Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
BS403C - Axudas para a posta en marcha de Casas Niño.
1. Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de axudas para a posta en marcha de experiencias piloto destinadas á atención de nenas e nenos de ata tres anos de idade, mediante o establecemento dunha casa niño, nos núcleos rurais do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia en que non exista ningún outro recurso de atención continuada á infancia de ata tres anos de idade (código de procedemento BS403C).
Para os efectos desta orde considéranse núcleos rurais os concellos de menos de cinco mil habitantes e enténdese por recursos de atención continuada á infancia de ata tres anos de idade as escolas infantís 0-3 dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais, as escolas infantís 0-3 dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, as escolas infantís 0-3 e puntos de atención á infancia (PAI) dependentes das corporacións locais e as escolas infantís 0-3 dependentes das entidades privadas de iniciativa social que reciban axudas da Xunta de Galicia para mantemento do centro. Así mesmo, considerarase que existen estes recursos se están en construción ou previstos nun documento de planificación da Administración autonómica ou local.
2. Así mesmo, por medio desta orde convócanse as ditas axudas para a posta en marcha do proxecto piloto de casas niño durante os anos 2017, 2018, 2019 e 2020.
Accións e gastos subvencionables.
1. Serán subvencionables ao abeiro desta convocatoria os gastos derivados das seguintes actuacións:
a) A reforma e adaptación do inmoble destinado a servir de casa niño así como o seu equipamento e dotación material nos termos previstos no artigo 4.
b) A prestación da atención personalizada de nenos e nenas de 0-3 anos nas condicións previstas no artigo 2.
2. Os gastos previstos na letra a) do punto 1 deste artigo, para seren subvencionables, deberán ser necesarios e corresponderse de maneira indubidable á operación cofinanciada. Así mesmo, de acordo co disposto no artigo 65.6 do Regulamento (UE) nº 1303/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, só serán subvencionables aquelas operacións que non estean totalmente finalizadas no momento da presentación da solicitude de axuda e sexan efectivamente pagadas con anterioridade á finalización do período de xustificación previsto para a anualidade 2017 nesta base reguladora.
Sempre que o custo elixible do investimento que se subvenciona supere os 50.000 euros no caso de obras ou os 18.000 euros no caso de equipamento, a persoa beneficiaria deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de distintos provedores con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, prestación do servizo ou entrega do ben. A elección dunha das ofertas fundamentarase sempre en criterios de aforro.
Non será necesario acreditar as tres ofertas no caso de que polas especiais características dos gastos que se subvencionan non exista no mercado suficiente número de entidades que o fornezan ou presten. A persoa beneficiaria neste suposto debe prestar declaración expresa motivada en tal sentido.
3. Os gastos previstos deberán ser especificados na solicitude, coa súa planificación por anualidades tendo en conta que os investimentos só serán elixibles no 2017.
4. De acordo co disposto no artigo 69.3 c) do Regulamento (UE) nº 1303/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, non se considera subvencionable o imposto sobre o valor engadido cando sexa recuperable.
As persoas físicas e as cooperativas de traballo asociado.
Obrigas das persoas beneficiarias.
1. De conformidade co establecido no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e sen prexuízo das demais obrigas que resulten da normativa aplicable, as persoas beneficiarias destas axudas están obrigadas a:
a) Executar e acreditar a realización da actuación que fundamenta a concesión da subvención e o cumprimento dos requisitos e das condicións desta ante o órgano que a concede, sen prexuízo da facultade da Consellería de Política Social de comprobar a realización material das actuacións.
b) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable adecuado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder e conservar toda a documentación relativa a esta subvención durante un período de tres anos que se contará a partir do 31 de decembro seguinte á presentación destas contas ante á Comisión Europea, data esta que se comunicará á persoa beneficiaria.
c) Ter unha permanencia mínima ininterrompida na actividade e manter as infraestruturas e equipamentos subvencionados destinadas ao fin concreto para o cal se concedeu a subvención por un período non inferior ao establecido no artigo 6 desta orde, tal como recolle o artigo 29.4.a da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e o artigo 71 do Regulamento (UE) nº 1303/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro. O incumprimento deste requisito dará lugar á revogación da subvención, co reintegro das cantidades percibidas e a exixencia dos xuros de demora legalmente establecidos desde o momento do pagamento da subvención. Ademais, deberá garantirse a durabilidade dos investimentos financiados con fondos Feder nos termos previstos no artigo 71 do Regulamento (UE) nº 1303/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro.
d) Facer constar, en todo tipo de publicidade e información relativas aos programas e actuacións realizados a condición de subvencionados pola Xunta de Galicia e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional 2014/2020, segundo o establecido no anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, e nos artigos 3 ao 5 do Regulamento de execución (UE) nº 821/2014, da Comisión, do 28 de xullo, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1303/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, no que se refire ás modalidades concretas de transferencia e xestión das contribucións do programa, á presentación de información sobre os instrumentos financeiros, as características técnicas das medidas de información e comunicación das operacións e o sistema para o rexistro e o almacenamento de datos.
e) Levar un rexistro de persoas usuarias, en soporte papel ou electrónico, onde consten os datos de identidade dos nenos e nenas que se atenden e dos/das proxenitores/as, así como o día e o horario de atención e as autorizacións para a administración de medicamentos, de ser o caso.
f) Cumprir co establecido na Lei orgánica 15/1999, do 13 decembro, de protección de datos de carácter persoal, e no Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da Lei orgánica 15/1999, respecto dos datos de carácter persoal que manexen no desenvolvemento do proxecto piloto.
g) Informar o público de que o servizo está financiado pola Xunta de Galicia e polo Feder, así como dos obxectivos dos fondos. No lugar de prestación do servizo colocarase nun lugar destacado e visible un cartel informativo dun tamaño mínimo A3 no cal aparezan os anagramas da Xunta de Galicia e do Feder.
h) Efectuar a xustificación para a percepción da axuda conforme o establecido nesta orde.
i) Facilitar toda a información que lles requira a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.
j) Informar sobre o nivel de logro do indicador de produtividade asociado a esta convocatoria de axudas. Este indicador é o seguinte: identificador C035, nome: capacidade de coidado de nenos ou de infraestruturas de educación subvencionadas, unidade de medida: persoas.
k) Someterse ás actuacións de comprobación e facilitar toda a información requirida pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica e polos servizos de inspección da Consellería de Política Social, polos órganos verificadores que se establezan en aplicación dos artigos 72, 73 e 74 do Regulamento (UE) nº 1303/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, así como pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Consello de Contas, o Tribunal de Contas e outros órganos de control impostos pola normativa comunitaria no exercicio das súas funcións de fiscalización e control.
l) Comunicarlle á Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional, e non superar as porcentaxes máximas de acumulación establecidas na normativa comunitaria europea.
m) Acreditar a realización de revisións médicas anuais co correspondente certificado médico oficial.
n) Contratar un seguro que cubra as continxencias de responsabilidade civil, danos a terceiras persoas e accidentes durante o desenvolvemento da actividade subvencionada.
ñ) Poñer en coñecemento da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica todas as situacións que dean lugar á substitución da persoa titular do servizo con anterioridade a que se produza, sempre que non sexa debida a unha situación imprevista ou no prazo de dez días desde que se produzan no resto dos casos. Nestes supostos deberase achegar a documentación xustificativa do contrato laboral e alta na Seguridade Social, así como o certificado médico oficial do estado de saúde da persoa substituta.
o) Acreditar con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión, así como antes das correspondentes propostas de pagamento, estar ao día nas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma. Cando as actuacións de oficio levadas a cabo polo órgano instrutor, consonte o artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, desen como resultado que a solicitante ou a beneficiaria ten débedas ou obrigas con algunha destas administracións, requirirase para que regularice a situación e presente por si mesma os correspondentes certificados.
p) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
q) Todas aquelas obrigas e requisitos que se desprendan do articulado desta orde e dos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e da súa normativa de desenvolvemento.
2. As persoas beneficiarias teñen a obriga de subministrar información nos termos previstos no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.
1. Poderán ser beneficiarias destas axudas para poñer en marcha unha casa niño as persoas físicas e as cooperativas de traballo asociado que reúnan os seguintes requisitos:
a) Estar en posesión ou contar, cando menos, cunha persoa socia, no caso de cooperativas de traballo asociado, de calquera das titulacións que se recollen a seguir, ou equivalente, ou da formación ou experiencia seguintes:
1º. Técnico/a superior en educación infantil.
2º. Grao en mestre/a de educación infantil/educación primaria.
3º. Grao en pedagoxía, psicoloxía ou educación social.
4º. Diploma que acredite ter realizado o curso de formación integral ou o curso de formación complementaria para futuros/as profesionais das casas niño impartidos pola Xunta de Galicia.
5º. Formación acreditada en áreas relacionadas coa atención á infancia e coidados infantís, ou experiencia profesional acreditada neste ámbito.
b) Residir nun núcleo rural en que non exista ningún recurso de atención continuada á infancia de ata tres anos de idade, ou facelo con anterioridade á posta en marcha da experiencia piloto.
c) Contar cun inmoble nun núcleo rural en que non exista ningún recurso de atención continuada á infancia de ata tres anos de idade, ou dispoñer del con anterioridade á posta en marcha da experiencia piloto. O dito inmoble estará dotado cos seguintes recursos:
1º. Sistema de calefacción que cubra todas as estancias dedicadas ao desenvolvemento da iniciativa e conte coa protección dos elementos calefactores precisa para evitar as queimaduras por contacto, os atrapamentos ou outros riscos para a integridade das e dos menores.
2º. Unha sala con iluminación e ventilación naturais directas e un mínimo de 20 metros cadrados, distribuída e organizada con criterios de flexibilidade para dar resposta ás distintas necesidades das nenas e nenos de 0-3 anos.
3º. Dúas zonas, unha para o descanso e outra para a hixiene infantil. A zona de descanso e, se é o caso, o mesado cambiador poderán estar integrados na sala principal.
4º. Unha zona para a preparación, almacenamento e conservación de alimentos dotada, cando menos, dun mesado, frigorífico, vertedoiro e microondas.
5º. Elementos de protección: enchufes de seguridade infantil sempre que se sitúen por debaixo de 1,5 metros, protectores de dedos nas dúas caras das portas, seguros de ventás, barreira de seguridade con porta en zonas con diferentes alturas ou escaleiras e extintor/es para a protección contra incendios.
6º. Un mobiliario e equipamento básico para a atención das nenas e nenos que incluirá como mínimo: cambiador de cueiros, berces, sabas, mantas, colchóns, contedor de cueiros, ouriñais, tronas, hamacas, adaptadores de inodoro e materiais didácticos e de xogo adecuados para as idades dos nenos e nenas e con marcación CE.
En todo caso, o mobiliario deberá ter bordos romos ou protectores que os cubran para que careza de arestas. Así mesmo, na sala e na zona de descanso, no suposto de estar nunha estancia separada, os materiais dos solos e das paredes ata unha altura de 1,5 metros deberán ser cálidos, lisos, non porosos, facilmente lavables e aptos para a súa desinfección. Na sala deberá crearse unha superficie continua e antideslizante, adecuada para gatear.
As estancias e zonas anteriormente citadas deben estar situadas nun único andar. No caso de tratarse dun inmoble non destinado a vivenda, este deberá estar ademais en planta baixa.
d) Dispoñer dun plan de actuación cos nenos/as para atender eventuais emerxencias que se poidan producir na casa niño.
e) Establecerse como empresaria/o autónoma/o ou constituír unha cooperativa de traballo asociado.
f) Acreditar unha revisión médica anual. No caso de cooperativas de traballo asociado, esta revisión médica deberá estar referida á/s persoa/s socia/s que desenvolvan o proxecto piloto.
2. O requisito establecido na letra a) do punto anterior deste artigo deberá cumprirse na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes. O resto de requisitos previstos no punto anterior deste artigo deberán acreditarse no prazo de dous meses desde a recepción da resolución de concesión, ampliable a tres para os supostos de constitución dunha cooperativa de traballo asociado. Todos os requisitos previstos no número 1 deberán manterse durante o período de permanencia da actividade. Respecto das cooperativas de traballo asociado, de non estaren constituídas, no momento de presentación da solicitude deberán ter iniciado os trámites para a súa constitución.
3. As persoas solicitantes deberán acreditar mediante declaración responsable que non están incursas en ningunha das causas de prohibición previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, para obter a condición de beneficiarias.
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica
Subdirección Xeral de Demografía e Conciliación
Servizo de Conciliación Familiar
Edificio Administrativo San Caetano. Edificio a Pirámide
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981957029 / 981545666
Fax: 981544634
Email: dxfamilia.politicasocial@xunta.es
Servizo de Conciliación Familiar
Orde do 14 de agosto de 2020 pola que se modifica o procedemento de xustificación e o réxime de reintegro das subvencións concedidas pola Consellería de Política Social na anualidade 2020 a escolas infantís 0-3 e casas niño para o período de suspensión da actividade presencial como consecuencia da evolución da COVID-19 (DOG nº 169 do 21 de agosto de 2020).
Orde do 13 de xuño de 2017 pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño, parcialmente cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2017, 2018, 2019 e 2020 (DOG nº 119 do 23 de xuño de 2017).
Orde do 2 de outubro de 2017 pola que se modifica a Orde do 6 de maio de 2016 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño, parcialmente cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2016, 2017, 2018 e 2019 (DOG nº 192 do 9 de outubro de 2017).
Orde do 11 de novembro de 2019 pola que se modifica a Orde do 13 de xuño de 2017 pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño, parcialmente cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2017, 2018, 2019 e 2020 (DOG nº 221 do 20 de novembro de 2019).
Prazo de presentación: PECHADO
24/06/2017 00:00 - 24/07/2017 23:59
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
-
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude, anexo I, a seguinte documentación:
-
a) Copia da documentación acreditativa de estar en posesión da formación ou da experiencia recollidas nos ordinais 4º e 5º do artigo 4.1.a). No caso de cooperativas de traballo asociado, esta documentación deberá estar referida á/s persoa/s socia/s que desenvolverán o proxecto piloto.
-
b) Certificado médico oficial acreditativo do estado de saúde. No caso de cooperativas de traballo asociado, esta documentación deberá estar referida á/s persoa/s socia/s que desenvolverán o proxecto piloto.
-
c) Memoria descritiva en que se recolla a localización xeográfica e o número potencial de nenas/os usuarias/os e se xustifique a súa necesidade e oportunidade, apoiada na análise da contorna e nos datos oficiais de poboación publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE) dos últimos tres anos.
-
-
d) Proposta pedagóxica básica asinada pola/s persoa/s que desenvolverá/n o proxecto piloto, que en todo caso deberá abordar os seguintes contidos: período de adaptación, a alimentación, a hixiene, o descanso, hábitos de autonomía persoal e a programación xeral dunha xornada.
-
e) Descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto: características e composición de todos os elementos recollidos na letra c) do artigo 4.1.
-
f) Fotografías de todas as estancias do inmoble e planos á escala e acoutados descritivos do estado actual. De se teren que realizar obras de reforma, tamén se incluirán planos á escala representativos do estado reformado.
-
g) Informe dos servizos técnicos municipais de que o inmoble proposto presenta ou terá, logo da reforma proposta, as condicións de habitabilidade precisas para o seu uso como vivenda. No suposto de inmobles non destinados a vivenda, o informe anterior substituirase pola documentación técnica elaborada por profesional con titulación habilitante que, co alcance e definición requiridos polo Código técnico da edificación (CTE), acredite o cumprimento da normativa que sexa de aplicación.
-
h) Plan de actuación cos nenos/as ante unha emerxencia durante o desenvolvemento do proxecto piloto.
-
i) Orzamento desagregado dos gastos de investimento segundo o establecido no anexo IV.
-
j) Documentación acreditativa da inscrición ininterrompida na oficina de emprego como demandante de emprego durante 12 ou máis meses. A demanda de emprego considerarase interrompida se se traballou un período acumulado de 90 ou máis días nos 365 anteriores á data de solicitude.
-
k) Certificado de discapacidade, de ser o caso, cando non fose expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.
-
l) Documentación acreditativa de ser vítima de violencia de xénero, de ser o caso.
-
m) Anexo II cuberto cos datos da persoa que se vaia encargar do desenvolvemento do proxecto, no suposto de tratarse de persoas xurídicas.
-
n) Documentación acreditativa da dispoñibilidade do inmoble durante o período subvencionado (escritura de propiedade, contrato de arrendamento, documento de cesión, etc.)
-
ñ) Fotografías de todas as adaptacións realizadas.
-
o) Datos de identificación da persoa que se encargará de substituír á responsable do desenvolvemento do proxecto piloto nos supostos de ausencia, enfermidade ou emerxencia, así como orixinal ou copia cotexada da documentación recollida no artigo 4.1.a).
-
p) Xustificante de ter contratada unha póliza de seguro que cubra as continxencias de responsabilidade civil, danos a terceiras persoas e accidentes durante o desenvolvemento da actividade subvencionada.
-
q) Alta na Seguridade Social no réxime especial de autónomos, no suposto de persoas físicas, ou afiliación da entidade e de cada unha das súas persoas traballadoras na Seguridade Social, no caso de cooperativas de traballo asociado.
-
r) Alta no Censo de obrigados tributarios do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, se é o caso.
-
A documentación prevista nas letras n) á r) do punto 1 deste artigo poderá presentarse ben no momento da solicitude co anexo I ou ben no prazo previsto no artigo 4.2, xunto co anexo III.
-
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
-
a) Documento nacional de identidade (DNI)/número de identidade de estranxeiro/a (NIE) ou número de identificación fiscal (NIF), en función de que a persoa solicitante sexa física ou xurídica.
-
b) Certificación negativa do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais.
-
c) Certificados de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por calquera concepto, coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
-
d) Titulacións académicas mencionadas no artigo 4.1.a) da persoa solicitante ou da que vai desenvolver o proxecto piloto no suposto de cooperativas de traballo asociado.
-
e) Empadroamento da persoa solicitante ou da que vai desenvolver o proxecto piloto no suposto de cooperativas de traballo asociado.
-
f) Alta no imposto de actividades económicas.
-
g) Grao de discapacidade, de ser o caso, para os efectos da valoración dos criterios recollidos no artigo 15 desta orde.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro habilitado para esta finalidade no formulario de solicitude e mais no anexo II no suposto de tratarse de cooperativas, e achegar os documentos. A documentación prevista nas letras d) á f) do punto 1 deste artigo poderá presentarse ben no momento da solicitude co anexo I ben no prazo previsto no artigo 4.2, xunto co anexo III, nos casos en que se opoñan á súa consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
-
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas.
Se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
-
A Consellería de Política Social reservarase a facultade de solicitar a información complementaria que considere conveniente para a correcta definición, avaliación, seguimento e comprobación da solicitude presentada.
-
A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas, obrigadas á presentación electrónica da solicitude. Se algunha destas persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas físicas, non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
-
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.
-
No caso de que algún dos documentos que vai presentar a persoa solicitante de forma electrónica supere os tamaños límite establecidos pola sede electrónica, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.
-
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da entidade interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Outras convocatorias ou publicacións
Procedementos e servizos relacionados
Axuda para renovación de praza / novo ingreso programa Bono Concilia.
Programa de axudas a través da tarxeta Benvida.
Axudas para a creación/construción de escolas infantís 0-3 en poligonos industriais e outros contornos laborais..
Axudas para investimento na mellora das infraestruturas e equipamento das escolas infantís 0-3 e Puntos de Atención á Infancia (PAI) dependentes de corporacións locais.