Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
MT971A - Concesión de etiqueta ecolóxica.
Establecer as normas para a aplicación do sistema voluntario de etiqueta ecolóxica da Unión Europea no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade co establecido no Regulamento (CE) 66/2010 do Parlamento Europeo e do Consello, do 25 de novembro de 2009, relativo á etiqueta ecolóxica da UE.
O órgano competente en materia de etiqueta ecolóxica da UE exercerá as seguintes funcións:
a) Resolver o outorgamento da etiqueta ecolóxica da UE.
b) Controlar e vixiar a correcta aplicación do sistema voluntario de etiqueta ecolóxica da UE no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Prohibir a utilización da etiqueta ecolóxica da UE ou, se é o caso, revogar o seu outorgamento cando se dea algunha causa prevista no artigo 15.
d) Iniciar ou dirixir a elaboración o revisión dos criterios da etiqueta ecolóxica da UE nos termos previstos polo artigo 7 do Regulamento (CE) 66/2010 do Parlamento Europeo e do Consello, do 25 de novembro de 2009, relativo á etiqueta ecolóxica da UE.
e) Representar a Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia nos órganos estatais e, se é o caso, comunitarios, en materia de etiquetaxe ecolóxica de acordo co que se estableza na regulación vixente.
f) Adoptar e propoñer medidas destinadas a promover o sistema voluntario de etiqueta ecolóxica da UE.
g) Calquera outra que lle outorgue a regulación vixente do sistema voluntario de etiqueta ecolóxica da UE.
Esta disposición será aplicable a aqueles bens ou servizos, denominados no sucesivo produtos, subministrados para distribución, consumo ou utilización no mercado comunitario, xa sexa mediante pagamento ou de forma gratuíta.
a) Que o produto estea incluído nalgunha categoría que dispoña de criterios para o outorgamento da etiqueta ecolóxica da UE.
b) Que o produto proceda da Comunidade Autónoma de Galicia, que se fabrique ou se preste no seu territorio, ou que se comercialice nel se procede de fóra.
Queda excluído calquera tipo de produto sanitario, en particular os medicamentos para uso humano definidos na Directiva 2001/83/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 6 de novembro de 2001, pola que se establece un código comunitario sobre medicamentos para uso humano, e os medicamentos veterinarios definidos na Directiva 2001/82/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 6 de novembro de 2001, pola que se establece un código comunitario sobre medicamentos veterinarios, así como aqueloutros produtos que se exclúan do sistema voluntario de etiqueta ecolóxica da UE conforme o previsto na normativa de aplicación.
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
San Lázaro, s/n
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541703
Fax: 981957375
Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
Decreto 150/2013, do 5 de setembro, polo que se regula a aplicación do sistema voluntario de etiqueta ecolóxica da UE na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 183 do 25 de setembro de 2013).
Corrección de erros. Decreto 150/2013, do 5 de setembro, polo que se regula a aplicación do sistema voluntario de etiqueta ecolóxica da UE na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 185 do 27 de setembro de 2013).
Real decreto 234/2013, do 5 de abril, polo que se establecen normas para a aplicación do Regulamento (CE) nº 66/2010 do Parlamento Europeo e do Consello, do 25 de novembro de 2009, relativo á etiqueta ecolóxica da Unión Europea. (BOE nº 97 do 23 de abril de 2013)
Regulamento (CE) 66/2010, do Parlamento Europeo e do Consello, do 25 de novembro de 2009, relativo á etiqueta ecolóxica da UE (DOUE nº 27 do 30 de xaneiro de 2010)
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Este decreto entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Este procedemento está suxeito ao pago dunha taxa. A continuación móstrase a listaxe de taxas aplicables:
- Concesión da etiqueta ecolóxica (Código taxa: 32.74.00)
Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.
-
O procedemento de outorgamento da etiqueta ecolóxica europea iniciarase coa presentación, pola persoa interesada, da solicitude segundo o modelo que figura no anexo, dirixida ao órgano competente e acompañada da seguinte documentación:
-
Descrición detallada do produto e documentación pertinente conforme o previsto na disposición da Comisión Europea pola que se establezan os criterios da etiqueta ecolóxica da UE para a categoría do produto. Presentaranse, preferentemente, probas acreditadas de conformidade coa ISO 17025 e verificacións realizadas por organismos acreditados segundo a Norma EN 45011 ou norma internacional equivalente.
-
Acreditación do aboamento da correspondente taxa administrativa (32.74.00 - Concesión da etiqueta ecolóxica)
-
-
Documentación acreditativa da representación, de ser o caso.
-
A persoa interesada poderá presentar calquera outra documentación complementaria relativa ao produto que considere que poida servir de base para o outorgamento da etiqueta ecolóxica da UE.
-
As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido no artigo 35 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e no 22 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
Os documentos que se xunten á solicitude poderán ser achegados mediante copias dixitalizadas que garantan a fidelidade co orixinal mediante a utilización de sinatura electrónica avanzada. Segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, e no artigo 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, o órgano competente poderá solicitar do correspondente arquivo o cotexo do contido das copias achegadas. Ante a imposibilidade deste cotexo, e con carácter excepcional, poderá requirir ao particular a exhibición do documento ou da información orixinal. A achega de tales copias implica a autorización ao órgano competente para que acceda e trate a información persoal contida en tales documentos.
Tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel nos rexistros e lugares establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na Guía de procedementos e servizos da Xunta de Galicia
https://sede.xunta.es/guia-de-procedementos-e-servizos.
COMPROBACIÓN DE DATOS
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente e achegar unha copia dos documentos.
-
DNI/NIE da persoa solicitante
CONSENTIMENTO PARA A COMPROBACIÓN DE DATOS
A persoa interesada autoriza a consulta a outras administracións públicas dos seguintes datos. De non autorizar a consulta, deberá achegar o documento correspondente.
-
NIF da entidade solicitante
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución: Seis meses
Sentido do silencio: Positivo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Procedementos e servizos relacionados
Autorización de planta móbil para o tratamento de residuos
Modificación da autorización no rexistro xeral de produtores e xestores de residuos de Galicia
Axudas a pemes, autónomos, asociacións e fundacións sen ánimo de lucro de Galicia para o financiamento de actuacións destinadas á preparación para a reutilización e reciclaxe de residuos téxtiles recollidos separadamente
Subvencións a entidades locais galegas para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal. Fondos de recuperación e resiliencia.
Subvencións a entidades locais galegas para o financiamento de actuacións destinadas ao fomento da prevención, reutilización e recollida en proximidade de residuos municipais. Fondos do Programa de Economía Circular e PIMA Residuos 2022/2023.
Subvencións a entidades locais galegas para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, construción de novos puntos limpos fixos. fondos de recuperación e resiliencia.