Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
CT302D
Subvencións para o desenvolvemento de proxectos de programación musical en salas privadas habilitadas legalmente para organizar espectáculos musicais con público, dentro da programación do Xacobeo 2021.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
1. Esta resolución, no desenvolvemento das funcións e obxectivos encomendados e previstos na Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais, ten por obxecto establecer as bases de subvencións para o desenvolvemento de proxectos de programación musical en salas privadas habilitadas legalmente para organizar espectáculos musicais con público, dentro da programación do Xacobeo 2021, coa finalidade de contribuír á promoción da actividade musical, no ano 2021 (código de procedemento CT302D).
2. Os proxectos financiados deberán:
a) Incluír unha programación mínima de 15 concertos, cun 70 % mínimo de grupos galegos, e cun orzamento mínimo do proxecto de 20.000 euros.
b) Desenvolverse integramente en Galicia nas datas comprendidas entre o 1 de xaneiro de 2021 e o 31 de outubro de 2021.
1. Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, as persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas con domicilio ou sucursal en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, titulares ou arrendatarios de espazos privados, situados na Comunidade Autónoma, habilitados legalmente para organizar espectáculos musicais con público.
2. Poderán obter a condición de beneficiarias das subvencións as agrupacións de entidades que cumpran cada una dos requisitos anteriormente sinalados e poidan levar a cabo o obxecto da subvención, de conformidade co disposto no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
3. Só se poderá presentar un único proxecto por solicitante. Para os supostos de agrupacións, os membros non poderán presentar proxectos de forma individualizada.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)
Cidade da Cultura. Monte Gaiás, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881996077/ 881996068
Email: agadic@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
02/02/2021 00:00 - 16/03/2021 23:59
Segundo a Resolución de 16 de febreiro de 2021 publicada pola Axencia Galega das Industrias Culturais (DOG nº 36 do 23 de febreiro de 2021), amplíase ata o 15 de marzo de 2021 o prazo de presentación de solicitudes.
1. As persoas solicitantes deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Ter social ou estatutariamente como obxecto social a organización de espectáculos musicais, no suposto de persoas xurídicas.
b) Estar dadas de alta no imposto de actividades económicas correspondentes ás ditas actividades, cunha antigüidade mínima e ininterrompida de dous anos.
c) Contar cun establecemento ou ser arrendatario del na Comunidade Autónoma de Galicia habilitado como sala de concerto, sala de festas ou café-espectáculo, de conformidade coa definición que destes establecementos se determina no Decreto 124/2019, do 5 de setembro, polo que se aproba o Catálogo de espectáculos públicos, actividades recreativas e establecementos abertos ao público e se establecen determinadas disposicións xerais de aplicación na materia; así como café-concerto, café categoría especial ou tablao flamenco previstos no Decreto 292/2004, do 18 de novembro.
d) Ter realizado un mínimo de 15 concertos no ano 2019 no espazo en que desenvolvan a programación presentada.
e) A programación proposta deberá ser desenvolta na Comunidade Autónoma e realizar un mínimo de 15 concertos, nas datas comprendidas entre o 1 de xaneiro de 2021 e o 31 de outubro de 2021.
2. No poderán ter a condición de beneficiarias as empresas en que concorra algunha do resto de circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007. A acreditación de non estar incursos nas ditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable do interesado.
3. Os requisitos para ser beneficiario deberán cumprirse na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
Inicio do procedemento e prazo para a presentación das solicitudes.
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. Se a solicitude non reúne os requisitos establecidos na convocatoria, o órgano competente requirirá a persoa interesada para que a emende no prazo máximo e improrrogable de 10 días, e indicaralle que, se así non o fixese, se lle terá por desistida da súa solicitude, logo de resolución ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
3. No caso de que a solicitude sexa presentada por unha agrupación persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica de conformidade co disposto no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, deberá constar expresamente tanto na solicitude como na resolución os compromisos de execución asumidos para cada membro da agrupación e o importe da subvención a aplicar a cada un deles, nomear un representante ou apoderado único, e a agrupación non poderá disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I), a seguinte documentación:
– Certificado do acordo social de solicitude da axuda, se o solicitante é persoa xurídica.
– Estatutos rexistrados e escrituras de constitución inscritos no rexistro que corresponda e as súas modificacións, se o solicitante é persoa xurídica.
– Documentación que acredite suficientemente a representación de quen asina a solicitude.
– No suposto de agrupación de entidades, deberán nomear un representante ou apoderado legal único, con poder bastante para cumprir as obrigas que, como persoa beneficiaria, lle corresponden á entidade e o compromiso de non disolución destas ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
2. Ademais, as solicitudes deberán ir acompañadas da seguinte documentación específica:
– Ficha resumo do proxecto e da empresa (anexo II).
– Plan económico financeiro (anexo III).
– Licenza de sala de concerto, sala de festas, café-espectáculo, ou ben de café-concerto, café categoría especial ou tablao flamenco.
– Copia da escritura de propiedade, contrato de alugamento ou outros documentos válidos en dereito que amose a dispoñibilidade da sala por parte da persoa solicitante.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
5. No caso de que algún dos documentos que se presenten de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación destes de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
6. Sen prexuízo do disposto no parágrafo 1, Agadic poderá requirir á persoa solicitante que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.
7. Se a solicitude non reúne os requisitos establecidos na convocatoria, o órgano competente requirirá o interesado para que a emende no prazo máximo e improrrogable de 10 días, e indicaralle que, se non o fixer, se terá por desistido da súa solicitude, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
– DNI ou NIE da persoa solicitante.
– DNI ou NIE da persoa representante.
– NIF da entidade solicitante.
– Certificado de estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na epígrafe/subepígrafe que corresponda, no exercicio actual.
– Certificado de estar ao día das obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.
– Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
– Certificado de non ter pendente de pagamento débedas coa Comunidade Autónoma.
– Consulta de concesión de subvencións e axudas.
– Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
– Consulta de concesión pola regra de minimis.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Prazo de resolución:
Dous meses
Sentido do silencio:
Negativo
- Fase de xustificación
- Memoria económica (Anexo IV)
- Declaración de axudas (Anexo V)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 21 de xaneiro de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o desenvolvemento de proxectos de programación musical en salas privadas habilitadas legalmente para organizar espectáculos musicais con público, dentro da programación do Xacobeo 2021, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (DOG nº 20 do 1 de febreiro de 2021).
-
Extracto da Resolución do 21 de xaneiro de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o desenvolvemento de proxectos de programación musical en salas privadas habilitadas legalmente para organizar espectáculos musicais con público, dentro da programación do Xacobeo 2021, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (DOG nº 20 do 1 de febreiro de 2021).
-
Resolución do 16 de febreiro de 2021 pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes da Resolución do 21 de xaneiro de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o desenvolvemento de proxectos de programación musical en salas privadas habilitadas legalmente para organizar espectáculos musicais con público, dentro da programación do Xacobeo 2021, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (DOG nº 36 do 23 de febreiro de 2021).
-
Resolución do 24 de febrero de 2021 pola que se modifica a Resolución do 21 de xaneiro de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o desenvolvemento de proxectos de programación musical en salas privadas habilitadas legalmente para organizar espectáculos musicais con público, dentro da programación do Xacobeo 2021, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021(DOG nº 44 do 5 de marzo de 2021).
-
Resolución do 24 de xaneiro de 2022 pola que se dá publicidade das axudas concedidas durante o ano 2021 (DOG nº 26 do 8 de febreiro de 2022).
-
Outros procedementos relacionados
Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .
Aberto todo o ano
Depósito en réxime de comodato de fondos documentais en arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
Aberto todo o ano
Doazón de fondos documentais en arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
Aberto todo o ano
Autorización de reprodución de fondos de arquivos para publicación e/ou difusión.
Aberto todo o ano