Guía de procedementos e servizos

IF312A

Probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Convocatoria 2020 - Prazo pechado: 01/06/2020 00:00 - 30/06/2020 23:59

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Sobre o procedemento

Convócanse para o ano 2020 as probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada, tanto na súa modalidade de mercadorías como na de persoas viaxeiras, que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia de acordo co calendario e demais condicións previstas nesta resolución (procedementos IF312A e IF312B).

Calendario.

a) No ano 2020 realizarase unha convocatoria entre o 1 de setembro e o 31 de decembro de 2020, sempre que a situación sanitaria o permita.

b) As persoas aspirantes que cumpran os requisitos para presentárense ás probas poderán presentarse á modalidade de xestor de transporte para empresas de transporte de mercadorías por estrada e á de xestor de transporte para empresas de transporte de persoas viaxeiras por estrada, ou só a unha delas.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Dirección Xeral de Mobilidade

Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte

Servizo de Coordinación dos Plans de Transporte

San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881995053 / 881995077

Fax: 981544351

Email: formacion.transportes@xunta.es

http://civ.xunta.gal/mobilidade

Dirección Xeral de Mobilidade
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

27/02/2020 00:00 - 27/03/2020 23:59

01/06/2020 00:00 - 30/06/2020 23:59

Reanúdase  o prazo  de presentación de solicitudes dende 01-06-2020 ata 30-06-2020 en virtude  do disposto no artigo  9 do Real Decreto 537/2020, de 22 de maio, polo que se prorroga o estado de alarma declarado polo Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 ( BOE núm.145 de 23 de maio de 2020).

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, e comezará a contar a partir da publicación da Resolución do 24 de febreiro de 2020, pola que se completa a Resolución do 13 de febreiro de 2020, no Diario Oficial de Galicia.

Para poder participar nas probas de xestor de transporte será preciso reunir os seguintes requisitos no momento de fin do prazo de presentación de solicitudes:

a) Ter residencia habitual en Galicia.

Para tal efecto, presumirase que a residencia habitual da persoa aspirante está no lugar en que figure o seu domicilio no documento nacional de identidade en vigor; só se admitirá que o domicilio sexa distinto ao que apareza no referido documento cando se dea algunha das seguintes circunstancias:

– Que a persoa aspirante acredite que tivo o seu domicilio en Galicia, cando menos, durante cento oitenta e cinco (185) días naturais do último ano, contados desde a finalización do prazo de presentación de solicitudes para concorrer aos exercicios.

– Que a persoa aspirante acredite que, sen cumprir o requisito do punto anterior, se viu obrigada por razóns familiares ou profesionais a cambiar a súa residencia en Galicia; non obstante, non se entenderá cumprida esta exixencia nin cando se trate de estadías temporais nunha localidade para a realización dunha actividade de duración determinada, nin cando se trate de supostos de asistencia a unha universidade, escola ou centro docente.

b) Xustificar estar previamente en posesión dalgún dos seguintes títulos de formación:

– Título de bacharel ou equivalente.

– Título de técnico, acreditativo de superar os ensinos dunha formación profesional de grao medio, sexa cal for a profesión a que se atope referido.

– Título de técnico superior, acreditativo de ter superado as ensinanzas dunha formación profesional de grao superior, sexa cal for a profesión a que se atope referido.

– Calquera título acreditativo de ter superado unhas ensinanzas universitarias de grao ou posgrao.

  • Inscrición nas probas para a obtención e/ou renovación da competencia profesional para a actividade de transporte ( 31.01.20)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, co código IF312A (anexo I).

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.

a) As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

• Impreso de autoliquidación de taxas polo importe que estableza para o efecto a Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, que se establece no artigo 6. Non obstante, non terán que presentar este documento as persoas que se atopen nalgún suposto de exención legal de pagamento.

• Documentación xustificativa de padecer unha discapacidade, para efectos de solicitar posibles adaptacións para realizar as probas, no caso de que o órgano que realiza tal recoñecemento non dependa da Xunta de Galicia.

• De ser o caso, documentación que acredite que se viu obrigada a cambiar de residencia en Galicia por razóns familiares ou profesionais (por exemplo, achegarase certificado do centro de traballo ou copia do contrato de traballo).

b) A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica.

Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

c) Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

Só as persoas solicitantes que resulten definitivamente excluídas da realización das probas terán dereito á devolución do importe dos dereitos de exame, sempre que o soliciten no prazo dun mes, contado a partir da publicación da resolución definitiva de admitidos. Esta solicitude axustarase ao modelo incorporado como anexo II desta resolución e deberá presentarse de acordo co previsto no punto 4.1, seguindo o procedemento dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), co código IF312B (anexo II).

Comprobación de datos.

a) Para a tramitación do procedemento IF312A consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

• DNI/NIE da persoa solicitante.

• DNI/NIE da persoa representante.

• Certificado de residencia con data de última variación do padrón da persoa solicitante.

Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

• Inscrición como demandante de emprego e prestacións ou subsidios por desemprego que se perciben.

• Certificado de discapacidade expedido pola Xunta de Galicia.

• Títulos oficiais non universitarios.

•Títulos oficiais universitarios.

b) No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

c) Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 27 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se modifica a Resolución do 13 de febreiro de 2020, pola que se convocan probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada (DOG nº 111 do 09 de xuño de 2020).

    • Resolución do 13 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convocan probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada (DOG nº 37 do 24 de febreiro de 2020).

    • Resolución do 24 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se completa a Resolución do 13 de febreiro de 2020 pola que se convocan probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada, publicada no Diario Oficial de Galicia número 37, do 24 de febreiro (DOG nº 39 do 27 de febreiro de 2020).

    • Resolución do 21 de outubro de 2020, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se modifica a Resolución do 13 de febreiro de 2020 pola que se convocan probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada (Diario Oficial de Galicia número 37, do 24 de febreiro) (DOG nº 218 do 29 de outubro de 2020).

    • Resolución do 26 de novembro de 2020, do tribunal designado para cualificar as probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización dos exercicios (DOG nº 245 do 4 de decembro de 2020).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

IF204A

Autorización para a execución de obras, instalacións ou a realización de calquera outra actividade, así como os cambios de uso, na zona de dominio público viario e/ou nas zonas de protección das estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia, excepto accesos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF205C

Consulta previa de viabilidade dunha autorización.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF205D

Autorización de novo acceso, cambio de uso ou reordenación dun acceso existente na rede de titularidade da Comunidade Autonóma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF207B

Reversión de expropiación.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano