Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PE155C
Axudas destinadas a plans de produción e comercialización de organizacións de produtores pesqueiros e de asociacións de organizacións de produtores pesqueiros.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería do Mar
Este procedemento únicamente pode ser iniciado utilizando Internet Explorer.
Disculpe as molestias que poida ocasionarlle.
2. Por outra banda, tamén é obxecto desta orde convocar as axudas para o ano 2017 dos plans de produción e comercialización correspondentes ao ano 2016.
3. As actuacións obxecto de axuda enmárcanse no programa operativo do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca para España, dentro da prioridade 5 do artigo 6 do Regulamento (UE) núm. 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio, relativo ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e polo que se derrogan os regulamentos (CE) núm. 2328/2003, (CE) núm. 861/2006, (CE) núm. 1198/2006 e (CE) núm. 791/2007 do Consello, e o Regulamento (UE) núm. 1255/2011 do Parlamento Europeo e do Consello.
Investimentos obxecto de subvención e gastos subvencionables.
1. Os investimentos relativos á preparación e aplicación dos plans de produción e comercialización das organizacións de produtores pesqueiros e das asociacións de organizacións de produtores pesqueiros poderán ser obxecto de subvención.
2. Serán elixibles todas as actuacións iniciadas desde o 1 de xaneiro de 2016.
3. Serán elixibles todas as actuacións que se axustan ao establecido no anexo «Gastos» desta orde, sen prexuízo do cumprimento do resto dos requisitos que estableza a normativa nacional e comunitaria.
4. Os gastos subvencionables deberon realizarse dentro do prazo conferido para a preparación e aplicación do plan de produción e comercialización, aprobado mediante resolución do órgano competente na materia.
5. Os gastos subvencionables serán aqueles directamente relacionados coa preparación e aplicación do plan de produción e comercialización, aprobado mediante resolución do órgano competente na materia:
a) No caso de que os gastos estivesen directamente relacionados coa preparación do plan de produción e comercialización, indicaranse os custos dos estudos preliminares e de definición e elaboración. Este concepto non poderá ser superior ao 5 % dos gastos finalmente elixibles tras a presentación do informe anual, cun máximo de 6.000 euros. Estes gastos deberán terse producido antes do 31 de outubro do ano inmediatamente anterior ao plan que se vai executar.
b) No caso de que os gastos estivesen directamente relacionados coa aplicación dos plans de produción e comercialización, cando as medidas teñan custo económico, serán subvencionables en cada medida tanto as actividades do titular do proxecto como as actividades de xestión do proxecto.
6. Sen prexuízo do establecido no anexo «Gastos» da presente convocatoria, serán subvencionables, de xeito xeral, os seguintes gastos:
a) Os gastos derivados da contratación de empresas externas ou profesionais independentes para a preparación ou realización dalgunha ou algunhas das medidas incluídas no plan de produción e comercialización.
b) Gastos de persoal propio, xa sexa de estrutura ou contratado para unha medida concreta do plan de produción e comercialización, incluídos aqueles custos indirectos segundo establecen os artigos 67 e 68 do Regulamento (UE) núm. 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro.
c) Gastos derivados de convenios de colaboración con organismos científicos e outras entidades, que deberán formalizarse por escrito e recollerán o seu obxecto, os traballos que se van realizar, o tempo de execución e o orzamento, debidamente desagregado por capítulos.
d) Obras, adquisicións de bens e subministracións correspondentes a medidas previamente aprobadas no plan de produción e comercialización.
e) Gastos de desprazamentos, aloxamento e manutención para a asistencia a feiras, congresos, cursos, reunións, xornadas ou eventos semellantes en medidas aprobadas no plan de produción e comercialización.
Gastos non subvencionables.
1. Non serán subvencionables os seguintes gastos:
a) As retribucións ou salarios nin as axudas de custo e gastos de desprazamento de persoal contratado pola organización, ou de membros da organización, cando realicen tarefas relacionadas co funcionamento e xestión da organización.
b) As retribucións ou salarios dos membros da organización, nos desprazamentos por tarefas relacionadas co plan de produción e comercialización, derivados de desprazamentos, aloxamento e manutención para a asistencia a feiras, congresos, cursos, reunións, xornadas ou eventos semellantes.
c) O arrendamento, reparación, mantemento e conservación das infraestruturas e equipamentos, así como os abastecementos necesarios para o funcionamento normal das instalacións da organización profesional (auga, gas, electricidade, combustibles, etc.), sen prexuízo da súa posible elixibilidade como custos indirectos en aplicación do disposto no anexo «Gastos» desta orde.
d) O material de oficina e os servizos telefónicos, postais e telegráficos, así como calquera outro tipo de comunicación e, en xeral, os gastos destinados ao funcionamento administrativo da organización de produtores.
e) A adquisición ou aluguer de vehículos necesarios para o funcionamento normal da organización de produtores.
f) O IVE, excepto o IVE non recuperable cando sexa custeado de forma efectiva e definitiva por beneficiarios distintos das persoas que non sexan suxeitos pasivos ao cal se refire o artigo 13, número 1 da Directiva 2006/112/CE do Consello, do 28 de novembro de 2006, relativa ao sistema común do imposto sobre o valor engadido.
g) O resto dos impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación e os impostos persoais ou sobre a renda.
h) Ademais, non serán subvencionables os seguintes gastos:
- Xuros de débeda, coa excepción de subvencións concedidas en forma de bonificacións de xuros ou subvencións de comisións de garantía.
- Adquisición de terreos.
- As compras de materiais e equipamentos usados.
- A parte do custo dos elementos de transporte que non formen parte estrutural da operación.
- De xeito xeral, os gastos orixinados por unha mera reposición de elementos existentes, coa excepción de que a nova adquisición corresponda a investimentos distintos aos anteriores, ben pola tecnoloxía empregada ben polo seu rendemento.
2. A elixibilidade da operación basearase nos criterios de selección sinalados no artigo 113.a) do Regulamento (UE) núm. 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio de 2014, relativo ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, aprobados polo comité de seguimento, e que, segundo se indica na citada norma, serán revisados de conformidade coas necesidades de programación.
Os beneficiarios destas axudas están obrigados a:
a) Executar, dentro do prazo conferido, as actuacións obxecto da subvención para a preparación e aplicación dos plans de produción e comercialización, aprobados mediante resolución do órgano competente na materia.
b) Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará o órgano concedente ou calquera outra comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos de control competente, tanto nacionais como comunitarios, e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
c) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos durante un mínimo de cinco anos desde a percepción da data contable do último pagamento, para os efectos de comprobación e control. Cando proceda, deberá dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos exixidos na lexislación aplicable aos beneficiarios.
d) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable específico en relación con todas as transaccións relacionadas coa subvención que permita seguir a pista de auditoría.
e) Comunicar á Consellería do Mar a obtención doutras subvencións e axudas para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou ente, tanto público como privado.
f) Comunicar á Consellería do Mar calquera circunstancia que poida afectar substancialmente a execución dos fins para os cales foi concedida a axuda.
g) Dar a adecuada publicidade ao carácter público do financiamento do investimento realizado, con expresa mención á participación do Fondo Europeo e Marítimo de Pesca, nos termos regulamentariamente establecidos.
h) Axustar o custo de adquisición dos investimentos subvencionables ao valor de mercado.
i) Durante os cinco anos seguintes ao pagamento final ao beneficiario, este non poderá ter cometido unha infracción grave da PPC nin do Regulamento (UE) núm. 1005/2008 do Consello, polo que se establece un sistema contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada e do Regulamento (UE) núm. 1224/2009 do Consello, polo que se establece un réxime comunitario de control, nin ter sido declarado culpable de cometer fraude.
j) Se o investimento comporta a xeración de residuos, deberanse cumprir as condicións sinaladas para cada tipo de residuo na normativa sectorial.
k) Indicar no momento da solicitude o valor da produción en primeira venda en euros e toneladas correspondentes ao ano 2016, seguindo o modelo incluído no anexo VII de indicadores do proxecto.
Así mesmo, unha vez pagada a axuda, deberán proporcionar ao Servizo de Mercados da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Consellería do Mar o valor da produción en primeira venda, en euros e toneladas, correspondentes ao ano 2017.
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica
Subdirección Xeral de Valorización dos Produtos do Mar
Servizo de Mercados
Edificio San Caetano s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546261
Fax: 981546288
Email: sxmar.cmrm@xunta.es
Prazo de presentación: PECHADO
24/02/2017 00:00 - 23/03/2017 23:59
Un mes, contado a partir do día seguinte á publicación da corrección de erros da orde do 31 de decembro de 2016 no Diario Oficial de Galicia.
Os beneficiarios das axudas reguladas pola presente orde estarán suxeitos aos seguintes requisitos:
a) Non ter pendente de pagamento ningunha obriga por reintegro de subvencións nin sanción firme pendente de pagamento por infracción da normativa marítimo-pesqueira.
b) Non concorrer nalgunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
c) Non ter cometido infracción grave:
- Da política pesqueira común definida como tal en actos lexislativos do Parlamento Europeo e do Consello;
- Do Regulamento (UE) núm. 1005/2008 do Consello, polo que se establece un sistema contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada, e do Regulamento (UE) núm. 1224/2009 do Consello polo que se establece un réxime comunitario de control, durante os 12 meses anteriores á data da presentación de solicitudes, se o operador ten nove puntos de infracción polas infraccións graves segundo o Regulamento (UE) núm. 404/2011. Cada punto de infracción acumulado que se engada aos nove puntos de infracción polas infraccións graves segundo o Regulamento (UE) núm. 404/2011 suporá un mes adicional de inadmisibilidade da axuda por punto acumulado.
d) No marco do FEP ou FEMP, non ter sido declarado culpable de cometer fraude, segundo a definición do artigo 1 do Convenio relativo á protección dos intereses financeiros das Comunidades Europeas (DOUE serie C 316 do 27.11.1995).
e) Non estar nin ter estado nos últimos 24 meses involucrado na explotación, xestión ou propiedade dos buques incluídos na lista comunitaria dos buques INDNR (pesca ilegal non declarada e non regulamentada) ou de buques que nin estean nin estivesen nos últimos 12 meses enarborando o pavillón de países considerados terceiros países non cooperantes ao abeiro do Regulamento (CE) núm. 1005/2008 do Consello, do 29 de setembro, polo que se establece un sistema comunitario para previr, desalentar e eliminar a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada.
f) Non ter cometido ningún dos delitos establecidos nos artigos 3 e 4 da Directiva 2008/99/CE, con carácter xeral serán inadmisibles as solicitudes presentadas por un operador que cometese un dos delitos mencionados no artigo 3 durante un período de 12 ou 24 meses en función de se foi cometido por neglixencia grave ou con dolo. No caso de delitos mencionados no artigo 4 da citada directiva, o período de inadmisibilidade será, con carácter xeral, de 24 meses.
g) Acreditar, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión, que está ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias, fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
Requisitos específicos dos beneficiarios:
Sen prexuízo do anterior, o beneficiario deberá cumprir os seguintes requisitos:
a) Ter aprobados os seus plans de produción e comercialización correspondentes ao ano 2016, en cumprimento dos obxectivos da OCM establecidos nos artigos 3 e 7 do Regulamento (UE) núm. 1379/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro, e de acordo ao artigo 14 do Real decreto 277/2016, do 24 de xuño.
b) Así mesmo, deberán ter aprobado o informe anual correspondente ao exercicio do plan de produción e comercialización indicado na alínea anterior, de acordo co artigo 28, número 5 do Regulamento (UE) núm. 1379/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro, e co artigo 15 do Real decreto 277/2016, do 24 de xuño.
c) As medidas aprobadas no plan de produción e comercialización e posteriormente executadas e xustificadas no informe anual deberán contar coa calidade técnica necesaria. O órgano xestor poderá solicitar un informe a outros organismos públicos para que avalíen se os traballos se axustan aos tempos e orzamentos presentados no informe anual.
No caso de detectar traballos plaxiados ou de calidade insuficiente que derive de informes segundo o disposto no parágrafo anterior, a comisión de selección establecida no artigo 17 indicará que a devandita medida non é elixible.
a) Anexo I, de solicitude de axuda.
b) Anexo II, declaracións responsables, no cal figurarán as seguintes declaracións:
i. Declaración responsable do interesado de non ser debedor por resolución de procedencia de reintegro polas causas recollidas no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
ii. Declaración responsable de non ter sido sancionado coa imposibilidade de obtención de prestamos, subvencións ou axudas públicas, de acordo co previsto no título V, artigo 105.1 letra i) da Lei 3/2001, do 26 de marzo, de pesca marítima do Estado, e, se for o caso, pola normativa das comunidades autónomas.
iii. Declaración responsable da acreditación do valor e volume de produción das organizacións de produtores e as súas asociacións para un período determinado.
c) Anexo III, formulario de investimentos por medida.
d) Anexo IV, declaración responsable de realización dos investimentos.
e) Anexo V, relación de xustificantes.
f) Anexo VI, explicación das diferenzas entre os investimentos previstos e os realizados.
g) Anexo VII, indicadores do proxecto.
h) Anexo VIII, declaración responsable de empresas vinculadas.
A documentación complementaria de solicitude está formada por:
a) Copia do NIF da organización profesional solicitante, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.
b) Copia da escritura de constitución e estatutos da sociedade, así como as modificacións ulteriores debidamente inscritas no rexistro correspondente.
c) Poder suficiente da persoa representante no caso de que tal poder non figure nos estatutos.
d) Copia do DNI da persoa representante legal só no caso de denegar expresamente a súa consulta.
e) Certificado actualizado da declaración censual de alta en obrigas tributarias.
f) Cando o importe do gasto unitario supere a contía de 50.000 euros no caso de execución de obras, ou de 18.000 euros no caso de subministración de bens ou prestacións de servizos, o beneficiario deberá achegar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores. A elección entre as ofertas presentadas realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa. Exceptúase a presentación das tres ofertas no caso de tratarse de plans de produción e comercialización correspondentes ao ano 2016.
g) Certificacións emitidas polos organismos competentes acreditativas de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, só no caso de que a entidade solicitante denegue expresamente a súa consulta.
h) Declaración doutras axudas solicitadas (incluíndo prestamos subvencionados), concedidas ou que se pretendan solicitar a calquera outra Administración pública, destinadas a subvencionar total ou parcialmente o proxecto para o cal se solicita a subvención. Esta declaración está incluída no anexo I na parte: «A organización/asociación solicitante ou a persoa representante declara». Deberá achegarse a resolución da axuda no caso de axudas doutras administracións distintas da Xunta de Galicia, de ser o caso.
i) Informe acreditativo de non ter pendente de pagamento ningunha obriga por reintegro de subvencións emitido pola Consellería de Facenda (Atriga), só no caso de denegar expresamente a súa consulta.
j) Informe acreditativo de non ter sanción firme pendente de pagamento por infracción da normativa marítimo-pesqueira emitido pola unidade de sancións e reclamacións da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.
k) Informe acreditativo de non estar en concurso de acredores (artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia) obtido a traves do rexistro público concursal do Ministerio de Xustiza, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.
l) Informe acreditativo de non ter cometido infracción grave da política pesqueira común, do Regulamento (UE) núm. 1005/2008 do Consello, polo que se establece un sistema contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada, e do Regulamento (UE) núm. 1224/2009 do Consello, polo que se establece un rexime comunitario de control emitido polo Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.
m) Informe acreditativo de non ter sido declarado culpable de cometer fraude, no marco do FEP ou FEMP, obtido a traves da base de datos do Ministerio de Xustiza e do sistema nacional de publicación de subvencións do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.
n) Informe acreditativo de non estar nin ter estado nos últimos 24 meses involucrado na explotación, xestión ou propiedade dos buques incluídos na lista comunitaria dos buques INDNR obtido a traves da base de datos do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.
ñ) Informe acreditativo de non ter cometido ningún dos delitos establecidos nos artigos 3 e 4 da Directiva 2008/99/CE, obtido a traves da base de datos do Ministerio de Xustiza e do sistema nacional de publicación de subvencións do Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.
Asemade, as solicitudes presentaranse acompañadas da seguinte documentación complementaria de xustificación, que estará formada por:
a) Relación de xustificantes, seguindo o modelo incluído no anexo V, no cal virán relacionados e clasificados por medida os investimentos da actividade, con identificación do provedor, número da factura, o seu importe, data de emisión e data de pagamento.
b) Xustificantes dos investimentos efectuados que consistirán, de forma xeral, nas facturas, contratos (de obra ou de servizo) e nóminas orixinais detalladas ao máximo posible. As facturas orixinais que se entreguen ao beneficiario serán marcadas cun selo no cal se indique o financiamento do FEMP.
c) Certificacións bancarias correspondentes aos pagamentos efectuados. Só se admitirán pagamentos por transferencia bancaria. Estas transferencias bancarias só se poderán ordenar como pagamento dunha ou varias facturas. As certificacións bancarias identificarán a factura ou facturas pagadas e os seus importes.
d) Documento coa descrición de funcións desenvolvidas do posto de traballo e relacionadas coas tarefas que se van desenvolver nas medidas que se inclúan nos plans de produción e comercialización.
e) Rexistro horario en que se inclúa o número de horas dedicadas á medida, polo persoal que corresponda.
f) Xustificante do pagamento das correspondentes cargas sociais e retencións fiscais. Para iso, comprobaranse os documentos TC1 (modelo para a liquidación das cotas de rexime xeral), TC2 (relación nominal de traballadores coas súas bases de cotización) e modelo 110 (retencións e ingresos á conta do IRPF de carácter trimestral).
g) Xustificante do pagamento da nómina.
A presentación das solicitudes realizarase por medios electrónicos a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) de conformidade co establecido nos artigos 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
A documentación complementaria presentarase electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 28 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan autenticas.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que vai presentar de forma electrónica parte a persoa solicitante ou representante, supere os tamaños límite establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
A traves da carpeta do cidadán dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, os interesados poderán relacionarse electronicamente coa Administración competente e realizar os trámites necesarios para a tramitación do procedemento, consultar o estado de tramitación e coñecer os actos de trámite realizados con indicación do seu contido, así como da data en que foron ditados.
No prazo de presentación de solicitudes, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia (DOG nº 214 do 5 de novembro de 1999).
-
Corrección de erros.-Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia (DOG nº 218 do 11 de novembro de 1999).
-
Lei 3/2009, do 23 de xuño, pola que se modifica o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro (DOG nº 126 do 30 de xuño de 2009).
-
Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121 do 25 de xuño de 2007).
-
Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 20 do 29 de xaneiro de 2009).
-
Corrección de erros.-Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 61 do 30 de marzo de 2009).
-
Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG nº 30 do 15 de febreiro de 2016).
-
Orde do 31 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria, tramitadas como expediente anticipado de gasto, para o ano 2017, para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a organizacións de produtores pesqueiros e de asociacións de organizacións de produtores pesqueiros do sector dos produtos da pesca e da acuicultura no ámbito exclusivo da Comunidade Autónoma de Galicia, para a preparación e aplicación dos plans de produción e comercialización, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) (DOG nº 17 do 25 de xaneiro de 2017).
-
Corrección de erros da Orde do 31 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria, tramitadas como expediente anticipado de gasto, para o ano 2017, para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a organizacións de produtores pesqueiros e de asociacións de organizacións de produtores pesqueiros do sector dos produtos da pesca e da acuicultura no ámbito exclusivo da Comunidade Autónoma de Galicia, para a preparación e aplicación dos plans de produción e comercialización, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) (DOG nº 38 do 23 de febreiro de 2017).
-
-
Ámbito Europeo
-
Regulamento (UE) nº 1380/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro, sobre Política Pesqueira Común, polo que se modifican os Regulamentos (CE) 1954/2003 e (CE) nº 1224/2009 do Consello, e derróganse os Regulamentos (CE) 2371/2002 e (CE) 639/2004 do Consello e a Decisión 2004/585/CE do Consello.
-
Regulamento (UE) 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e derrógase o Regulamento (CE) 1083/2006 do Consello.
-
Regulamento (UE) 1379/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, de 11 de decembro de 2013 polo que se establece a organización común de mercados no sector dos produtos da pesca e da acuicultura, modifícanse os Regulamentos (CE) 1184/2006 e (CE) 1224/2009 do Consello e derrógase o Regulamento (CE) 104/2000 do Consello.
-
Regulamento (UE) 508/2014, do Parlamento Europeo e do Consello, de 15 de maio de 2014 relativo ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se derrogan os Regulamentos (CE) 2328/2003, (CE) 861/2006, (CE) 1198/2006 e (CE) 791/2007 do Consello.
-
Outros procedementos relacionados
Recoñecemento como organización de produtores pesqueiros (OPP).
Aberto todo o ano
Retirada do recoñecemento como organización de produtores pesqueiros (OPP).
Aberto todo o ano
Permiso de explotación a pé.
Aberto todo o ano
Permiso de explotación para o marisqueo a pé con utilización dunha embarcación auxiliar.
Aberto todo o ano