Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
SI434A
Prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Política Social e Igualdade
Proceder á convocatoria para o ano 2023 das axudas económicas individuais de carácter periódico de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero reguladas no artigo 39 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, modificada pola Lei 12/2016, do 22 de xullo.
Vítimas de formas de violencia de xénero sinaladas nas alíneas a) violencia física, b) violencia psicolóxica, f) trata de mulleres e nenas, g) violencia vicaria e i) explotación sexual, do artigo 3 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Dirección Xeral de Loita Contra a Violencia de Xénero
Subdirección Xeral para o Tratamento da Violencia de Xénero
Servizo de Prevención e Atención ás Vítimas
San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881999164
Fax: 981957690
Email: vx.igualdade@xunta.es
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña
Unidade Administrativa de Igualdade da Coruña
Rúa Vicente Ferrer, nº 2
15071 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 881881091/ 881881092
Fax: 981182352
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Lugo
Unidade Administrativa de Igualdade de Lugo
Ronda da Muralla, nº 70 - 4ª planta
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294262/ 982294355
Fax: 982889169
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Ourense
Unidade Administrativa de Igualdade de Ourense
Avda. da Habana, nº 79
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386793/ 988386799
Fax: 988386843
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Vigo
Unidade Administrativa de Igualdade de Vigo
Rúa Concepción Arenal, nº 8-1
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817658
Fax: 986817399
Prazo de presentación: PECHADO
02/06/2023 00:00 - 02/01/2024 23:59
A Resolución do 15 de maio de 2023 entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
- Os requisitos necesarios para poder ser beneficiaria desta axuda son os establecidos no artigo 5 das bases reguladoras para a concesión da dita prestación periódica, aprobadas pola Resolución do 17 de decembro de 2018, da Secretaría Xeral da Igualdade, modificada pola Resolución do 12 de febreiro de 2019, pola Resolución do 17 de decembro de 2021 e pola Resolución do 15 de maio de 2023.
Serán requisitos necesarios para poder ser beneficiaria:
a) Ser muller, maior de idade ou emancipada, vítima de violencia de xénero nunha relación de convivencia e de dependencia económica do seu agresor, ou no caso das vítimas de trata con fins de explotación sexual e/ou vítimas de explotación sexual, de dependencia da persoa que mantivese sobre elas unha relación de dominación e/ou de explotación.
Para os efectos desta axuda tamén terán a consideración de vítimas de violencia de xénero, as mulleres que padeceran violencia vicaria ou violencia «por interpósita persoa», con resultado de morte.
b) Ter cesado a convivencia co agresor, ou a vinculación coa/s persoa/s que mantivese/n sobre ela unha relación de dominación e/ou explotación, no intervalo temporal que comprende os doce (12) meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude.
O intervalo temporal establecido no parágrafo anterior non será de aplicación no caso de violencia vicaria ou violencia «por interpósita persoa».
Nos casos de falecemento do agresor, o intervalo temporal será igualmente de doce (12) meses, tanto para o feito en si do propio falecemento como da ruptura da convivencia.
c) Que o documento acreditativo da situación de violencia de xénero fora adoptado ou emitido no intervalo temporal que comprende os doce (12) meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude.
O intervalo temporal establecido no parágrafo anterior non será de aplicación no caso de violencia vicaria ou violencia «por interpósita persoa».
d) No caso de acreditar a situación de violencia de xénero cunha orde de protección ou medida cautelar, esta deberá estar vixente na data de presentación da solicitude e manterse na data da resolución desta axuda.
e) Estar empadroada e ter residencia efectiva na Comunidade Autónoma de Galicia.
Ademais, no caso de mulleres estranxeiras, ter residencia legal en España.
A residencia legal en España acreditarase mediante a inscrición no rexistro central de estranxeiros, no caso de mulleres nacionais dos Estados membros da Unión Europea, Espazo Económico Europeo ou a Confederación Suíza, ou coa tarxeta de familiar de cidadán da Unión ou autorización de residencia, en calquera das súas modalidades, no caso de mulleres estranxeiras doutra nacionalidade. Tamén poderá acreditarse a residencia legal en España, coa autorización provisional de residencia expedida pola autoridade que sexa competente para outorgar a autorización de residencia por circunstancias excepcionais, en tanto se resolve sobre esta última autorización.
f) Carecer de dispoñibilidade de recursos económicos ou ser de contía insuficiente para afrontar unha independencia inmediata do agresor ou da persoa que mantivese sobre ela unha relación de dominación e/ou explotación, e/ou dispoñer dunhas rendas ou ingresos brutos mensuais iguais ou inferiores ao dobre do IPREM vixente, excluída a parte proporcional das pagas extraordinarias.
Prazo, lugar e forma de presentación das solicitudes.
1. O prazo, lugar e forma de presentación das solicitudes para o exercicio 2023 será o establecido nas bases reguladoras para a concesión da dita prestación periódica, aprobadas pola Resolución do 17 de decembro de 2018, da Secretaría Xeral da Igualdade, modificada pola Resolución do 12 de febreiro de 2019, pola Resolución do 17 de decembro de 2021 e pola Resolución do 15 de maio de 2023.
De acordo co artigo 2.1 das citadas bases reguladoras, o prazo para a presentación de solicitudes permanecerá aberto con carácter permanente durante todos os exercicios.
2. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación:
A solicitude da axuda deberá presentarse no formulario normalizado, anexo I, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), xunto coa documentación sinalada no artigo 7 das citadas bases reguladoras da axuda.
a) Documentación acreditativa da condición de vítima de violencia de xénero derivada dunha relación de convivencia, de violencia vicaria, ou dunha situación de dominación e/ou explotación, no caso de vítimas de trata con fins de explotación sexual e/ou vítimas de explotación sexual, mediante algún dos seguintes documentos:
1º- Certificación da orde de protección ou da medida cautelar, testemuño ou copia autenticada polo/a letrado/a da Administración de Xustiza da propia orde de protección ou da medida cautelar.
2º- Sentenza de calquera orde xurisdicional, que declare que a muller sufriu violencia de xénero, ou documento xudicial que declare que a muller é vítima de trata con fins de explotación sexual e/ou vítima de explotación sexual.
3º- Informe do Ministerio Fiscal, que indique a existencia de indicios de violencia de xénero, ou de trata con fins de explotación sexual e/ou de explotación sexual, auto de apertura de xuízo oral ou documento equivalente no que conste a existencia dos ditos indicios.
4º- Informe das Forzas e Corpos de Seguridade, que indique a existencia de indicios claros de violencia de xénero, ou de trata con fins de explotación sexual e/ou de explotación sexual.
5º- Informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública autonómica ou local, no que se recolla a condición de vítima de violencia de xénero, de vítima de trata con fins de explotación sexual e/ou de explotación sexual, e a data na que se produciu o cesamento da convivencia, ou da situación de dominación e/ou explotación, respectivamente.
6º- Informe dos servizos de acollida da Administración pública autonómica ou local, no que se recolla a condición de vítima de violencia de xénero, de vítima de trata con fins de explotación sexual e/ou de explotación sexual, e a data na que se produciu o cesamento da convivencia, ou da situación de dominación e/ou explotación, respectivamente.
Cando a condición de vítima de violencia de xénero, ou de vítima de trata de con fins de explotación sexual e/ou de explotación sexual, se acredite mediante algún dos documentos previstos nos puntos anteriores e non conste que a situación de violencia ocorre nunha relación de convivencia, ou nunha relación de dominación e/ou explotación, respectivamente, deberá achegarse, ademais, un informe dos servizos sociais da Administración autonómica ou local que o acredite ou, no seu defecto, a declaración responsable da solicitante, recollida no anexo I de solicitude. En todo caso, deberá constar a data na que tivo lugar o cese da convivencia co agresor ou da vinculación con persoa/s que mantivese/n sobre ela unha relación de dominación e/ou explotación, respectivamente.
b) Documentación que xustifique os ingresos declarados no punto 1 do anexo I, de ser o caso (nómina, recibo ou resolución de calquera tipo de prestación ou subsidio,...), segundo o previsto no artigo 6.3 desta resolución.
c) No caso de discapacidade da solicitante e/ou das/dos súas/seus fillas/os menores ou menores acollidos, a cargo da solicitante, certificación acreditativa de tal condición, se fose expedida por outra Administración distinta á Xunta de Galicia.
d) No caso de que a solicitante teña ao seu cargo fillas/os menores ou menores acollidas/ os, deberá achegar a documentación que se relaciona a seguir:
1º. Libro de familia ou outro documento que acredite os vínculos familiares da solicitante cos/as menores ao seu cargo.
No caso de menores acollidas/os a cargo, deberán achegar a resolución administrativa ou xudicial acreditativa de dita situación, nos supostos en que esta fose expedida por unha administración distinta á Xunta de Galicia.
2º. Se houbese convivencia cos/as menores a cargo presentarase a resolución xudicial de custodia, informe dos servizos sociais, certificado de empadroamento colectivo onde consten todos os membros da unidade familiar ou calquera outra documentación que acredite as responsabilidades familiares e a convivencia.
De non existir convivencia, presentarase o convenio regulador ou resolución xudicial en virtude dos cales exista obriga de alimentos.
Considerarase que existe convivencia naqueles supostos nos que a dita convivencia se atope interrompida por motivos derivados da situación de violencia de xénero. Esta situación deberase acreditar a través de informe dos servizos sociais da administración publica autonómica ou local
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a. DNI ou NIE da persoa solicitante.
b. Certificado de residencia legal da persoa solicitante estranxeira.
c. Certificado de residencia da persoa solicitante.
d. Certificado de prestacións do Servizo Público de Emprego Estatal (área Galicia).
Consultaranse ademais os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:
a) Resolución administrativa de acollemento familiar emitida pola Xunta de Galicia.
b) Certificado de discapacidade emitido pola Xunta de Galicia da solicitante e/ou dos/das fillos/as menores a cargo.
c) Grao e nivel de dependencia da solicitante e/ou dos fillos/as menores a cargo.
d) Certificado das percepcións da Renda de Integración Social de Galicia (Risga).
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta deberán indicalo no modelo de solicitude e achegar os documentos correspondentes.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
- Fase de xustificación
- Declaración de axudas e de estar ao día nas obrigas tributarias (Anexo III)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero (DOG nº 152 do 7 de agosto de 2007).
-
Lei 12/2016, do 22 de xullo, pola que se modifica a Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero (DOG nº 140 do 26 de xullo de 2016).
-
Lei 14/2021, do 20 de xullo, pola que se modifica a Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero (DOG nº 143 do 28 de xullo de 2021).
-
Lei 15/2021, do 3 de decembro, pola que se modifica a Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero (DOG nº 237 do 13 de decembro de 2021).
-
Resolución do 17 de decembro de 2018, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión da prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero, prevista no artigo 39 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, modificada pola Lei 12/2016, do 22 de xullo (DOG nº 1 do 2 de xaneiro de 2019).
-
Resolución do 12 de febreiro de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se modifica a Resolución do 17 de decembro de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión da prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero, prevista no artigo 39 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, modificada pola Lei 12/2016, do 22 de xullo (DOG nº 36 do 20 de febreiro de 2019).
-
Resolución do 17 de decembro de 2021, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se modifica a Resolución do 17 de decembro de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión da prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero, prevista no artigo 39 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, modificada pola Lei 12/2016, do 22 de xullo (DOG nº 246 do 24 de decembro de 2021).
-
Lei 7/2022, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG nº 248 do 30 de decembro de 2022).
-
Resolución do 15 de decembro de 2022, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se convoca para o ano 2023 a prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero prevista no artigo 39 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, modificada pola Lei 12/2016, do 22 de xullo (DOG nº 2 do 3 de xaneiro de 2023).
-
Extracto da Resolución do 15 de decembro de 2022, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se convoca para o ano 2023 a prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero prevista no artigo 39 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, modificada pola Lei 12/2016, do 22 de xullo (DOG nº 2 do 3 de xaneiro de 2023).
-
Resolución do 15 de maio de 2023, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se modifica a Resolución do 17 de decembro de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión da prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero, prevista no artigo 39 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero (DOG nº 103 do 1 de xuño de 2023).
-
Resolución do 16 de maio de 2023, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se modifica a Resolución do 15 de decembro de 2022 pola que se convoca para o ano 2023 a prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero prevista no artigo 39 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero (DOG nº 104 do 2 de xuño de 2023).
-
-
Ámbito Estatal
-
Lei Orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero (BOE nº 313 do 29 de decembro de 2004).
-
Real Decreto 1452/2005, do 2 de decembro, polo que se regula a axuda económica establecida no artigo 27 da Lei Orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero (BOE nº 301 do 17 de decembro de 2005).
-
Real Decreto 95/2009, de 6 de febreiro, polo que se regula o Sistema de registros administrativos de apoio á Administración de Xustiza (BOE nº 33 de 7 de febreiro de 2009).
-
Real Decreto 1611/2011, de 14 de novembro, polo que se modifica o Real Decreto 95/2009, de 6 de febreiro, polo que se regula o Sistema de registros administrativos de apoio á Administración de Xustiza (BOE nº 290 de 2 de decembro de 2011).
-
Real Decreto 576/2014, de 4 de xullo, polo que se modifica o Real Decreto 95/2009, de 6 de febreiro, polo que se regula o Sistema de registros administrativos de apoio á Administración de Xustiza e créase o fondo documental de requisitorias (BOE nº 173 de 17 de xullo de 2014).
-
Real Decreto-lei 9/2018, de 3 de agosto, de medidas urxentes para o desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero (BOE nº 188 de 4 de agosto de 2018).
-
Lei orgánica 10/2022, do 6 de setembro, de garantía integral da liberdade sexual (BOE nº 215, do 7 de setembro de 2022).
-
Outros procedementos relacionados
Título de familia numerosa / Carné familiar.
Aberto todo o ano
Recoñecemento e acreditación de centros de información á muller.
Aberto todo o ano
Extinción do recoñecemento e acreditación de centros de información á muller.
Aberto todo o ano
Axudas e indemnizacións para mulleres vítimas de violencia de xénero.
Prazo aberto: 23/01/2025 00:00 - 28/11/2025 23:59