Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
IG100A - Axudas do Igape destinadas a establecementos comerciais, mercantís e industriais afectados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de outubro de 2017.
Convócanse as axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas establecementos comerciais, mercantís e industriais de Galicia afectados polos incendios, no eido competencial da Consellería de Economía, Emprego e Industria.
As subvenciones reguladas por estas bases teñen por obxecto o outorgamento de axudas específicas para reparar os danos e perdas que, como consecuencia dos incendios acaecidos en outubro de 2017, se ocasionaron en establecementos comerciais, mercantís e industriais, incluídos no ámbito competencial da Consellería de Economía, Emprego e Industria.
Poderán ser beneficiarias das subvencións convocadas as persoas físicas e xurídicas que desenvolvan actividades empresariais e/ou profesionais, incluídas no ámbito competencial desta consellería, en que se produciron danos.
- Para estes efectos, consideraranse os danos causados nas súas edificacións, instalacións, maquinaria, bens de equipamento, vehículos, mobiliario, utensilios e existencias, sempre e cando estean afectos ás devanditas actividades empresariais e/ou profesionais.
- Así mesmo, bonificaranse os tipos de xuro dos préstamos dedicados a financiar a restitución dos danos referenciados no anterior número 1, segundo os requisitos e procedemento establecidos nas resolucións do 14 de xullo de 2017 polas que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a bonificación dos custos do financiamento das pequenas empresas de Galicia, titulares de préstamos superiores a 25.000,00 euros e das microempresas titulares de préstamos inferiores ou iguais a 25.000 euros, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (liña pequenas empresas e liña microempresas) (DOG nº 142, do 27 de xullo de 2017).
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Instituto Galego de Promoción Económica – Igape
Complexo Administrativo de San Lázaro, s/n
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 900815151/ 981541147
Fax: 881995500
Instituto Galego de Promoción Económica – Igape
Decreto 102/2017, do 19 de outubro, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de outubro do ano 2017 (DOG nº 200 do 20 de outubro de 2017).
Orde conxunta do 27 de outubro de 2017 mediante a que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria das axudas previstas polo Decreto 102/2017, do 19 de outubro, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de outubro do ano 2017 (DOG nº 206 do 30 de outubro de 2017).
Orde do 26 de decembro de 2017 pola que se desenvolven determinados aspectos das axudas destinadas á reparación dos danos en establecementos comerciais, mercantís e industriais afectados polos incendios no ámbito da competencia desta consellería (DOG nº 7 do 10 de xaneiro de 2018).
Corrección de erros. Orde do 26 de decembro de 2017 pola que se desenvolven determinados aspectos das axudas destinadas á reparación dos danos en establecementos comerciais, mercantís e industriais afectados polos incendios no ámbito da competencia desta consellería (DOG nº 13 do 18 de xaneiro de 2018).
Orde do 24 de setembro de 2018 pola que se establecen condicións de xustificación e pagamento das axudas destinadas á reparación dos danos en establecementos comerciais, mercantís e industriais afectados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de outubro do ano 2017 no ámbito da competencia desta consellería (DOG nº 186 do 28 de setembro de 2018)
Resolución do 26 de outubro de 2018 pola que se dá publicidade dos beneficiarios das axudas concedidas durante o segundo trimestre de 2018 (DOG nº 212 do 7 de novembro de 2018).
Resolución do 3 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, pola que se dá publicidade das solicitudes de axuda denegadas tramitadas ao abeiro da Orde conxunta do 27 de outubro de 2017, mediante a cal se establecen as bases reguladoras e a convocatoria das axudas previstas polo Decreto 102/2017, do 19 de outubro, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de outubro do ano 2017, dentro das axudas destinadas á reparación dos danos nas explotacións agrícolas e gandeiras polos incendios correspondentes ao ámbito competencial desta consellería (DOG nº 77 do 23 de abril de 2019).
Resolución do 3 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se dá publicidade das solicitudes de axuda denegadas tramitadas ao abeiro da Orde conxunta do 27 de outubro de 2017, mediante a cal se establecen as bases reguladoras e a convocatoria das axudas previstas polo Decreto 102/2017, do 19 de outubro, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de outubro do ano 2017, dentro das axudas destinadas á reparación dos danos nas explotacións agrícolas e gandeiras polos incendios correspondentes ao ámbito competencial desta consellería (DOG nº 77 do 23 de abril de 2019).
Corrección de erros. Resolución do 3 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, pola que se dá publicidade das solicitudes de axuda denegadas tramitadas ao abeiro da Orde conxunta do 27 de outubro de 2017, mediante a cal se establecen as bases reguladoras e a convocatoria das axudas previstas polo Decreto 102/2017, do 19 de outubro, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de outubro do ano 2017, dentro das axudas destinadas á reparación dos danos nas explotacións agrícolas e gandeiras polos incendios correspondentes ao ámbito competencial desta consellería (DOG nº 82 do 30 de abril de 2019).
Prazo de presentación: PECHADO
31/10/2017 00:00 - 30/11/2017 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao de publicación, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
-
Solicitude segundo o Anexo I.
-
Memoria descritiva dos danos causados e do correspondente investimento para a súa reparación, con detalle do orzamento ou facturas pro forma desagregados por partidas e do calendario de execución, acompañada polo proxecto técnico no caso de ser exixido para o tipo de obra ou investimento que se vaia realizar. Non terán a consideración de orzamentos as estimacións de gastos efectuadas polo/a solicitante.
-
Contas anuais correspondentes ao ultimo exercicio pechado, cuxo prazo legal de aprobación estea vencido a data de entrada en vigor da presente orde, depositadas no Rexistro Mercantil ou, no caso de que o solicitante non estea obrigado a formular, aprobar e depositar contas anuais, informe pericial de valoración dos danos asinado por perito colexiado.
-
Inventario detallado do inmobilizado material e das existencias da entidade, asinado polos seus administradores, que dea soporte ao valor neto contable dos elementos contidos nos epígrafes de inmobilizado material e existencias do balance de situación das contas anuais aportadas. No caso de que a empresa conte con mais dun centro de traballo o inventario deberá permitir identificar a localización dos distintos bens.
-
Acreditación da titularidade dos bens afectados, mediante nota rexistral, escritura ou factura.
-
Póliza de aseguramento ou, no seu caso, declaración responsable de que os bens para os cales solicita as axudas non están cubertos polo seguro correspondente.
-
Declaración do conxunto de todas as axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, que se cubrirá no formulario de solicitude.
-
Documentos gráficos en calquera soporte que dean fe do dano.
-
Os tres orzamentos establecidos no artigo 6.4c) da Orde.
-
No caso de persoas xurídicas:
-
Escritura de constitución e dos estatutos debidamente inscritos no rexistro competente e as súas modificacións posteriores.
-
Poder do representante que presenta a solicitude, inscrito, se é o caso, no rexistro competente.
-
-
En xeral:
-
Cando sexa preceptiva, licencia de actividade ou, no seu defecto, xustificación de tela solicitada.
-
-
Comprobación de datos:
-
DNI da persoa representante.
-
NIF da entidade solicitante.
-
Certificado da AEAT de alta no Imposto de actividades económicas (IAE) da entidade solicitante.
-
Certificado de estar ao corrente das obrigas tributarias coa AEAT.
-
Certificado de estar ao corrente de pago coa Seguridade Social.
-
Certificado de estar ao corrente de pago coa Consellería de Facenda.
-
-
Unha vez xerada a solicitude deberá presentarse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario de solicitude normalizado co IDE (anexo I), accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, de acordo co establecido no artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Considérase que todos os solicitantes, ao exerceren unha actividade económica, dispoñen de ferramentas informáticas cun coñecemento básico do seu funcionamento, polo que queda acreditado que teñen acceso e dispoñibilidade aos medios electrónicos necesarios.
-
No caso de presentación da solicitude de xeito presencial, o Igape requirirá o solicitante para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que for realizada a emenda.
-
Os solicitantes por esta vía electrónica deberán reunir os seguintes requisitos:
-
a) Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación legal da empresa ou entidade solicitante. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de xeito que coa súa sinatura abonde para acreditar a vontade do solicitante.
-
b) O asinante deberá posuír un certificado dixital en vigor baixo a norma X.509 V3 válido tal e como especifica a Orde do 25 de novembro de 2004, da Consellería de Economía e Facenda pola que se establecen as normas específicas sobre o uso da sinatura electrónica nas relacións por medios electrónicos, informáticos e telemáticos coa Consellería de Facenda e os seus organismos e entidades adscritas (DOG nº 239, do 10 de decembro de 2004). Os certificados de clase 2 CA emitidos pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda serán válidos para efectos de presentación de solicitudes. Se o certificado corresponde a unha persoa física, a súa representación acreditarase documentalmente ao longo da tramitación do expediente.
-
A presentación ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia admite a sinatura da solicitude por parte dun único solicitante. No caso de que deba ser asinada por máis dun solicitante (por exemplo solicitudes con dous asinantes, representación mancomunada, etc.), deberá necesariamente anexar un documento en que se deixe constancia de que todos os asinantes autorizan a un deles para presentar a solicitude. Este documento realizarase en papel con sinaturas manuscritas e deberá ser escaneado a formato PDF para ser anexado.
Unha vez asinado o formulario de solicitude co IDE, mediante certificación dixital do presentador, e transferido este ao Igape, procederase á anotación dunha entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia.
No momento da presentación o rexistro expedirá, empregando as características da aplicación telemática, un recibo en que quedará constancia do feito da presentación.
Os solicitantes poderán obter en todo momento un xustificante da recepción por parte do Igape dos termos da súa solicitude contidos no formulario. Deberano solicitar no enderezo de correo electrónico informa@igape.es, indicando os 40 caracteres do IDE e o enderezo de correo electrónico en que desexan recibir o xustificante.
-
De acordo co disposto no artigo 28.3 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 20.3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, non será necesario presentar a documentación que xa se atope en poder do Igape, sempre que se manteña vixente e se identifique no formulario de solicitude o procedemento administrativo para o que foi presentada. No suposto de imposibilidade material de obter a documentación ou no caso de que se constate a non validez desta, o órgano competente poderá requirirlle ao solicitante a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento.
De conformidade co artigo 28 da citada Lei 39/2015, os interesados deberán achegar coa solicitude as copias dixitalizadas dos documentos relacionados na base cuarta.6. O solicitante responsabilizarase da veracidade dos documentos que presente. A achega de tales copias implica a autorización para que a Administración acceda e trate a información persoal contida en tales documentos. Excepcionalmente, cando existan dúbidas derivadas da calidade da copia, o Igape poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas polo interesado, para o que poderá requirirse a exhibición do documento orixinal.
Para achegar os documentos en formato electrónico, o solicitante deberá previamente dixitalizar os documentos orixinais e obter arquivos en formato PDF. A aplicación informática permitirá anexar estes arquivos en formato PDF sempre que cada arquivo individual non supere os 4 MB. No caso de que un documento PDF ocupe máis do dito tamaño, deberá xerarse con menor tamaño. Calquera outro formato de arquivo distinto do PDF non será aceptado pola aplicación informática nin será considerado como documentación presentada.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución: O prazo para a resolver e notificar os procedementos iniciados en virtude desta orde rematará o 31 de xaneiro de 2018.
Sentido do silencio: Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Outras convocatorias ou publicacións
Procedementos e servizos relacionados
Adhesión á rede de comercios e mercados no camiño e subvencións para a edición de material.
Axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, ás asociacións de consumidoras da Comunidade Autónoma de Galicia para actividades de sensibilización, formación e divulgación en materia de subministro eléctrico e comercio electrónico seguro.
Reclamación/reclamación e denuncia en materia de consumo.
Recoñecemento e inscrición no rexistro dunha persoa prestamista inmobiliaria, modificación de datos ou baixa.
Axudas destinadas a sufragar os danos sufridos en establecementos comerciais, industriais, turísticos e mercantís, derivados da explosión de material pirotécnico producida en Tui o 23 de maio de 2018.
Inscrición de laboratorios que realicen ensaios de control de produtos alimenticios relacionados co consumo humano.