente ao 50 % do número de entidades que as integren. Cada proxecto poderá ser subvencionado cunha contía máxima de 150.000 €.
e) Para a Liña V: Actuacións destinadas á xuventude:
1º. As entidades e asociacións de ámbito local ou provincial poderán presentar un máximo de 2 programas dentro desta liña de actuación. Cada programa poderá ser subvencionado cunha contía máxima de 20.000 €.
2º. As federacións, confederacións así como as agrupacións, entidades e asociacións que desenvolvan as súas actuacións no ámbito autonómico poderán presentar un máximo de 4 programas dentro desta liña de actuación. Cada programa poderá ser subvencionado cunha contía máxima de 30.000 €.
f) Para a liña VI: Actuacións destinadas ao voluntariado:
1º. As entidades e asociacións de ámbito local ou provincial poderán presentar un máximo de 3 programas dentro desta liña de actuación. Cada programa poderá ser subvencionado cunha contía máxima de 15.000 €.
2º. As federacións, confederacións así como as agrupacións, entidades e asociacións que desenvolvan as súas actuacións no ámbito autonómico poderán presentar un máximo de 2 programas dentro desta liña de actuación. Cada programa poderá ser subvencionado cunha contía máxima de 50.000 €.
3. Para os efectos desta orde entenderase que unha agrupación, entidade ou asociación ten ámbito autonómico cando acredite que ten xestionado e executado programas sociais similares aos definidos no anexo I no ámbito das catro provincias galegas, durante un prazo mínimo de 2 anos.
4. Requisitos comúns para todos os programas destinados á inclusión social:
a) Os programas desenvolveranse de conformidade coas prioridades e obxectivos previstos na Estratexia de inclusión social de Galicia 2014-2020 e no Decreto 61/2016, do 11 de febreiro, polo que se define a carteira de servizos sociais de inclusión.
b) Será requisito necesario que as persoas beneficiarias se encontren en risco ou situación de exclusión social, entendendo que a persoa se atopa nesta situación cando cumpra os requisitos previstos no artigo 3 da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia. As entidades beneficiarias acreditarán o cumprimento deste requisito mediante declaración responsable.
c) Os programas deberán describir concreta e amplamente como se van desenvolver as actuacións, indicando a denominación da actividade, o número de horas, o número de participantes, as accións de adquisición de hábitos sociais e laborais, que serán adecuadas ás necesidades do mercado e das propias persoas beneficiarias e, se for o caso, as accións concretas que se realizarán para acadar a inserción laboral das persoas beneficiarias. Ademais, deberán concretar o número de persoas beneficiarias, as súas características en relación coas accións por desenvolver e os criterios establecidos para a súa selección.
d) Os programas deberán acreditar de forma explícita a súa colaboración cos servizos sociais públicos municipais ou autonómicos da zona de actuación.
e) Os/as profesionais que leven a cabo estes programas deberán contar con experiencia e formación adecuada ao tipo de intervención que se vai realizar.
f) Os programas que se realicen en centros penitenciarios deberán contar coa preceptiva autorización da dirección dos centros de que se trate.
5. Requisitos específicos dos programas de inclusión social:
a) Programas de apoio á inclusión sociolaboral: os itinerarios deberán incluír, cando menos, as prestacións que a carteira de servizos sociais de inclusión de Galicia considera indispensables e obrigatorias para a realización dun itinerario de inclusión.
Nos casos de itinerarios de inclusión básica deberán incluír as seguintes prestacións: diagnose; deseño, seguimento e avaliación do proxecto de inclusión social; acompañamento social; acción de adquisición e/ou fortalecemento das capacidades persoais e sociais.
Nos casos de itinerarios de inclusión e transición ao emprego deberán incluír as seguintes prestacións: diagnose; deseño, seguimento e avaliación do proxecto de inclusión social; acompañamento social; acción de adquisición e/ou fortalecemento das capacidades persoais e sociais, e as accións promotoras do acceso e permanencia no mercado laboral, entendendo que son as que a carteira de servizos de inclusión define como tales: actuacións de formación prelaboral, orientación laboral, formación ocupacional, acompañamento laboral e todas aquelas que promovan a mellora da empregabilidade.
As persoas traballadoras que estean contratadas a xornada completa terán que acreditar a atención a un mínimo de 40 persoas. En caso de xornadas distintas farase o cálculo proporcional. A estes efectos, a entidade deberá achegar unha relación codificada das persoas atendidas, que aleatoriamente poderá ser obxecto de comprobación por parte da dirección xeral competente en materia de inclusión social.
As persoas atendidas nos programas de apoio á inclusión soci laboral non poderán participar noutros programas de apoio á inclusión sociolaboral da mesma entidade financiados pola consellería da Xunta de Galicia con competencias en materia de política social que teñan a mesma finalidade.
A acreditación do cumprimento destes requisitos farase mediante declaración responsable do responsable da entidade e da persoa responsable da prestación, que xuntará a memoria da actuación segundo o modelo establecido pola dirección xeral competente en materia de inclusión social.
b) Programas dirixidos a persoas sen fogar e en exclusión residencial grave: de conformidade coa carteira de servizos de inclusión, enténdense que son programas dirixidos ás persoas sen teito, sen vivenda, con vivendas inseguras ou inadecuadas que non poden acceder ou conservar un aloxamento axeitado, adaptado á súa situación persoal, permanente e que proporcione un marco estable de convivencia, xa sexa por razóns económicas ou outras barreiras sociais ou porque presentan dificultades persoais para levar unha vida autónoma ou se trata de persoas que precisan apoio para a súa inclusión residencial.
c) Programas de formación e de reforzo socio educativo: no caso de que a entidade solicitante de axuda para a realización de programas de formación solicite tamén axuda para a realización dalgún programa de apoio á inclusión sociolaboral, ou ben teña concedida algunha axuda para a realización dun programa de apoio á inclusión sociolaboral con financiamento doutra convocatoria de axudas xestionada pola consellería da Xunta de Galicia con competencias en materia de política social, deberá acreditar que os programas de formación solicitados non están integrados entre as prestacións incluídas nos devanditos programas de apoio á inclusión sociolaboral.
6. Requisitos específicos dos proxectos de voluntariado:
a) Especificar o número de persoas voluntarias.
b) Especificar o número de persoas beneficiarias.
c) Ter subscrito e en vigor un contrato de seguro de responsabilidade civil e accidentes da entidade que cubra as persoas voluntarias durante toda a duración do programa que responda dos prexuízos que se poidan causar durante o desenvolvemento da actuación subvencionable.
Poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades do terceiro sector de acción social definidas no artigo 2 da Lei 43/2015, do 9 de outubro, do terceiro sector de acción social e a Cruz Vermella Española, sempre que reúnan os seguintes requisitos, sen prexuízo de cumprir os requisitos específicos establecidos no anexo I para cada liña subvencionada.
Obrigas das entidades beneficiarias
1. Sen prexuízo das demais obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, as entidades beneficiarias das axudas concedidas ao abeiro desta orde estarán obrigadas a:
a) Executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da subvención e cumprir o seu obxectivo.
b) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento da finalidade da subvención, a realización da actividade ou adopción do comportamento que fundamentou a súa concesión e o seu custo real, de acordo co establecido no artigo 23.
c) Destinar os fondos percibidos ao obxecto concreto para o cal foron concedidos e realizar as actuacións que integran o proxecto subvencionado, segundo o estipulado no artigo 41 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
d) No suposto de adquisición, construción, rehabilitación e mellora de bens inventariables, destinar os ditos bens ao fin concreto para o cal se concedeu a subvención durante un prazo que non pode ser inferior a cinco anos no caso de bens susceptibles de inscrición nun rexistro público nin a dous anos para o resto dos bens.
e) Comunicar ao órgano concedente a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan axiña como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.
f) Conservar os documentos xustificativos orixinais da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.
g) Someterse ás actuacións de comprobación que deba efectuar o órgano concedente e ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coa subvención concedida, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
h) Incorporar de forma visible no material de difusión dos programas subvencionados o seu financiamento público.
i) Ter subscrito unha póliza de seguro de accidentes e de enfermidade e de responsabilidade civil a favor do persoal voluntario que participe nos programas subvencionados conforme o previsto nos artigos 7 g) e 11 i) da Lei 10/2011, do 28 de novembro, de acción voluntaria.
j) Calquera outra obriga imposta ás beneficiarias na normativa estatal ou autonómica aplicable, así como nesta orde.
2. Os servizos da consellería da Xunta de Galicia con competencias en materia de política social poderán efectuar as comprobacións que consideren oportunas en canto ao cumprimento por parte das entidades dos requisitos exixidos pola Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, e pola súa normativa de desenvolvemento. Así mesmo, poderán solicitar informes dos servizos da rede pública de servizos sociais en canto aos aspectos de complementariedade, oportunidade e eficacia dos servizos e actuacións das entidades solicitantes recollidos nesta orde.
a) Estar legalmente constituídas con dous anos de antelación á data da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia e debidamente inscritas no correspondente rexistro administrativo de ámbito autonómico.
A/as entidade/s solicitantes de programas das liñas I, II, III e IV deberán estar inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS) da consellería da Xunta de Galicia con competencias en materia de política social.
A/as entidade/s solicitantes de programas da liña V deberán estar inscritas no Rexistro de Entidades Xuvenís da consellería da Xunta de Galicia con competencias en materia de política social, agás no caso de entidades solicitantes de natureza fundacional legalmente constituídas que entre os seus fins inclúan actuacións destinadas á xuventude.
A/as entidade/s solicitantes de programas da liña VI deberán estar inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia da consellería da Xunta de Galicia con competencias en materia de política social.
O cumprimento deste requisito será comprobado de oficio polo órgano da Administración convocante. Este requisito entenderase cumprido coa presentación da solicitude de inscrición dentro do prazo de presentación das solicitudes establecido no artigo 7.3. En todo caso, a entidade deberá de estar debidamente inscrita no momento de pagamento da subvención.
b) Carecer de ánimo de lucro. Para estes efectos a entidade solicitante acreditará que non se reparten beneficios, que no caso de liquidación ou disolución desta o seu patrimonio se destina a fins sociais e que os membros do seu padroado e/ou órgano de goberno desenvolven o seu cometido con carácter gratuíto de conformidade co disposto nos seus estatutos e co disposto nos puntos 2, 5, 6 e 10 do artigo 3 da Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado.
c) Non atoparse en ningunha das situacións establecidas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño. A acreditación de non estaren incursas nas ditas circunstancias realizarase mediante declaración responsable da persoa representante da entidade.
d) Figurar nos estatutos da entidade solicitante que os seus fins institucionais corresponden á realización e a execución de programas sociais de similar natureza á dos programas para os cales solicita a subvención.
e) No caso de entidades que formen parte de federacións, confederacións ou outras formas de agrupación con personalidade xurídica de entidades sociais de ámbito autonómico, a solicitude das axudas realizarase a través da entidade en que estea integrada.
f) Acreditar experiencia e especialización durante un prazo mínimo de 2 anos, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, na xestión e execución de, cando menos, un programa dos definidos na mesma liña do anexo I a que concorre, e que se posúen os medios persoais e materias necesarios para iso mediante declaración responsable do representante legal.
No caso de que se solicite axuda para un proxecto de investimento da liña IV, deberá acreditar a citada experiencia e especialización na xestión e execución de, cando menos, un programa dos definidos na liña III do dito anexo I.
2. Todos os requisitos sinalados deberán cumprirse na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes e manterse durante todo o período de execución do programa subvencionado, agás o establecido no último parágrafo da alínea a).
3. Dentro dos límites da lexislación autonómica tamén poderán ser beneficiarias as agrupacións de organizacións sen personalidade xurídica que recollan nos seus estatutos similares fins institucionais nos seguintes termos:
a) Cada un dos seus membros deberá cumprir os requisitos establecidos no número anterior.
b) Deberán indicar os compromisos asumidos por cada un dos seus membros e o importe da subvención que se aplicará a cada un deles.
c) Deberán nomear unha persoa en representación con poderes bastantes para cumprir coas obrigas que, como entidade beneficiaria, corresponden á agrupación.
d) Non poderán disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 39 e 65 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
4. No caso de que algunha das entidades solicitantes sexa unha federación, confederación ou persoa xurídica similar que integre no seu seo varias entidades, poderá propoñer de entre estas unha ou varias entidades para executar os programas, as cales actuarán no nome e por conta da entidade solicitante. En todo caso, cada un dos seus membros deberá cumprir os requisitos establecidos no número 1.
5. Non se entenderán incluídos dentro da tipoloxía destas entidades do terceiro sector de acción social os organismos ou entidades de dereito público adscritos ou vinculados a unha Administración pública, as universidades, os partidos políticos e as fundacións deles dependentes, os colexios profesionais, as cámaras oficiais de comercio, industria e navegación, as sociedades civís, as organizacións empresariais e os sindicatos, e outras entidades con análogos fins específicos e natureza que os citados anteriormente.
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica
Subdirección Xeral de Demografía e Conciliación
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Email: ceroseteirpf@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Dirección Xeral de Inclusión Social
Subdirección Xeral de Prestacións e Programas de Inclusión
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Email: ceroseteirpf@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade
Subdirección Xeral de Programas de Apoio á Discapacidade
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Email: ceroseteirpf@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Dirección Xeral de Xuventude
Instituto da Xuventude de Galicia
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Email: ceroseteirpf@xunta.gal
Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social e Igualdade
Orde do 11 de setembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas xestionado pola consellería con competencias en materia de política social da Xunta de Galicia (DOG nº 191 do 21 de setembro de 2020).
Extracto da Orde do 11 de setembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas xestionado pola consellería con competencias en materia de política social da Xunta de Galicia (DOG nº 191 do 21 de setembro de 2020).
Orde do 21 de decembro de 2020 pola que se fai público o incremento do crédito previsto na Orde do 11 de setembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, xestionado pola consellería con competencias en materia de política social da Xunta de Galicia (DOG nº 257 do 23 de decembro de 2020).
Resolución do 31 de decembro de 2020 pola que se publica a Resolución do 30 de decembro de 2020 respecto das axudas destinadas a realizar programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas ao abeiro da Orde do 11 de setembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, xestionado por esta consellería (código de procedemento BS623D).(DOG núm. 9 do 15 de xaneiro de 2021).
Resolución do 17 de febreiro de 2021 pola que se publica a Resolución do 16 de febreiro de 2021 respecto das axudas destinadas a realizar programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas ao abeiro da Orde do 11 de setembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, xestionado por esta consellería (DOG nº 36 do 23 de febreiro de 2021).
Prazo de presentación: PECHADO
22/09/2020 00:00 - 21/10/2020 23:59
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes. Os sábados e festivos considéranse inhábiles para todos os efectos.
1.As entidades deberán achegar a solicitude segundo o modelo normalizado que figura como anexo II dirixida á Secretaría Xeral Técnica da consellería da Xunta de Galicia con competencias en materia de política social, á cal se xuntará a documentación complementaria indicada no artigo seguinte. A súa presentación implica a aceptación da totalidade de prescricións previstas nesta orde, así como na demais normativa aplicable.
2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considérase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
3. Na solicitude, anexo II, asinada polo/a representante da entidade, deberán figurar datos identificativos e acreditativos de determinados aspectos sinalados nesta orde e demais normativa aplicable:
a) Identificación do solicitante, do/da representante, enderezo, datos bancarios e datos para os efectos de notificación.
b) Os datos do/dos programa/s respecto do/s que se solicita subvención: denominación, código de prioridade, colectivo destinatario e importe solicitado.
c) Declaracións sobre:
1º. Outras subvencións solicitadas ou concedidas, veracidade dos datos, inexistencia de causa que implique prohibición para ser beneficiario, cumprimento de requisitos, coñecemento de obrigas e acordo coas actuacións de control.
2º. Condicións do persoal contratado que vai participar no proxecto: inexistencia de sentenza firme por ningún delito contra a liberdade e indemnidade sexual que inclúe a agresión e o abuso sexual, acoso sexual exhibicionismo e provocación sexual, prostitución e explotación sexual e corrupción de menores, así como por trata de seres humanos, en aplicación do artigo 13.5 da Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor, de modificación parcial do Código civil, así como que as persoas voluntarias que van participar nel e que estean relacionadas con menores de idade non teñen antecedentes penais non cancelados por delitos de violencia doméstica ou de xénero, por atentar contra a vida, a integridade física, a liberdade, a integridade moral ou a liberdade e indemnidade sexual do outro cónxuxe ou dos fillos/as, ou por delitos de tráfico ilegal ou inmigración clandestina de persoas, ou por delitos de terrorismo en programas cuxas persoas destinatarias fosen ou poidan ser vítimas destes delitos, en aplicación do previsto no artigo 8.4 da Lei 45/2015, do 14 de outubro, do voluntariado.
d) Indicación da documentación complementaria que se xunta e, se é o caso, constancia dos datos relativos a documentos achegados anteriormente con indicación do tipo, órgano administrativo ante o cal se presentou, código de procedemento e data de presentación e/ou manifestación da oposición á consulta dos documentos sinalados no artigo 9.1.
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento
As entidades deberán achegar coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación:
a) Memoria explicativa sobre o programa obxecto da solicitude de subvención (anexo III).
b) Memoria explicativa sobre o investimento obxecto da solicitude de subvención (anexo IV), no seu caso.
c) Información para a valoración das entidades (anexo V).
d) No caso de agrupacións sen personalidade xurídica, documento dos compromisos de execución asumidos por cada membro, e o importe da subvención que se vai aplicar a cada un.
e) Estatutos da entidade debidamente legalizados.
f) Documentación acreditativa da representatividade da persoa solicitante para actuar en nome da entidade para o caso de que esta se atribúa a persoa distinta á designada no Rexistro administrativo da Comunidade Autónoma ou que no dito rexistro esta se atribúa a persoa distinta á designada.
g) Documentación acreditativa dos requisitos establecidos no anexo I:
1º. En relación coas subvencións para a liña II, para os programas que se realicen en centros penitenciarios, autorización da dirección dos centros de que se trate.
2º. En relación coas subvencións para a liña IV:
2º. 1. Para a execución de obras:
2º.1.1. Memoria explicativa sobre o investimento obxecto da solicitude de subvención (anexo IV).
2º.1.2. Documento acreditativo de que se dispón de titularidade suficiente sobre o inmoble ou, no caso de que sexan inmobles arrendados ou cedidos, contrato de arrendamento ou documento acreditativo de cesión polo menos por 10 anos, e autorización do propietario.
2º.1.3. Proxecto ou anteproxecto de obras, axustado á normativa vixente de acordo coas especificacións legais, técnicas e arquitectónicas adecuadas aos usuarios do centro.
Cando se trate de obras de menor contía (conservación e reparacións de menor contía) deberá presentarse, no seu lugar, orzamento detallado e memoria asinada polo contratista.
2º.1.4. Informe sobre viabilidade urbanística e acreditación da posibilidade legal de obter licenzas e permisos necesarios.
2º.2. Para proxectos de obras que sexan continuidade de investimentos financiados en convocatorias anteriores:
2º.2.1. Memoria explicativa sobre o investimento obxecto da solicitude de subvención (anexo IV).
2º.2.2. Declaración do representante da entidade de que o proxecto non sufriu reformas nin revisións ou variacións no prezo inicial.
2º.2.3.Certificado do director facultativo relativo á execución da obra realizada ou do representante legal da entidade executante, de ser o caso.
2º.2.4. Memoria sobre a execución dos investimentos e o grao de cumprimento dos obxectivos previstos, ata a data de publicación da convocatoria.
2º.3. Para a adquisición de bens inmobles:
2º.3.1. Memoria explicativa sobre o investimento obxecto da solicitude de subvención (anexo IV).
2º.3.2. Orzamento detallado.
2º.3.3. Certificado de taxador independente debidamente acreditado, inscrito no correspondente rexistro oficial ou dun órgano ou organismo público debidamente autorizado, en que se acredite que o prezo de compra non excede o valor de mercado.
2º.4. Para a adquisición de subministracións, equipamentos ou vehículos:
2º.4.1. Memoria explicativa sobre o investimento obxecto da solicitude de subvención (anexo IV).
2º.4.2. Orzamento da casa subministradora, con indicación do custo por unidade e do importe total das adquisicións que se pretenden realizar.
3º. En relación coas subvencións para a liña VI, declaración responsable de subscribir contrato de seguro de responsabilidade civil e accidentes que cubra as persoas voluntarias durante a duración do programa.
2. Os interesados non estarán obrigados a achegar documentos que fosen presentados anteriormente ante calquera administración, con independencia de que a presentación dos citados documentos teña carácter preceptivo ou facultativo no procedemento de que se trate. Presumirase que a consulta de ditos documentos é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos aos que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
5. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. De conformidade coa normativa de protección de datos, para a tramitación deste procedemento consultaranse os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) NIF da entidade solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa representante.
c) Certificado sobre cumprimento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.
d) Certificado sobre cumprimento de obrigas coa Seguridade Social.
e) Certificado sobre cumprimento de obrigas tributarias coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no anexo II e achegar os ditos documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada situada na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Outras convocatorias ou publicacións
Procedementos e servizos relacionados
Subvencións a entidades locais para programas de emerxencia social e inclusión social da poboación xitana, inmigrante e outras persoas en risco de exclusión, cofinanciada pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.
Axudas para a realización de actuacións de rehabilitación e/ou equipamento de edificacións para vivendas das entidades locais de Galicia destinadas á atención a persoas sen fogar.