Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
AU301G
Subvencións a asociacións sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de actuacións e actividades de educación ambiental para a sustentabilidade dos ríos da demarcación hidrográfica de Galicia-Costa.
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Establecer as bases reguladoras para a concesión de subvencións a asociacións sen ánimo de lucro, en réxime de concorrencia competitiva, para o desenvolvemento de actuacións e actividades de educación ambiental para a sustentabilidade dos ríos da Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa, e convocar estas subvencións para o ano 2025.
Poderán ser entidades beneficiarias destas subvencións as asociacións sen ánimo de lucro, que teñan recollidos entre os seus fins a conservación da natureza e a protección do ambiente e/ou a educación ambiental e o voluntariado ambiental, sempre que o seu domicilio e o ámbito territorial en que realiza principalmente as súas actividades este en Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Augas de Galicia
Dirección de Augas de Galicia
Subdirección Xeral de Réxime Xurídico
Praza Camilo Díaz Baliño, nº 7 e 9
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541632
Email: augasdegalicia@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
27/02/2025 00:00 - 26/03/2025 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
1. Para poder obter a condición de entidade beneficiaria, as asociacións sen ánimo de lucro deberán cumprir, con anterioridade ao remate do prazo de presentación de solicitudes, os seguintes requisitos:
a) Estar legalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Asociacións da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.
b) Cumprir os requisitos recollidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
c) Estar ao día nas obrigas que lles sexan de aplicación coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia.
2. Ao abeiro desta convocatoria de subvencións ningunha asociación poderá presentar máis dunha solicitude por zona hidrográfica, aínda que se refiran a actuacións distintas. O incumprimento deste punto dará lugar á inadmisión das solicitudes presentadas en segundo ou sucesivo lugar.
Forma e lugar de presentación de solicitudes.
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
As solicitudes e os trámites posteriores deberán estar asinados electronicamente pola persoa representante legal da entidade solicitante ou pola persoa en que estea delegada a competencia no momento da dita sinatura.
2. No formulario, que figura como anexo I desta resolución, declárase o seguinte:
a) Que o órgano competente da asociación acordou participar na convocatoria de subvencións e apoderou á persoa que asina para presentar a solicitude e demais documentos exixidos nesta resolución de convocatoria.
b) Que a asociación que solicita a subvención acepta as condicións e os demais requisitos exixidos na resolución de convocatoria.
c) Que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se achegan son certos.
d) O conxunto de todas as subvencións ou axudas das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos, solicitadas ou concedidas para as mesmas actuacións financiadas ao abeiro desta resolución, e o compromiso de comunicar de contado cantas subvencións ou axudas solicite e/ou obteña doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, a partir da data desta declaración.
e) Non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
f) Non estar incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de subvencións previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
g) Estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
h) O carácter repercutible ou non do IVE por parte da asociación, de acordo co disposto na Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido.
3. Ao abeiro desta convocatoria de subvencións ningunha asociación poderá presentar máis dunha solicitude por zona hidrográfica, aínda que se refiran a actuacións distintas. O incumprimento deste punto dará lugar á inadmisión das solicitudes presentadas en segundo ou sucesivo lugar.
Documentación complementaria.
1. As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude a seguinte documentación:
a) Unha memoria na que se inclúan os seguintes puntos:
1º. Obxectivos propostos: neste punto incluirase unha explicación dos obxectivos que se pretenden acadar tanto coas actividades de divulgación, concienciación e sensibilización propostas como coas actuacións de conservación e mellora do estado dos ríos, na zona hidrográfica correspondente.
2º. Descrición das actividades e actuacións: neste punto describirase dun xeito individualizado as actividades de divulgación, concienciación e sensibilización propostas e as actuacións de conservación e mellora. Indicarase a localización concreta dos ríos nos que se pretende actuar e o alcance xeográfico das actuacións que se propoñen, especificando as masas de auga concretas e o demais contido necesario para a súa valoración segundo os bloques descritos no artigo 17 desta resolución. Estas actividades e actuacións relacionaranse cos obxectivos expostos no punto anterior.
As masas de auga e o seu estado poderá consultarse no enderezo electrónico da páxina web do sistema de información IDE-DHGC (Infraestrutura de datos espaciais da Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa): https://mapas.xunta.gal/visores/dhgc/
3º. Medios materiais, persoais e económicos: neste punto incluirase unha relación dos medios materiais, persoais e económicos que se consideran necesarios para desenvolver o conxunto do proxecto e cada unha das actividades e actuacións descritas anteriormente. Este punto conterá unha proposta de organización deses medios para acadar os obxectivos enunciados. Así mesmo, incluiranse os compromisos de colaboración nas actuacións e actividades propostas tanto doutras administracións e colectivos escolares como doutras asociacións sen ánimo de lucro.
4º. Xestión do voluntariado: neste punto describirase o modo en que se propón xestionar o voluntariado que participe nas distintas actividades e actuacións, o seu sistema de captación e os requisitos establecidos e as propostas de formación durante o desenvolvemento do proxecto.
5º. Calendario de traballo: neste punto incluirase unha proposta de calendario de traballo para a xestión do voluntariado, para a organización dos medios materiais e persoais e para o desenvolvemento das actividades e actuacións do proxecto.
b) Orzamento desagregado no que se detallen de forma separada os conceptos e custos subvencionables, tanto os necesarios para desenvolver o conxunto do proxecto como para cada unha das actividades e actuacións propostas.
c) Copia dos estatutos da asociación solicitante.
A falta de presentación da documentación indicada poderá ser obxecto de requirimento de emenda aplicándose o previsto no artigo 16.2 desta resolución para o suposto de non atenderse ao requirimento, sen prexuízo do disposto no artigo 12 desta resolución sobre comprobación de datos.
2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada que os achegue.
3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algún dos solicitantes interesados presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.
As entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
5. O tamaño máximo previsto para a presentación electrónica de documentos é de 2GB por presentación.
6. No caso de que algún dos documentos que se vaian presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
O procedemento a seguir para presentar documentación de gran tamaño pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia a través da seguinte ligazón https://sede.xunta.gal/axuda/preguntas-frecuentes?content=pregunta-frecuente_0068.xml
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) NIF da entidade solicitante.
b) NIF da entidade representante.
c) DNI/NIE da persoa representante.
d) Certificacións sobre o cumprimento de obrigas que deba emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria.
e) Certificacións sobre o cumprimento de obrigas fronte á Seguridade Social que deba emitir a Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
f) Certificacións sobre o cumprimento coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
g) Inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
h) Concesións de subvencións e axudas.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
- Fase de xustificación
- Presentación da documentación xustificativa da subvención (Anexo II)
- Aceptación da subvención
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 13 de febreiro de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións a asociacións sen ánimo de lucro, en réxime de concorrencia competitiva, para o desenvolvemento de actuacións e actividades de educación ambiental para a sustentabilidade dos ríos da Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa e se convocan para o ano 2025 (DOG nº 39 do 26 de febreiro de 2025).
-
Extracto da Resolución do 13 de febreiro de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións a asociacións sen ánimo de lucro, en réxime de concorrencia competitiva, para o desenvolvemento de actuacións e actividades de educación ambiental para a sustentabilidade dos ríos da Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa e se convocan para o ano 2025 (DOG nº 39 do 26 de febreiro de 2025).
-
Outros procedementos relacionados
Actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía
Aberto todo o ano
Actuacións dos GDR Programa LEADER PEPAC 2023-2027.
Prazo aberto: 31/10/2024 00:00 - 05/11/2027 23:59
Actuacións de animación, formación e cooperación (ICE).
Prazo aberto: 31/10/2024 00:00 - 05/11/2027 23:59
Inclusión no catálogo de árbores senlleiras.
Aberto todo o ano