Guía de procedementos e servizos

SI434A

Prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2023 - Prazo pechado: 03/01/2023 00:00 - 01/06/2023 23:59

Consellería de Política Social e Igualdade

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

 1. Esta resolución ten por obxecto proceder á convocatoria para o ano 2023 das axudas económicas individuais de carácter periódico de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero reguladas no artigo 39 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, modificada pola Lei 12/2016, do 22 de xullo.

2. A finalidade destas axudas é proporcionarlles apoio económico ás mulleres que sofren violencia de xénero para tentar garantirlles unhas condicións suficientes de independencia económica respecto do agresor, ou da persoa que mantiver sobre ela unha relación de dominación para os casos das mulleres vítimas de trata con fin de explotación sexual, e mais a tentar axudalas a romper coa situación de violencia, que lles posibilite dar o primeiro paso ou consolidar a ruptura dunha situación en que corren perigo.

3. O procedemento de concesión tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, tendo en conta en todo caso os principios recollidos no artigo 5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Orzamento

 Para a concesión destas axudas destinaranse 5.609.986,00 euros, imputables á aplicación orzamentaria 11.20.313D.480.0 (código de proxecto 2014 00180), de acordo coa seguinte distribución:

– Ano 2023: 2.634.992,00 euros.

– Ano 2024: 2.974.994,00 euros, para o financiamento das axudas que, pola súa duración, xeren dereitos económicos das beneficiarias durante o exercicio seguinte.

Vítimas de formas de violencia de xénero sinaladas nas alíneas a) Violencia física, b) Violencia psicolóxica, e f) Trata de mulleres e nenas, do artigo 3 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, modificada pola Lei 12/2016, do 22 de xullo

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Dirección Xeral de Loita Contra a Violencia de Xénero

Subdirección Xeral para o Tratamento da Violencia de Xénero

Servizo de Prevención e Atención ás Vítimas

San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881999164

Fax: 981957690

Email: vx.igualdade@xunta.es

http://www.mulleresengalicia.es

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña

Unidade Administrativa de Igualdade da Coruña

R/ Vicente Ferrer, 2

15071  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 881881091/ 881881092

Fax: 981182352

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Lugo

Unidade Administrativa de Igualdade de Lugo

Ronda da Muralla, 70 - 4ª planta

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294262/ 982294355

Fax: 982889169

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Ourense

Unidade Administrativa de Igualdade de Ourense

Avda. da Habana, 79

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386793/ 988386799

Fax: 988386843

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Vigo

Unidade Administrativa de Igualdade de Vigo

Rúa Concepción Arenal, 8-1

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817658

Fax: 986817399

Dirección Xeral de Promoción da Igualdade

Prazo de presentación: PECHADO

03/01/2023 00:00 - 01/06/2023 23:59

O prazo para a presentación de solicitudes comezará o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

- Os requisitos necesarios para poder ser beneficiaria desta axuda son os establecidos no artigo 5 das bases reguladoras para a concesión da dita prestación periódica, aprobadas pola Resolución do 17 de decembro de 2018, da Secretaría Xeral da Igualdade, modificada pola Resolución do 12 de febreiro de 2019 e pola Resolución do 17 de decembro de 2021.

Prazo, lugar e forma de presentación das solicitudes

1. O prazo, lugar e forma de presentación das solicitudes para o exercicio 2023 será o establecido nas bases reguladoras para a concesión da dita prestación periódica, aprobadas pola Resolución do 17 de decembro de 2018, da Secretaría Xeral da Igualdade, modificada pola Resolución do 12 de febreiro de 2019 e pola Resolución do 17 de decembro de 2021.

De acordo co artigo 2.1 das citadas bases reguladoras, o prazo para a presentación de solicitudes permanecerá aberto con carácter permanente durante todos os exercicios.

2. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Requisitos e documentación

1. Os requisitos necesarios para poder ser beneficiaria desta axuda son os establecidos no artigo 5 das bases reguladoras para a concesión da dita prestación periódica, aprobadas pola Resolución do 17 de decembro de 2018, da Secretaría Xeral da Igualdade, modificada pola Resolución do 12 de febreiro de 2019 e pola Resolución do 17 de decembro de 2021.

2. A solicitude da axuda deberá presentarse no formulario normalizado, anexo I, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), xunto coa documentación sinalada no artigo 7 das citadas bases reguladoras da axuda.

Prazo de resolución:

Cinco meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero (DOG nº 152 do 7 de agosto de 2007).

    • Lei 12/2016, do 22 de xullo, pola que se modifica a Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero (DOG nº 140 do 26 de xullo de 2016).

    • Lei 14/2021, do 20 de xullo, pola que se modifica a Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero (DOG nº 143 do 28 de xullo de 2021).

    • Resolución do 17 de decembro de 2018, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión da prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero, prevista no artigo 39 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, modificada pola Lei 12/2016, do 22 de xullo (DOG nº 1 do 2 de xaneiro de 2019).

    • Resolución do 12 de febreiro de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se modifica a Resolución do 17 de decembro de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión da prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero, prevista no artigo 39 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, modificada pola Lei 12/2016, do 22 de xullo (DOG nº 36 do 20 de febreiro de 2019).

    • Resolución do 17 de decembro de 2021, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se modifica a Resolución do 17 de decembro de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión da prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero, prevista no artigo 39 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, modificada pola Lei 12/2016, do 22 de xullo (DOG nº 246 do 24 de decembro de 2021).

    • Resolución do 15 de decembro de 2022, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se convoca para o ano 2023 a prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero prevista no artigo 39 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, modificada pola Lei 12/2016, do 22 de xullo (DOG nº 2 do 3 de xaneiro de 2023).

    • Extracto da Resolución do 15 de decembro de 2022, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se convoca para o ano 2023 a prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero prevista no artigo 39 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, modificada pola Lei 12/2016, do 22 de xullo (DOG nº 2 do 3 de xaneiro de 2023).

  • Ámbito Estatal
    • Lei Orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero (BOE nº 313 do 29 de decembro de 2004).

    • Real Decreto 1452/2005, do 2 de decembro, polo que se regula a axuda económica establecida no artigo 27 da Lei Orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero (BOE nº 301 do 17 de decembro de 2005).

    • Real Decreto 95/2009, de 6 de febreiro, polo que se regula o Sistema de registros administrativos de apoio á Administración de Xustiza (BOE nº 33 de 7 de febreiro de 2009).

    • Real Decreto 1611/2011, de 14 de novembro, polo que se modifica o Real Decreto 95/2009, de 6 de febreiro, polo que se regula o Sistema de registros administrativos de apoio á Administración de Xustiza (BOE nº 290 de 2 de decembro de 2011).

    • Real Decreto 576/2014, de 4 de xullo, polo que se modifica o Real Decreto 95/2009, de 6 de febreiro, polo que se regula o Sistema de registros administrativos de apoio á Administración de Xustiza e créase o fondo documental de requisitorias (BOE nº 173 de 17 de xullo de 2014).

    • Real Decreto-lei 9/2018, de 3 de agosto, de medidas urxentes para o desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero (BOE nº 188 de 4 de agosto de 2018).

    • Lei orgánica 10/2022, do 6 de setembro, de garantía integral da liberdade sexual (BOE nº 215, do 7 de setembro de 2022).

Outros procedementos relacionados

BS423A

Título de familia numerosa / Carné familiar.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

SI433A

Recoñecemento e acreditación de centros de información á muller.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

SI433B

Extinción do recoñecemento e acreditación de centros de información á muller.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

SI434B

Axudas e indemnizacións para mulleres vítimas de violencia de xénero.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 23/01/2025 00:00 - 28/11/2025 23:59