Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
SI434A
Prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Política Social e Igualdade
1. Esta resolución ten por obxecto proceder á convocatoria para o ano 2022 das axudas económicas individuais de carácter periódico de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero reguladas no artigo 39 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, modificada pola Lei 12/2016, do 22 de xullo.
2. A finalidade destas axudas é proporcionarlles apoio económico ás mulleres que sofren violencia de xénero para tentar garantirlles unhas condicións suficientes de independencia económica respecto do agresor, ou da persoa que mantiver sobre ela unha relación de dominación para os casos das mulleres vítimas de trata co fin de explotación sexual, e mais tentar axudalas a romper coa situación de violencia, que lles posibilite dar o primeiro paso ou consolidar a ruptura dunha situación en que corren perigo.
3. O procedemento de concesión tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, tendo en conta en todo caso os principios recollidos no artigo 5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Importe
A contía das axudas establécese en función das rendas e ingresos da solicitante da axuda en relación co indicador público de renda de efectos múltiples (Iprem) vixente, e en atención ao número de fillas e fillos menores ou menores en acollida a cargo, así como o grao de discapacidade da solicitante e/ou dos menores a cargo, de ser o caso; nun abano que vai desde 200 euros/mes ata 800 euros/mes; e ata un máximo de doce mensualidades.
Para a concesión destas axudas destinaranse 5.050.000,00 euros, de acordo coa seguinte distribución:
• Ano 2022: 2.250.000,00 euros.
• Ano 2023: 2.800.000,00 euros, para o financiamento das axudas que, pola súa duración, xeren dereitos económicos das beneficiarias durante o exercicio seguinte.
Poderán ser beneficiarias destas axudas as mulleres maiores de idade ou emancipadas, vítimas de violencia de xénero nunha relación de convivencia e de dependencia económica do seu agresor, ou no caso de vítimas de trata con fins de explotación sexual, de dependencia da persoa que mantiver sobre ela unha relación de dominación.
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Dirección Xeral de Loita Contra a Violencia de Xénero
Subdirección Xeral para o Tratamento da Violencia de Xénero
Servizo de Prevención e Atención ás Vítimas
San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881999164
Fax: 981957690
Email: vx.igualdade@xunta.es
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña
Unidade Administrativa de Igualdade da Coruña
R/ Vicente Ferrer, 2
15071 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 881881091/ 881881092
Fax: 981182352
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Lugo
Unidade Administrativa de Igualdade de Lugo
Ronda da Muralla, 70 - 4ª planta
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294262/ 982294355
Fax: 982889169
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Ourense
Unidade Administrativa de Igualdade de Ourense
Avda. da Habana, 79
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386793/ 988386799
Fax: 988386843
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Vigo
Unidade Administrativa de Igualdade de Vigo
Rúa Concepción Arenal, 8-1
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817658
Fax: 986817399
Prazo de presentación: PECHADO
04/01/2022 00:00 - 02/01/2023 23:59
O prazo para a presentación de solicitudes comezará o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
- Os requisitos necesarios para poder ser beneficiaria desta axuda son os establecidos no artigo 5 das bases reguladoras para a concesión da dita prestación periódica, aprobadas pola Resolución do 17 de decembro de 2018, da Secretaría Xeral da Igualdade, modificada pola Resolución do 12 de febreiro de 2019.
- Ademais, entre outros, deberán cumprir os seguintes requisitos ou condicións: ter cesado a convivencia co agresor no intervalo temporal que comprende os doce (12) meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude; estar empadroada e ter residencia efectiva na Comunidade Autónoma de Galicia e, no caso das mulleres estranxeiras, cando así o exixa a lexislación vixente, ter permiso de residencia, no caso de vítimas de trata con fins de explotación sexual será suficiente acreditar que posúen autorización de residencia por circunstancias excepcionais; carecer de dispoñibilidade de recursos económicos ou ser de contía insuficiente para afrontar unha independencia inmediata do seu agresor e/ou dispoñer dunhas rendas ou ingresos brutos mensuais iguais ou inferiores ao dobre do Iprem vixente, excluída a parte proporcional das pagas extraordinarias.
- A solicitude da axuda deberá presentarse no formulario normalizado, anexo I, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) xunto coa documentación sinalada no artigo 7 das citadas bases reguladoras da axuda.
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero (DOG nº 152 do 7 de agosto de 2007).
-
Lei 12/2016, do 22 de xullo, pola que se modifica a Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero (DOG nº 140 do 26 de xullo de 2016).
-
Lei 14/2021, do 20 de xullo, pola que se modifica a Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero (DOG nº 143 do 28 de xullo de 2021).
-
Resolución do 17 de decembro de 2018, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión da prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero, prevista no artigo 39 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, modificada pola Lei 12/2016, do 22 de xullo (DOG nº 1 do 2 de xaneiro de 2019).
-
Resolución do 12 de febreiro de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se modifica a Resolución do 17 de decembro de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión da prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero, prevista no artigo 39 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, modificada pola Lei 12/2016, do 22 de xullo (DOG nº 36 do 20 de febreiro de 2019).
-
Resolución do 21 de decembro de 2021, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se convoca para o ano 2022 a prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero prevista no artigo 39 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, modificada pola Lei 12/2016, do 22 de xullo (DOG nº 2 do 4 de xaneiro de 2022).
-
Extracto da Resolución do 21 de decembro de 2021, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se convoca para o ano 2022 a prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero prevista no artigo 39 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, modificada pola Lei 12/2016, do 22 de xullo (DOG nº 2 do 4 de xaneiro de 2022).
-
-
Ámbito Estatal
-
Lei Orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero (BOE nº 313 do 29 de decembro de 2004).
-
Real Decreto 1452/2005, do 2 de decembro, polo que se regula a axuda económica establecida no artigo 27 da Lei Orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero (BOE nº 301 do 17 de decembro de 2005).
-
Real Decreto 95/2009, de 6 de febreiro, polo que se regula o Sistema de registros administrativos de apoio á Administración de Xustiza (BOE nº 33 de 7 de febreiro de 2009).
-
Real Decreto 1611/2011, de 14 de novembro, polo que se modifica o Real Decreto 95/2009, de 6 de febreiro, polo que se regula o Sistema de registros administrativos de apoio á Administración de Xustiza (BOE nº 290 de 2 de decembro de 2011).
-
Real Decreto 576/2014, de 4 de xullo, polo que se modifica o Real Decreto 95/2009, de 6 de febreiro, polo que se regula o Sistema de registros administrativos de apoio á Administración de Xustiza e créase o fondo documental de requisitorias (BOE nº 173 de 17 de xullo de 2014).
-
Real Decreto-lei 9/2018, de 3 de agosto, de medidas urxentes para o desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero (BOE nº 188 de 4 de agosto de 2018).
-
Outros procedementos relacionados
Título de familia numerosa / Carné familiar.
Aberto todo o ano
Recoñecemento e acreditación de centros de información á muller.
Aberto todo o ano
Extinción do recoñecemento e acreditación de centros de información á muller.
Aberto todo o ano
Subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade.
Prazo pechado: 07/02/2025 00:00 - 06/03/2025 23:59