Guía de procedementos e servizos

BS213O

Participación na convocatoria, mediante procedemento de asignación de concerto social, da execución do “Programa Mentor Rural de tránsito á vida adulta, autonomía e emancipación para persoas mozas en situación de vulnerabilidade en zonas non urbanas”, cofinanciado pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong

Convocatoria 2024 - Prazo pechado: 10/02/2024 00:00 - 11/03/2024 23:59

Consellería de Política Social e Igualdade

Este programa desenvolverase para apoiar ás persoas mozas beneficiarias no seu tránsito á vida adulta dende o sistema de protección. Preténdese, dende un enfoque positivo, non só evitar a exclusión social dun colectivo tan vulnerable senón acadar a súa integración social e benestar persoal.

O artigo 2 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, establece que este tipo de relación xurídica se pode establecer entre a Administración xeral autonómica e aquelas entidades que ofrezan servizos sociais previstos nas carteiras de servizos vixentes que se determinen

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

Subdirección Xeral de Política Familiar, Infancia e Adolescencia

Servizo de Protección de Menores

Edificio Administrativo San Caetano, s/nº

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544630

Email: proteccionmenores@xunta.gal

https://politicasocial.xunta.gal/es/temas/familia-e-infancia/proteccion-de-la-infancia

Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

Prazo de presentación: PECHADO

10/02/2024 00:00 - 11/03/2024 23:59

O prazo para presentar as solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

As ditas entidades deberán cumprir os requisitos seguintes:

a) Estar debidamente inscritas no Rexistro único de entidades prestadoras de servizos sociais da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Contar coa solvencia suficiente segundo os seguintes indicadores:

b.1) Solvencia económica e financeira. Acreditarase mediante un dos seguintes medios:

b.1.1) Volume anual de negocios, referido aos tres últimos exercicios concluídos dispoñibles en función da data de creación ou inicio das actividades da entidade. Reputarase solvente a entidade licitadora que acredite ter un volume de negocios no ámbito da atención á infancia e á adolescencia, referido ao ano de maior volume de negocios dos últimos tres concluídos, por un importe igual ou superior a 200.000,00 euros.

b.1.2) Un seguro de indemnización de responsabilidade civil por riscos profesionais, vixente ata a finalización do prazo de presentación de ofertas, por un importe igual ou superior ao seguinte valor anual: 200.000,00 €.

A súa acreditación efectuarase por medio de:

1. Declaración responsable asinada polo representante legal do licitador en que se exprese o importe asegurado e a súa vixencia, que deberá ser igual ou superior aos valores anuais indicados.

2. Unha vez adxudicado o concerto, a entidade que resulte adxudicataria estará en condicións de achegar, de ser requirida, un certificado expedido pola aseguradora, en que consten os importes e riscos asegurados e a data de vencemento do seguro, así como un documento de compromiso vinculante de subscrición, prórroga ou renovación do seguro, no caso en que proceda para garantir o mantemento da súa cobertura durante a execución do concerto.

b.2) Solvencia técnica ou profesional:

Reputarase solvente a entidade concertante que acredite, cando menos, un dos seguintes requisitos:

– Ter un ou varios servizos de natureza análoga ao obxecto deste concerto que prestase algunha Administración pública ou entidade privada (contabilizados ata a finalización do prazo de presentación de proposicións) cuxos importes acumulados no ano de maior execución sexa igual ou superior 200.000 euros.

– Polo menos que a persoa que exerza de coordinador/a e outros dous membros do equipo técnico conten, respectivamente en postos de características asimilables, cunha experiencia mínima de dous anos, dentro dos últimos tres, nalgunha empresa ou entidade que pola súa vez prestase servizos para unha Administración pública ou entidade privada, sempre que tanto o servizo prestado como as tarefas desempeñadas polo persoal teñan natureza análoga ao obxecto do concerto.

c) Contar cunha experiencia mínima de atención á infancia e á adolescencia de 2 anos.

d) Estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social impostas pola lexislación vixente.

e) Estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

f) Estar en condicións de poder presentar, de resultar adxudicataria, os seguros que se detallan no punto K.3 desta resolución (póliza de seguros dos locais e de responsabilidade civil).

g) Estar en condicións de acreditar o cumprimento da normativa que, con carácter xeral ou específico, lle sexa aplicable, tanto pola natureza xurídica da entidade como polo tipo de servizo obxecto do concerto social.

Solicitudes.

As solicitudes de participación na convocatoria de concerto social deberán presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II, solicitude de participación), dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365. A presentación da solicitude supón a aceptación incondicionada da persoa solicitante da totalidade do contido da convocatoria, sen excepción ou reserva ningunha.

Documentación complementaria.

1. As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Unha relación de todos os documentos que se presentan.

b) Declaración responsable ou certificación que acredite que conta coa solvencia económica e financeira e técnica ou profesional segundo se indica na cláusula F desta convocatoria, no caso de optar por acreditala neste momento.

c) Documentación que acredite que a entidade conta cunha experiencia mínima de 2 anos na atención á infancia e á adolescencia, como se indica na cláusula F desta convocatoria, no caso de optar por acreditala neste momento. No caso de que esta experiencia derive de instrumentos xurídicos asinados coa Xunta de Galicia, acreditarase de oficio. A entidade presentará, de ser o caso, unha relación dos servizos prestados á Xunta de Galicia.

d) Relación do persoal adscrito ao servizo segundo o anexo V (relación de persoal adscrito ao servizo) da resolución da convocatoria. O persoal poderase contratar ou asignar a este programa tras a adxudicación do concerto. Neste caso indicarase neste momento »pendente de contratación».

e) Documentación que acredite os criterios de selección e preferencia (cláusula O) da resolución da convocatoria:

e.1) Proxecto de intervención educativa, diferenciado nas seguintes epígrafes:

– Proxecto de intervención coas persoas mozas.

– Accións de difusión e sensibilización en relación co programa.

– Sistema de avaliación dos resultados da intervención.

e.2) Descrición das instalacións nas cales se levará a cabo o servizo: para cada unha das instalacións ofertadas achegaranse as informacións e documentos seguintes:

– Situación xeográfica, coa súa localización en plano.

– Descrición clara das súas condicións físicas e arquitectónicas, xuntaranse planos de planta e fotografías, tanto do exterior como dos espazos interiores, e sinalarase para cada un destes o número de metros cadrados útiles e os usos correspondentes.

– Descrición do equipamento e recursos materiais con que conta.

e.3) Documentación que acredite a posesión da Marca galega de excelencia en igualdade, do Certificado de empresa familiarmente responsable e/ou do recoñecemento á promoción da parentalidade positiva, outorgado polo Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social, xunto coa Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP), ou documentos equivalentes.

e.4) Declaración sobre a experiencia do persoal asignado ao proxecto e documentación que a acredite (contratos laborais e certificados de ter prestado servizos en programas relacionados coa orientación e inserción sociolaboral de mozos e mozas), de acordo co establecido na cláusula O.

e.5) Declaración sobre a formación do persoal asignado ao proxecto e documentación que a acredite, de acordo co establecido na cláusula O.

e.6) Documentación que acredite a experiencia da entidade no ámbito da protección á infancia e adolescencia. En caso de que a experiencia da entidade se refira a programas efectuados no ámbito da Xunta de Galicia, será suficiente cunha declaración responsable, que comprobará de oficio a Comisión de Valoración.

f) Certificado de estar en condicións de poder presentar, de resultar adxudicataria, os seguros que se mencionan no punto K.3 desta resolución do concerto (póliza de seguros dos locais e de responsabilidade civil).

g) Certificado de estar en condicións de acreditar o cumprimento da normativa que, con carácter xeral ou específico, lle sexa aplicable, tanto pola natureza xurídica da entidade como polo tipo de servizo obxecto do concerto social.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que se realice a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

No caso de que algún dos documentos que se vai presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos.

1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa representante.

c) DNI ou NIE da persoa empregada.

d) Inscrición no Rexistro único de entidades prestadoras de servizos sociais da Comunidade Autónoma de Galicia das entidades solicitantes.

e) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias á AEAT (anexo II, solicitude de participación).

f) Comprobación de estar ao día coa Seguridade Social (anexo II, solicitude de participación).

g) Comprobación de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia (anexo II, solicitude de participación).

h) Consulta da inexistencia de antecedentes penais do persoal que se designe para a prestación do servizo.

i) Consulta da inexistencia de antecedentes penais por delitos de natureza sexual do persoal que se designe para a prestación do servizo.

j) Titulación do persoal da entidade adxudicataria (títulos oficiais non universitarios ou universitarios), segundo o disposto no prego de prescricións técnicas.

2. No caso de que a entidade interesada se opoña á consulta, deberá indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 42/2000, do 7 de xaneiro, polo que se refunde a normativa reguladora vixente en materia de familia, infancia e adolescencia (DOG nº 45 do 6 de marzo de 2000).

    • Decreto 406/2003, do 29 de outubro, polo que se modifica o Decreto 42/2000, do 7 de xaneiro, polo que se refunde a normativa reguladora vixente en materia de familia, infancia e adolescencia (DOG nº 222 do 14 de novembro de 2003).

    • Corrección de erros.-Decreto 406/2003, do 29 de outubro, polo que se modifica o Decreto 42/2000, do 7 de xaneiro, polo que se refunde a normativa reguladora vixente en materia de familia, infancia e adolescencia (DOG nº 235 do 3 de decembro de 2003).

    • Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia (DOG nº 134 do 13 de xullo de 2011).

    • Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 3 do 7 de xaneiro de 2021).

    • Resolución do 23 de xaneiro de 2024 pola que se publica a convocatoria, mediante o procedemento de asignación de concerto social, da execución do programa Mentor rural de tránsito á vida adulta, autonomía e emancipación para persoas mozas en situación de vulnerabilidade en zonas non urbanas, cofinanciado pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 (código de procedemento BS213O) para os anos 2024 a 2026 (DOG nº 29 do 9 de febreiro de 2024).

    • Corrección de erros. Resolución do 23 de xaneiro de 2024 pola que se publica a convocatoria, mediante o procedemento de asignación de concerto social, da execución do programa Mentor rural de tránsito á vida adulta, autonomía e emancipación para persoas mozas en situación de vulnerabilidade en zonas non urbanas, cofinanciado pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 (código de procedemento BS213O) para os anos 2024 a 2026 (DOG nº 31 do 13 de febreiro de 2024).

    • Resolución do 8 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, pola que se publica a Resolución do 7 de maio de 2024 de selección de entidade privada sen ánimo de lucro no procedemento de asignación do concerto social para a execución do programa Mentor rural de tránsito á vida adulta, autonomía e emancipación para persoas mozas en situación de vulnerabilidade en zonas non urbanas, cofinanciado pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 (DOG nº 98 do 22 de maio de 2024).

    • Normas de subvencionabilidade ditadas pola autoridade de xestión para o período 2021-2027.

  • Ámbito Estatal
    • Real Decreto do 24 de xullo de 1889 polo que se publica o Código Civil (BOE nº 206 do 25 de xullo de 1889).

    • Lei Orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor, de modificación parcial do Código Civil e da Lei de Axuizamento Civil (BOE nº 15 do 17 de xaneiro de 1996).

    • Lei Orgánica 8/2015, do 22 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia (BOE nº 175 do 23 de xullo de 2015).

    • Lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia (BOE nº 180 do 29 de xullo de 2015).

    • Lei Orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e a adolescencia fronte á violencia (BOE nº 134 do 5 de xuño de 2021).

  • Ámbito Europeo
    • Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021 polo que se establecen as disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os devanditos Fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de Apoio Financeiro á Xestión de Fronteiras e a Política de Visados.

    • Regulamento (UE) 2021/1057 do Parlamento Europeo e do Consello de 24 de xuño de 2021 polo que se establece o Fondo Social Europeo Plus (FSE+) e polo que se derroga o Regulamento (UE) 1296/2013 establece entre os seus obxectivos xerais lograr unha protección social xusta e unha sociedade inclusiva e cohesionada que aspire a erradicar a pobreza e cumprir os principios establecidos polo piar europeo de dereitos sociais para o que establece como obxectivos específicos fomentar a inclusión activa ao obxecto de promover a igualdade de oportunidades, a non discriminación e a participación activa, e mellorar a empregabilidade, en particular para os grupos desfavorecidos, así como promover a integración social das persoas en risco de pobreza ou exclusión social, incluídas as persoas máis desfavorecidas e a poboación infantil.

Outros procedementos relacionados

BS103D

Autorización para a creación /construción de centros de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103E

Autorización de inicio de actividades de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103F

Autorización de cesamento de actividades de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103K

Autorización de modificación substancial de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano