Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
CT221F
Residencias de creación literaria Illa de San Simón.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
A concesión dun máximo de 12 prazas para a realización de residencias creativas de carácter literario para desenvolver na Residencia de creación literaria Illa de San Simón, así como fornecer unhas condicións favorables para o proceso de creación nun contexto de traballo de características adecuadas.
Persoas físicas individuais, maiores de 18 anos, que interveñan no proceso de creación do libro, nos correspondentes labores de escritura, tradución, deseño gráfico e ilustración, segundo establece o artigo 5.1 da Lei 17/2006, do 27 de decembro, do libro e da lectura de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Dirección Xeral de Cultura
Subdirección Xeral de Bibliotecas e do Libro
Cidade da Cultura. Monte Gaiás, s/n
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981-544886
Email: subdireccion.bibliotecas@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
08/08/2023 00:00 - 07/09/2023 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Para estes efectos, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o derradeiro día do mes.
1. As persoas solicitantes acreditarán a súa traxectoria creativa mediante a presentación do seu currículo.
2. Cada participante poderá presentar unha única solicitude e non poderá optar a máis dunha estadía por solicitude.
3. As persoas solicitantes deberán presentar un proxecto de creación para que a súa solicitude sexa tida en conta.
O proxecto non excederá as 10 páxinas e deberá incluír:
– Título e texto explicativo do proxecto de creación literaria que desenvolverá na residencia, xénero de creación, idioma da obra, etc.
– Currículo resumido da/do creadora/or.
– Expediente artístico. Os/as creadores/as poderán achegar información sobre outros traballos.
– Carta de motivación.
– Obxectivos que agarda acadar.
4. As persoas beneficiarias da residencia deberán garantir as seguintes características nas obras resultantes da estadía en réxime de residencia:
a) Idioma. As obras resultantes das estadías en réxime de residencia obxecto desta convocatoria deberán estar correctamente realizadas en galego, segundo o disposto na lexislación vixente (disposición adicional da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, e nas Normas ortográficas e morfolóxicas aprobadas pola Real Academia Galega.
b) Propiedade intelectual. As persoas participantes responderán da orixinalidade e autoría dos proxectos obxecto desta convocatoria, debendo garantir que teñen lexitimamente todos os dereitos de propiedade intelectual sobre estes e, neste senso, garanten o uso pacífico por parte das entidades organizadoras eximíndoas de calquera responsabilidade por danos e perdas que, directa ou indirectamente, o incumprimento pola súa parte desta garantía puider ocasionar.
c) Difusión da actividade desenvolvida durante os períodos de residencia. As persoas creadoras beneficiarias comprométense a mencionar que parte do desenvolvemento da obra tivo lugar durante o período de residencia na Illa de San Simón posta en marcha pola Xunta de Galicia en todas as accións de difusión ou edición desta que teñan lugar con posterioridade ao seu desfrute.
5. Persoas excluídas:
a) Non poden beneficiarse das prazas da residencia de creación literaria recollidas nesta resolución aquelas persoas solicitantes que se encontren nos supostos previstos no número 2 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
b) Aquelas persoas que se atopen sancionadas administrativa ou penalmente coa perda da posibilidade de obtención de subvencións públicas, ou incorran en prohibición legal algunha que a inhabilite para iso, con inclusión das que se producisen por discriminación de sexo de conformidade co disposto na disposición derradeira sexta da Lei 4/2005, do 18 de febreiro, para a igualdade de mulleres e homes.
Solicitudes
1. As persoas que desexen participar nesta convocatoria deberán presentar unha única solicitude acompañada do proxecto de creación segundo estipula o punto 1 da base cuarta (4.1).
2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, segundo o modelo que se incorpora como solicitude. Anexo I.
As persoas físicas potencialmente beneficiarias da Residencia de creación literaria Illa de San Simón pertencen a colectivos de creación do sector do libro e a lectura cuxa formación e capacidade técnica permite concluír que teñen acceso e dispoñibilidade dos medios electrónicos necesarios para relacionarse por este medio co sector público autonómico.
3. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
4. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) De ser o caso, documentación acreditativa da representación da persoa que actúe no nome da persoa solicitante. A representación deberá acreditarse a través do modelo normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou por calquera outro medio válido en dereito. O modelo normalizado pódese descargar na seguinte ligazón https://sede.xunta.gal/modelos-normalizados
b) Proxecto de creación segundo o estipulado no punto 1 da base cuarta (4.1) desta convocatoria.
c) De ser o caso, compromiso de edición da obra resultante do proxecto presentado por parte dunha editora legalmente constituída.
2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada a calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recabados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
4. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
– DNI da persoa solicitante.
– DNI da persoa representante.
– NIF da entidade representante, de ser o caso.
– Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social, de ser o caso.
– Certificado de estar ao día no pagamento de débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
– Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT).
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 21 de xullo de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras e a convocatoria de prazas na Residencia de creación literaria Illa de San Simón 2023 (DOG nº 149 do 7 de agosto de 2023).
-
Extracto da Resolución do 21 de xullo de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras e a convocatoria de prazas na Residencia de creación literaria Illa de San Simón 2023 (DOG nº 149 do 7 de agosto de 2023).
-
Outros procedementos relacionados
Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .
Aberto todo o ano
Autorización de actuación arqueolóxica.
Aberto todo o ano
Proposta de avaliación de documentos
Aberto todo o ano
Proposta de eliminación de documentos
Aberto todo o ano