Guía de procedementos e servizos

BS628A

Inscrición no rexistro único de entidades prestadoras de servizos sociais (RUEPSS)

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Cidadáns, Empresas e profesionais, Entidades locais

Aberto todo o ano

A Xunta de Galicia pon á disposición da cidadanía unha serie de catálogos que serven de guía e recollen de forma clara e por orde cronolóxica todos os trámites administrativos exixibles e as actuacións necesarias para a implantación das iniciativas empresariais.

Pode obter máis información sobre esta figura na Oficina Galicia Empresa.

Acceda ao catálogo relacionado coa súa iniciativa premendo sobre esta ligazón.

Tramitar a inscrición no Rexistro Unico de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais, das entidades prestadoas de servizos sociais.

a) Entidades públicas: considerando nesta categoría as administracións públicas territoriais e os entes que integran o seu sector público.

b) Entidades privadas: as persoas físicas e xurídicas privadas, xa sexan de iniciativa social ou de carácter mercantil.

1.º Para os efectos do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais considéranse entidades privadas de iniciativa social, aquelas organizacións non gobernamentais e institucións non gobernamentais que realicen actividades de servizos sociais carecendo de ánimo de lucro. Para estes efectos acreditarase que non reparten beneficios, que no caso de liquidación ou disolución desta o seu patrimonio se destina a fins sociais e que os membros do seu padroado e/ou órgano de goberno desenvolven o seu cometido con carácter gratuíto de conformidade co disposto nos seus estatutos e co disposto nos puntos 2, 5, 6 e 10 do artigo 3 da Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado.

2.º Para os efectos do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais considéranse entidades privadas de carácter mercantil, as persoas físicas e persoas xurídicas con ánimo de lucro, que realizan actividades de servizos sociais. As sociedades de responsabilidade limitada e as sociedades anónimas terán carácter mercantil calquera que sexa o seu obxecto.

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social e Igualdade

Subdirección Xeral de Autorización e Inspección de Servizos Sociais

Edificio administrativo San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981957696

Fax: 981957697

Email: inspección.ssociais@xunta.es

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña

Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º

15008 

Teléfono: 981185771

Fax: 981185701

Email: xefaturaterritorial.ctb.coruna@xunta.es

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294271

Fax: 982294359

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Ourense

Avda. da Habana, 79

32004  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386224

Fax: 988386770

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Vigo

R/ Concepción Arenal, 8-2ª

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817769/ 986817202

Fax: 986817621

Subdirección Xeral de Autorización e Inspección de Servizos Sociais

A Xunta de Galicia pon á disposición da cidadanía unha serie de catálogos que serven de guía e recollen de forma clara e por orde cronolóxica todos os trámites administrativos exixibles e as actuacións necesarias para a implantación das iniciativas empresariais.

Pode obter máis información sobre esta figura na Oficina Galicia Empresa.

Acceda ao catálogo relacionado coa súa iniciativa premendo sobre esta ligazón.

Prazo de presentación: ABERTO

Todos os centros e programas de servizos sociais, de conformidade coa normativa que os regula, deben:

a) Estar correctamente identificados e sinalizados no exterior das súas instalacións, agás que a natureza e finalidade do servizo o desaconselle. Así mesmo, debe sinalizarse o interior das instalacións para facilitar o acceso, a orientación e a información sobre a localización dos servizos para todas as persoas.

b) Dispoñer dunhas normas de funcionamento, visadas polo órgano competente en materia de autorización e inspección de servizos sociais da Xunta de Galicia, que garantan o respecto aos dereitos das persoas usuarias e establezan as condicións de prestación e desenvolvemento dos servizos.

c) Contar cun rexistro de altas e baixas de persoas usuarias e cun expediente individual de cada unha delas, coa documentación mínima necesaria que determine a normativa específica que lle resulte de aplicación. En todo caso, a entidade deberá garantir a protección dos datos de carácter persoal de conformidade co establecido na Lei 15/1999, do 13 de decembro, en todo o que lle sexa de aplicación.

d) Dispoñer da póliza de seguros de danos necesarias para garantir a reparación dos sinistros do edificio, así como de póliza de seguro de responsabilidade civil que garanta a cobertura das indemnizacións ás persoas usuarias e/ou a terceiros polos danos e prexuízos causados como consecuencia dos sinistros do edificio e/ou do de-senvolvemento dos servizos.

e) Expoñer nun lugar visible ao público a documentación que acredite as autorizacións e licenzas concedidas, as normas de funcionamento previamente visadas pola Administración e o cartel informativo sobre a existencia dun libro de reclamacións a disposición das persoas usuarias. Ademais, exporase a información básica referida aos servizos prestados, ao horario e aos períodos de funcionamento do servizo, así como, cando a natureza do servizo non o desaconselle, os prezos ou as tarifas exixibles pola prestación dos servizos, onde consten claramente as contías totais das prestacións básicas e dos servizos optativos ou susceptibles de cobramento a parte.

f) Contar co equipamento mobiliario, as axudas técnicas, o material e o persoal necesario para o desenvolvemento axeitado dos servizos, segundo as características e necesidades das persoas destinatarias.

g) Dispoñer de conexión telefónica co exterior e dun enderezo de correo electrónico.

h) Contar cunha persoa que asuma a dirección ou coordine o programa ou servizo.

2. Ademais dos requisitos xerais establecidos no punto anterior, as entidades titulares e as xestoras de servizos, centros e programas deberán adecuarse aos requisitos específicos que, de acordo coa súa tipoloxía e persoas ás que se dirixan, se establezan na normativa que lles resulte de aplicación, así como dispoñer no centro ou nas instalacións nas que se desenvolve o programa, de toda aquela documentación acreditativa do cumprimento destes.

  • Solicitude en instancia normalizada (anexo I).

  • Denominación da entidade e dos centros ou programas dos que sexa titular.A denominación elixida non poderá coincidir con outras que xa estean inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais.

  • No caso de persoas xurídicas, documento acreditativo da composición do órgano de goberno.

  • No caso de persoas xurídicas, certificado da inscrición da entidade no rexistro oficial correspondente á súa natureza.

  • De pretender a clasificación da entidade como de iniciativa social, certificado conforme se cumpren os requisitos exixidos no artigo 12.1.b)1.º do Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia.

  • Proxecto específico de servizos sociais que desenvolverá a entidade no marco dos obxectivos do artigo 3 en relación co artigo 18 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, as persoas destinatarias deste, o/os enderezo/s das instalacións nas que realizará as súas actividades e a carteira de servizos que vai desenvolver.

  • No caso de representación, documento acreditativo desta por calquera medio válido en dereito.

  • No caso de persoas xurídicas, copia da acta ou acordo de constitución da entidade e dos seus estatutos.

COMPROBACIÓN DE DATOS

  • Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente e achegar unha copia dos documentos.

  • DNI/NIE da persoa solicitante

  • DNI/NIE da persoa representante

  • NIF da entidade solicitante

  • NIF da entidade representante

A Xunta de Galicia pon á disposición da cidadanía unha serie de catálogos que serven de guía e recollen de forma clara e por orde cronolóxica todos os trámites administrativos exixibles e as actuacións necesarias para a implantación das iniciativas empresariais.

Pode obter máis información sobre esta figura na Oficina Galicia Empresa.

Acceda ao catálogo relacionado coa súa iniciativa premendo sobre esta ligazón.

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia (DOG nº 245 do 18 de decembro de 2008).

    • Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección de Servizos Sociais de Galicia (DOG nº 14 do 20 de xaneiro de 2012).

Outros procedementos relacionados

BS103D

Autorización para a creación /construción de centros de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103E

Autorización de inicio de actividades de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103F

Autorización de cesamento de actividades de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103K

Autorización de modificación substancial de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano