Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
AU230Q
Autorización para o baleirado de fosas sépticas en depuradoras de augas residuais xestionadas por Augas de Galicia.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Mediante este modelo o titular da fosa séptica, tanto se é persoa física como xurídica, poderá solicitar autorización para realizar baleirados da fosa séptica nas instalacións de depuración xestionadas por Augas de Galicia que teñan habilitado dito servizo.
Titulares de fosas sépticas.
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Augas de Galicia
Estación de Autobuses
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544968/ 981544560
Fax: 981544534
Prazo de presentación: PECHADO
Todo o ano.
O titular da fosa séptica deberá presentar a solicitude ante Augas de Galicia e cumprir os seguintes requisitos:
A vivenda ou establecemento non poderá dispoñer do servizo da rede de sumidoiros, nin deberá ser obrigatoria a súa recepción de acordo coas condicións que se estableza na correspondente ordenanza municipal e no regulamento marco de prestación do servizo de saneamento e depuración de augas residuais indicado no artigo 32.3 da Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia. A tal efecto, xunto coas solicitude deberá presentar un informe dos servizos técnicos do Concello segundo o modelo establecido.
As augas vertidas á fosa séptica deberán ser de natureza doméstica.
O volume baleirado nun ano natural en ningún caso poderá ser superior á base impoñible do coeficiente de vertedura nese mesmo período determinada segundo o establecido no artigo 68.
Solicitude segundo o Anexo XVII.a
Certificación dos servizos técnicos do Concello relativo á non dispoñibilidade de conexión á rede de sumidoiros (Anexo XVII.b).
Copia da última factura-recibo da auga (no caso de ter subministro municipal).
Outra documentación.
Comprobación de datos.
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.
DNI/NIE da persoa solicitante.
DNI/NIE da persoa representante.
NIF da entidade solicitante.
Prazo de resolución:
6 meses
Sentido do silencio:
Positivo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Decreto 136/2012, do 31 de maio, polo que se aproba o Regulamento do canon da auga e do coeficiente de vertedura a sistemas públicos de depuración de augas residuais (DOG nº 119 do 22 de xuño de 2012).
-
Corrección de erros. Decreto 136/2012, do 31 de maio, polo que se aproba o Regulamento do canon da auga e do coeficiente de vertedura a sistemas públicos de depuración de augas residuais (DOG nº 12 do 17 de xaneiro de 2013).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización de obras ou traballos no dominio público hidráulico ou zona de policía de leitos.
Aberto todo o ano
Actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía
Aberto todo o ano
Autorización de verteduras de augas residuais (tramitación ordinaria).
Aberto todo o ano
Concesión de augas.
Aberto todo o ano