Guía de procedementos e servizos

MR501D

Inscrición no rexistro galego de explotacións avícolas artesanais.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería do Medio Rural

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

a) O desenvolvemento do marco zootécnico e sanitario das producións avícolas artesanais.

b) A creación do Rexistro Galego de Explotacións Avícolas Artesanais.

1. Ás explotacións en que se críen ou manteñan aves de curral, agás ratites, nos seguintes casos:

a) Explotacións de aves de cría poñedoras de ovos para incubar ata un máximo de capacidade de 50 aves adultas.

b) Explotación de aves de explotación poñedoras de ovos de consumo, ata un máximo de capacidade de 50 aves adultas.

c) Explotacións de aves de explotación de produción para carne ata un máximo de 400 aves de ceba ao ano.

2. Poderán desenvolverse nunha mesma explotación varias ou todas as actividades sinaladas no punto 1.

3. Se for o caso, as explotacións poderán contar coas unidades de incubación, así como dos animais de recría ou machos que precisen para o normal desenvolvemento da súa actividade.

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña

Servizo de Gandaría da Coruña

R/ VICENTE FERRER, 2

15071  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184565

Fax: 981184653

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo

Servizo de Gandaría de Lugo

RONDA DA MURALLA,70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294534

Fax: 982294425

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense

Servizo de Gandaría de Ourense

R/ FLORENTINO LÓPEZ CUEVILLAS, 4-6

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386525

Fax: 988386524

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra

Servizo de Gandaría de Pontevedra

R/FERNÁNDEZ LADREDA, 43,2º

36071  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 886206569

Fax: 886206590

Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Medios previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As condicións que deben reunir as explotacións avícolas artesanais relativas a infraestruturas e instalacións, localización e distancias e condicións de funcionamento, sen prexuízo do cumprimento da restante normativa sectorial que resulte de aplicación, son as establecidas no anexo II deste decreto.

1. Condicións relativas a infraestruturas e instalacións:

a) Instalacións suficientemente delimitadas do exterior, que poden ser desde chousumes perimetrais completos ata parques exteriores ou aviarios delimitados con barreiras sen cimentación, axeitadas segundo a forma de cría. Estes sistemas deberán asegurar, na medida do posible, a protección fronte á entrada de vectores animais que poidan transmirir enfermidades ou de predadores.

b) Sistemas de limpeza e desinfección dos equipamentos e instalacións, así como do calzado dos operarios e dos visitantes, e dos vehículos, adecuados ao volume e características da explotación, que poden incluír instalacións fixas como vaos sanitarios ou mobles dispensadores de material desinfectante ou bandexas que o conteñan.

c) O deseño das instalacións interiores da explotación permitirá realizar unha eficaz limpeza e desinfección, desinsectación e desratización, segundo se precise.

d) As gaiolas ou outros dispositivos de transporte de aves e ovos deberán ser dun só uso ou ben de material reutilizable de fácil limpeza e desinfección.

e) Dispositivos de comedeiros e bebedoiros de materiais adecuados e en número suficiente para asegurar unha subministración adecuada ás aves. Os pensos deberán proceder de subministradores autorizados e almacenarse de xeito que se impida a súa contaminación.

f) Abastecemento da auga de calidade hixiénica para o consumo das aves e para as necesidades de limpeza e desinfección. No caso de existiren depósitos, estes deberán ser estancos e serán de materiais non prexudiciais para a auga e mantidos nun adecuado estado de conservación e limpeza. O abastecemento da auga pode proceder das redes de abastecemento colectivo públicas ou privadas, ou ben de abastecementos particulares, caso en que deberá realizarse con periodicidade semestral unha análise das características hixiénicas da auga proceder á súa hixienización cando for preciso.

g) Existencia de medios de illamento e observación de animais enfermos ou sospeitosos de enfermidades infecto-contaxiosas ou por razóns de benestar animal, axeitados ás características e volume da explotación.

h) Se a explotación conta con incubadora, a zona de incubación estará separada da zona onde se localicen as aves. As instalacións e equipamentos de incubación serán de materiais de fácil limpeza e desinfección.

i) Todas as instalacións e equipamentos manteranse en boas condicións de conservación e limpeza. No caso de aves mantidas en recintos non exteriores, realizarase unha retirada frecuente de camas e esterco.

j) Existirá un sistema de eliminación hixiénica de subprodutos de orixe animal non destinados ao consumo humano.

2. Condicións relativas á localización e distancias:

a) Co fin de reducir o risco de difusión de enfermidades infecto-contaxiosas, calquera explotación que se instale con posterioridade á entrada en vigor deste decreto deberá respectar unha distancia mínima de 500 metros con respecto a explotacións avícolas industriais de calquera orientación zootécnica xa rexistradas e outras instalacións que poidan supoñer un risco sanitario, como matadoiros de aves, fábricas de produtos para a alimentación animal, vertedoiros, plantas de tratamento de subprodutos de orixe animal non destinados a consumo humano e similares.

b) A distancia entre as explotacións rexistradas como explotacións avícolas artesanais consonte este decreto poderá reducirse a 250 metros.

c) A autoridade competente en materia de sanidade e produción animal poderá excepcionalmente admitir distancias inferiores ás sinaladas na alínea b) por motivos xustificados de reordenación ou concentración de explotacións ou por motivos das particulares condicións xeográficas ou de explotación, sempre que se considere que non existe risco para a sanidade animal.

d) As mencionadas distancias mediranse a partir do punto das edificacións ou das áreas ao aire libre que alberguen animais e que se atopen máis próximas ás instalacións respecto das cales se pretende establecer aquelas.

3. Condicións de funcionamento.

a) Na medida do posible, as aves criaranse baixo o principio de «cría protexida», é dicir, as explotacións deberán contar con infraestruturas, equipamentos e pautas de manexo orientados á minimizar os riscos de entrada e difusión de enfermidades entre as poboacións avícolas.

b) A alimentación das aves basearase principalmente na subministración de alimentos procedentes da propia explotación, aínda que tamén poderán proceder de provedores de alimentos autorizados.

c) En explotacións con aves de explotación para a produción de ovos, deben existir niños para a posta dos ovos e estes deben ser recollidos, polo menos, unha vez ao día.

d) En explotacións con incubadora, deberá existir unha separación física e funcional coas dependencias que alberguen as aves e todas as actividades derivadas desta actividade (incubación, nacemento, limpeza e desinfección dos ovos, etc.) deben realizarse de xeito que se minimicen as posibilidades de contaminación de aves e ovos.

  • Fotocopia do NIF ou DNI do titular, só no caso de non autorizar a consulta telemática dos datos de identidade.

  • Memoria simple de actividade que inclúa as infraestruturas da explotación e o plano de situación e as súas coordenadas xeográficas.

  • Declaración polo titular do cumprimento de distancias.

  • Documentación acreditativa do pagamento das taxas que correspondan.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 216/2011, do 10 de novembro, polo que se establecen as normas zootécnicas e sanitarias das producións avícolas artesanais e se crea o Rexistro Galego de Explotacións Avícolas Artesanais (DOG nº 225 do 24 de novembro de 2011).

Outros procedementos relacionados

MR101B

Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria

Aberto todo o ano

MR203A

Autorización para impartir cursos de manipulador aplicador de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR203B

Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR237C

Inicio de actividade/baixa/modificación na sección de explotacións acollidas ao réxime de venda directa.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano