Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PE601C
Bolsas de formación en réxime de empresa tutelada para as persoas tituladas en ciclos formativos de acuicultura
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería do Mar
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Convocar catro (4) bolsas de formación en réxime de empresa tutelada para os/as titulados/as nos ciclos formativos de acuicultura, en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de prácticas de produción de cría de bivalvos para os anos 2026, 2027 e 2028.
Número, duración, importe e lugar de realización das bolsas.
1. O número de bolsas de formación en réxime de empresa tutelada para a realización de prácticas de produción de cría de bivalvos será de catro (4), que se adxudicarán de acordo co baremo indicado no artigo 11 desta convocatoria.
2. As bolsas terán unha duración de dous (2) anos, contados desde a data indicada na resolución de concesión da bolsa, e sen posibilidade de prórroga.
3. O importe bruto mensual de cada bolsa será de mil euros (1.000€).
4. As persoas beneficiarias realizarán as actividades prácticas de produción de cría de bivalvos nas instalacións do Instituto Galego de Formación en Acuicultura na Illa de Arousa (Igafa), segundo a programación formulada polo/a titor/a correspondente.
Titulados/as nos ciclos formativos de acuicultura.
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Departamento Territorial da Consellería do Mar da Coruña
R/ Ramón y Cajal, nº 2 -5º
15006 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981182029
Fax: 981182027
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
Subdirección Xeral de Xestión, Ensino e Relacións Sectoriais
Servizo de Ensino e Titulacións Náutico-pesqueiras
Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños
15701 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546139
Fax: 981546138
Email: cma.dxdesenvolvemento@xunta.es
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
Centros Públicos de Ensinanzas Náuticas e Marítimo-pesqueiro
Instituto Galego de Formación en Acuicultura da Illa de Arousa
Niño do Corvo, s/n
36626 Vilanova de Arousa (Pontevedra)
Teléfono: 986527101
Fax: 986527161
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Departamento Territorial da Consellería do Mar de Vigo
R/ Concepción Arenal, nº 8
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817113
Fax: 986817102
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Departamento Territorial da Consellería do Mar de Celeiro
Avda. Gerardo Harguindey Banet, 2
27863 Viveiro (Lugo)
Teléfono: 982555003
Fax: 982555007
Prazo de presentación: ABERTO
04/06/2026 00:00 - 03/07/2026 23:59
O prazo de presentación das solicitudes será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expirará o último día do mes.
Poderán ser beneficiarias destas bolsas as persoas solicitantes que cumpran os seguintes requisitos:
a) Estar en posesión dun ciclo formativo de acuicultura na data de remate do prazo de presentación de solicitudes desta orde de convocatoria. Poden presentarse aqueles/as alumnos/as titulados/as como técnicos/as en Cultivos Acuícolas (FP-ciclo medio) ou técnicos/as en Acuicultura (FP-ciclo superior).
b) Ter nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea ou ser estranxeiro/a con permiso de residencia en España no momento de solicitar a bolsa.
c) Posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas.
d) Non ter sido beneficiario/a destas bolsas ou outras similares en anteriores convocatorias, excepto que no conxunto das convocatorias anteriores gozasen da bolsa por un período de tempo non superior a 5 meses.
e) Non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa similar a esta. Noutro caso, deberá renunciarse ao emprego ou á bolsa con anterioridade ao inicio da formación.
f) Acreditar o coñecemento da lingua galega, Celga 3.
Solicitudes
1. As solicitudes, xunto coa documentación adicional requirida, presentaranse conforme o modelo oficial que figura como anexo I da convocatoria, por calquera das seguintes vías:
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. As solicitudes dirixiranse á Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería do Mar.
Documentación complementaria
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Currículo da persoa solicitante, acompañado dos documentos acreditativos dos méritos alegados. Non serán computables aqueles méritos alegados que non estean convenientemente xustificados.
b) No caso de que a titulación requirida no artigo 3.a) non fose expedida, deberán achegar xustificación do pagamento dos dereitos de expedición do título académico correspondente.
c) Certificación académica completa en que conste a nota media do expediente académico da titulación.
d) Certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga 3 ou superior), non expedidos pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.
e) Poder de representación da persoa representante, de ser o caso. A representación acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.
Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que hai que presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás, que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa representante, se é o caso.
c) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas á Seguridade Social.
d) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
e) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT).
f) Consulta da condición de bolseiro/a.
g) Inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
h) Comprobación de subvencións e axudas públicas concedidas.
i) Certificado do Celga 3 ou Celga 4 ou equivalente expedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Consultaranse ademais os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:
j) No caso de persoas estranxeiras, certificado de residencia con data de última variación padroal da persoa solicitante.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta de datos, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, as persoas interesadas tamén poderán realizar os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Prazo de resolución:
Dous meses.
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 22 de maio de 2026 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria de bolsas de formación en réxime de empresa tutelada para os/as titulados/as en ciclos formativos de acuicultura e se procede á súa convocatoria (DOG nº 102 do 3 de xuño de 2026).
-
Extracto da Orde do 22 de maio de 2026 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria de bolsas de formación en réxime de empresa tutelada para os/as titulados/as en ciclos formativos de acuicultura e se procede á súa convocatoria (DOG nº 102 do 3 de xuño de 2026).
-
Outros procedementos relacionados
Premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais de música, danza, e de artes plásticas e deseño na Comunidade Autónoma de Galicia.
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Prazo aberto: 06/06/2026 00:00 - 31/07/2026 23:59
Avaliación e acreditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas da formación profesional inicial
Aberto todo o ano
Solicitude de exención de módulos de formación en centros de traballo (FCT) pola correspondencia coa practica laboral
Aberto todo o ano
Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.
Prazo aberto: 19/05/2026 00:00 - 19/06/2026 23:59