Guía de procedementos e servizos

AU300A

Axudas para a execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración

Procedemento dirixido a: Entidades locais

Convocatoria 2021 - Prazo pechado: 25/03/2021 00:00 - 07/05/2021 23:59

1. O obxecto desta resolución é establecer as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia competitiva, para executaren obras de abastecemento, saneamento e depuración, e convocar estas subvencións para o ano 2021 (código de procedemento AU300A).

2. A finalidade das subvencións é axudar aos concellos responsables de sistemas de abastecemento na execución das infraestruturas necesarias para o funcionamento óptimo dos sistemas de abastecemento, que permitan reducir ao máximo a vulnerabilidade da poboación abastecida desde eses sistemas, e axudar aos concellos responsables de sistemas de saneamento e depuración na execución de actuacións de modernización e aumento da eficiencia e eficacia das instalacións existentes ou na construción de novas infraestruturas, contribuíndo con iso á mitigación do cambio climático.

Actuacións subvencionables.

1. Serán subvencionables os investimentos realizados desde o 1 de xaneiro de 2021 destinados á execución das obras necesarias para o funcionamento óptimo dos sistemas de abastecemento, que permitan reducir ao máximo a vulnerabilidade da poboación abastecida desde eses sistemas, ou obras destinadas á execución de actuacións de modernización e aumento da eficiencia e eficacia das instalacións de saneamento e depuración existentes ou na construción de novas infraestruturas, contribuíndo con iso á mitigación do cambio climático.

2. Subvencionaranse tanto os investimentos realizados na execución das propias obras como os gastos asociados a elas en materia de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial, de control de calidade ou de dirección dos traballos.

Concellos cunha poboación total igual ou inferior a 5.000 habitantes.

Obrigas dos beneficiarios.

Sen prexuízo das demais obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os beneficiarios das subvencións concedidas ao amparo desta orde quedan obrigados a:

1. Cumprir o obxectivo da axuda previsto no artigo 1.2 desta resolución.

2. Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento da finalidade da subvención, a realización da actividade ou adopción do comportamento que fundamentou a súa concesión e o seu custo real.

3. Destinar os fondos percibidos ao obxecto concreto para o cal foron concedidos e realizar as actuacións que integran o proxecto subvencionado, segundo o estipulado no artigo 41 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

4. Proceder ao reintegro das cantidades percibidas, se as houber, xunto cos xuros de demora correspondentes, segundo o procedemento establecido no artigo 38 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, nos seguintes supostos:

a) Incumprimento das condicións establecidas para a concesión da subvención.

b) Incumprimento da obriga de xustificar o pagamento nos termos establecidos nesta resolución.

c) Incumprimento da obriga, de ser o caso, de presentar os tres orzamentos que, en aplicación do artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, deba solicitar o beneficiario e/ou falta ou insuficiente acreditación de que a elección recaeu na oferta economicamente máis vantaxosa.

d) Incumprimento das obrigas establecidas nos artigos 11 e 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

e) Nos supostos establecidos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ou en calquera outro que resulte da normativa aplicable.

5. No suposto de concertar con terceiros a execución parcial ou total das actuacións obxecto da subvención, tramitar e adxudicar os contratos necesarios conforme as prescricións contidas na lexislación sobre contratación administrativa do sector público e, especificamente, a que rexe as contratacións das administracións públicas.

6. Comunicar ao órgano concedente a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

7. Consentir expresamente a inclusión dos datos relevantes da subvención nos rexistros públicos que proceda, conforme o previsto na disposición adicional do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006.

8. En relación coa subvención concedida, someterse ás actuacións de comprobación que deba efectuar o órgano concedente, ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas e presentar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Augas de Galicia

Dirección de Augas de Galicia

Subdirección Xeral de Réxime Xurídico

Praza Camilo Díaz Baliño, 7 e 9

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881999090/ 981957327

Email: sx.augas@xunta.gal

Subdirección Xeral de Réxime Xurídico

Prazo de presentación: PECHADO

25/03/2021 00:00 - 07/05/2021 23:59

Segundo a Resolución do 19 de abril de 2021 pola que se modifica a Resolución do 12 de marzo de 2021 (DOG nº 76 do 23 de abril de 2021), amplíase o prazo de presentación de solicitudes ata o día 7 de maio de 2021.

1. Poderán ser beneficiarios destas subvencións os concellos cunha poboación total igual ou inferior a 5.000 habitantes, segundo cifras de poboación acordes co establecido no Real decreto 1147/2020, do 15 de decembro, polo que se declaran oficiais as cifras de poboación resultantes da revisión do padrón municipal referidas ao 1 de xaneiro de 2020.

2. Para poder obter a condición de beneficiarios, todos os concellos solicitantes deberán cumprir:

a) Os requisitos recollidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

b) Estar ao día nas obrigacións coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, así como con Augas de Galicia no que incumbe ao canon da auga e, se é o caso, ao coeficiente de verteduras, previstos na Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia.

3. Cada concello poderá presentar dúas solicitudes, unha referida a actuacións en sistemas de abastecemento e outra referida a actuacións en sistemas de saneamento e depuración.

Non se poderán presentar dúas solicitudes referidas a un mesmo sistema. O incumprimento deste punto dará lugar á inadmisión das solicitudes presentadas en segundo ou sucesivo lugar.

4. Todos os concellos solicitantes deberán declarar todas as subvencións que solicitasen e/ou obtivesen para o mesmo fin.

Forma e lugar de presentación das solicitudes.

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algún dos concellos interesados presenta a súa solicitude presencialmente, será requirido para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

As solicitudes e os trámites posteriores deberán estar asinados pola persoa titular da alcaldía-presidencia ou pola persoa en que estea delegada a competencia no momento da devandita circunstancia, o cal deberá ser acreditado.

2. No formulario, que figura como anexo I desta resolución, acéptase e declárase o seguinte:

a) Que o concello que solicita a subvención acepta as condicións e demais requisitos exixidos nesta resolución de convocatoria.

b) Que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se achegan son certos.

c) O conxunto de todas as subvencións ou axudas das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos, solicitadas ou concedidas para as mesmas actuacións financiadas ao amparo desta resolución, e o compromiso de comunicar de inmediato cantas subvencións ou axudas solicite e/ou obteña doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, a partir da data desta declaración.

d) Que está ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Que cumpre os requisitos que para poder obter a condición de beneficiario son recollidos nos artigos 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.

1. Os concellos interesados deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Resolución do órgano competente do concello solicitante pola que se acorde a solicitude da subvención ao amparo desta resolución, con data anterior á finalización do prazo de presentación de solicitudes, na cal conste expresamente que se aceptan as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos na resolución.

b) Un documento técnico onde se describa, represente e orce, cun grao de detalle suficiente para a súa execución, a actuación para a cal se solicita a subvención. O documento, que estará asinado por un técnico competente, terá o seguinte contido mínimo:

1º. Unha portada onde se indique expresamente o título da actuación, o concello solicitante, a súa poboación referida ao 1 de xaneiro de 2020, a tipoloxía da actuación (abastecemento ou saneamento e depuración), o prazo de execución das obras, o orzamento base de licitación co IVE das obras, o nome do técnico competente que asina o documento e a súa titulación, e a data de redacción.

2º. Unha memoria descritiva onde se explique con claridade, e en parágrafos independentes, polo menos as seguintes cuestións: a problemática existente e a solución técnica adoptada, unha descrición das obras e as súas principais características, o orzamento das obras e o prazo de execución.

3º. Unha memoria xustificativa con, polo menos, os seguintes anexos. No caso de que non se consideren necesarios, xustificarase este aspecto no anexo correspondente:

• Estudo de seguridade e saúde ou estudo básico de seguridade e saúde.

• Estudo de xestión dos residuos de construción e demolición.

• Anexos de cálculos hidráulicos ou estruturais que, a xuízo do autor da documentación, resulten necesarios en función da tipoloxía de actuación proposta.

4º. Planos, incluíndo polo menos os seguintes tipos: planos de situación xeral (escala 1:10.000 ou superior), que permitan localizar as obras no territorio; plantas xerais (escala 1:10.000 ou inferior), que representen os principais elementos que forman parte da actuación; planos de detalle cun grao de desenvolvemento e escala suficiente para a súa execución.

5º. Un orzamento das obras, incluíndo os cadros de prezos necesarios para o seu aboamento ao contratista que resulte adxudicatario das obras.

c) Un documento onde se indique xustificadamente:

1º. O importe total do investimento, incluíndo o orzamento das obras e, se for o caso, os gastos asociados a elas en materia de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial, de control de calidade ou de dirección dos traballos.

2º. O importe da corresponsabilidade económica do concello; é dicir, a parte do orzamento total do investimento que, se for o caso, achegará o concello.

3º. O importe subvencionable, entendido como a parte do orzamento total do investimento que se solicita con cargo á subvención, calculada como a diferenza entre o importe total do investimento e o importe da corresponsabilidade do concello, ata a cantidade máxima establecida no artigo 6 desta Resolución.

d) A documentación contable que acredite que o concello dispón de crédito suficiente para afrontar os seus compromisos económicos conforme o importe da corresponsabilidade financeira indicado na alínea c).

e) Un documento asinado por un técnico competente, no cal:

1º. Se analicen xustificadamente todas as tramitacións necesarias para poder executar as obras, en función da súa localización, tipoloxía e afeccións.

2º. Se relacionen todos e cada un dos permisos e autorizacións que resulte necesario solicitar previamente á execución das obras, con indicación expresa dos que xa fosen tramitados ata a súa obtención polo concello solicitante.

3º. Se inclúan copias dos permisos e autorizacións xa outorgados polas administracións competentes.

f) Un documento onde conste o compromiso do emprego da lingua galega na elaboración do informe final da actuación subvencionada, referido no artigo 22.3.a) desta resolución.

A falta de presentación da documentación indicada nas letras a) e b) deste número poderá ser obxecto de requirimento de emenda e aplicaráselle o previsto no artigo 15.2 desta resolución para o suposto de non atenderse ao requirimento.

A falta de presentación da documentación indicada nas alíneas c), d), e) e f) deste número non será emendable e a solicitude tramitarase sen que se poidan outorgar os puntos correspondentes ás alíneas b), c) e d) do artigo 16.2 desta resolución.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algún dos concellos interesados presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirido para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos para presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/ NIE da persoa física que compareza como representante.

b) NIF do concello solicitante.

c) Certificacións sobre o cumprimento de obrigas que deba emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria.

d) Certificacións sobre o cumprimento de obrigas fronte á Seguridade Social que deba emitir a Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

e) Certificacións sobre o cumprimento de obrigas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia que deba emitir a Consellería de Facenda.

f) Inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

g) Concesións de subvencións e axudas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no anexo I e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar aos concellos interesados a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.

Todos os trámites administrativos que os concellos interesados deban realizar despois da presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá do concello interesado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 12 de marzo de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración, financiadas no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2021 (DOG nº 56 do 24 de marzo de 2021).

    • Extracto da Resolución do 12 de marzo de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración, financiadas no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2021 (DOG nº 56 do 24 de marzo de 2021).

    • Resolución do 19 de abril de 2021 pola que se modifica a Resolución do 12 de marzo de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración, financiadas no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2021 (DOG nº 76 dos, 23 de abril de 2021).

    • Corrección de erros. Resolución do 19 de abril de 2021, pola que se modifica a Resolución do 12 de marzo de 2021, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración, financiadas no marco do eixo REACT-UE do orograma operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2021 (DOG nº 81 do 30 de abril de 2021).

    • Resolución do 3 de agosto de 2021 pola que se amplía o crédito da Resolución do 12 de marzo de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración, financiadas no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2021 (DOG nº 157 do 17 de agosto de 2021).

    • Resolución do 18 de outubro de 2021 pola que se amplía o crédito da Resolución do 12 de marzo de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración, financiadas no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2021 (DOG nº 206 do 26 de outubro de 2021).

    • Resolución do 18 de novembro de 2021 pola que se modifica a Resolución do 12 de marzo de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración, financiadas no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2021 (DOG nº 223 do 19 de novembro de 2021).

    • Resolución do 14 de febreiro de 2022 pola que se fan públicas as axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 12 de marzo de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración, financiadas no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2021 (DOG nº 38 do 24 de febreiro de 2022).

Outros procedementos relacionados

AU230W

Declaración de datos para cuantificación de perdas en redes de abastecemento.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU231A

Colaboración técnica e financeira en materia de infraestruturas hidráulicas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU231B

Asunción de explotación de instalación de depuración de augas residuais urbanas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR517A

Solicitude de incorporación/renovación de parcelas para aplicación de produtos do tratamento de lodos de depuradora (PTLD)

Tramitar en liña

Aberto todo o ano