Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
IN856C - Axudas para a convocatoria de misións de especialización intelixente.
Promover a realización de proxectos de I+D+i e investimento produtivo de carácter estratéxico para contribuír ás Misións de Especialización Intelixente definidas no marco da Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia 2021-2027.
1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades que desenvolvan actividades económicas, singularmente as pemes e grandes empresas que realicen proxectos de cooperación en consorcio, nos termos previstos no artigo 8.3 da Lei 9/2007. Poderán participar tamén no consorcio as entidades definidas no artigo 3 e, no caso de resultar beneficiarias, deberán axustarse ás correspondentes aplicacións orzamentarias nos termos establecidos no artigo 6 destas bases. Todos os beneficiarios deberán contar cun centro de traballo permanente legalmente constituído en Galicia.
2. As grandes empresas só poderán acceder ás axudas se colaboran de xeito efectivo (anexo 1 desta convocatoria) con dúas ou máis pemes e, en calquera caso, non poderán ser beneficiarias da parte de axudas ao investimento produtivo, que se restrinxe a pemes.
3. Non poderán acceder á condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, nin tampouco as empresas en crise, nin aquelas suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que teña declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común. A Axencia Galega de Innovación realizará as comprobacións necesarias para verificar que non se cumpren as condicións establecidas no artigo 2.18 do Regulamento (UE) núm. 651/2014, do 17 de xuño, da Comisión, para considerar unha empresa en crise.
4. Tampouco poderán obter a condición de beneficiarias as empresas que incumpran os requisitos establecidos no artigo 13 da Lei xeral de subvencións. En particular, non poderán obter a condición de beneficiarias aquelas entidades que incumpran os prazos de pagamento a que se refire no artigo 13.3bis da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
5. Todas as entidades que forman parte do consorcio e que obteñan axudas terán a consideración de beneficiarias e deberán cumprir as súas obrigas como tales. Tanto na solicitude como na resolución de concesión deberán constar, de xeito expreso, os compromisos de execución asumidos por cada membro, así como o importe de subvencións que se vai aplicar por cada un deles. A concesión e pagamento da axuda será efectuada a cada unha das entidades participantes na proporción aos gastos que lle corresponda realizar no proxecto.
6. Só poderán ser beneficiarias de axudas para innovación en produto as pemes, de acordo co establecido no artigo 28 do Regulamento (UE) núm. 651/2014.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Axencia Galega de Innovación (GAIN)
Área de Xestión
Departamento de Xestión de Axudas
Rúa Airas Nunes, s/n
15702 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981957303 da Axencia; e 900815151 do Instituto Galego de Promoción Económica
Email: axudas.gain@xunta.gal e informa@igape.es
http://gain.xunta.gal e https://www.igape.gal
Instituto Galego de Promoción Económica: 900815151
Axencia Galega de Innovación (GAIN)
Resolución do 18 de xaneiro de 2024, conxunta da Axencia Galega de Innovación e do Instituto Galego de Promoción Económica, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas destinadas a apoiar as misións de especialización intelixente de Galicia, no marco da Estratexia de especialización intelixente de Galicia RIS3 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (DOG nº 32 do 14 de febreiro de 2024).
Extracto da Resolución do 18 de xaneiro de 2024, conxunta da Axencia Galega de Innovación e do Instituto Galego de Promoción Económica, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas destinadas a apoiar as misións de especialización intelixente de Galicia, no marco da Estratexia de especialización intelixente de Galicia RIS3 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (DOG nº 32 do 14 de febreiro de 2024).
Corrección de erros. Extracto da Resolución do 18 de xaneiro de 2024, conxunta da Axencia Galega de Innovación e do Instituto Galego de Promoción Económica, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas destinadas a apoiar as misións de especialización intelixente de Galicia, no marco da Estratexia de especialización intelixente de Galicia RIS3 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (DOG nº 63 do 1 de abril de 2024).
Resolución do 10 de abril de 2024, conxunta da Axencia Galega de Innovación e do Instituto Galego de Promoción Económica, pola que se modifica a Resolución do 18 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas destinadas a apoiar as misións de especialización intelixente de Galicia, no marco da Estratexia de especialización intelixente de Galicia RIS3 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (DOG nº 72 do 12 de abril de 2024).
Extracto da Resolución do 10 de abril de 2024, conxunta da Axencia Galega de Innovación e do Instituto Galego de Promoción Económica, pola que se modifica a Resolución do 18 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas destinadas a apoiar as misións de especialización intelixente de Galicia, no marco da Estratexia de especialización intelixente de Galicia RIS3 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (DOG nº 72 do 12 de abril de 2024).
Prazo de presentación: PECHADO
15/02/2024 00:00 - 14/05/2024 23:59
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia e finalizará en 90 días naturais desde o día seguinte ao da publicación.
Solicitudes .
1. Todos os solicitantes presentarán o anexo II (solicitude), xunto co resto de anexos dispoñibles, na sede electrónica da Xunta de Galicia.
2. Pola súa natureza de proxecto colaborativo, cada membro do consorcio, agás o líder, presentará a súa solicitude expresando claramente o título do proxecto e a información que figura no anexo II. Esta presentación dará lugar a un número de rexistro que deberá facilitar á empresa líder. Posteriormente, a empresa líder de cada consorcio presentará a súa solicitude. Para os efectos da presentación da solicitude de proxecto, só se terá en conta a data de presentación da solicitude da empresa líder, sendo esta a súa responsabilidade, polo que se considerarán inadmitidas as solicitudes que non teñan a presentación do líder.
3. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
4. Os datos de contacto das solicitudes (enderezo postal, enderezo electrónico e teléfono) consideraranse os únicos válidos para os efectos de notificacións.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das entidades interesadas presenta a solicitude de xeito presencial, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
5. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras.
6. No formulario de solicitude (anexo II) inclúense as seguintes declaracións responsables relativas a todas as entidades participantes:
a) Declaración responsable do solicitante de todas as axudas solicitadas ou concedidas, para a mesma finalidade ou proxecto, ou para as mesmas partidas de gasto, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.
b) Declaración responsable de que os datos contidos na solicitude e na documentación complementaria son certos, e que acepta as condicións e as obrigas recollidas nesta resolución.
c) Declaración responsable de que non está incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións (en diante, Lei 38/2003).
d) Declaración responsable de que non está incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos apartados 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Deberase comunicar calquera variación das circunstancias recollidas na dita declaración no momento en que se produza.
e) Declaración responsable de que está ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, e de reembolso de préstamos ou anticipos concedidos con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.
f) Declaración responsable de non estar suxeita a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
g) Declaración responsable de que desenvolverá en Galicia as actividades que ten asignadas no plan de traballo do proxecto para o cal solicita a axuda.
h) Declaración responsable de que a solicitude de axuda é anterior ao inicio do proxecto para o cal se solicita (efecto incentivador).
i) Declaración responsable de que o solicitante sabe que os provedores non poderán estar asociados nin vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, e que non concorren neles ningunha das prohibicións recollidas no artigo 27.7 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, nin no artigo 43 do Regulamento que desenvolve a citada lei, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, tendo en conta, ademais, o disposto no Regulamento (UE) nº 651/2014 sobre empresas vinculadas.
j) Declaración responsable de que, no caso de dispoñer dun plan de igualdade implantando no centro, deberá mantelo durante o período de execución do proxecto e de mantemento dos investimentos previstos nesta resolución.
k) Declaración responsable de que ten capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o cal solicita a axuda.
l) Declaración responsable de que manterá un sistema de contabilidade separada ou un código contable adecuado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais de contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder.
m) Declaración responsable de que conservará toda a documentación relativa a esta subvención durante un prazo de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano no que se efectúe o último pagamento da axuda (artigo 82 RDC)
n) Declaración responsable de que asumirá a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como a obriga de comunicarlle ao órgano xestor os casos de sospeitas de fraude.
o) Declaración responsable de que cumprirá a normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación; en particular, a normativa en materia de subvencións, así como a normativa vixente sobre accesibilidade de persoas con discapacidade.
p) Declaración responsable do cumprimento do principio de «non causar un prexuízo significativo» (DNSH) e compromiso do/da beneficiario/a de prever e realizar as accións oportunas para asegurar que os/as subcontratistas cumpran con este principio.
q) Compromiso por escrito de conceder os dereitos e accesos necesarios para garantir que a Comisión, a OLAF, o Tribunal de Contas Europeo, a Fiscalía Europea e as autoridades nacionais e autonómicas exerzan as súas competencias.
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento administrativo .
1. As persoas interesadas deberán achegar, xunto coa solicitude, a seguinte documentación:
a) Documentación xurídico-administrativa.
1º. Anexo II bis: descrición do equipo investigador e orzamento do proxecto.
2°. Contrato/s de subcontratación subscrito con organismo/s e/ou empresa/s debidamente asinados por ambas as partes nos supostos en que o importe da subcontratación supere os 60.000 euros e que o dito importe exceda o 20 % da axuda concedida.
3°. Anexo de comprobación de datos das persoas representantes mancomunadas, no caso de representación mancomunada (anexo III).
4°. Anexo de declaración de información relativa a condición de peme (anexo VII). A Axencia Galega de Innovación utilizará os medios que considere oportunos para a súa verificación e requiriralle ao solicitante, se for necesario, os documentos pertinentes.
5°. Anexo de comprobación de datos do equipo investigador (anexo IV).
6°. A empresa líder do consorcio presentará o acordo de consorcio debidamente asinado por todos os membros, co contido mínimo sinalado no artigo 3.3 desta resolución.
7°. Memoria xustificativa do cumprimento do principio DNSH conforme o Regulamento (UE) 2020/852, do 18 de xuño de 2020, relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sustentables e polo que se modifica o Regulamento (UE) 2019/2088, segundo se detalla no anexo X desta convocatoria.
8°. Acreditación sobre o cumprimento dos prazos de pagamento a provedores, de conformidade co previsto no artigo 13.3.bis da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións:
A. Para sociedades que, de acordo coa normativa contable, poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, declaración responsable do cumprimento dos prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.
B. Para aquelas sociedades que, de acordo coa normativa contable, non poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, certificación emitida por auditor/a rexistrado/a no Rexistro Oficial de Auditores de Contas do cumprimento dos prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.
9°. Poder da persoa representante que presenta a solicitude, verificado por letrado/a da Xunta de Galicia no caso de non estar inscrito no Rexistro Electrónico Xeral de Apoderamentos de Galicia (REAG).
b) Documentación técnica:
1°. Memoria técnica do proxecto, segundo o índice que se inclúe como anexo IX (en formato pdf) para presentar polo líder. Nesta memoria debe incluírse a información detallada sobre o persoal dedicado ao proxecto: identificación do persoal propio da empresa, actividades que desenvolverá, porcentaxe de dedicación ao proxecto e motivación desta porcentaxe. Respecto do persoal de nova contratación, indicaranse o seu perfil e a duración do seu contrato. No referido aos custos de equipamento, deberá xustificarse na memoria a vida útil do equipamento e material instrumental de nova adquisición e o procedemento seguido para calcular os custos de amortización.
2°. Currículos redactados en formato libre de todos os membros do equipo humano asignado ao proxecto por parte de cada membro da agrupación.
c) Plan de comunicación e difusión do proxecto.
Os beneficiarios deberán realizar un plan de comunicación e difusión dos resultados do proxecto para compartir os resultados non suxeitos a confidencialidade co ecosistema de I+D+i, coa sociedade e coas administracións, e maximizar así o seu impacto. Este plan deberá presentalo o líder do proxecto e incluirá as actividades que debe realizar cada beneficiario en cada unha das anualidades.
Este plan de comunicación debe describir os obxectivos previstos, as actividades de comunicación propostas, os indicadores para medir os resultados destas e o público a que van dirixidas (comunidade científica, usuarios finais, sociedade en xeral...).
As accións de comunicación deben estenderse ao longo de toda a vida do proxecto, estar estratexicamente planificadas, con obxectivos claros e medibles, e ser proporcionais á escala do proxecto. Cómpre xustificar por que cada medida elixida é a máis adecuada para o público obxectivo a que vai dirixida.
O plan de comunicación e difusión debe incluír, como contido mínimo, a realización de eventos de difusión do proxecto. Nos eventos porase de manifesto o apoio da Unión Europea, da Axencia Galega de Innovación, e, de ser o caso, do Instituto Galego de Promoción Económica nas actuacións do proxecto, mencionando expresamente estes apoios e amosando os logotipos destas entidades en todos os materiais empregados.
As actividades de comunicación e difusión poden consistir na realización ou participación en eventos, xornadas; publicación en plataformas, web e redes sociais; elaboración de folletos, carteis ou vídeos; boletíns periódicos/novas e comunicados de prensa, entre outras. Así mesmo, ao finalizar as actividades do proxecto deberá elaborarse un microvídeo, dun mínimo de dous minutos de duración, para difundir os resultados do proxecto a través das redes sociais.
As actividades de difusión e comunicación que impliquen formación non serán subvencionables, así como as axudas de custo e viaxes.
Ao tratarse de subvencións cofinanciadas con fondos da Unión Europea, todas as actividades do plan deberán respectar o disposto no artigo 50 e no anexo IX do Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño, e no documento «O uso do emblema europeo no contexto dos programas da UE 2021-2027».
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións publicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De xeito excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada que os achegue.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Os anexos desta convocatoria estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Se algunha das persoas interesadas presenta documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se vai a presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) Certificados de estar ao día nas seguintes obrigas: Axencia Estatal da Administración Tributaria, Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
b) NIF da entidade solicitante.
c) DNI/NIE da persoa representante da entidade solicitante. No caso de que a entidade solicitante estea representada por unha persoa xurídica, comprobarase o NIF desta.
d) DNI/NIE/NIF das persoas representantes mancomunadas.
e) DNI/NIE das persoas do equipo investigador.
f) Títulos oficiais universitarios e non universitarios do equipo investigador.
g) Consulta de vida laboral (TXSS) dos últimos doce (12) meses do equipo investigador.
h) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
i) Consulta de concesións de subvencións e axudas.
Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente: certificado do grao de discapacidade do equipo investigador.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de solicitude (anexo II) e nos anexos III e IV, segundo corresponda, e achegar os ditos documentos.
Cando o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselle solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación das solicitudes .
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de solicitude
- Informe de revisión de memoria económica a realizar polo auditor (Anexo XI)
- Retos e prioridades das misións da RIS3 para Galicia no período 2021-2027 (Anexo XII)
- Declaración de información relativa a condición de peme (Anexo VII)
- Solicitude (Anexo II)
- Memoria xustificativa do cumprimento do principio de non causar prexuízo significativo ao medio ambiente (Anexo X)
- Comprobación de datos do equipo investigador (Anexo IV)
- Misións e ámbito de traballo (Anexo VIII)
- Memoria técnica do proxecto (Anexo IX)
- Descrición do equipo investigador e orzamento do proxecto (Anexo II-bis)
- Comprobación de datos das persoas representantes mancomunadas (Anexo III)
- Definicións (Anexo I)
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Cinco meses
- Fase de renuncia
- Declaración de renuncia á subvención concedida (Anexo VI)
- Fase de xustificación
- Declaración de axudas concedidas ou solicitadas (Anexo V)
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"