Guía de procedementos e servizos

AU230C

Declaración de datos das fontes de abastecemento de auga.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Pechado

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Este modelo ten por obxecto posibilitar aos suxeitos pasivos do canon da auga e/ou coeficiente de vertedura con captacións propias de auga, dar cumprimento á obriga de presentar declaración de datos a que fai referencia a Disposición Adicional Terceira e o artigo 54 do Decreto 136/2012, do 31 de maio, polo que se aproba o Regulamento do canon da auga e do coeficiente de vertedura a sistemas públicos de depuración de augas residuais.

Por outra parte, este modelo tamén deberá ser presentado por aqueles suxeitos pasivos que unicamente se abastezan de entidade subministradora (sen captacións propias de auga) cando así sexan expresamente requiridos para a súa presentación por Augas de Galicia.

Suxeitos pasivos con captacións propias de auga, agás os usos domésticos que só deberán presentar este modelo no caso de dispoñer de contador instalado nas captacións propias e queiran tributar por estimación directa.

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Augas de Galicia

Estación de Autobuses

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544968/ 981544560

Fax: 981544534

Augas de Galicia

Prazo de presentación: PECHADO

  • Declaración segundo o Anexo III.a

  • Copia/s da/s resolución/s administrativa/s autorizando a captación de auga (no caso de que o órgano outorgante non sexa Augas de Galicia).

  • Copia da última factura-recibo da auga (no caso de abastecerse a partir de entidade subministradora).

  • Anexo III.b (só no caso de que algún dos usos da auga teña a consideración de uso específico).

Prazo de resolución:

1 ano

Sentido do silencio: Non especificado

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 136/2012, do 31 de maio, polo que se aproba o Regulamento do canon da auga e do coeficiente de vertedura a sistemas públicos de depuración de augas residuais (DOG nº 119 do 22 de xuño de 2012).

    • Corrección de erros. Decreto 136/2012, do 31 de maio, polo que se aproba o Regulamento do canon da auga e do coeficiente de vertedura a sistemas públicos de depuración de augas residuais (DOG nº 12 do 17 de xaneiro de 2013).

Outros procedementos relacionados

AU113A

Autorización de obras ou traballos no dominio público hidráulico ou zona de policía de leitos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU113C

Actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU114A

Autorización de verteduras de augas residuais (tramitación ordinaria).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU208A

Concesión de augas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano