Guía de procedementos e servizos

BS303H

Prazas xuvenís, Programa campaña de verán - Prazas reservadas a discapacidade (Múltiple).

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2023 - Prazo pechado: 18/04/2023 00:00 - 02/05/2023 23:59

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Ofertar as prazas para actividades xuvenís dentro da programación da Campaña de verán 2023 que se detalla no anexo I (B) da orde, no procedemento de prazas reservadas para inclusión de persoas con discapacidade (solicitude múltiple: ata 4 persoas irmás ou en situación de acollemento familiar), para facilitar que a mocidade galega poida participar en actividades de tempo libre de calidade.

As diferentes actividades que integran esta programación levaranse a cabo en diferentes quendas durante os meses de xullo, agosto e setembro.

 A información sobre a convocatoria desta campaña, así como de cada actividade e instalación xuvenil onde se desenvolverá, atoparase detallada na páxina web xuventude.xunta.es

Persoas mozas residentes en Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Dirección Xeral de Xuventude

Edificio administrativo San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881999025/ 881999194/ 981545293/ 881999314

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Coruña

Servizo de Xuventude e Voluntariado da Coruña

Espazo Amizar, Gregorio Hernández, 2 - 4

15011  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 881881238/ 881881240/ 881881241

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Lugo

Servizo de Xuventude e Voluntariado de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27001  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294224/ 982294599/ 982294923

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Ourense

Servizo de Xuventude e Voluntariado de Ourense

Celso Emilio Ferreiro, 27

32004  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386120/ 988386117

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Pontevedra

Servizo de Xuventude e Voluntariado de Vigo

Praza da Estrela s/n

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817078/ 986817080/ 986817079/ 986817782

Dirección Xeral de Xuventude

Prazo de presentación: PECHADO

18/04/2023 00:00 - 02/05/2023 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

1. Poderán solicitar a súa participación nas actividades ofertadas nesta convocatoria as persoas mozas residentes en Galicia, nacidas no ano sinalado no anexo I para cada actividade.

2. En canto ás idades mínima e máxima para participar na Campaña de verán 2023, as persoas nacidas no ano 2014 deberán ter feitos os 9 anos ao inicio do campamento e as persoas nacidas no ano 2005 non poderán facer os 18 anos antes da finalización do campamento.

3. Para ser admitido/a no campamento será necesario non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio. Para os campamentos que inclúan na súa programación actividades acuáticas, é requisito saber nadar, sen prexuízo do sinalado para as persoas con discapacidade no número 5.

4. Ningunha persoa participante poderá ser admitida en máis dun campamento nesta convocatoria. A praza adxudicada será intransferible.

5. As persoas que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33 % deberán facer constar esta circunstancia na epígrafe que figura no seu anexo de solicitude, co fin de planificar os apoios persoais necesarios, se os precisar.

Para facilitar a selección das actividades e instalacións máis axeitadas ás condicións das persoas solicitantes, a programación de actividades e as características das instalacións de cada campamento poderanse consultar na páxina web de xuventude (http://xuventude.xunta.es/).

En función do tipo de discapacidade, poderá exceptuarse, de ser o caso, o requisito de saber nadar.

As persoas solicitantes con discapacidade deben optar, de conformidade co artigo seguinte, polo procedemento xeral ou polo procedemento das prazas reservadas para inclusión, de xeito que quedarán excluídas no suposto de que presenten a solicitude por ambos os procedementos.

6. As persoas menores en situación de tutela ou garda pola Administración e que se atopen en acollemento residencial poderán participar nesta convocatoria e deberán indicar esta condición no anexo de solicitude, marcando o recadro correspondente.

7. O incumprimento dos requisitos sinalados neste artigo impedirá a participación da persoa solicitante no campamento.

Solicitude e forma de presentación.

1. Poderá presentarse unha solicitude múltiple para o suposto de dous/dúas, tres e ata catro irmáns/ás, tanto no procedemento xeral como no de inclusión. Poderán incluírse na solicitude múltiple as persoas menores que convivan no domicilio en situación de acollemento familiar, equiparándose a súa situación á de persoas irmás.

Esta solicitude múltiple só se poderá empregar no caso de persoas que soliciten idéntica instalación, quenda e actividade, identificada co mesmo código. Todas as persoas interesadas que figuren nunha mesma solicitude deben cumprir os requisitos de idade exixidos para as instalacións, quendas e actividades solicitadas.

As persoas con discapacidade que presenten unha solicitude múltiple e opten polo procedemento das prazas reservadas para inclusión relacionadas no anexo I B deben utilizar o formulario que se incorpora como anexo V (procedemento BS303H).

Cando se trate dunha persoa sen discapacidade que teña irmáns/ás con discapacidade e queiran presentar unha solicitude múltiple, só o poderán facer polo procedemento xeral (BS303F), para as actividades do anexo I A e en ningún caso unha persoa sen discapacidade poderá ocupar unha praza das reservadas para inclusión.

O incumprimento do disposto neste número por unha das persoas participantes suporá a exclusión de todas as que figuren nesa mesma solicitude.

Estas solicitudes múltiples teñen efecto durante o sorteo para a adxudicación da praza e para xerar as listas de espera. Non obstante, no momento das adxudicacións desde a lista de espera teranse en conta como solicitudes individuais.

2. De acordo co establecido no artigo 10.2 da Lei 4/2019, de 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

3.  Os anexos de solicitude deben ser cubertos de acordo co seguinte réxime:

a) Cada persoa moza só poderá cubrir unha solicitude e elixirá, por orde de prioridade, un máximo de cinco quendas ou actividades. Cada quenda ou actividade vai identificada cun código no anexo I, alíneas A , B e C.

b) Os datos da persoa solicitante deben ser os da persoa moza que opta a participar nas actividades. No caso de solicitudes múltiples deberán cubrirse os datos de todos os/as irmáns/irmás que soliciten a súa participación.

c) As solicitudes deberanas asinar as persoas proxenitoras ou titoras das persoas  menores solicitantes.

d) As persoas solicitantes deben residir na Comunidade Autónoma de Galicia e polo tanto, o enderezo que se inclúa na solicitude deberá ser, necesariamente, nalgún concello de Galicia.

e) A duplicidade dunha solicitude dará lugar á non admisión de ambas, e a persoa solicitante quedará fóra da adxudicación.

6. Na páxina web xuventude.xunta.es habilitarase un enlace para consultar o número de expediente asignado á persoa menor solicitante e os datos da solicitude. Para ter acceso á consulta de datos deberase incluír o número do DNI da persoa proxenitora ou  titora que cubriu a solicitude, así como a data de caducidade dese DNI.

Se na consulta se detectan algún erro ou non consta a solicitude que a persoa interesada presentou en forma e prazo, debe chamar a calquera dos números de teléfono que aparecen no anexo IX, de información sobre a convocatoria.

A comunicación dos erros deberá efectuarse, como data límite, ata tres días hábiles antes do sinalado para a realización do sorteo. Unha vez transcorrido ese día non procederá reclamación ningunha.

7. A presentación da solicitude implica a aceptación das normas deste procedemento.

8. As persoas solicitantes poderán solicitar información e asesoramento en relación coa convocatoria nos teléfonos relacionados no anexo IX e tamén de modo presencial nas dependencias  sinaladas no citado anexo.

Documentación complementaria para a adxudicación.

1. As persoas admitidas deberán presentar, no prazo de cinco (5) días hábiles desde o día seguinte ao da súa notificación no suposto de adxudicación directa, de ser o caso, ou desde o día seguinte ao da publicación do resultado do sorteo, a seguinte documentación:

a) Xustificación de pagamento.

b) Se a persoa menor non ten DNI deberá achegarse a copia do libro de familia.

c) Copia da tarxeta sanitaria ou seguro médico privado.

d) Cuestionario de saúde e autonomía persoal e declaración de saber nadar (anexo VI). As persoas con discapacidade deberán facilitar neste documento a información actualizada que permita valorar os apoios específicos que precisa, de ser o caso.

e) Declaración sobre a autorización para a captación de imaxes (anexo VII).

2. No caso de persoas con discapacidade, ademais, deberán presentar un certificado acreditativo do grao de discapacidade, cando non fose expedido na nosa comunidade autónoma, e copia do ditame técnico facultativo, emitido polo equipo de valoración e orientación correspondente.

3. A documentación complementaria para a adxudicación deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

Comprobación de datos tras a adxudicación de praza.

1. Para a tramitación deste procedemento e tras a adxudicación da praza, de ser o caso, consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) DNI/NIE da persoa titular da conta, no caso de solicitude de devolución de cota prevista no artigo 15.

c) Certificado de residencia da persoa solicitante.

2. Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

a) Certificado do grao de discapacidade expedido pola Xunta de Galicia.

b) Título de familia numerosa.

c) Certificado de recoñecemento da condición de familia monoparental.

d) Carné xove.

3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar trala presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 29 de marzo de 2023 pola que se regula a oferta de prazas para actividades xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2023 e se procede á súa convocatoria (DOG nº 73 do 17 de abril de 2023).

Outros procedementos relacionados

BS210A

Recoñecemento da situación de dependencia e da discapacidade

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS306B

Axudas enmarcadas no Programa Iniciativa Xove.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 07/05/2025 00:00 - 06/06/2025 23:59

BS307A

Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de escolas de tempo libre.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS308A

Inclusión no censo de entidades xuvenís.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano