Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
BS303B
Prazas de residencias xuvenís para estudantes.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
1. A presente orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras do procedemento de adxudicación de prazas para as residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social e convocar para o curso académico 2019/20, en réxime de concorrencia competitiva, 216 prazas para persoas mozas, de 16 a 30 anos, nas residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social (procedementos BS303B, prazas de residencias xuvenís para estudantes).
Con esta oferta póñense as residencias xuvenís ao servizo da mocidade que, por razóns de estudo ou traballo, se vexa obrigada a permanecer fóra do concello onde ten a súa residencia habitual.
2. O número de prazas convocadas e a súa distribución por residencias son as seguintes:
-74 home/muller prazas no Centro Residencial Xuvenil LUG en Lugo.
-55 home/muller prazas na residencia Florentino López Cuevillas en Ourense.
-87 home/muller prazas na residencia Altamar en Vigo.
3. Do total de prazas resérvase un 9 % para mozos e mozas que desempeñen unha actividade profesional, tanto se é por conta propia como allea, distribuídas do seguinte xeito:
-7 home/muller prazas no Centro Residencial Xuvenil LUG en Lugo.
-5 home/muller prazas na residencia Florentino L.Cuevillas en Ourense.
-8 home/muller prazas na residencia Altamar en Vigo.
No suposto de que non se cubran todas as prazas reservadas a persoas que desenvolvan unha actividade profesional coas solicitudes presentadas en prazo, as prazas restantes ofertaranse a estudantes.
4. Así mesmo, do total de prazas resérvase tamén un 9 % para o caso de mozas que sufran violencia de xénero ou para mozos e mozas cuxas proxenitoras a sufrisen. As distribución de prazas é:
-7 home/muller prazas no Centro Residencial Xuvenil LUG en Lugo.
-5 home/muller prazas na residencia Florentino L.Cuevillas en Ourense.
-8 home/muller prazas na residencia Altamar en Vigo.
Ao igual que no caso de reserva para a mocidade traballadora, no suposto de que non se cubran todas as prazas coas solicitudes presentadas en prazo, as prazas restantes ofertaranse a estudantes.
5. Cando o número de solicitudes supere a reserva establecida, para a adxudicación das prazas aplicaranse os criterios de selección establecidos no artigo 9 desta orde.
Persoas mozas, de 16 a 30 anos.
Obrigas das persoas residentes.
1. As persoas residentes comprometeranse a respectar e cumprir as normas de réxime interno da residencia xuvenil. O seu incumprimento, logo da tramitación do expediente disciplinario no cal se respectará en todo caso o trámite de audiencia, poderá dar lugar, de ser o caso, á perda da condición de residente.
2. As persoas residentes deberán deixar os cuartos libres, inescusablemente, o día que finalice o calendario académico e, en todo caso, o prazo máximo será o 31 de xullo de 2020. No caso de que a persoa residente sexa menor de idade deberá abandonar a residencia as fins de semana e os días non lectivos, agás autorización expresa dos pais, das nais ou da persoas que sexan titoras legais.
3. Os danos ocasionados polo mal uso das instalacións, material e utensilios serán de responsabilidade individual dos seus autores e das súas autoras ou colectivamente de quen teña asignadas as dependencias concretas ao seu uso e terase que aboar o seu custo.
4. As persoas adxudicatarias poderán incorporarse ás residencias xuvenís de acordo co inicio do curso académico segundo estableza o plan de estudos da persoa beneficiaria e dentro do prazo máximo establecido no artigo 2, salvo causa de forza maior debidamente acreditada. Na súa falta, entenderase que renuncia á praza adxudicada, perderá os seus dereitos e procederase a cubrir a vacante conforme o disposto nos artigos 9 e 12.3.
5. O estado de saúde da persoa residente deberá en todo momento permitir o normal desenvolvemento da vida residencial e, en caso contrario e por prescrición facultativa, deberá abandonar a residencia ata a súa recuperación.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Dirección Xeral de Xuventude
Instituto da Xuventude de Galicia
Edificio Administrativo San Lázaro, 3º andar
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545696 / 981544926
Fax: 981545843
Email: institutoxuventude.ctb@xunta.es
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Coruña
Servizo de Xuventude e Voluntariado da Coruña
CC. Elviña - Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 881881238
Fax: 881881237
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Lugo
Servizo de Xuventude e Voluntariado de Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294923 / 982294224
Fax: 982294339
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Ourense
Servizo de Xuventude e Voluntariado de Ourense
Avda. da Habana, 81 baixo
32004 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386112 / 988788793
Fax: 988386119
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Pontevedra
Servizo de Xuventude e Voluntariado de Vigo
Concepción Arenal, 8-1º andar
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 886111072 / 986817048
Fax: 986817082
Prazo de presentación: PECHADO
16/05/2019 00:00 - 17/06/2019 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia da presente orde.
O día final do citado prazo será o correspondente, no mes seguinte, ao mesmo número ordinal do día da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Se este último día é inhábil, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non hai día equivalente ao da publicación, entenderase que o prazo remata o derradeiro día do mes.
1. Poderán optar ás prazas obxecto da presente convocatoria as persoas mozas que reúnan os seguintes requisitos xerais:
a) Posuír nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser estranxeiro/a residente en España no momento da solicitude de praza.
b) Non ter perdido a condición de residente por causa imputable á persoa solicitante.
c) Ter os 16 anos cumpridos e non superar os 30, na data do 31 de decembro de 2019.
2. Requisitos específicos para as persoas mozas estudantes:
a) Cursar estudos de formación profesional ou ciclos formativos, de bacharelato, estudos universitarios tendentes á obtención do título de grao ou equivalente ou ben, mentres non se xeneralice a implantación dos novos títulos universitarios, estudos universitarios de 1º, 2º ou 3º ciclo nunha facultade ou escola universitaria ou estudos superiores en ensinanzas artísticas.
Exceptúase do anterior a realización de estudos universitarios, nos cales a persoa solicitante non obteña a nota de corte ou puntuación académica mínima exixida para o ingreso nas facultades ou escolas universitarias da localidade de residencia habitual.
b) Que no concello onde radique a súa residencia habitual non exista oferta de centros públicos para realizar o curso, nivel ou grao correspondente aos estudos que vaia cursar o/a solicitante.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, anexo I para as solicitudes de prazas de residencias xuvenís para estudantes.
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).
As solicitudes que non se presenten na forma, no lugar e no tempo sinalados nos números 1 e 4 serán inadmitidas, agás que o número de solicitudes fose inferior ao número de prazas ofertadas, caso en que poderían admitirse e baremarse segundo o establecido no artigo 9 desta orde.
Con carácter excepcional, poderanse presentar solicitudes fóra do prazo establecido no número 4 no caso de cambio de concello de residencia da unidade familiar. As solicitudes presentadas fóra de prazo deberán ir xunto coa xustificación acreditativa da circunstancia que as motiva. Así mesmo, a súa admisión estará condicionada á existencia de prazas dispoñibles no centro onde se solicite a praza.
Se na solicitude se aprecian defectos ou falta de documentación, a xefatura territorial correspondente requirirá a persoa solicitante para que nun prazo de 10 días hábiles emende a falta ou presente os documentos preceptivos, coa advertencia de que, se así non o fixera, se considerará desistida da súa petición, de conformidade co previsto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de resolución que será ditada nos termos do artigo 21 desa lei.
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Libro de familia: copia de todas as follas do libro de familia en que figuren todas as persoas que compoñen a unidade familiar. A determinación dos membros da unidade familiar realizarase atendendo á situación existente na data de presentación da solicitude.
b) Título de familia numerosa: copia do titulo de familia numerosa cando non fose expedido en Galicia, se é o caso.
c) Certificado de convivencia das persoas que compoñen a unidade familiar, se é o caso.
d) Certificación de Facenda de non ter obriga de declarar, de ser o caso. No suposto de que non sexa posible achegar a dita certificación na data de presentación da solicitude, por non estar dispoñible, a selección quedará condicionada á presentación desta certificación con anterioridade á incorporación no centro.
No caso de que se produzan causas sobrevidas que afecten os recursos da unidade familiar poderán presentarse outros documentos que acrediten oficialmente a situación económica, sempre e cando as variacións de ingresos supoñan unha diminución ou incremento de máis do 20 % no cómputo anual fronte aos declarados na solicitude de praza, variacións que deberán ter unha duración mínima de catro meses consecutivos para seren tomadas en consideración.
e) Acreditación de ser muller xestante; presentarase certificación médica que acredite o embarazo no momento da presentación da solicitude de axuda, se é o caso.
f) Acreditación de violencia de xénero, se é o caso, acreditarase por calquera dos medios recoñecidos no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, que son:
1º. Certificación da orde de protección ou da medida cautelar ou testemuño ou copia autenticada pola secretaria ou polo secretario xudicial da propia orde de protección ou da medida cautelar.
2º. Sentenza de calquera orde xurisdicional que declare que a muller sufriu violencia en calquera das modalidades definidas na Lei 11/2007, do 27 de xullo.
3º. Certificación e/ou informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública autonómica ou local.
4º. Certificación dos servizos de acollida da Administración pública autonómica ou local.
5º. Informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de violencia.
6º. Informe da Inspección de Traballo e da Seguridade Social.
7º. Calquera outra que se estableza regulamentariamente.
g) Orfandade: acreditación desta condición; se é o caso.
h) Discapacidade: acreditación da discapacidade igual ou superior ao 33 % de calquera das persoas que compoñen a unidade familiar cando non fose expedido en Galicia, se é o caso.
i) Anexo III de ser o caso.
Documentación específica para solicitudes de estudantes, procedemento BS303B.
a) Certificación académica, orixinal ou copia, na cal figuren as notas correspondentes ao último curso académico no que a persoa solicitante estivo matriculada ou, se é o caso, da proba de selectividade. Na certificación deberá constar a nota media.
b) Para o alumnado que vaia cursar o primeiro ano de estudos, copia da preinscrición/reserva de praza nas facultades ou escolas universitarias, centros de bacharelato ou ciclos formativos. Cando non se dispoña desta documentación, por non estar aberto o prazo de preinscrición ou reserva durante o prazo de presentación de solicitudes de residencia, deberá comunicar esta circunstancia por escrito e comprometese a presentala no momento en que se realice.
A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. De conformidade coa normativa de protección de datos persoais, para a tramitación deste procedemento consultaranse os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI/NIE da persoa solicitante e se é o caso do representante e demais membros que compoñen a unidade familiar.
b) Certificado de residencia con data de última variación padroal da persoa solicitante.
c) Datos do imposto da renda das persoas físicas (IRPF) da persoa solicitante e, se é o caso, dos demais membros que compoñen a unidade familiar.
Consultaranse ademais os seguintes datos, cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:
a) Datos do título de familia numerosa expedido pola Xunta de Galicia
b) Certificado do grao de discapacidade da persoa solicitante e, se é o caso, dos demais membros que compoñen a unidade familiar, recoñecida pola Xunta de Galicia.
c) Desemprego. Acreditación dos importes de prestacións por desemprego percibidos a data actual da persoa solicitante e, se é o caso, dos demais membros que compoñen a unidade familiar.
d) Acreditación da situación legal de desemprego sen prestación económica da persoa solicitante e, se é o caso, dos demais membros que compoñen a unidade familiar.
e) Acreditación de familia monoparental.
2. No caso de que as persoas interesadas, as persoas titoras ou representantes legais ou os demais membros que compoñen a unidade familiar se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no anexo I (prazas de residencias xuvenís para estudantes), no anexo II (prazas de residencias xuvenís para persoas traballadoras) e no anexo III (comprobación de datos de terceiras persoas que compoñen a unidade familiar) e achegar os documentos correspondentes.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Prazo de resolución: Catro meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 30 de abril de 2019 pola que se convocan prazas nas residencias xuvenís dependentes desta consellería para o curso 2019/20 (DOG nº 92 do 15 de maio de 2019).
-
Resolución do 5 de agosto de 2019, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se publica a Resolución do 30 de xullo de 2019, ditada nos procedementos BS303B Prazas de residencias xuvenís para estudantes e BS303D Prazas de residencias xuvenís para persoas traballadoras, pola que se aproba a relación definitiva de admitidos/as, excluídos/as e lista de agarda na Residencia Xuvenil Altamar para o curso académico 2019/20 (DOG nº 155 do 19 de agosto de 2019).
-
Resolución do 6 de agosto de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se publica a Resolución do 2 de agosto de 2019, ditada nos procedementos BS303B prazas de residencias xuvenís para estudantes e BS303D prazas de residencias xuvenís para persoas traballadoras, pola que se aproba a relación definitiva de admitidos/as no Centro Residencial Xuvenil LUG para o curso académico 2019/20 (DOG nº 162 do 28 de agosto de 2019).
-
Resolución do 5 de agosto de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se publica a Resolución do 31 de xullo de 2019, ditada nos procedementos BS303B prazas de residencias xuvenís para estudantes e BS303D prazas de residencias xuvenís para persoas traballadoras, pola que se aproba a relación definitiva de admitidos/as como residentes na Residencia Xuvenil Florentino López Cuevillas para o curso académico 2019/20 (DOG nº 163 do 29 de agosto de 2019).
-
Resolución do 4 de setembro de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se publica a Resolución do 3 de setembro de 2019 de corrección de erros na Resolución do 2 de agosto de 2019 dos procedementos BS303B prazas de residencias xuvenís para estudantes e BS303D prazas de residencias xuvenís para persoas traballadoras, pola que se aproba a relación definitiva de admitidos/as no Centro Residencial Xuvenil LUG para o curso académico 2019/20 (DOG nº 174 do 13 de setembro de 2019).
-
Outros procedementos relacionados
Prazas xuvenís, Programa campaña de verán.
Prazo aberto: 02/05/2025 00:00 - 15/05/2025 23:59
Axudas enmarcadas no Programa Iniciativa Xove.
Prazo aberto: 07/05/2025 00:00 - 06/06/2025 23:59
Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de escolas de tempo libre.
Aberto todo o ano
Inclusión no censo de entidades xuvenís.
Aberto todo o ano