Guía de procedementos e servizos

BS306B

Axudas enmarcadas no programa iniciativa xove.

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Cidadáns

Convocatoria 2022 - Prazo pechado: 13/05/2022 00:00 - 13/06/2022 23:59

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove, para a posta en marcha de iniciativas xuvenís durante o ano 2022, e convocar estas axudas para o dito exercicio 2022.

2. O código do procedemento é BS306B.

3. Para os efectos desta convocatoria, entenderanse por iniciativas xuvenís os proxectos liderados pola mocidade da Comunidade Autónoma de Galicia e nos cales as persoas novas sexan as verdadeiras protagonistas, a través da participación activa na planificación e na realización das actividades deseñadas por elas mesmas.

4. A finalidade das subvencións é fomentar e consolidar a participación libre e eficaz da mocidade no desenvolvemento político, social, económico e cultural, así como promover a adecuada utilización do lecer, a calidade de vida e o benestar dos mozos e mozas da nosa comunidade autónoma, a través de proxectos integrais e específicos de actuación.

Áreas de atención prioritaria.

Para os efectos desta orde, considéranse áreas de atención prioritaria as seguintes:

a) Iniciativa Xove Emprendedora: proxectos que lle permitan á mocidade poñer en marcha as súas ideas no ámbito do emprendemento e da empregabilidade.

b) Promoción de hábitos saudables e prevención de condutas de risco ou violentas entre a poboación xuvenil, así como sensibilización e loita contra calquera forma de discriminación, en especial contra a violencia de xénero.

c) Posta en valor e promoción do Camiño de Santiago e do fenómeno xacobeo.

d) Fomento de actitudes creativas e innovadoras da mocidade na súa comunidade e na súa contorna.

e) Fomento da inclusión social e laboral e da accesibilidade das persoas mozas pertencentes a colectivos con dificultades de integración ou especialmente vulnerables.

f) Promoción de sectores emerxentes vinculados ao sector das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).

g) Fomento da participación e do apoderamento das mulleres novas galegas.

h) Promoción de actitudes e hábitos sustentables e de concienciación sobre o cambio climático, así como de posta en valor do patrimonio cultural e natural.

i) Desenvolvemento e dinamización do medio rural.

j) Dinamización da lingua galega entre a mocidade.

Proxectos subvencionables.

1. O orzamento total do proxecto que presenten as persoas solicitantes mencionadas no artigo 4 non poderá ser superior a 5.000 euros.

2. O proxecto deberá levarse a cabo no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

3. No caso daqueles proxectos que, para o seu desenvolvemento, indiquen que precisan formación, acreditarase suficientemente que as persoas docentes son competentes para impartir a dita formación, para o que se xuntará o seu currículo e mais a documentación acreditativa correspondente. Especificaranse os contidos e xuntarase o programa de formación que se vai impartir. A formación será sempre de carácter gratuíto para as persoas destinatarias dela. A variación nas persoas que vaian impartir a formación, de ser o caso, comunicarase con anterioridade ao inicio desta á Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, para o que se debe enviar a nova documentación acreditativa. As novas persoas que vaian impartir a formación deberán ter o nivel de capacitación axustado á citada finalidade.

4. Calquera das actividades desenvolvidas serán de carácter gratuíto para as persoas destinatarias do proxecto e non poderán xerarse ingresos por pagamento de cotas, entradas ou outros de similar natureza.

5. As actividades que constitúen o obxecto do proxecto deberá realizalas de forma directa a entidade ou grupo beneficiario e non poderán ser subcontratadas.

Entenderase que hai subcontratación, en todo caso, cando:

a) As actividades do proxecto sexan executadas por terceiros, circunstancia que concorre cando a entidade ou grupo se limita a obter a axuda e a actuar como intermediario con outras persoas físicas ou xurídicas, que son as que realmente executan o proxecto.

b) Se contraten actividades de planificación, coordinación, avaliación e xestión do proxecto.

Entenderase que non hai subcontratación cando se contraten tarefas concretas non incluídas no parágrafo anterior e que non poidan ser levadas a cabo directamente pola entidade ou grupo beneficiario. En todo caso, as tarefas que se contraten deben estar identificadas no proxecto, con indicación dos motivos claros polos que a asociación ou grupo non pode realizalas e o importe estimado debe figurar no orzamento.

6. Non serán subvencionables os proxectos que consistan na celebración de concertos ou festas, salvo que estas actividades teñan unha entidade menor e se inclúan dentro dun programa de actividades máis amplo e, en todo o caso, xustificarase a súa necesidade e oportunidade dentro do desenvolvemento do proxecto.

7. Serán excluídos aqueles proxectos que non se axusten ao obxecto e finalidade destas axudas recollidos no artigo 1.

8. Quedan excluídos, para os efectos da axuda, os proxectos docentes e deportivos previstos nos plans regulados de ensino e deporte escolar e federativo.

Gastos subvencionables.

1. Consideraranse gastos subvencionables aqueles que de xeito indubidable respondan á natureza do proxecto presentado, resulten estritamente necesarios para levalo a cabo e financien actividades realizadas desde o 1 de xaneiro ata o 14 de novembro de 2022.

2. Os gastos ordinarios de funcionamento das entidades só serán subvencionables cando estean asociados co proxecto e recollidos no orzamento de gastos que se reflicte no anexo III. En todo caso, non poderán superar nunca o cinco por cento do orzamento total do proxecto, ou da contía xustificada, de ser esta inferior a aquel.

3. O importe total de gastos de manutención, como comidas, servizos de restauración ou compra de produtos alimenticios, non poderá superar o dez por cento do orzamento total do proxecto, ou da contía xustificada, de ser esta inferior a aquel. Ademais, deberán estar vinculados de xeito inequívoco coa actividade e realizados durante a súa execución material.

En ningún caso se admitirán gastos de comidas, consumicións ou aloxamento de persoas membros da entidade ou grupo beneficiario para reunións previas ou posteriores de preparación ou avaliación, nin os efectuados por estas persoas durante a execución material da actividade organizada pero que non formen parte desta.

4. O importe total de gastos en alugueiro de espazos e equipamento non poderá superar, en conxunto, o corenta por cento do orzamento total do proxecto, ou da contía xustificada, de ser esta inferior a aquel.

5. No caso dos premios que se outorguen nos concursos ou competicións previstos no proxecto e dos obsequios para persoas que colaborasen no desenvolvemento dalgunha actividade, estes deberán incluírse no orzamento do proxecto. O límite para os gastos por este concepto será do dez por cento do orzamento total do proxecto, ou da contía xustificada, de ser esta inferior a aquel. Non poderán recibir ningún premio ou obsequio as persoas membros da entidade ou do grupo informal.

6. O límite para os gastos de desprazamento das persoas membros da entidade ou do grupo informal, das persoas colaboradoras e do persoal contratado laboralmente será do dez por cento do orzamento do total do proxecto, ou da contía xustificada, de ser esta inferior a aquel. Este límite non se aplicará aos gastos de desprazamento das persoas destinatarias do proxecto durante a execución das actividades.

7. Será subvencionable a adquisición de equipamento e material non inventariable. Considéranse non inventariables:

a) Os ben funxibles.

b) Os bens cuxa vida útil non sexa superior a un ano.

c) Os bens non comprendidos nas letras anteriores cuxo custo de adquisición sexa inferior a 150 euros. A adquisición destes bens, no conxunto do proxecto, non poderá supoñer un custo superior aos 600 euros.

8. Poderán ser subvencionados os gastos de persoal laboral correspondentes ás horas dedicadas directamente ás actividades do proxecto.

9. Non poderán ser subvencionados os gastos correspondentes a honorarios profesionais ou remuneracións de calquera clase das persoas ou entidades impulsoras do proxecto. Así mesmo, non poderán ser subvencionados os gastos que sexan facturados por provedores cos cales teña vinculación directa a entidade ou o grupo beneficiario.

Poderán solicitar a axuda, ao abeiro destas bases reguladoras:

a) Os grupos informais de persoas mozas que desexen realizar unha iniciativa xuvenil e que reúnan os requisitos establecidos no artigo 5.

b) As asociacións xuvenís, as entidades prestadoras de servizos á mocidade e as súas respectivas federacións, sempre que, no caso destas últimas, o proxecto que presenten sexa diferente do que presenten, se é o caso, as asociacións xuvenís ou entidades prestadoras que formen parte da federación.

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Lugo

Servizo de Xuventude e Voluntariado de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294599

Fax: 982294339

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Dirección Xeral de Xuventude

Instituto da Xuventude de Galicia

Servizo Participación Xuvenil e Escola Galega de Xuventude

Edificio Administrativo San Lázaro, 3º andar

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981957057/ 981544866

Fax: 981545843

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Coruña

Servizo de Xuventude e Voluntariado da Coruña

CC. Elviña - Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 881881238

Fax: 881881237

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Ourense

Servizo de Xuventude e Voluntariado de Ourense

Avda. da Habana, 81 baixo

32004  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386113

Fax: 988386119

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Pontevedra

Servizo de Xuventude e Voluntariado de Vigo

Concepción Arenal, 8-1º

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817782

Fax: 986817082

Dirección Xeral de Xuventude
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

13/05/2022 00:00 - 13/06/2022 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.

1. As asociacións xuvenís, as entidades prestadoras de servizos á mocidade e as súas respectivas federacións deberán estar inscritas, no momento de presentación da solicitude, no censo oficial dependente organicamente da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, regulado na Lei 6/2012, do 19 de xuño, de xuventude de Galicia, e no Decreto 50/2000, do 20 de xaneiro, polo que se refunde e actualiza a normativa vixente en materia de xuventude e cumprir a legalidade vixente no referente ás idades das persoas membros das asociacións xuvenís, de conformidade co Real decreto 397/1988, do 22 de abril, polo que se regula a inscrición rexistral de asociacións xuvenís.

2. Os grupos informais deberán estar formados por un mínimo de 5 e un máximo de 8 persoas mozas con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos, debidamente identificados. Unha destas persoas asumirá o papel de persoa representante do grupo e con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, lle corresponden ao grupo e, en consecuencia, a todas as persoas que o forman. Será obrigatorio que o grupo teña unha denominación que o identifique. As persoas que o compoñan deberán estar empadroadas nalgún dos municipios pertencentes á Comunidade Autónoma de Galicia no momento de presentación da solicitude. Non poderá modificarse a composición do grupo unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes.

3. Non se admitirá que a mesma persoa forme parte ou pertenza a outro grupo ou asociación, de ámbito autonómico ou provincial, solicitante destas axudas.

4. Será requisito imprescindible para poder solicitar a axuda, no caso de ter participado na convocatoria anterior, ter xustificadas debidamente as axudas recibidas na devandita convocatoria, excepto no suposto de ter renunciado expresamente a elas.

5. É requisito para ser persoa beneficiaria destas axudas non estar incurso/a en ningunha das prohibicións establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

6. Só se poderá presentar un proxecto por solicitante.

Solicitudes.

As solicitudes dos grupos informais presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

A presentación electrónica será obrigatoria para as asociacións xuvenís, entidades prestadoras de servizos á mocidade e as súas respectivas federacións e para as persoas representantes dunha das anteriores.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das entidades solicitantes obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Os grupos informais, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Documentación complementaria.

1. As asociacións xuvenís, entidades prestadoras de servizos á mocidade e as súas respectivas federacións deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Certificación do secretario ou secretaria da entidade que inclúa a composición completa do órgano de dirección desta no momento de presentación da solicitude. Esta certificación deberá incluír, para cada membro, nome completo, NIF e cargo ou función que desempeña dentro do citado órgano de dirección.

b) O proxecto de iniciativas xuvenís, redactado seguindo estritamente o modelo publicado como anexo III.

2. Os grupos informais deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Un poder de representación a favor dunha persoa membro do grupo, asinado polas demais persoas que o compoñen (anexo IV).

b) Anexo II - declaración/comprobación de datos. Un anexo por cada persoa membro, excepto a persoa representante, debidamente cuberto.

c) O proxecto de iniciativas xuvenís, redactado seguindo estritamente o modelo publicado como anexo III.

3. Os grupos informais presentarán a documentación complementaria preferiblemente por vía electrónica.

A presentación electrónica será obrigatoria para as asociacións xuvenís, entidades prestadoras de servizos á mocidade e as súas respectivas federacións e para as persoas representantes dunha das anteriores. Se algunha delas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

Os grupos informais, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa representante da entidade e das persoas membros do grupo informal.

b) NIF da entidade solicitante, de ser o caso.

c) NIF da entidade representante, de ser o caso.

d) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

e) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da comunidade autónoma.

f) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

g) Certificado de residencia con data de última variación do padrón das persoas membros do grupo informal, de ser o caso.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. No caso do certificado de residencia, non poderá ter unha antigüidade superior a un mes no momento de presentación da solicitude.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitudes.

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán realizarse os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 28 de abril de 2022 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2022 (DOG nº 92 do 12 de maio de 2022).

    • Extracto da Orde do 28 de abril de 2022 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2022 (DOG nº 92 do 12 de maio de 2022).

    • Resolución do 2 de agosto de 2022, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 1 de agosto de 2022 de concesión das axudas convocadas ao abeiro da Orde do 28 de abril de 2022 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa xove, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2022 (DOG nº 157 do 19 de agosto de 2022).

    • Orde do 6 de outubro de 2022 pola que se modifica a Orde do 28 de abril de 2022 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2022 (DOG nº 196 do 14 de outubro de 2022).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

BS103D

Autorización para a creación /construción de centros de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103E

Autorización de inicio de actividades de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103F

Autorización de cesamento de actividades de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103K

Autorización de modificación substancial de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano