Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
BS618D
Axudas de inclusión social.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Este procedemento únicamente pode ser iniciado utilizando Internet Explorer.
Disculpe as molestias que poida ocasionarlle.
Axudas para situacións de emerxencia social destinadas a paliar necesidades extraordinarias e urxentes de persoas afectadas por situacións de emerxencia.
Considéranse a estes efectos situacións de emerxencia social aquelas que orixinen gastos extraordinarios para cubrir necesidades específicas que teñan carácter básico, transitorio, urxente e previsiblemente irrepetible, cando non estean cubertas polos diferentes sistemas de protección.
Persoas que cumpran cos seguintes requisitos.
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Dirección Xeral de Inclusión Social
Subdirección Xeral de Prestacións e Programas de Inclusión
Servizo de Prestacións e Acción Social
Edificio Administrativo de San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981547440 / 981545466
Fax: 981545638
Email: dxinclusion.politicasocial@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña
Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración da Coruña
Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 881881201
Fax: 881881202
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Lugo
Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración de Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294202 / 982294203
Fax: 982294359
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Ourense
Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración de Ourense
Saenz Díez, 33 baixo
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386192
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Vigo
Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración de Vigo
Rúa Concepción Arenal, 8
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817231
Fax: 986817294
Prazo de presentación: PECHADO
24/08/2015 00:00 - 20/03/2019 23:59
Esta orde entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
- Ser maior de idade.
- Estar empadroada e ter residencia efectiva en calquera dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Ter constituido unha unidade de convivencia independente.
- Non dispoñer de ingresos suficientes para afrontar os gastos derivados da situación de emerxencia.
Solicitude segundo o Anexo I.
Copia do DNI ou NIE da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta.
Copia do DNI ou NIE das persoas que integran a unidade familiar, só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade no Anexo II.
Copia do libro de familia, só no caso de menores integrantes da unidade familiar sen DNI.
Certificado de residencia da persoa solicitante, no caso de non autorizar a consulta.
Certificado de residencia das persoas que integran a unidade familiar, só no caso de non autorizar a súa consulta no Anexo II.
Certificación de convivencia.
Certificación de titularidade de bens inmobles, só no caso de denegar a súa consulta.
Copia do último recibo do imposto de bens inmobles, só no caso de vivenda familiar en propiedade.
Certificado das prestacións e importes que figuran no Rexistro de Prestacións Sociais Públicas da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta.
Certificado das prestacións e importes que figuran no Rexistro de Prestacións Sociais Públicas das persoas que integran a unidade familiar, só no caso de non autorizar a súa consulta no Anexo II.
Extracto de movementos de todas as contas bancarias das que sexan titulares calquera das persoas que integran a unidade familiar que inclúan os doce meses anteriores á formulación da solicitude.
Informe emitido polo/a facultativo/a do Servizo Galego de Saúde nos casos nos que se solicite unha axuda de inclusión social que teña que ver coa saúde da persoa solicitante ou coa persoa menor de idade ao seu cargo.
Orzamento de gastos para os que se solicita a axuda.
Copia do título de discapacidade ou solicitude de revisión do grao da persoa solicitante, cando proceda e só no caso de non autorizar a súa consulta ou cando este fora emitido por outra comunidade autónoma.
Copia do título de discapacidade ou solicitude de revisión do grao das persoas que integran a unidade familiar , cando proceda e só no caso de non autorizar a súa consulta no Anexo II ou cando este fora emitido por outra comunidade autónoma.
Copia da declaración da renda ou datos fiscais relativos ao último exercicio da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta.
Copia da declaración da renda ou datos fiscais relativos ao último exercicio das persoas que integran a unidade familiar, só no caso de non autorizar a súa consulta no Anexo II.
Documentación acreditativa da titularidade de vehículos da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta.
Documentación acreditativa da titularidade de vehículos, das persoas que integran a unidade familiar, só no caso de non autorizar a súa consulta no Anexo II.
Documentación mínima que deben achegar os servizos sociais comunitarios do Concello de residencia da persoa solicitante:
Informe de valoración social con proposta de idoneidade da Axuda de inclusión social que solicita.
Proposta de proxecto de traballo social ou socioeducativo.
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 31 de xullo de 2015 pola que se adaptan e se incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Traballo e Benestar (DOG nº 146 do 4 de agosto de 2015).
-
Orde do 26 de maio de 2015 pola que se aproba o modelo de informe social para a área da inclusión (ISI) e a súa utilización no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 131 do 14 de xullo de 2015).
-
Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia (DOG nº 249 do 31 de decembro de 2013).
-
Outros procedementos relacionados
Presentación directa de reclamacións en materia de centros, servizos e programas de servizos sociais
Aberto todo o ano
Remisión polas entidades prestadoras de servizos sociais de reclamacións presentadas no seu libro de reclamacións
Aberto todo o ano
Expedición de títulos de ensinanzas impartidas nas escolas de tempo libre.
Aberto todo o ano
Recoñecemento oficial dos servizos de información xuvenil.
Aberto todo o ano