Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
AU230A
Autoliquidación do Canon da auga por entidades subministradoras de auga.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Este modelo ten por obxecto posibilitar dar cumprimento ás entidades subministradoras de auga o cumprimento das obrigas que a Lei 9/2010 de augas de Galicia lles atribúe na súa calidade de suxeitos pasivos en substitución do contribuínte.
Singularmente, mediante este modelo as entidades subministradoras deben autoliquidar as cantidades repercutidas ou que se debesen repercutir en concepto de canon da auga.
Entidades subministradoras de auga.
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Augas de Galicia
Praza Camilo Díaz Baliño, 7-9
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981 544575/ 981 545081
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Meses de xaneiro, maio e setembro de cada ano.
- Autoliquidación normalizada segundo o Anexo I
- Xunto cos modelos de autoliquidación as entidades subministradoras de auga deberán presentar en soporte dixital, mediante os formatos dos ficheiros de texto descritos no Anexo XXVIII, as seguintes relacións detalladas dos recibos de acordo co establecido no artigo 52 do Decreto 136/2012, do 31 de maio, polo que se aproba o Regulamento do canon da auga e do coeficiente de vertido a sistemas públicos de depuración de augas residuais.
a) Arquivo informático coa relación de importes declarados como impagados.
b) Arquivo informático coa relación de importes anulados dos declarados como impagados en anteriores declaración.
c) Arquivo informático coa relación de importes pagados dos declarados como impagados en anteriores declaracións.
d) Arquivo informático coa relación de importes pagados dos declarados como impagados en concurso de acreedores en anteriores declaración.
e) Arquivo informático coa relación de importes anulados dos ingresados en anteriores declaracións.
f) Arquivo informático coa relación de importes repercutidos na modalidade de carga contaminante.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo I)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia (DOG nº 222 do 18 de novembro de 2010).
-
Decreto 136/2012, do 31 de maio, polo que se aproba o Regulamento do canon da auga e do coeficiente de vertedura a sistemas públicos de depuración de augas residuais (DOG nº 119 do 22 de xuño de 2012).
-
Lei 1/2022, do 12 de xullo, de mellora da xestión do ciclo integral da auga (DOG nº 154 do 12 de agosto de 2022).
-
Orde do 21 de decembro de 2022 pola que se aproban os formularios normalizados dos procedementos relativos ao canon da auga, canon de xestión das depuradoras e canon de xestión das redes de colectores regulados pola Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia, e pola Lei 1/2022, do 12 de xullo, de mellora da xestión do ciclo integral da auga. (DOG nº 247 do 29 de decembro de 2022).
-
-
Ámbito Estatal
-
Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria (BOE nº 302, de 18 de decembro de 2003).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización de obras ou traballos no dominio público hidráulico ou zona de policía de leitos.
Aberto todo o ano
Actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía
Aberto todo o ano
Autorización de verteduras de augas residuais (tramitación ordinaria).
Aberto todo o ano
Concesión de augas.
Aberto todo o ano