Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MT975Q
Subvencións a entidades locais galegas para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, construción de novos puntos limpos fixos. fondos de recuperación e resiliencia.
Procedemento dirixido a: Entidades locais
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Concesión de subvencións, polo procedemento de concorrencia competitiva, ás entidades locais e agrupacións de entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos en materia de recollida de residuos especiais de competencia municipal. Resultarán subvencionables os proxectos de construción de instalacións municipais para a recollida separada dos distintos fluxos de residuos, Puntos Limpos.
1. Poderán ser beneficiarias as entidades locais municipais e supramunicipais e agrupacións de entidades locais de Galicia, de conformidade coas competencias que lles correspondan en materia de xestión de residuos. Se a entidade ten as competencias en materia de xestión de residuos delegadas noutra entidade, será esta última a que poderá solicitar estas axudas.
2. No caso de solicitudes presentadas por agrupacións de entidades locais, observarase o establecido no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en particular no tocante á identificación dos compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, do importe de subvención que se aplicará a cada un deles, que terán, igualmente, a condición de beneficiarios, así como, en relación co necesario nomeamento da entidade local que actuará como representante da agrupación para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle corresponden á agrupación.
Os concellos agrupados terán, en todo caso, a condición de entidade beneficiaria, polo que, para poder conceder a subvención solicitada, todos eles teñen que cumprir os requisitos, condicións, obrigas e compromisos establecidos nesta orde. A falta de acreditación do cumprimento dalgún requisito por parte dalgunha das entidades participantes suporá a inadmisión da solicitude conxunta cando afecte a entidade que ten a representación; nos outros casos, manterase a validez da solicitude sempre que se comunique por escrito a exclusión do concello afectado polo incumprimento, dentro do prazo concedido para o efecto.
3. Unha entidade local non pode concorrer á convocatoria de maneira simultánea e para a mesma actuación de maneira individual e a través da entidade supramunicipal ou agrupación en que se integre. De darse o caso, non se admitirá a solicitude que, de conformidade coa data de presentación, fose posterior no tempo.
4. Para poderen ser beneficiarias destas axudas, as entidades locais deberán ter presentado no Consello de Contas de Galicia as contas a que se refire o artigo 208 e seguintes do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, do exercicio orzamentario que corresponda.
5. Non poderán ter a condición de beneficiarias as entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
Servizo de Xestión Económica e Orzamentaria
San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541734
Email: axudas.cmaot@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
15/06/2023 00:00 - 14/07/2023 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Os proxectos que se presenten para optar a esta convocatoria deberán observar os seguintes requisitos:
a) Para os efectos da presente orde non será subvencionable a construción dun punto limpo nun termo municipal no cal xa exista na actualidade un punto limpo. Entenderase como punto limpo unha instalación de recollida separada e almacenamento temporal de residuos de competencia municipal que, polo seu volume ou perigo, deben ser recollidos e depositados en instalacións específicas.
b) Os proxectos de construción de nova instalación de punto limpo deben recoller o teitado e peche da zona de almacenamento de RP e RAEE, así como a impermeabilización e a instalación de sistemas de recollida de derramamentos na zona de residuos perigosos e RAEE. Estes proxectos deben prever a recollida dos residuos téxtiles e dos residuos domésticos perigosos.
c) Os proxectos presentados deberán incorporar elementos de compra pública verde ou ecolóxica. A prestación de servizos ou a compra de materiais, equipamentos ou medios de recollida e transporte deberán observar criterios ecolóxicos acordes cos obxectivos ambientais relacionados co cambio climático, a utilización dos recursos e a produción e o consumo sustentables (ecodeseño, emprego de materiais reciclados e/ou reciclables, eficiencia enerxética, redución de emisións, redución da pegada de carbono, economía circular, entre outros) que contribúan a reducir o seu impacto ambiental.
d) A entidade local deberá comprometerse ao cumprimento da normativa sectorial en materia de residuos destas instalacións, así como á solicitude ou modificación da súa autorización e correspondente inscrición no Rexistro de Produtores e Xestores de Galicia, segundo sexa necesario.
e) Será obrigatorio que, na fase de xustificación da axuda, a instalación conte coa autorización pertinente para levar a cabo a actividade.
f) Para os efectos desta convocatoria, teñen a consideración de residuos especiais de competencia municipal aqueles residuos que carecen de sistemas ordinarios de recollida pero que son susceptibles de recuperación ou necesitan recollerse separadamente debido ás súas especiais características (aceites vexetais usados, téxtiles, voluminosos, etcétera).
Solicitudes.
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia http://sede.xunta.gal (código de procedemento MT975Q). Este formulario xúntase como anexo I a estas bases.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
2. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
3. As solicitudes poderaas presentar individualmente un concello, no exercicio da competencia que ten asumida na materia, ou conxuntamente máis dunha entidade local, ben sexa por medio de entidades de carácter supramunicipal que, pola súa vez, teñen a consideración de entidade local, ben baixo a modalidade de agrupación de entidades locais.
No caso de solicitudes conxuntas presentadas baixo a modalidade de agrupación, cubrirase o anexo IX destas bases indicando os datos dos solicitantes acollidos á modalidade de agrupación.
4. As solicitudes (anexo I) serán subscritas directamente polas persoas que desempeñen a súa representación. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras.
No caso de solicitudes formuladas por agrupacións de entidades locais, a entidade local designada para actuar como representante deberá achegar, ademais da documentación requirida ao abeiro do artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, un documento en que se deixe constancia de que as persoas representantes das entidades locais participantes autorizan a presentación da solicitude.
5. As solicitudes recibidas deben manter a proporción orzamentaria do crédito xerado; polo tanto, o importe da subvención solicitada para o ano 2023 debe ser o 10 % do total, para o ano 2024 será do 40 % do total e no ano 2025 será o 50 % restante.
6. Para o caso de dificultades técnicas ou no caso de requirir máis información, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda pon á disposición dos interesados o seguinte enderezo de correo electrónico: axudas.cmaot@xunta.gal
Documentación complementaria.
1. As persoas interesadas deberán achegar, xunto coa solicitude, a documentación que se sinala:
a) Acreditación do nomeamento do representante da entidade solicitante.
b) Certificación do acordo adoptado polo órgano competente, en que conste a decisión da entidade ou entidades locais de solicitar a subvención ao abeiro destas bases reguladoras (anexo II).
c) Certificación de que a entidade solicitante remitiu ao Consello de Contas de Galicia as contas do último exercicio orzamentario a que legalmente está obrigada. Nesta certificación deberá quedar acreditado que a remisión das contas se efectuou antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes (anexo II).
d) No caso de solicitudes presentadas por agrupacións de entidades locais, deberán achegar:
1º. Documentación xustificativa da persoa ou entidade local designada para actuar como representante para formular a solicitude presentada.
2º. Xustificación de que as persoas representantes das entidades locais participantes autorizan a presentación da solicitude, así como no relativo á remisión ao Consello de Contas das contas do último exercicio orzamentario a que legalmente están obrigadas (anexo II).
3º. Identificar e relación de entidades locais participantes.
4º. Os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación.
5º. O importe da subvención que se vai solicitar para cada entidade membro da agrupación.
6º. Anexo de pluradidade de solicitantes (anexo IX).
e) Memoria técnica novos puntos limpos. Un único arquivo co contido establecido no número 1 do artigo 7 das bases reguladoras.
f) Compromiso de cumprimento da normativa sectorial en materia de residuos e de inscrición no Rexistro de Produtores e Xestores de Galicia.
g) Declaración, por parte da entidade solicitante, do compromiso en relación coa execución de actuacións do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR) no sentido do artigo 8, número 2.e), da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, do Ministerio de Facenda e Función Pública, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (anexo III).
h) Acreditación das capacidades da nova instalación (capacidade máxima e normal) e da poboación potencialmente atendida polo novo punto limpo, atendendo a posibles acordos entre os diferentes concellos.
i) Documentación acreditativa que xustifique o cumprimento dos requisitos establecidos no artigo 3, número 2.
j) Documentación que se considere oportuna para os efectos do establecido no artigo 14 desta orde, co fin de que a Comisión de Avaliación poida avaliar o cumprimento ou non dos criterios fixados para a valoración e relación das solicitudes presentadas, ou declaración responsable, de ser o caso, que permita deixar constancia do seu cumprimento.
k) As memorias técnicas dos proxectos para os cales solicita a subvención deberán conter unha descrición clara das actuacións que se van desenvolver, tanto desde o punto de vista técnico como económico, así como os datos e a información requirida para o tipo de actuación ou actuacións para as cales se solicita a axuda, e segundo o que se sinala a seguir.
A memoria do proxecto deberá incluír, como mínimo, os seguintes contidos:
1º. Tipoloxía e nome do proxecto.
2º. Breve descrición do proxecto presentado, no cal se inclúan polo menos as capacidades e os residuos que se van tratar.
3º. Identificación e datos de contacto do responsable técnico.
4º. Orzamento resumido das actuacións solicitadas, onde queden perfectamente reflectidos os importes asumidos polo concello e o importe da axuda solicitado (tendo en conta que o IVE non é subvencionable).
5º. Programación temporal (cronograma) para o desenvolvemento do proxecto en correspondencia coas previsións de gastos incluídos no orzamento que se remita e tendo en conta o recollido nestas bases reguladoras.
6º. Indicadores e medidas de seguimento e resultados esperados (residuos recollidos, en quilogramos, por tipoloxía de residuos).
Toda a documentación técnica debe ser presentada nun único documento, que se titule do seguinte xeito «Memoria_técnica», e non poderá superar as doce (12) páxinas.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediario de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada que os achegue.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados de maneira electrónica accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) NIF da entidade solicitante.
b) DNI/NIE da persoa representante.
c) Certificado de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias á AEAT.
d) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas á Seguridade Social.
e) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas á Administración pública da Comunidade Autónoma.
f) Consulta de inhabilitación para obter subvencións e axudas.
g) Consulta doutras subvencións ou axudas concedidas á entidade solicitante.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
- Fase de xustificación
- Declaración de compromiso para as subcontratas (Anexo VII)
- Pluralidade de entidades solicitantes (Anexo IX)
- Solicitude de pago e declaración (Anexo V)
- Relación de códigos ler (Anexo VIII)
- Solicitude de pagamento anticipado (Anexo VI)
- Documentación de ter realizada a publicidade axeitada (Anexo IV)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 1 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de recollida de residuos especiais de competencia municipal para a construción de novos puntos limpos fixos, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2023, 2024 e 2025 (DOG nº 112 do 14 de xuño de 2023).
-
Extracto da Orde do 1 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de recollida de residuos especiais de competencia municipal para a construción de novos puntos limpos fixos, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2023, 2024 e 2025 (DOG nº 112 do 14 de xuño de 2023).
-
Resolución do 27 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 1 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de recollida de residuos especiais de competencia municipal para a construción de novos puntos limpos fixos, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se convocan en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2023, 2024 e 2025 (DOG nº 190 do 5 de outubro de 2023).
-
Outros procedementos relacionados
Declaración de datos para cuantificación de perdas en redes de abastecemento.
Aberto todo o ano
Colaboración técnica e financeira en materia de infraestruturas hidráulicas.
Aberto todo o ano
Asunción de explotación de instalación de depuración de augas residuais urbanas.
Aberto todo o ano
Subvencións para a execución de actuacións para reducir as infiltracións nas redes de saneamento municipais en concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.
Prazo aberto: 23/04/2025 09:00 - 23/05/2025 14:00