Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
AU230H
Acreditación do número de persoas na vivenda para a aplicación do canon da auga, canon de xestión de depuradoras e canon de xestión de redes de colectores
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Mediante este modelo os usos domésticos (vivendas) poden solicitar a Augas de Galicia que se estableza un número de habitantes na vivenda distinto de 3 persoas (número de persoas que aplica por defecto de acordo coa presunción contida na Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia e na Lei 1/2022, do 12 de xullo, de mellora da xestión do ciclo integral da auga).
Este modelo tamén debe ser presentado polo suxeito pasivo ao que se lle recoñecese un número de habitantes na vivenda distinto de 3 en base a unha solicitude previa e se producise unha diminución no número de habitantes na vivenda. Neste caso este modelo deberá ser presentado no prazo de un mes desde que se producise a diminución no número de persoas.
Suxeitos pasivos domésticos que queiran acreditar un número de habitantes na vivenda distinto de 3 persoas.
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Augas de Galicia
Praza Camilo Díaz Baliño, 7-9
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981 541697
Fax: 981544534
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Todo o ano.
O titular do contrato da auga deberá presentar ante Augas de Galicia o modelo de e cumprir os seguintes requisitos:
- O número de habitantes para a que se pretenda a modificación debe coincidir co número de persoas que están empadroadas en dita vivenda.
- O titular do contrato de subministro de auga debe ser un dos habitantes da vivenda de acordo co padrón de habitantes.
- Solicitude normalizada segundo o Anexo VII
- Xunto cos modelos de solicitude os interesados deberán presentar:
a) Comprobación de datos das persoas empadroadas na vivenda (Anexo XXIII)
b) Copia da última factura da auga.
Prazo de resolución:
6 meses
Sentido do silencio:
Positivo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia (DOG nº 222 do 18 de novembro de 2010).
-
Decreto 136/2012, do 31 de maio, polo que se aproba o Regulamento do canon da auga e do coeficiente de vertedura a sistemas públicos de depuración de augas residuais (DOG nº 119 do 22 de xuño de 2012).
-
Lei 1/2022, do 12 de xullo, de mellora da xestión do ciclo integral da auga (DOG nº 154 do 12 de agosto de 2022).
-
Orde do 21 de decembro de 2022 pola que se aproban os formularios normalizados dos procedementos relativos ao canon da auga, canon de xestión das depuradoras e canon de xestión das redes de colectores regulados pola Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia, e pola Lei 1/2022, do 12 de xullo, de mellora da xestión do ciclo integral da auga. (DOG nº 247 do 29 de decembro de 2022).
-
-
Ámbito Estatal
-
Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria (BOE nº 302, de 18 de decembro de 2003).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización de obras ou traballos no dominio público hidráulico ou zona de policía de leitos.
Aberto todo o ano
Actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía
Aberto todo o ano
Autorización de verteduras de augas residuais (tramitación ordinaria).
Aberto todo o ano
Concesión de augas.
Aberto todo o ano