Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
CT221C
Subvencións para o libro galego no que se refire á tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego e á tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas, así como para a súa edición.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regularán o procedemento de concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a aquelas persoas físicas ou xurídicas que acrediten a condición de editoras, de acordo co establecido na presente orde (código do procedemento CT221C).
As axudas van dirixidas á produción editorial para apoiar o libro galego no que se refire á tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego e á tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas. Tamén se subvenciona a edición dos libros traducidos ao abeiro desta orde, co financiamento dos gastos de edición, tales como os de deseño e maquetación, preimpresión, impresión e manipulación.
2. Así mesmo, ten por obxecto convocar a dita subvención para o ano 2018.
Poderán ser beneficiarias das subvencións establecidas para a tradución e a edición aquelas persoas físicas ou xurídicas que acrediten a súa condición de editoras de acordo co establecido na presente orde.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Dirección Xeral de Cultura
Subdirección Xeral de Bibliotecas e do Libro
Servizo do Libro e Publicacións
Cidade da Cultura. Monte Gaiás, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544810 / 981545804
Fax: 881995141
Email: secretaria.xeral.cultura@xunta.es
Prazo de presentación: PECHADO
22/12/2017 00:00 - 22/01/2018 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
- Non poden beneficiarse das axudas recollidas nesta orde aqueles solicitantes que se atopen nos supostos previstos nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
- Quedan excluídos expresamente das subvencións reguladas na presente orde os proxectos de tradución de obras que fosen obxecto de subvención nalgunha das dúas últimas convocatorias e que non chegasen a materializarse, excepto que fose debido a causa de forza maior allea á vontade da editorial solicitante.
Coa solicitude deberase achegar a seguinte documentación:
A. Documentación de carácter xeral. Esta documentación só se presentará unha vez no caso de varias solicitudes da mesma editorial:
De ser o caso, documentación acreditativa da representación da persoa que actúe no nome da editorial solicitante, tanto que sexa persoa física como xurídica. A representación deberá acreditarse a través do modelo normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou por calquera outro medio válido en dereito. O modelo normalizado pódese descargar na seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/modelos-normalizados.
Copia do último recibo do imposto de actividades económicas, certificado de exención, no caso de proceder, ou declaración xurada de tal exención.
O catálogo actualizado da produción realizada pola editorial ou indicación da páxina web onde se poida consultar.
B. Documentación específica referida ás obras que se pretende traducir:
Calendario de investimentos para desenvolver cada proxecto editorial.
Modelo de contrato que a editorial asinaría coa persoa tradutora da obra, conforme o establecido na Lei de propiedade intelectual, no cal debe constar o importe da tradución.
No caso de que a editorial conte cun equipo propio de tradución, certificación que acredite que a persoa responsable da tradución está incluída no seu cadro de persoal, nunha categoría que a habilite para o exercicio de tal labor.
Un exemplar completo da obra para a cal se solicite a axuda. Este documento deberá presentarse en soporte papel tal e como se recolle no artigo 8, número 7.
Xustificante de ter os dereitos precisos para a publicación da obra.
Plan de distribución previsto, baseado na realidade da editorial ou, se for o caso, con xustificación das expectativas.
Nas publicacións electrónicas, bastará con que se acredite que o libro poderá adquirirse a través da páxina web da editorial ou dalgunha plataforma de venda accesible no país de destino.
Currículo da persoa tradutora, con indicación dos proxectos en que acredita a participación, número de obras traducidas, premios...
Breve referencia do interese do proxecto para a oferta bibliográfica actual.
C. Documentación para editoriais de fóra de España.
As editoriais solicitantes de fóra de España, xa sexan persoas físicas ou xurídicas, deberán acreditar os mesmos aspectos que as editoriais españolas e para iso deberán achegar a documentación equivalente de acordo coa lexislación vixente no seu país, tanto a prevista no artigo 7 como aquela prevista no artigo 9 desta orde, que non se poida comprobar, da presente orde.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) Documento nacional de identidade ou, se é o caso, número de identidade de estranxeiro da persoa solicitante, se a editorial solicitante é unha persoa física.
b) Documento nacional de identidade ou, se é o caso, número de identidade de estranxeiro da persoa representante da editorial solicitante, tanto sexa persoa física como xurídica.
c) Número de identificación fiscal (NIF) da editorial, cando sexa persoa xurídica.
d) Alta no imposto de actividades económicas referido á epígrafe correspondente á edición de libros.
e) Certificacións da Axencia Estatal da Administración Tributaria, da Tesouraría Xeral da Seguridade Social e da consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia acreditativas do cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e de non ter pendente ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. As editoriais de fóra de España que non dispoñan da documentación prevista no parágrafo anterior deberán achegar a súa equivalente, de acordo coa lexislación do seu país de orixe, dado que automaticamente non se pode comprobar.
3. Cando as persoas interesadas se opoñan a estas consultas deberán facelo constar nos correspondentes cadros habilitados para tal efecto na solicitude e, ao mesmo tempo, achegar os documentos oportunos.
4. No caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), segundo o modelo que se incorpora como anexo I.
A presentación electrónica será obrigatoria para as editoriais que sexan persoas xurídicas e para os seus representantes, de acordo co establecido no artigo 14.2.a) e d) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. No caso de que presenten as súas solicitudes presencialmente, requiriranse para que as emenden a través da súa presentación electrónica. Nestes casos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
As editoriais que sexan persoas físicas tamén poderán presentar as súas solicitudes en formato papel por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
As editoriais de fóra de España que teñan dificultades para presentar as súas solicitudes poderán presentalas presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, en tanto non se desenvolva unha plataforma específica para tal fin. Para os efectos da comprobación da presentación en prazo desta documentación, considérase presentada na data en que tiver entrada no rexistro dalgún organismo oficial.
Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo foron presentados. Presumirase que o acceso a estes documentos é autorizado polas editoriais, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirir a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos contidos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
A documentación que se achegue coa solicitude debe vir obrigatoriamente nunha das dúas linguas oficiais de Galicia ou, noutro caso, acompañada da súa correspondente tradución, certificada pola editorial solicitante, que será responsable da veracidade da tradución.
A Secretaría Xeral de Cultura poderá pedir ás persoas solicitantes que acheguen a documentación complementaria ou orixinais que considere necesarios para acreditar os datos que figuren na solicitude, incluídos albarás, facturas, certificados de tiraxe e de distribución, etc.
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 22 de novembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o libro galego, no que se refire á tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego e á tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas, así como para a súa edición, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (DOG nº 241 do 21 de decembro de 2017).
-
Resolución do 21 de xuño de 2018 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 22 de novembro de 2017 (Diario Oficial de Galicia número 241, do 21 de decembro de 2017), pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o libro galego, no que se refire á tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego e á tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas, así como para a súa edición (DOG nº 131 do 10 de xullo de 2018).
-
Corrección de erros. Resolución do 21 de xuño de 2018 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 22 de novembro de 2017 (Diario Oficial de Galicia número 241, do 21 de decembro), pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o libro galego, no que se refire á tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego e á tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas, así como para a súa edición (DOG nº 137 do 18 de xullo de 2018).
-
Outros procedementos relacionados
Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Aberto todo o ano
Subvencións para a participación de persoas escritoras, ilustradoras, tradutoras e editoras nas actividades realizadas no sector do libro
Prazo pechado: 26/01/2026 09:00 - 26/02/2026 20:00
Subvencións para o libro galego, dirixidas á tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego.
Prazo pechado: 27/03/2025 00:00 - 30/04/2025 23:59
Residencias de creación literaria Illa de San Simón.
Prazo pechado: 08/08/2023 00:00 - 07/09/2023 23:59