Guía de procedementos e servizos

AU230I

Dedución no canon da auga, canon de xestión de depuradoras e canon de xestión de redes de colectores para familias numerosas.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Mediante este modelo os usos domésticos (vivendas) que teñan recoñecida a condición de familia numerosa poderán solicitar a bonificación do 50% no canon da auga e, no seu caso, no canon de xestión de depuradoras e no canon de xestión de redes de colectores.

Suxeitos pasivos domésticos que reúnan a condición de familia numerosa e queiran solicitar a bonificación do 50% na cota do canon da auga e, no seu caso, no canon de xestión de depuradoras e no canon de xestión de redes de colectores.

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Augas de Galicia

Praza Camilo Díaz Baliño, 7-9

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981 541697

Augas de Galicia

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Todo o ano.

Para solicitar a dedución a persoa que figure como titular no título de familia numerosa deberá presentar o modelo de solicitude e cumprir os seguintes requisitos

a) O enderezo para o que se solicita a dedución debe coincidir co enderezo en que se atopa empadroada a unidade familiar.

b) No caso de abastecerse a partir de entidade subministradora, o titular do contrato de subministro de auga deberá coincidir con algún dos membros da unidade familiar. Noutro caso, o solicitante deberá acreditar que ten domiciliado o pagamento da factura-recibo de auga en algunha conta bancaria da que sexa titular.

c) A dedución na cota por familia numerosa só poderá obterse na vivenda principal, sen que poida ser concedida nas restantes vivendas que poida ter calquera dos membros que constitúan a familia numerosa.

- Solicitude normalizada segundo o Anexo VIII

- Xunto cos modelos de solicitude os interesados deberán presentar:

a) Comprobación de datos das persoas empadroadas na vivenda (Anexo XXIII)

b) Copia do título de familia numerosa (só no caso de estar emitido por outra comunidade autónoma).

c) Copia da última factura da auga.

d) Acreditación de domiciliación bancaria da factura da auga (no caso de que a persoa titular do contrato non sexa membro da familia numerosa)

- Comprobación de datos.

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.

o Título de familia numerosa recoñecido pola Comunidade Autónoma de Galicia

Prazo de resolución:

6 meses

Sentido do silencio:

Positivo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia (DOG nº 222 do 18 de novembro de 2010).

    • Decreto 136/2012, do 31 de maio, polo que se aproba o Regulamento do canon da auga e do coeficiente de vertedura a sistemas públicos de depuración de augas residuais (DOG nº 119 do 22 de xuño de 2012).

    • Lei 1/2022, do 12 de xullo, de mellora da xestión do ciclo integral da auga (DOG nº 154 do 12 de agosto de 2022).

    • Orde do 21 de decembro de 2022 pola que se aproban os formularios normalizados dos procedementos relativos ao canon da auga, canon de xestión das depuradoras e canon de xestión das redes de colectores regulados pola Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia, e pola Lei 1/2022, do 12 de xullo, de mellora da xestión do ciclo integral da auga. (DOG nº 247 do 29 de decembro de 2022).

  • Ámbito Estatal

Outros procedementos relacionados

AU113A

Autorización de obras ou traballos no dominio público hidráulico ou zona de policía de leitos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU113C

Actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU114A

Autorización de verteduras de augas residuais (tramitación ordinaria).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU208A

Concesión de augas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano