Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
BS303B
Prazas de residencias xuvenís para estudantes.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
1. A presente orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras do procedemento de adxudicación de prazas para residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social e convocalas para o curso académico 2020/21, en réxime de concorrencia competitiva.
2. O número de prazas convocadas e a súa distribución por residencias é a seguinte:
-74 home/muller prazas no Centro Residencial Xuvenil LUG en Lugo.
-55 home/muller prazas na residencia Florentino López Cuevillas en Ourense.
-87 home/muller prazas na residencia Altamar en Vigo.
3. Do total de prazas resérvase un 9 % de prazas para as persoas solicitantes que desempeñen unha actividade profesional, tanto por conta propia como allea, distribuídas do seguinte xeito:
-7 home/muller prazas no Centro Residencial Xuvenil LUG en Lugo.
-5 home/muller prazas na residencia Florentino L.Cuevillas en Ourense.
-8 home/muller prazas na residencia Altamar en Vigo.
No suposto de que non se cubran todas as prazas reservadas a persoas que desenvolvan unha actividade profesional coas solicitudes presentadas en prazo, as prazas restantes ofertaranse a estudantes.
4. Así mesmo, do total de prazas resérvase tamén un 9 % para o caso de mozas que sufran violencia de xénero ou para mozos e mozas cuxas proxenitoras a sufrisen. A distribución de prazas é:
-7 home/muller prazas no Centro Residencial Xuvenil LUG en Lugo.
-5 home/muller prazas na residencia Florentino L.Cuevillas en Ourense.
-8 home/muller prazas na residencia Altamar en Vigo.
No suposto de que non se cubran todas as prazas coas solicitudes presentadas en prazo, as prazas restantes ofertaranse a estudantes.
5. Con este procedemento póñense as residencias xuvenís ao servizo da mocidade que, por razóns de estudo ou traballo, se vexa obrigada a permanecer fóra do concello onde ten a súa residencia habitual.
Persoas mozas estudantes, de 16 a 30 anos.
Obrigas das persoas residentes.
1. As persoas residentes comprometeranse a respectar e cumprir as normas de réxime interno da residencia xuvenil. O seu incumprimento, logo da tramitación do expediente disciplinario no cal se respectará en todo caso o trámite de audiencia, poderá dar lugar, de ser o caso, á perda da condición de residente.
2. As persoas residentes deberán deixar os cuartos libres, inescusablemente, o día que finalice o calendario académico e, en todo caso, o prazo máximo será o 31 de xullo do ano en curso. No caso de que a persoa residente sexa menor de idade, deberá abandonar a residencia xuvenil as fins de semana e días non lectivos, agás autorización expresa dos pais, das nais ou das persoas que sexan titoras legais.
3. Os danos ocasionados polo mal uso das instalacións, material e utensilios serán de responsabilidade individual dos persoas autoras ou colectivamente de quen teña asignadas as dependencias concretas ao seu uso, e terase que aboar o seu custo.
4. As persoas adxudicatarias das prazas poderán incorporarse ás residencias xuvenís de acordo co inicio do curso académico segundo estableza o plan de estudos da persoa adxudicataria e, en todo caso, dentro do prazo máximo establecido no artigo 2, salvo causa de forza maior debidamente acreditada. Na súa falta, entenderase que renuncia á praza adxudicada, perderá os seus dereitos e procederase a cubrir a vacante conforme o disposto no artigo 14.
5. O estado de saúde da persoa residente deberá en todo momento permitir o normal desenvolvemento da vida residencial; en caso contrario e por prescrición facultativa, deberá abandonar a residencia xuvenil ata a súa recuperación.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Dirección Xeral de Xuventude
Instituto da Xuventude de Galicia
Edificio Administrativo San Lázaro, 3º andar
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545696/ 981544926
Fax: 981545843
Email: institutoxuventude.ctb@xunta.es
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Coruña
Servizo de Xuventude e Voluntariado da Coruña
CC. Elviña - Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 881881238
Fax: 881881237
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Lugo
Servizo de Xuventude e Voluntariado de Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294923/ 982294224
Fax: 982294339
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Ourense
Servizo de Xuventude e Voluntariado de Ourense
Avda. da Habana, 81 baixo
32004 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386112/ 988788793
Fax: 988386119
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Pontevedra
Servizo de Xuventude e Voluntariado de Vigo
Concepción Arenal, 8-1º andar
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 886111072/ 986817048
Fax: 986817082
Prazo de presentación: PECHADO
22/07/2020 00:00 - 21/08/2020 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta orde.
O día final do citado prazo será o correspondente, no mes seguinte, ao mesmo número ordinal do día da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Se este último día é inhábil, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao da publicación, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.
1. Poderán optar ás prazas nas residencias xuvenís as persoas que reúnan os seguintes requisitos xerais:
a) Posuír nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser estranxeiro/a residente en España no momento de presentación da solicitude.
b) Non ter perdido a condición de residente en convocatorias anteriores por causa imputable á persoa solicitante.
c) Ter feitos os 16 anos e non superar os 30 en data 31 de decembro do ano da presente convocatoria.
2. Requisitos específicos para as persoas solicitantes estudantes:
a) Cursar estudos de formación profesional ou ciclos formativos, de bacharelato, estudos universitarios tendentes á obtención do título de grao ou equivalente, e estudos de másteres universitarios oficiais.
Exceptúase do anterior a realización de estudos universitarios nos cales a persoa solicitante non obteña a nota de corte ou puntuación académica mínima exixida para o ingreso nas facultades ou escolas universitarias da localidade de residencia habitual.
b) No concello onde radique a súa residencia habitual non exista oferta de centros públicos para realizar o curso, nivel ou grao correspondente aos estudos que vaia cursar a persoa solicitante.
1. As persoas solicitantes que estean cursando estudos universitarios tendentes á obtención do título de grao ou equivalente ou estudos de másteres universitarios oficiais están obrigadas a presentar a súa solicitude por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal (anexo I).
Se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, e sempre que o prazo de presentación non rematase, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda. En todo caso, a solicitude non será admitida a trámite se a presentación electrónica se realiza despois de rematado o prazo de presentación de solicitudes.
2. As persoas solicitantes que estean cursando estudos de formación profesional ou ciclos formativos ou de bacharelato, non obrigadas á presentación electrónica, presentarán preferiblemente a súa solicitude por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, anexo I para as solicitudes de prazas de residencias xuvenís para estudantes.
Opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
3. Para presentar as solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).
Documentación complementaria necesaria para tramitar o procedemento
- As persoas solicitantes deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Libro de familia: copia de todas as follas do libro de familia en que figuren todas as persoas que compoñen a unidade familiar. A determinación dos membros da unidade familiar realizarase atendendo á situación existente na data de presentación da solicitude.
b) Título de familia numerosa: copia do título de familia numerosa cando non fose expedido en Galicia, de ser o caso.
c) Certificado de convivencia das persoas que compoñen a unidade familiar, de ser o caso.
d) Certificación de Facenda de non ter obriga de declarar, de ser o caso. No suposto de que non sexa posible achegar a dita certificación na data de presentación da solicitude, por non estar dispoñible, a adxudicación de praza quedará condicionada á presentación desta certificación con anterioridade á incorporación na residencia xuvenil.
No caso de que se produzan causas sobrevidas que afecten os recursos da unidade familiar, poderán presentarse os documentos que acrediten oficialmente a situación económica, sempre e cando as variacións de ingresos supoñan unha diminución ou incremento de máis do 20 % no cómputo anual fronte aos declarados na solicitude de praza, variacións que deberán ter unha duración mínima de catro meses consecutivos desde a notificación da resolución de adxudicación de prazas para seren tomadas en consideración.
e) Certificación médica acreditativa do estado de xestación no momento de presentación da solicitude, no caso de ser muller xestante.
f) A situación de violencia de xénero, de ser o caso. Esta situación acreditarase por calquera dos medios recoñecidos no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, que son:
1º. Certificación da orde de protección ou da medida cautelar ou testemuño ou copia autenticada pola secretaria ou polo secretario xudicial da propia orde de protección ou da medida cautelar.
2º. Sentenza de calquera orde xurisdicional que declare que a muller sufriu violencia en calquera das modalidades definidas na Lei 11/2007, do 27 de xullo.
3º. Certificación e/ou informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública autonómica ou local.
4º. Certificación dos servizos de acollida da Administración pública autonómica ou local.
5º. Informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de violencia.
6º. Informe da Inspección de Traballo e da Seguridade Social.
7º. Calquera outra que se estableza regulamentariamente.
g) Acreditación da condición de orfandade, de ser o caso.
h) Acreditación da discapacidade igual ou superior ao 33 % da persoa solicitante ou de calquera das persoas que compoñen a unidade familiar cando non fose expedido en Galicia, de ser o caso.
i) Acreditación da condición de familia monoparental, de ser o caso.
j) Acreditación de que a persoa solicitante constitúe unha unidade familiar independente, de ser o caso. Neste caso, a persoa solicitante debe achegar:
1º. Acreditación de que a persoa solicitante conta con persoa cónxuxe ou persoa con quen estea unido/a por análoga relación, así como con fillos/as, de ser o caso.
2º. Acreditación do domicilio.
3º. Acreditación do pagamento de vivenda, de ser o caso.
4º. Acreditación dos medios económicos con que conta a persoa solicitante.
k) Anexo III, de ser o caso.
- As persoas estudantes, procedemento BS303B, deberán achegar ademais a seguinte documentación específica:
a) Certificación académica: copia na cal figuren as notas correspondentes ao curso académico anterior ao da presentación da solicitude ou, de ser o caso, da proba de selectividade correspondente a ese mesmo curso. Na certificación deberá constar a nota media. No caso de que a persoa solicitante non cursase estudos durante ese ano académico, a certificación referirase ao último curso académico en que estivo matriculada.
b) Para a persoa solicitante que vaia cursar o primeiro ano de estudos, copia da preinscrición/reserva de praza nas facultades ou escolas universitarias, centros de bacharelato ou ciclos formativos. Cando non se dispoña desta documentación, por non estar aberto o prazo de preinscrición ou reserva durante o prazo de presentación de solicitudes de praza na residencia xuvenil, deberá comunicar esta circunstancia por escrito comprometéndose a presentala no momento en que se realice.
- As persoas solicitantes responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
- As persoas solicitantes que estean cursando estudos universitarios tendentes á obtención do título de grao ou equivalente ou estudos de másteres universitarios oficiais, as persoas solicitantes traballadoras por conta propia e as persoas solicitantes traballadoras por conta allea que sexan empregadas das administracións públicas están obrigadas á presentación electrónica da documentación complementaria.
Se algunha das persoas solicitantes interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
- Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica presentarán a documentación complementaria preferiblemente por vía electrónica. Opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
- No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. De conformidade coa normativa de protección de datos persoais, para tramitar este procedemento consultaranse os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI/NIE da persoa solicitante e, de ser o caso, do representante e demais membros que compoñen a unidade familiar.
b) Certificado de residencia con data de última variación padroal da persoa solicitante.
c) Datos do imposto da renda das persoas físicas, en diante IRPF, da persoa solicitante e, de ser o caso, dos demais membros que compoñen a unidade familiar.
2. Consultaranse, ademais, os seguintes datos, cando a persoa solicitante faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:
a) Datos do título de familia numerosa expedido pola Xunta de Galicia.
b) Certificado do grao de discapacidade da persoa solicitante e, de ser o caso, dos demais membros que compoñen a unidade familiar recoñecida pola Xunta de Galicia.
c) Desemprego. Acreditación dos importes de prestacións por desemprego percibidos en data actual da persoa solicitante e, de ser o caso, dos demais membros que compoñen a unidade familiar.
d) Acreditación da situación legal de desemprego sen prestación económica da persoa solicitante e, de ser o caso, dos demais membros que compoñen a unidade familiar.
3. No caso de que as persoas solicitantes, as persoas titoras ou representantes legais, se é o caso, o os demais membros que compoñen a unidade familiar se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no anexo I (prazas de residencias xuvenís para estudantes), no anexo II (prazas de residencias xuvenís para persoas traballadoras) e anexo III (comprobación de datos de terceiras persoas que compoñen a unidade familiar), e achegar os documentos correspondentes.
4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas solicitantes que presenten os documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles as persoas solicitantes realizar trámites electrónicos con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa solicitante. Cando as persoas solicitantes non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Prazo de resolución:
Catro meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 6 de xullo de 2020 pola que se establecen as bases para a concesión de prazas nas residencias xuvenís dependentes desta consellería e se convocan para o curso académico 2020/21 (DOG nº 145 do 21 de xullo de 2020).
-
Resolución do 15 de setembro de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se publica a Resolución do 14 de setembro de 2020, ditada nos procedementos BS303B prazas de residencias xuvenís para estudantes e BS303D prazas de residencias xuvenís para persoas traballadoras, no Centro Residencial Xuvenil LUG para o curso académico 2020/21 (DOG nº 193 do 23 de setembro de 2020).
-
Resolución 18 de setembro de 2020, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se publica a Resolución do 17 de setembro de 2020, ditada nos procedementos BS303B de prazas de residencias xuvenís para estudantes e BS303D de prazas de residencias xuvenís para persoas traballadoras na Residencia Xuvenil Altamar para o curso académico 2020/21 (DOG nº 199 do 1 de outubro de 2020).
-
Resolución do 1 de outubro de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se publica a Resolución do 28 de setembro de 2020, ditada nos procedementos BS303B prazas de residencias xuvenís para estudantes e BS303D prazas de residencias xuvenís para persoas traballadoras, na Residencia Xuvenil Florentino López Cuevillas, para o curso académico 2020/21 (DOG nº 209 do 16 de outubro de 2020).
-
Outros procedementos relacionados
Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de escolas de tempo libre.
Aberto todo o ano
Inclusión no censo de entidades xuvenís.
Aberto todo o ano
Expedición de títulos de ensinanzas impartidas nas escolas de tempo libre.
Aberto todo o ano
Recoñecemento oficial dos servizos de información xuvenil.
Aberto todo o ano