Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
BS614A - Subvencións a confederacións, federacións e entidades de iniciativa social non asociadas nin federadas para a formación prelaboral e adquisición de habilidades polas persoas con discapacidade, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (2014-2020).
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e a convocatoria para o período 2019-2020 dunha liña de subvencións dirixidas ás confederacións, federacións, consideradas ambas as entidades de segundo nivel asociativo, e ás entidades de iniciativa social non asociadas nin federadas, no ámbito das persoas con discapacidade na Comunidade Autónoma de Galicia, para realizar por estas un ou varios proxectos formativos para a promoción da igualdade de oportunidades proporcionando apoio a necesidades educativas especiais derivadas da discapacidade, que faciliten a plena integración nos sistemas de educación ou formación así como á adquisición de formación prelaboral e de habilidades para o desenvolvemento de actividades na vida cotiá que permitan unha preparación para unha futura inserción sociolaboral.
2. A finalidade destas axudas é a de contribuír á mellora da empregabilidade mediante a adquisición de habilidades e capacidades prelaborais das persoas cun nivel de discapacidade igual ou superior ao 33 %, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia, mediante o desenvolvemento de proxectos que incidan nos seguintes eidos:
a) Promoverase o desenvolvemento da área persoal e social e/ou a área de formación básica e prelaboral.
b) Promoverase o desenvolvemento de accións previas que melloren as súas posibilidades de inserción laboral, como formación básica instrumental, formación para mellorar a autoestima e formación para mellorar as súas habilidades sociais en xeral.
Actuacións subvencionables .
1. Será subvencionable o desenvolvemento de proxectos formativos para adquirir formación prelaboral básica, para o desenvolvemento de hábitos prelaborais e de formación en habilidades sociais, para o desenvolvemento de actividades na vida cotiá, e para a implementación de apoios a necesidades educativas especiais derivadas da discapacidade, que cumpran os requisitos establecidos no conxunto desta orde.
2. Cada proxecto formativo disporá dos mecanismos precisos para individualizar as medidas para cada unha das persoas participantes, con avaliación das necesidades e asesoramento, e asignarase aquela formación que máis cumpra coas características do participante, así como os recursos de apoio necesarios. Os proxectos procurarán incrementar a participación das mulleres con discapacidade, co motivo de achegarse ao obxectivo da consecución da igualdade entre homes e mulleres.
A execución dos proxectos formativos efectuarase a través de itinerarios de formación que incorporarán as intervencións seguintes:
a) Valoración individual.
b) Deseño do itinerario.
c) Asignación das accións formativas e/ou dos recursos de apoio necesarios.
d) Medidas de acompañamento.
e) Seguimento e revisión dos obxectivos perseguidos.
En todo momento, este itinerario personalizado deberá cumprir cos obxectivos de aprendizaxe funcional, construtiva e cooperativa así como a flexibilidade, a motivación, a participación activa e a interdisciplinariedade; aplicaráselles ás tarefas de carácter individualizado do proxecto formativo correspondentes ás intervencións dos tipos a), b), d) e e), unha ratio mínima dun profesional por cada 4 persoas participantes, e ás correspondentes a accións formativas de carácter grupal, correspondentes ás intervencións do tipo c), unha ratio mínima dun profesional por cada 6 persoas participantes.
A valoración da ratio aplicada obtense polo cociente do número de horas totais recibidas polas persoas participantes entre o número de horas totais prestadas por cada persoa profesional, multiplicado pola ratio mínima establecida para cada unha das intervencións, computando o total de participantes nas accións desenvoltas en cada tipoloxía de intervención do proxecto, sen perxuízo do establecido no artigo 23.6 para o caso da inserción laboral do participante durante a execución dos proxectos da presente convocatoria.
Agás o deseño do itinerario, o resto de intervencións terán o carácter de presencial. Para os efectos do establecido no presente punto, as horas non presenciais non poderán exceder o 5 % do total das horas do proxecto.
Dentro do itinerario proposto para cada participante no proxecto formativo incluirase o desenvolvemento dunha ou varias das seguintes accións formativas:
a) Habilidades sociolaborais.
b) Habilidades da vida diaria en tarefas orientadas á autoxestión.
c) Comunicación verbal, lecto-escritura, competencias sociais.
d) Formación básica en novas tecnoloxías e informática.
e) Clases de apoio (acceso exames autoescola, competencias clave, para a integración social no eido da educación obrigatoria, software necesario para o seguimento das clases de apoio, etc.).
f) Actividades relacionadas co desenvolvemento de habilidades persoais e laborais vinculadas co contorno en que se desenvolven, prestándolle especial atención ao medio rural.
g) Accións formativas que posibiliten a integración nun proxecto de desenvolvemento empresarial que permita crear ou consolidar unha actividade económica e a inserción laboral dos propios alumnos nela.
Gastos subvencionables e modalidades de xustificación .
1. Serán subvencionables os gastos derivados do desenvolvemento de todo o proxecto formativo personalizado. Entre estes inclúense os derivados da intervención correspondente á valoración individual, o deseño do itinerario, a asignación das accións formativas e dos recursos de apoio necesarios, as medidas de acompañamento e o seguimento e revisión dos obxectivos previstos.
Os gastos clasifícanse, dunha banda, en gastos directos de persoal e outros gastos directos e, doutra banda, en gastos indirectos.
a) Serán gastos directos:
1º. Gastos directos de persoal, de acordo coa certificación de asignación de tarefas referida no artigo 9.1.g).
2º. Outros gastos directos: materiais específicos, seguros destinados a cubrir continxencias de risco, axudas de custo e gastos de locomoción, servizos de apoio específicos, gastos de publicidade e campañas publicitarias e outros servizos necesarios, conforme o indicado no número 2.
Estes gastos poderán efectualos directamente as persoas beneficiarias ou a través de subcontratacións.
b) Serán gastos indirectos:
1º. Gastos indirectos de persoal, segundo se especifica no punto 2 deste artigo.
2º. Gastos en bens consumibles e en material funxible.
3º. Gastos en subministracións de luz, auga, calefacción, teléfono, combustibles, limpeza e seguridade.
4º. Gastos de alugamento e de mantemento de instalacións.
2. A subvención poderá xustificarse de acordo cun baremo estándar de custo unitario por hora, nos termos que se detallan na epígrafe a). Excepcionalmente, para o caso dos gastos referidos na epígrafe b) poderá xustificarse de acordo cos custos reais con documentación soporte de gasto e pagamento.
Así, a xustificación realizarase do seguinte xeito:
a) Gastos subvencionados baixo a modalidade de módulo de custos simplificados, consonte o disposto nos artigos 67.1.b), 67.5.a), 68.bis.2 e 68.ter do Regulamento (UE) 1303/2013, do 17 de decembro, modificado polo Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo de 2018.
Establécese un baremo por hora de 21,61 euros para persoas con titulación superior, de 18,05 euros para persoas con titulación media, de 14,64 euros para titulación en formación profesional de 2º grao e de 12,48 euros para titulación en formación profesional de 1º grao, de acordo coas retribucións salariais básicas relativas ao persoal laboral das citadas titulacións establecidas na Lei 2/2018, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019, e de acordo coa Orde do 14 de xaneiro de 2019 pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2019.
Os catro módulos indicados obtivéronse a partir dun custo unitario por hora de traballo efectivo realizado polos profesionais das categorías descritas no parágrafo anterior consonte as retribucións salariais indicadas, cun máximo de 1.720 horas para 12 meses.
Sobre os anteriores custos engadiuse un 40 % en concepto de gastos directos e indirectos derivados da acción formativa, resultando un módulo por hora de 30,25 euros para persoas con titulación superior, de 25,27 euros para persoas con titulación media, de 20,50 euros para titulación en formación profesional de 2º grao e de 17,47 euros para titulación en formación profesional de 1º grao.
Nesta modalidade inclúense os seguintes gastos:
1º. Gastos directos de persoal: terán esta consideración os gastos do persoal que estean directamente relacionados coas accións formativas subvencionadas e que se refiran de forma inequívoca e constatable a elas, en particular, os seguintes:
1º.1. As retribucións totais correspondentes ao persoal propio da entidade beneficiaria que participe no desenvolvemento do proxecto obxecto desta subvención, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social e a parte proporcional da paga extraordinaria que lle corresponda. A identificación da acción que se subvenciona deberá constar no contrato de traballo ou nunha previa asignación de funcións directas, tanto no caso de que a xornada de traballo estea integramente destinada á execución da dita acción coma no caso de dedicación parcial; garantirá sempre a súa xustificación documental.
Só serán imputables as horas efectivamente realizadas polas persoas con titulación superior, con titulación media e con titulación en formación profesional de 2º grao ou de 1º grao (ou equivalentes), logo de que se lles asignen as funcións no desenvolvemento do proxecto formativo.
1º.2. Así mesmo, terán a consideración de gastos directos de persoal as retribucións correspondentes ás persoas traballadoras por conta propia contratadas polo beneficiario para realizaren as accións formativas incluídas no proxecto formativo, logo de lles asignar as funcións.
En ambos os dous casos, deberá quedar suficiente xustificación documental da acción que se subvenciona e do tempo de dedicación a ela.
2º. Outros gastos directos. Serán subvencionables os gastos en materiais específicos necesarios para a execución do programa; seguros destinados a cubrir continxencias de risco derivadas da acción subvencionada, segundo calquera das previstas no artigo 4.2; axudas de custo e gastos de locomoción do persoal dedicado á execución do programa necesarios para a atención ás persoas participantes vinculados ao seu desenvolvemento.
Así mesmo, os servizos de apoio específicos, como fisioterapia, actividades fisicodeportivas, intérprete de linguaxe de signos, etc., necesarios para o desenvolvemento eficaz das devanditas actividades de formación, co fin de acadar unha atención o máis integral posible, e outros servizos necesarios para o desenvolvemento dos proxectos formativos, como servizos de seguridade, servizos informáticos externos, etc.
Finalmente, serán subvencionables os gastos de publicidade e campañas de sensibilización destinadas a resaltar a importancia da obtención da cualificación, así como para a difusión das accións obxecto da subvención.
3º. Gastos indirectos: terán a dita consideración os gastos correntes que non se correspondan en exclusiva ás accións subvencionadas por ter carácter estrutural, pero que resulten necesarios para o seu desenvolvemento os gastos indirectos de persoal, como xestión administrativa e tarefas auxiliares; gastos en bens consumibles e en material funxible; gastos en subministracións, luz, auga, calefacción, teléfono, combustibles, limpeza e seguridade e gastos de alugamento e mantemento de instalacións.
b) Gastos subvencionados mediante documentación soporte de gasto.
Subcontratacións: considéranse subcontratacións as accións contratadas a terceiros polo beneficiario, que supoñan a execución parcial ou total dunha ou varias accións formativas das incluídas no artigo 4.2, integradas en cada proxecto formativo obxecto da subvención.
3. O período de referencia para a imputación dos gastos relativos ás axudas reguladas nesta orde será do 1 de xullo de 2019 ao 30 de xuño de 2020.
Serán imputables ao exercicio 2019 os gastos comprendidos entre o 1 de xullo e o 30 de novembro de 2019 e ao 2020 os comprendidos entre o 1 de decembro de 2019 e o 30 de xuño de 2020.
4. En todo caso, as accións que se desenvolvan ao abeiro desta convocatoria deberán cumprir as normas establecidas no Regulamento (UE) núm. 1303/2013, do 17 de decembro, no Regulamento (UE) núm. 1304/2013, do 17 de decembro, ambos modificados polo Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo, na Orde ESS/1924/2016, do 13 de decembro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo Fondo Social Europeo durante o período de programación 2014-2020 e nas normas de subvencionabilidade ditadas pola autoridade de xestión para o período 2014-2020.
5. Para os efectos destas axudas, non se considera subvencionable ningún tipo de taxa, tributo ou imposto, agás o imposto sobre o valor engadido non susceptible de repercusión ou compensación.
6. As dúbidas ou controversias en relación coa subvencionalidade dos gastos serán resoltas pola Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade da Consellería de Política Social, por propia iniciativa ou por petición de calquera das persoas beneficiarias.
1. Poderán ser destinatarias das subvencións para o desenvolvemento dos proxectos regulados nesta convocatoria as confederacións e as federacións cuxo obxecto social inclúa a promoción ou realización de accións no ámbito das persoas con discapacidade e as entidades de iniciativa social como entidades de primeiro nivel asociativo que, contando con análogo obxecto social, non se atopen asociadas nin federadas ás anteriores entidades de segundo nivel asociativo.
2. Poderán, así mesmo, ser destinatarias as confederacións e federacións referidas no número anterior, que concorran conxuntamente con entidades de iniciativa social do seu ámbito federativo como agrupación de entidades −en diante agrupación−, nos termos previstos polo artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Neste suposto, a federación ou confederación, que se denominará promotora e será a perceptora da axuda, deberá contar con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, lle corresponden á agrupación e asumirá a dirección do proxecto formativo e a representación fronte ao órgano convocante.
3. As agrupacións de entidades referidas no número anterior rexeranse polo documento contractual que as regule que, en todo caso, deberá incluír os seguintes aspectos:
a) Os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, que terán, igualmente, a consideración de persoas beneficiarias, así como o importe de subvención para aplicar por cada un deles.
b) Acordo de representación da agrupación e elección da súa persoa representante ante a Administración.
c) O compromiso da promotora de distribuír a axuda entre a agrupación, de acordo coa repartición establecida no orzamento aprobado na resolución de concesión da axuda conforme os seus compromisos de participación nel e coa resolución de pagamento tras a xustificación finalmente admitida pola Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade.
d) Acordos de confidencialidade.
e) Xestión da agrupación e distribución de responsabilidades ante posibles dificultades.
f) A agrupación non poderá disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto no artigo 35 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
As accións formativas dirixiranse a alumnos que cumpran os seguintes requisitos :
a) Ter un nivel de discapacidade recoñecida, segundo o Real decreto 1971/1999, do 23 de decembro, de procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade, e a Orde do 25 de novembro de 2015, pola que se regula o procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade en Galicia ou normativa equivalente, igual ou superior ao 33 %.
b) Estar empadroados na Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Non ser perceptor dunha libranza vinculada á prestación de servizos para centro ocupacional ou titulares dunha praza no Sistema galego de servizos sociais.
Así mesmo, poderán participar aqueles alumnos que, cumprindo os anteriores requisitos, dispoñan dun emprego que poida estenderse por duración indefinida tras a formación proporcionada en virtude desta orde.
Os proxectos para os que se solicite a subvención deberán reunir os seguintes requisitos :
a) Describirán o método empregado para o deseño do itinerario proposto, que deberá incluír intervencións de carácter individualizado para cada unha das persoas participantes, entendidas como a planificación do proceso formativo prelaboral de cada persoa mediante a avaliación das necesidades e asesoramento, garantindo a asignación daquela formación que máis cumpra coas características do participante, así como os recursos de apoio necesarios.
A formación para recibir polas persoas participantes desenvolverase en función do itinerario establecido para cada unha e agruparase nas seguintes áreas: área de desenvolvemento persoal e social, área básica e prelaboral.
b) Resultar adecuados para os obxectivos e finalidades contidos nesta orde, así como para os principios xerais dos servizos sociais incluídos no artigo 4 da Lei 13/2008, do 3 de decembro.
c) Referirse a un ou varios das accións previstas no número 2 e procurar que se adapten ás necesidades específicas do concreto colectivo a que se dirixan.
d) Desenvolver o proxecto formativo entre o 1 de xullo de 2019 e o 30 de xuño de 2020.
e) A contía máxima concedida por proxecto formativo, que poderá cubrir ata o 100 % do custo do programa, será de 60.000,00 euros. Para obter o importe máximo, deberá acadarse un mínimo de 30 participantes e cumprir as ratios mínimas establecidas no número 2. A diminución do número de participantes comporta unha redución proporcional da contía máxima da subvención.
f) Dentro da mesma solicitude só se poderá solicitar axuda para un proxecto. En caso de varios proxectos, presentaranse tantas solicitudes como proxectos se presenten.
g) A entidade solicitante deberá achegar, no anexo III, información xeral dos proxectos, os criterios elixidos para a selección das persoas beneficiarias da convocatoria publicitada para o efecto, do detalle das solicitudes recibidas e do baremo empregado para a selección, se é o caso. Entre os criterios de selección de persoas participantes deberán incluírse aqueles que procuren incrementar a participación das mulleres con discapacidade en Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade
Subdirección Xeral de Recursos e Equipamentos de Apoio á Discapacidade
Servizo de Contratación e Xestión Económica
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546987
Fax: 981545663
Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade
Orde do 3 de xuño de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións destinadas a confederacións, federacións e ás entidades de iniciativa social non asociadas nin federadas, sen ánimo de lucro, para o desenvolvemento de proxectos de asesoramento e formación de persoas con discapacidade na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciada polo Fondo Social Europeo, no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para os anos 2019 e 2020 (DOG nº 111 do 13 de xuño de 2019).
Extracto da Orde do 3 de xuño de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións destinadas a confederacións, federacións e ás entidades de iniciativa social non asociadas nin federadas, sen ánimo de lucro, para o desenvolvemento de proxectos de asesoramento e formación de persoas con discapacidade na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para os anos 2019 e 2020 (DOG nº 111 do 13 de xuño de 2019).
Resolución do 14 de outubro de 2019, da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, pola que se publica a Resolución do 8 de outubro de 2019 pola que se finaliza o procedemento BS614A de concesión de subvencións destinadas a confederacións, federacións e a entidades de iniciativa social non asociadas nin federadas, sen ánimo de lucro, para o desenvolvemento de proxectos de asesoramento e formación de persoas con discapacidade na Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2019 e 2020, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020 (DOG nº 206 do 29 de outubro de 2019).
Prazo de presentación: PECHADO
14/06/2019 00:00 - 15/07/2019 23:59
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
-
As solicitudes (anexo I) presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal
Estes formularios só terán validez se están debidamente asinados polo/a representante legal das entidades ou agrupacións correspondentes ou persoa debidamente acreditada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que se realizase a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365: https://sede.xunta.gal/chave365
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento .
-
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
-
a) Documentación acreditativa da representatividade para actuar en nome do solicitante, para o caso de que esta se lle atribúa a unha persoa distinta da designada no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais, salvo que se presentase con anterioridade e non exista variación.
-
b) Acreditación documental suficiente da experiencia da entidade ou agrupación na realización e desenvolvemento de proxectos de atención dirixidos a persoas que cumpran os requirimentos para resultar beneficiarias das accións previstas nesta orde. Entenderase como experiencia suficiente para o caso de organismos oficiais, os certificados expedidos por estes. No caso de servizos privados, basta coa declaración contida no anexo I.
-
c) Para o caso das entidades de segundo nivel asociativo (federacións, confederacións...), certificación orixinal da/do secretaria/o, conformada pola persoa que asine a solicitude, acreditativa das asociacións e federacións integradas, que especifique respecto de cada unha delas a denominación, o NIF e o número de socias e socios.
-
d) Para o caso de agrupación de entidades, acordo regulador da agrupación asinado polos representantes de cada unha das entidades da agrupación, que lle outorgue á promotora a autorización para presentar a solicitude de axuda no seu nome e exercer as facultades de representación fronte á Administración. Neste documento contractual atoparanse incluídos os compromisos e deberes que asume cada entidade e conterá os requirimentos mínimos estipulados no artigo 2.3.
-
e) Anexo II: memoria da entidade ou agrupación solicitante.
-
f) Anexo III: información xeral dos proxectos da entidade ou agrupación solicitante e detalle destes, que deberán conter a información sobre estimación de persoas participantes así como o resto de epígrafes sinaladas neste anexo.
-
g) Certificación do persoal referido no anexo III, de acordo co modelo publicado na páxina web da Consellería de Política Social, emitida polo órgano responsable da entidade ou agrupación, asinada por este e pola persoa traballadora por conta propia que realizará actuacións, servizos ou funcións, segundo o previsto no artigo 4.2, en que figure a asignación das ditas funcións durante o período subvencionable, de ser o caso.
-
h) De ser o caso, compromiso de subcontratación, que deberá incluír o detalle da parte do proxecto que se prevé subcontratar e a motivación da súa necesidade, para os efectos da autorización referida no artigo 6.2. Esta autorización outorgarase no prazo de quince días desde a data de entrada da solicitude na sede electrónica; entenderase outorgada se transcorre o devandito prazo sen notificarse a súa autorización.
-
-
A documentación complementaria deberá presentarase electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.
-
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos presentados de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
-
Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
-
Comprobación de datos .
1. De conformidade coa normativa de protección de datos, para a tramitación deste procedemento consultaranse os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
-
a) NIF da entidade solicitante.
-
b) DNI ou NIE da persoa representante.
-
c) Certificación expedida pola Axencia Estatal de Administración Tributaria, de atoparse ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias.
-
d) Certificación expedida pola Tesouraría da Seguridade Social, de atoparse ao día no cumprimento das súas obrigas coa Seguridade Social.
-
e) Certificación expedida pola Axencia Tributaria de Galicia, de non ter contraída ningunha débeda de natureza tributaria coa Facenda Pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
-
f) Certificado de discapacidade, no relativo ás persoas participantes nos proxectos.
-
g) Certificado de residencia con data da última variación padroal, no relativo ás persoas participantes nos proxectos.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario (anexo I ou VII, segundo o caso) e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
-
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento, con posterioridade á presentación da solicitude, deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución: Catro meses
Sentido do silencio: Negativo
Máis información
Consulte como responder a unha emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Outras convocatorias ou publicacións
Procedementos e servizos relacionados
Recoñecemento do grao de discapacidade.
Expedición da tarxeta acreditativa do grao de discapacidade (nova tarxeta)