Preguntas frecuentes
A guía de procedementos e servizos recompila e divulga a información actualizada dos procedementos que son de interese para a cidadanía e as empresas e profesionais. Nesta sede electrónica dispós dun acceso destacado á guía de procedementos e servizos.
O rexistro electrónico está accesible durante as 24 horas do día, todos os días do ano, e réxese, para os efectos do cómputo dos prazos, pola data e hora oficiais desta sede electrónica, considerándose inhábiles os sábados, os domingos e os días declarados como festas laborais.
Si. Para usar o DNI electrónico (DNIe) debes dispor dun lector de tarxetas intelixentes con soporte para o DNIe conectado co teu equipo. Ademais, debes comprobar que dispós do contrasinal e comprobar que o certificado é válido e non está caducado ou non fose revogado. Podes obter máis información en https://www.dnielectronico.es/PortalDNIe/
Podes utilizar o servizo de presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cunha canle electrónica específica nin cun modelo electrónico normalizado. Atoparás máis información en solicitude xenérica.
Nesta páxina atoparás un conxunto de modelos xenéricos que as persoas interesadas poden utilizar para anexar ás súas solicitudes ou para realizar as xestións máis habituais durante a tramitación administrativa.
Os documentos electrónicos xerados na Xunta de Galicia inclúen un código de verificación electrónica (CVE) que permite contrastar a autenticidade do documento mediante o acceso aos arquivos electrónicos da Xunta de Galicia.
Nesta sede electrónica dispós dunha ferramenta para comprobar a sinatura electrónica e a integridade e autenticidade dun documento.
Tras iniciar a presentación dun procedemento é necesario cubrir todos os datos do formulario da solicitude.
Unha vez que a solicitude estea correctamente cuberta, poderás avanzar no proceso de presentación accedendo á pantalla na que a sede che permitirá achegar documentación á solicitude.
Podes encontrar máis información en "Como podo presentar unha solicitude?"
Se o proceso finalizou correctamente poderás descargar, no teu espazo persoal "A miña sede", tanto a solicitude asinada polo Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia como o xustificante de presentación que incluirá: os datos do número de entrada no rexistro, a data e hora de presentación, o destino e un resumo electrónico da solicitude e a documentación electrónica que se achegou.
Podes atopar máis información en "Como podo consultar e xestionar os meus expedientes?".
Nese caso podes consultar os certificados de interrupción do servizo e os avisos da sede para comprobar se o teu caso está relacionado cunha incidencia no servizo. Se fose así, podes realizar o trámite fóra de prazo, motivando o retraso co certificado de indispoñibilidade correspondente.
No caso de non poder realizar o trámite, ou que non atopes ningún aviso ou indispoñibilidade relacionado co teu caso, podes poñer unha queixa xuntando a documentación do trámite que queres realizar. A Administración determinará a admisión ou non do trámite segundo se a incidencia acontecida foi imputable á sede electrónica ou non. Podes atopar máis información na páxina de presentación de suxestións e queixas.
Cando se usa un certificado dixital ou DNIe é necesario asinar o formulario da solicitude, así como todos os documentos anexos achegados polo cidadán. Por cada documento a asinar o sistema solicita o contrasinal por motivos de seguridade.
No formulario dunha solicitude o/a titular do certificado dixital debe aparecer no apartado "Solicitante" ou ben no apartado "E na súa representación". Polo tanto, debes utilizar o botón "Volver" para acceder de novo ao formulario e actualizar a información ou ben empezar de novo o trámite identificándote co medio correspondente aos datos que figuran no formulario.
Ante incidencias técnicas no uso da sede electrónica debes contactar cos servizos de soporte no momento da incidencia. A información dos equipos de soporte atópase na páxina de axuda.
Borradores: terás acceso a todos os borradores que fosen creados por:
- ti directamente empregando o devandito certificado dixital de persoa física ou o usuario de Chave365 asociado ao teu NIF
- outras persoas que cho compartiron coa opción de "Compartir borrador", sempre e cando previamente activases a devandita opción (ver máis en Como podo compartir un borrador con outra persoa?)
- as persoas ás que outorgases unha autorización para a xestión de borradores na sede electrónica (máis detalle en Como podo crear unha autorización?).
Expedientes: accederás a todos os expedientes nos que o teu NIF figure como interesado ou representante
Ver tamén:
Borradores: terás acceso a todos os borradores que fosen creados por:
- ti directamente empregando o devandito certificado electrónico de representante de persoa xurídica
- outras persoas que tamén dispoñan dun certificado dixital de representante da persoa xurídica
- outras persoas que cho compartiron coa opción de "Compartir borrador", sempre e cando previamente activases a devandita opción (ver máis en Como podo compartir un borrador con outra persoa?)
- as persoas ás que a persoa xurídica outorgase unha autorización para a xestión de borradores na sede electrónica (máis detalle en Como podo crear unha autorización?).
Expedientes: accederás a todos os expedientes nos que o teu NIF da persoa xurídica figure como interesado ou representante
Ver tamén Como podo consultar e xestionar os meus expedientes?
Borradores: terás acceso a todos os borradores que:
- foran creados pola persoa que che outorgou a autorización para a xestión de borradores na sede electrónica (ver máis en Como podo crear unha autorización?)
- creases directamente actuando na sede como persoa autorizada da devandita persoa (física ou xurídica)
- creasen outras persoas que tamén dispoñan dunha autorización outorgada pola mesma persoa (física ou xurídica) e actuasen no seu nome na sede (ver máis en Como podo crear unha autorización?)
- fosen compartidos coa persoa que che outorgou a autorización (ver máis en en Como podo compartir un borrador con outra persoa?)
Expedientes: accederás a todos os expedientes nos que o NIF da persoa que che outorgou a autorización figure como interesado ou representante.
En ningún caso poderás asinar e presentar solicitudes, escritos ou comunicacións no rexistro electrónico.