Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
ED001A - Procedemento selectivo de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de ingreso ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores técnicos de formación profesional e mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades da comunidade autónoma de Galicia.
Convócanse procedementos selectivos, mediante o sistema de concurso-oposición, para cubrir 834 prazas no corpo de profesores de ensino secundario, 30 prazas no corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, 16 no corpo de profesores de música e artes escénicas, 138 prazas no corpo de profesores técnicos de formación profesional e 770 prazas no corpo de mestres, situadas no ámbito de xestión da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia.
Interesados :
- Aspirantes ao ingreso no corpo de profesores de ensino secundario, no corpo de profesores técnicos de formación profesional, e no corpo de mestres, da Comunidade Autónoma de Galicia
- Persoal funcionario de carreira do corpo de profesores de ensino secundario que aspire a adquirir unha nova especialidade ou a acceder ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas.
- Persoal funcionario de carreira do corpo de profesores técnicos de Formación Profesional que aspire a adquirir unha nova especialidade ou a acceder ao corpo de profesores de ensino secundario
- Persoal funcionario de carreira do corpo de mestres que aspire a adquirir unha nova especialidade ou a acceder ao corpo de profesores de ensino secundario.
Requisitos xerais .
a) Ter nacionalidade española ou ter a nacionalidade doutro Estado membro da Unión Europea ou de calquera outro dos Estados a que, en virtude dos tratados internacionais realizados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores e traballadoras.
Tamén poderán participar as persoas, calquera que sexa a súa nacionalidade, descendentes de persoas que posúan a nacionalidade española ou doutros Estados membros da Unión Europea, sempre que sexan menores de vinte e un anos ou maiores da devandita idade dependentes.
Tamén poderán participar as persoas, calquera que sexa a súa nacionalidade, que sexan cónxuxes de persoas que posúan a nacionalidade española ou doutros Estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separadas de dereito.
Así mesmo, poderán participar as persoas, calquera que sexa a súa nacionalidade, descendentes do/da cónxuxe non separado de dereito de persoas que posúan a nacionalidade española ou doutros Estados membros da Unión Europea, sempre que sexan menores de vinte e un anos ou maiores da devandita idade dependentes.
b) Ter cumpridos os dezaseis anos e non ter alcanzado a idade establecida, con carácter xeral, para a xubilación forzosa.
c) Posuír as titulacións que, para cada corpo, se especifican nesta base. No caso de que as ditas titulacións se obtivesen no estranxeiro, deberá terse concedida a correspondente credencial de homologación, segundo o Real decreto 967/2014, do 21 de novembro (BOE do 22 de novembro), e o Real decreto 1837/2008, do 8 de novembro, polo que se incorporan ao ordenamento xurídico español a Directiva 2005/36/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de setembro, e a Directiva 2006/100/CE do Consello, do 20 de novembro, relativa ao recoñecemento de cualificacións profesionais, así como a determinados aspectos da profesión de avogado (BOE do 20 de novembro).
d) Non padecer enfermidade nin estar afectado/a por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das funcións correspondentes ao corpo e especialidade a que se opta.
e) Non ter sido separado/a, mediante expediente disciplinario, do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do cal a persoa foi separada ou inhabilitada.
No caso de nacionais doutros Estados, non estar inhabilitado/a ou en situación equivalente, nin ter sido sometido/a a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia o acceso ao emprego público nos termos anteriores.
f) Non ter antecedentes no Rexistro Central de Delincuentes Sexuais.
g) Non ser persoal funcionario de carreira, en prácticas ou estar pendente do correspondente nomeamento do mesmo corpo a que se aspira a ingresar, agás que se concorra ao procedemento para a adquisición de nova especialidade a que se refire o título II desta orde, no cal o persoal funcionario de carreira poderá participar.
h) Acreditar o coñecemento do galego.
i) Acreditar, se é o caso, o coñecemento do castelán.
Requisitos específicos para participar no procedemento de acceso .
- Ao corpo de profesores de ensino secundario, ás prazas reservadas para o persoal funcionario de carreira dos corpos e escalas docentes clasificadas no subgrupo A2:
a) Posuír a titulación que para o ingreso no corpo se exixe no punto 2.3.1.a) desta convocatoria.
b) Ter prestado, ao remate do prazo de presentación de solicitudes, servizos no seu corpo de orixe durante un mínimo de seis anos como persoal funcionario.
Requisitos específicos para participar polo procedemento de ingreso libre, que inclúe a quenda para persoas con recoñecemento legal de discapacidade .
Para os corpos de profesores de ensino secundario e profesores de escolas oficiais de idiomas.
Para participar polo procedemento de ingreso libre, o persoal aspirante deberá:
a) Posuír o título de doutoramento, licenciatura, enxeñaría, arquitectura ou título de grao correspondente ou outros títulos equivalentes para os efectos de docencia ou ter superado todos os estudos conducentes para a súa obtención e ter satisfeitos os dereitos de expedición del.
De conformidade co establecido na disposición adicional única do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, para ingreso no corpo de profesores de ensino secundario, nas especialidades de Tecnoloxía, Administración de Empresas, Formación e Orientación Laboral, Informática, Organización e Procesos de Mantemento de Vehículos, Organización e Proxectos da Fabricación Mecánica, Procesos na Industria Alimentaria e Sistemas Electrónicos, serán admitidos os que, aínda carecendo da titulación exixida con carácter xeral, posúan unha das titulacións que se relacionan no anexo VII da presente orde.
b) Posuír a formación pedagóxica e didáctica a que se refire o artigo 100.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. Con carácter xeral, reunirá este requisito quen posúa o título oficial de máster universitario que habilite para o exercicio das profesións de profesor de ensino secundario obrigatorio e bacharelato, formación profesional ou escolas oficiais de idiomas. A especialidade que conste no citado título, facultará para a presentación do persoal aspirante en calquera especialidade.
Estará dispensado da posesión do citado título o persoal aspirante que acredite ter, con anterioridade ao 1 de outubro de 2009, algún dos seguintes requisitos:
– Posuír o título profesional de especialización didáctica, o certificado de aptitude pedagóxica ou o certificado de cualificación pedagóxica.
– Posuír o título de mestre/a, diplomatura en profesorado de educación xeral básica, mestre/a de ensino primario, licenciatura en Pedagoxía ou en Psicopedagoxía. Así mesmo, tamén estará exento o persoal que estivese cursando algunha das tres anteriores titulacións e tivese cursado 180 créditos destas na citada data do 1 de outubro de 2009.
– Ter impartido docencia durante dous cursos académicos completos ou, na súa falta, durante 12 meses exercidos en períodos continuos ou descontinuos, en centros públicos ou privados de ensino regrado debidamente autorizados, nas ensinanzas de educación secundaria obrigatoria ou de bacharelato, ou de formación profesional, ou de escolas oficiais de idiomas, conforme o previsto na disposición transitoria cuarta do Real decreto 1834/2008, do 8 de novembro.
Para o corpo de profesores técnicos de formación profesional:
a) Posuír o título de doutoramento, licenciatura, enxeñaría, arquitectura ou título de grao correspondente, ou título de diplomatura universitaria, arquitectura técnica, enxeñaría técnica ou título de grao correspondente ou outros títulos equivalentes para os efectos de docencia ou ter superado todos os estudos conducentes para a súa obtención e ter satisfeitos os dereitos de expedición del. De conformidade co establecido na disposición adicional única do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, para ingreso no corpo de profesores técnicos de formación profesional, nas especialidades de Mantemento de Vehículos, Mecanizado e Mantemento de Máquinas e Peiteado serán admitidos os que, aínda carecendo da titulación exixida con carácter xeral, posúan unha das titulacións declaradas equivalentes para os efectos de docencia que se relacionan no anexo VIII da presente orde.
Así mesmo, o título de técnico superior ou de técnico especialista declárase equivalente aos exixidos para o ingreso ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, cando a persoa titulada exercese como persoal interino en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, na especialidade docente a que pretenda acceder e durante un período mínimo de dous anos antes do 31 de agosto de 2007.
De conformidade coa disposición adicional única.6 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, ao non levarse a cabo catro convocatorias a que se refería a disposición transitoria segunda do Real decreto 777/1998, do 30 de abril, na redacción dada polo Real decreto 334/2004, do 27 de febreiro, na especialidade de Peiteado poderán ser admitidos aqueles aspirantes que, aínda carecendo da titulación exixida con carácter xeral, acrediten experiencia docente de, polo menos, dous anos en centros educativos dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e estean en posesión das titulacións de técnico especialista ou técnico superior nunha especialidade de formación profesional que pertenza á familia profesional correspondente.
b) Posuír a formación pedagóxica e didáctica a que se refire o artigo 100.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. Con carácter xeral, reunirá este requisito quen posúa o título oficial de máster universitario que habilite para o exercicio das profesións de profesor de ensino secundario obrigatorio e bacharelato, formación profesional ou escolas oficiais de idiomas. A especialidade que conste no citado título, facultará para a presentación do persoal aspirante en calquera especialidade.
Nas especialidades de Mantemento de Vehículos, Mecanizado e Mantemento de Máquinas e Peiteado, aquelas persoas que por razóns da súa titulación non poidan acceder aos estudos de máster a que se refire o Real decreto 1834/2008, do 8 de novembro, deberán acreditar a formación equivalente á formación pedagóxica e didáctica regulada pola Orde EDU/2645/2011, do 23 de setembro, modificada pola Orde ECD/1058/2013, do 7 de xuño.
Estará dispensado da posesión do citado título ou, cando sexa o caso, da formación equivalente ao máster de formación pedagóxica e didáctica, o persoal aspirante que acredite ter, con anterioridade ao 1 de outubro de 2009, algún dos seguintes requisitos:
– Posuír o título profesional de especialización didáctica, o certificado de aptitude pedagóxica ou o certificado de cualificación pedagóxica.
– Posuír o título de mestre/a, diplomatura en profesorado de educación xeral básica, mestre/a de ensino primario, licenciatura en Pedagoxía ou en Psicopedagoxía. Así mesmo, tamén estará exento o persoal que estivese cursando algunha das tres anteriores titulacións e tivese cursado 180 créditos destas na citada data do 1 de outubro de 2009.
– Ter impartido docencia durante dous cursos académicos completos ou, na súa falta, durante 12 meses exercidos en períodos continuos ou descontinuos, en centros públicos ou privados de ensino regrado debidamente autorizados, nas ensinanzas de educación secundaria obrigatoria ou de bacharelato, ou de formación profesional, ou de escolas oficiais de idiomas, conforme o previsto na disposición transitoria cuarta do Real decreto 1834/2008, do 8 de novembro.
Ademais, nas especialidades de Mantemento de Vehículos, Mecanizado e Mantemento de Máquinas e Peiteado estarán dispensados da posesión do citado título aquelas persoas que, con anterioridade ao 1 de setembro de 2014, teñan impartido docencia durante dous cursos académicos completos ou, na súa falta, durante 12 meses exercidos en períodos continuos ou descontinuos, en centros públicos ou privados de ensino regrado debidamente autorizados, nas ensinanzas de formación profesional.
Para o corpo de profesores de música e artes escénicas:
Posuír o título de doutoramento, licenciatura, enxeñaría, arquitectura ou título de grao correspondente ou outros títulos equivalentes para os efectos de docencia ou ter superado todos os estudos conducentes para a súa obtención e ter satisfeitos os dereitos de expedición del.
De conformidade coa disposición adicional única do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, para ingreso no corpo de profesores de música e artes escénicas decláranse equivalentes para efectos de docencia as titulacións que se relacionan no anexo IX da presente orde.
De acordo co que se establece na disposición transitoria primeira do citado Real decreto 276/2007, ata que se regule para cada ensinanza a formación pedagóxica e didáctica establecida no artigo 100.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, non se exixe esta formación aos aspirantes ao ingreso neste corpo.
Para o corpo de mestres.
Posuír ou ter superado todos os estudos conducentes para a súa obtención e ter satisfeitos os dereitos de expedición dalgún dos seguintes títulos:
– Título de mestre/a ou o título de grao en mestre/a de educación infantil ou de educación primaria.
– Título de profesor/a de educación xeral básica.
– Título de mestre/a de ensino primario.
Requisitos específicos para participar pola quenda para persoas con recoñecemento legal de discapacidade en todos os corpos .
- De conformidade co establecido no artigo 48 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e o Decreto 12/2019, do 7 de febreiro (DOG núm. 37, do 21 de febreiro), polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes, resérvase o 7 % das prazas a que poderán concorrer as persoas que teñan a condición legal de discapacidade, sempre que reúnan as condicións xerais establecidas nesta convocatoria e, no seu momento, acrediten un grao de discapacidade de, polo menos, o 33 % e a compatibilidade entre a discapacidade e o desenvolvemento das tarefas e funcións docentes propias do corpo a que accedan, na correspondente especialidade, mediante certificación dos órganos competentes da Comunidade Autónoma de Galicia, doutras comunidades autónomas ou, se é o caso, da Administración central do Estado.
- Os procedementos selectivos realizaranse en condicións de igualdade co persoal aspirante de ingreso, ou da quenda A2-A1, sen prexuízo das adaptacións previstas na base 7.11 desta convocatoria.
- Se na realización das probas se lle presentan dúbidas ao tribunal respecto da capacidade do persoal aspirante para o desempeño das actividades habitualmente desenvolvidas polo persoal funcionario do corpo ou escala a que se opta, poderá pedir o correspondente ditame do órgano competente conforme o previsto no punto 2.4.1 desta base.
Prazo en que se deben reunir os requisitos .
Todas as condicións e requisitos relacionados nesta base deberán posuírse no día en que remate o prazo de presentación de solicitudes e manterse ata o momento da toma de posesión como persoal funcionario de carreira.
Incompatibilidades .
- O persoal aspirante que concorra pola reserva de persoas con discapacidade non poderá presentarse á mesma especialidade pola quenda libre.
- O persoal aspirante que opte polo procedemento de acceso do subgrupo A2 ao subgrupo A1 non poderá concorrer á mesma especialidade polo ingreso libre.
- Ningunha persoa aspirante poderá presentarse, dentro desta convocatoria, a prazas dun mesmo corpo e especialidade correspondentes a distintas quendas de ingreso ou acceso entre corpos de persoal funcionario docente.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
Subdirección Xeral de Recursos Humanos
Servizo de Profesorado de Educación Infantil e Primaria
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544482 / 981544487 / 981957825 /981545440 / 981545495 / 981544483
Email: persoal.primaria@edu.xunta.es
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
Subdirección Xeral de Recursos Humanos
Servizo de Profesorado de Ed. Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544486 / 981957910 / 981545409 / 981545255 / 981545494 / 981545406 / 981545407 / 981545408 / 981545445
Email: persoal.secundaria@edu.xunta.es
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
Orde do 21 de febreiro de 2019 pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de ingreso ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de música e artes escénicas, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 48 do 8 de marzo de 2019).
Resolución do 28 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se nomea e se fai pública a composición dos tribunais que xulgarán os procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de ingreso ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de música e artes escénicas, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia, convocados pola Orde do 21 de febreiro de 2019 (Diario Oficial de Galicia do 8 de marzo) (DOG nº 105 do 5 de xuño de 2019).
Corrección de erros. Resolución do 28 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se nomea e se fai pública a composición dos tribunais que xulgarán os procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de ingreso ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de música e artes escénicas, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia, convocados pola Orde do 21 de febreiro de 2019 (Diario Oficial de Galicia do 8 de marzo) (DOG nº 107 do 7 de xuño de 2019).
Corrección de erros. Orde do 21 de febreiro de 2019 pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de ingreso ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de música e artes escénicas, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 112 do 14 de xuño de 2019).
Orde do 31 de xullo de 2019 pola que se fai pública a relación de persoal aspirante que superou o concurso-oposición nos procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de ingreso ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de música e artes escénicas, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia, convocados pola Orde do 21 de febreiro de 2019 (Diario Oficial de Galicia do 8 de marzo) (DOG nº 159 do 23 de agosto de 2019).
Orde do 30 de outubro de 2020 pola que se nomean funcionarias en prácticas as persoas opositoras que superaron os procedementos selectivos de ingreso e acceso a corpos docentes convocados na Comunidade Autónoma de Galicia pola Orde do 21 de febreiro de 2019 (Diario Oficial de Galicia do 8 de marzo) (DOG nº 228 do 11 de novembro de 2020).
Orde do 8 de xullo de 2021 pola que se declaran aptas na fase de prácticas as persoas opositoras que superaron os procedementos selectivos convocados pola Orde do 21 de febreiro de 2019 (Diario Oficial de Galicia do 8 de marzo) e pola Orde do 14 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galicia do 21 de marzo) que as realizaron neste curso académico 2020/21 (DOG nº 134 do 15 de xullo de 2021).
Prazo de presentación: PECHADO
11/03/2019 00:00 - 01/04/2019 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles computados a partir do día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.
Este procedemento está suxeito ao pago dunha taxa. A continuación móstrase a listaxe de taxas aplicables:
- Inscrición nos procesos de selección de persoal da Administración xeral da Comunidade Autónoma (Código taxa: 30.03.02)
Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.
-
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
As solicitudes tamén poderán cubrirse na páxina web da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos http://www.edu.xunta.es/oposicions e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
As titulacións exixidas pola base segunda desta orde como requisito específico para o ingreso aos corpos de persoal funcionario docente, así como as funcións que desenvolve este persoal, presupoñen que as persoas aspirantes posúen capacidade técnica suficiente para o acceso e dispoñibilidade dos medios electrónicos necesarios, no sentido do que establece o artigo 14.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, como xustificación da obrigatoriedade de presentar as solicitudes exclusivamente por medios electrónicos.
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considérase como data da presentación da solicitude aquela en que foi realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Non poderá presentarse máis dunha solicitude de participación para un mesmo corpo, salvo que se opte por máis dunha especialidade. Non obstante, a presentación de máis dunha solicitude non garante que o persoal aspirante poida asistir ao acto de presentación e/ou á realización das probas de máis dunha especialidade.
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento .
-
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
-
a) No caso de non dispor do título, certificación académica oficial que acredite que se realizaron todos os estudos para a obtención deste xunto co recibo acreditativo de que se efectuou o pagamento correspondente dos dereitos de expedición. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberá presentarse a credencial da súa homologación ou ben a credencial de recoñecemento da titulación para exercer a profesión de profesor de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional e ensino de idiomas, mestre en educación primaria ou en educación infantil.
-
Deberán achegar tamén a certificación académica oficial que acredite que se realizaron todos os estudos para a obtención do título, xunto co recibo acreditativo de que se efectuou o pagamento correspondente dos dereitos de expedición, aquelas persoas que posúan o título de mestre/a de ensino primario, diplomatura en profesorado de educación xeral básica, mestre/a ou grao de mestre/a en educación primaria e aqueloutras persoas que posúan unha titulación de licenciatura ou enxeñaría en que se requira unha especialidade para formar parte das listas para cubrir interinidades ou substitucións.
Así mesmo, aquelas persoas graduadas en educación primaria que obtiveron unha mención nunha universidade distinta da que obtiveron o título, e aleguen esta mención para a súa inclusión nas listas de interinidades ou substitucións deberán achegar certificación académica oficial expedida pola universidade acreditativa da obtención da mención.
-
b) Documentación acreditativa de posuír a formación pedagóxica e didáctica a que se refire o artigo 100.2 da Lei 2/2006, do 3 de maio, de educación, ou, cando sexa o caso, da formación equivalente.
Cando en substitución do máster universitario que habilita para o exercicio das profesións de profesor de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional e ensinanzas de idiomas ou, cando sexa o caso, da formación equivalente, se alegue docencia efectiva, con anterioridade ao 1 de outubro de 2009 ou, cando sexa o caso, con anterioridade ao 1 de setembro de 2014, durante dous cursos completos ou doce meses continuos ou descontinuos, en ensinanzas regradas dos niveis e ensinanzas cuxas especialidades se regulan no Real decreto 1834/2008, do 8 de novembro, non será necesario presentar ningunha documentación se a docencia se impartiu en centros públicos dependentes desta Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e os servizos prestados constan na aplicación informática de persoal. Nestes supostos a certificación será expedida e incorporada de oficio ao expediente correspondente pola Subdirección Xeral de Recursos Humanos.
Noutro caso xustificarase do seguinte xeito:
– Se se trata dun centro público, mediante certificación, na cal conste a data de inicio e fin, nivel da ensino impartido e a especialidade, expedida pola secretaría do centro, co visto e prace da dirección e o contrato ou nomeamento expedido polo organismo correspondente.
– Se se trata dun centro privado debidamente autorizado, mediante certificación, en que conste a data de inicio e fin, nivel da ensino impartido e a materia, expedida pola dirección do centro, co visto e prace dos servizos de inspección educativa correspondente, ou copia dos contratos de traballo xunto con certificado da vida laboral.
-
c) Celga 4, validación do certificado de coñecemento de lingua galega (Celga 4), curso de perfeccionamento da lingua galega, validación do curso de perfeccionamento en lingua galega feita polo órgano competente, o título de licenciatura en Filoloxía Galego-Portuguesa, certificado de aptitude ou nivel avanzado da escola oficial de idiomas ou certificado de ter o curso de especialización en lingua galega.
-
d) As persoas que non posúan a nacionalidade española e non teñan como idioma oficial o español: diploma superior de español como lingua estranxeira, certificado de aptitude ou nivel avanzado de español expedido polas escolas oficiais de idiomas, título de licenciatura en Filoloxía Hispánica ou Románica ou certificación académica en que conste que se realizaron no Estado español estudos conducentes á titulación alegada para ingreso no corpo.
-
e) Persoal aspirante que solicite exención ou bonificación das taxas:
-
Xustificación de ser membro de familia numerosa de categoría xeral ou especial, só no caso de non estar recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia.
-
Xustificación de ter un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, só no caso de non estar recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia.
-
-
f) Persoal aspirante que solicite a adaptación de tempo e medios:
-
Documentación acreditativa da discapacidade que xustifique a necesidade da adaptación.
-
-
g) Persoal aspirante que non teña a nacionalidade española:
-
O persoal aspirante que non teña a nacionalidade española, incluído no primeiro parágrafo do punto 2.1.a) que resida en España, deberá presentar unha copia do documento de identidade ou pasaporte e da tarxeta de residente comunitario ou de familiar de residente comunitario ou, se é o caso, de tarxeta temporal de residente comunitario ou de persoal traballador comunitario fronteirizo, en vigor.
-
O persoal aspirante incluído no segundo parágrafo do punto 2.1.a) deberá presentar unha copia do pasaporte ou do visado e, se é o caso, do xustificante de ter solicitado a tarxeta ou a exención do visado e da dita tarxeta. No caso contrario deberá presentar os documentos expedidos polas autoridades competentes que acrediten o vínculo de parentesco e unha declaración responsable ou promesa da persoa con que existe este vínculo, de que non está separada de dereito do/da cónxuxe e, se é o caso, de que o persoal aspirante vive ás súas expensas ou está ao seu cargo.
-
-
Non será necesario achegar nin a titulación alegada nin a acreditación da formación pedagóxica e didáctica nin o documento xustificativo do coñecemento do galego ou, se é o caso, do castelán, no caso daquelas persoas que xa o fixesen nos procedementos selectivos convocados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional desde a Orde do 17 de marzo de 2014 sempre que a persoa interesada outorgue o seu consentimento expreso para que sexan consultados ou obtidos os ditos documentos segundo a Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantías dos dereitos dixitais. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que foi realizada a emenda.
-
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
-
Comprobación de datos .
1. Para a tramitación deste procedemento consultarase automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas sempre que a persoa interesada expresase o seu consentimento para que sexan consultados ou obtidos segundo a Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais:
-
a) DNI/NIE da persoa solicitante ou representante.
-
b) Títulos oficiais universitarios que dean acceso á función docente e que consten no Rexistro Central do Ministerio de Educación, agás os de mestre/a de ensino primario, diplomatura en profesorado de educación xeral básica, mestre/a ou grao de mestre/a en educación primaria e as titulacións de licenciatura ou enxeñaría en que se requira unha especialidade para formar parte das listas para cubrir interinidades ou substitucións.
-
c) Títulos oficiais non universitarios que dean acceso á función docente e que consten no Rexistro Central do Ministerio de Educación.
-
d) Consulta da inexistencia de antecedentes penais por delitos sexuais.
Consultaranse ademais os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:
-
a) Acreditación da condición de familia numerosa só no caso de estar recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia.
-
b) Acreditación da condición de discapacidade, só no caso de estar recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia.
-
c) Estar inscrito/a como demandante de emprego desde, polo menos, seis meses antes da data da convocatoria das probas selectivas nas cales solicite a súa participación e non estar percibindo prestación ou subsidio por desemprego.
2. No caso de que as persoas interesadas non expresen o seu consentimento deberán achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
-
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, agás o establecido en relación coas programacións didácticas, a documentación acreditativa dos méritos da fase de concurso e as reclamacións contra o baremo provisional, que deberán entregarse ao tribunal.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Outras convocatorias ou publicacións
Procedementos e servizos relacionados
Inscrición, depósito documental e certificación da sección do Rexistro de Fundacións de Interese Galego do Protectorado da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
Procedementos selectivos extraordinarios de estabilización para o ingreso mediante concurso de méritos a corpos de persoal docente non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia.
Intercambios provisionais de prazas do persoal docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, en centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Concurso de adxudicación de destinos provisionais do persoal docente non universitario da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Comunidade Autónoma de Galicia.