Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
BS303G
Prazas xuvenís, Programa campaña de verán - Prazas reservadas a discapacidade (Individual).
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
1. Para facilitar que a mocidade galega poida participar en actividades de tempo libre de calidade, a Consellería de Política Social oferta a programación de actividades para o ano 2022 que se detalla no anexo I (códigos de procedemento: BS303G).
As diferentes actividades que integran esta programación levaranse a cabo en diferentes quendas durante os meses de xullo, agosto e setembro.
2. A información sobre a convocatoria desta campaña, así como de cada actividade e instalación xuvenil onde se desenvolverá, atoparase detallada na páxina web http://xuventude.xunta.es/
Servizos ofertados.
1. A participación na oferta da Campaña de verán 2022 realizarase mediante solicitude individual ou múltiple (para os supostos de dous/dúas, tres ou catro irmáns/ás).
2. As persoas participantes disporán dos seguintes servizos:
a) Un programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial, que posibilite a participación do/a mozo/a.
b) Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil ou campamento xuvenil.
c) Manutención en réxime de pensión completa.
d) O material necesario para a actividade.
e) Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e actividades náuticas, de ser o caso. Así mesmo, e para o caso das persoas con necesidades especiais que por razón da súa discapacidade precisen apoio, disporase de persoal que conte con formación e experiencia para atender as súas necesidades.
f) Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.
g) O transporte desde Santiago de Compostela, ou lugar que se sinale como punto de saída, ata o lugar de destino, así como o retorno ata Santiago de Compostela, no caso de intercambios noutras comunidades autónomas.
3. A incorporación e a recollida das persoas participantes nas actividades de Galicia será por conta da persoa interesada nos termos que indique a Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, na páxina web xuventude.xunta.es e antes do inicio da actividade, e de conformidade coas medidas de prevención indicadas polas autoridades sanitarias sobre a Covid-19, de ser o caso.
No suposto de abandono da actividade ou expulsión da persoa participante, será responsabilidade das persoas proxenitoras ou titoras legais o traslado para o regreso ao seu domicilio, así como os gastos que se ocasionen.
Persoas mozas residentes en Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Dirección Xeral de Xuventude
Edificio administrativo San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881999025/ 881999194/ 981545293/ 881999314
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Coruña
Servizo de Xuventude e Voluntariado da Coruña
Espazo Amizar, Gregorio Hernández, 2-4
15011 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 881881240/ 881881238/ 881881241/ 881881239
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Lugo
Servizo de Xuventude e Voluntariado de Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294224/ 982294353/ 982294923
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Ourense
Servizo de Xuventude e Voluntariado de Ourense
Celso Emilio Ferreiro, 27
32004 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386120/ 988386116/ 988386113
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Pontevedra
Servizo de Xuventude e Voluntariado de Vigo
Rúa Concepción Arenal, 8, 1º andar
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817078/ 986817080/ 986817079/ 986817782
Prazo de presentación: PECHADO
18/05/2022 00:00 - 26/05/2022 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será de sete (7) días hábiles contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
1. Poderán solicitar a súa participación nas actividades ofertadas nesta convocatoria as persoas mozas residentes en Galicia, nacidas no ano sinalado no anexo I para cada actividade.
2. En canto ás idades mínima e máxima para participar na Campaña de verán 2022, as persoas nacidas no ano 2013 deberán ter feitos os 9 anos ao inicio do campamento e as persoas nacidas no ano 2004 non poderán facer os 18 anos antes da finalización do campamento.
3. Para ser admitido/a no campamento será necesario non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio. Para os campamentos que inclúan na súa programación actividades acuáticas, é requisito saber nadar, sen prexuízo do sinalado para as persoas con discapacidade no número 5.
4. Ningunha persoa participante poderá ser admitida en máis dun campamento nesta convocatoria. A praza adxudicada será intransferible.
5. As persoas que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33 % deberán facer constar esta circunstancia na epígrafe que figura no seu anexo de solicitude, co fin de planificar os apoios persoais necesarios, se os precisar.
Para facilitar a selección das actividades e instalacións máis axeitadas ás condicións das persoas solicitantes, a programación de actividades e as características das instalacións de cada campamento poderanse consultar na páxina web de xuventude (http://xuventude.xunta.es/).
En función do tipo de discapacidade, poderá exceptuarse, de ser o caso, o requisito de saber nadar.
As persoas solicitantes con discapacidade deben optar, de conformidade co artigo seguinte, polo procedemento xeral ou polo procedemento das prazas reservadas para inclusión, de xeito que quedarán excluídas no suposto de que presenten a solicitude por ambos os procedementos.
6. As persoas menores en situación de tutela ou garda pola Administración e que se atopen en acollemento residencial poderán participar nesta convocatoria e deberán indicar esta condición no anexo de solicitude, marcando o recadro correspondente.
7. O incumprimento dos requisitos sinalados neste artigo impedirá a participación da persoa solicitante no campamento.
Solicitude e forma de presentación.
1. As persoas con discapacidade que presenten a súa solicitude individual a través do procedemento xeral poderán elixir exclusivamente as actividades detalladas no anexo I A, campamentos que se desenvolven en Galicia; polo tanto, exclúense os intercambios para actividades noutras comunidades autónomas, relacionados no anexo I C.
As persoas con discapacidade que opten polo procedemento das prazas reservadas para inclusión relacionadas no anexo I B deben utilizar o formulario que se incorpora como anexo IV (procedemento BS303G).
2. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario/a e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
3. Os anexos de solicitude deben ser cubertos de acordo co seguinte réxime:
a) Cada persoa moza só poderá cubrir unha solicitude e elixirá, por orde de prioridade, un máximo de cinco quendas ou actividades. Cada quenda ou actividade vai identificada cun código no anexo I, alíneas A , B e C.
b) Os datos da persoa solicitante deben ser os da persoa moza que opta a participar nas actividades. No caso de solicitudes múltiples, deberán cubrirse os datos de todos os/as irmáns/irmás que soliciten a súa participación.
c) As solicitudes deberanas asinar as persoas proxenitoras ou titoras das persoas menores solicitantes.
d) As persoas solicitantes deben residir na Comunidade Autónoma de Galicia e, polo tanto, o enderezo que se inclúa na solicitude deberá ser, necesariamente, nalgún concello de Galicia.
e) A duplicidade dunha solicitude dará lugar á non admisión de ambas, e a persoa solicitante quedará fóra da adxudicación.
4. A persoa interesada deberá comprobar, na páxina web http://xuventude.xunta.es/, a correcta mecanización da súa solicitude, co fin de emendar os erros detectados. Nesa páxina aparecerá unha ligazón para consultar o número de expediente asignado á persoa menor solicitante e os datos da solicitude. Para ter acceso a estes deberase incluír o número do DNI da persoa proxenitora ou titora que cubriu a solicitude, así como a data de caducidade dese DNI. Se as persoas interesadas detectan algún erro nos datos mecanizados ou non atopan a solicitude, deben chamar a calquera dos números de teléfono que aparecen no anexo IX, de información sobre a convocatoria.
A comunicación dos erros deberá efectuarse, como data límite, ata tres días hábiles antes do sinalado para a realización do sorteo. Unha vez transcorrido ese día, non procederá reclamación ningunha.
5. A presentación da solicitude implica a aceptación das normas deste procedemento.
6. As persoas solicitantes poderán solicitar información e asesoramento en relación coa convocatoria nos teléfonos relacionados no anexo IX e tamén de modo presencial nas dependencias sinaladas no citado anexo.
Documentación complementaria para a adxudicación
1. As persoas admitidas deberán presentar, no prazo de cinco (5) días hábiles desde o día seguinte ao da súa notificación no suposto de adxudicación directa, de ser o caso, ou desde o día seguinte ao da realización do sorteo e preferiblemente por vía electrónica, a seguinte documentación:
a) Xustificación de pagamento.
b) Se a persoa menor non ten DNI deberá achegarse a copia do libro de familia.
c) Copia da tarxeta sanitaria ou seguro médico privado.
d) Cuestionario de saúde e autonomía persoal e declaración de saber nadar (anexo VI). As persoas con discapacidade deberán facilitar neste documento a información actualizada que permita valorar os apoios específicos que precisa, de ser o caso.
e) Declaración sobre a autorización para a captación de imaxes (anexo VII).
f) Declaración responsable sobre a COVID-19, conforme o modelo que se publicará na páxina web xuventude.xunta.es, de ser o caso.
2. No caso de persoas con discapacidade, ademais, deberán presentar un certificado acreditativo do grao de discapacidade, cando non fose expedido na nosa comunidade autónoma, e copia do ditame técnico facultativo, emitido polo equipo de valoración e orientación correspondente.
3. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.
Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.
Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación destes procedementos e tras a adxudicación da praza, de ser o caso, consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI/NIE da persoa solicitante.
b) DNI/NIE da persoa titular da conta, no caso de solicitude de devolución de cota prevista no artigo 15.
2. Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:
a) Certificado de discapacidade expedido pola Xunta de Galicia.
b) Título de familia numerosa.
c) Certificado de recoñecemento da condición de familia monoparental.
d) Carné xove.
3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite as persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo IV)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 9 de maio de 2022 pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2022 e se procede á súa convocatoria. (DOG nº 94 do 16 de maio de 2022).
-
Outros procedementos relacionados
Recoñecemento da situación de dependencia e da discapacidade
Aberto todo o ano
Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de escolas de tempo libre.
Aberto todo o ano
Inclusión no censo de entidades xuvenís.
Aberto todo o ano
Expedición de títulos de ensinanzas impartidas nas escolas de tempo libre.
Aberto todo o ano