Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
ED534A
Proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Convocar a proba para a obtención do título de bacharel para persoas maiores de vinte anos correspondente ao ano 2025 na Comunidade Autónoma de Galicia.
Persoas maiores de vinte anos.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Dirección Xeral de Formación Profesional
Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas
Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe Permanente
Edificio Administrativo San Caetano s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546549/ 981540289
Email: educadultos@edu.xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
06/03/2025 00:00 - 19/03/2025 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será do 6 ao 19 de marzo de 2025, ambos os dous incluídos.
1. Poderán participar nesta proba as persoas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Ser maior de vinte anos ou facer esa idade no ano 2025.
b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para os efectos académicos.
c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2024/25.
2. O incumprimento dalgún destes requisitos suporá a anulación da inscrición na convocatoria da proba e, se é o caso, dos posibles resultados académicos obtidos nela.
Lugar e forma de presentación de solicitudes de inscrición.
1. As persoas interesadas en participar na proba presentarán unha única solicitude de inscrición (anexo I).
2. Na solicitude de inscrición deberase indicar a modalidade de bacharelato elixida e os exames en que se solicite inscrición.
3. A identidade dos solicitantes quedará acreditada mediante DNI, NIE, pasaporte ou calquera outro documento acreditativo da identidade recoñecido en dereito.
4. Debido á imposibilidade funcional para a presentación electrónica das solicitudes nos centros educativos, as solicitudes de inscrición deberán presentarse presencialmente nos centros educativos sinalados no seguinte punto ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, dirixido á Dirección Xeral de Formación Profesional da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
5. Os centros habilitados para a recepción de solicitudes son os seguintes:
• IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.
• EPAPU Eduardo Pondal, rúa da Educación, 3, 2º andar, 15003 A Coruña.
• EPAPU Albeiros, parque da Milagrosa, s/n, 27003 Lugo.
• EPAPU de Ourense, rúa Álvarez de Sotomayor, 4, 32002 Ourense.
• EPAPU Río Lérez, avenida de Bos Aires, 26, 36002 Pontevedra.
• EPAPU Berbés, rúa Marqués de Valterra, 8, 1º andar, 36202 Vigo.
Documentación complementaria.
1. Cando proceda, presentarase a seguinte documentación complementaria presencialmente nos centros educativos sinalados anteriormente ou en calquera dos lugares e os rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común:
a) Pasaporte ou documento acreditativo da identidade recoñecido en dereito.
b) Certificación do ditame de discapacidade, cando este fose emitido por unha Administración distinta da Xunta de Galicia.
c) Certificacións académicas que acrediten o dereito á concesión do recoñecemento de estudos previos.
2. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás cando a persoa interesada se opoña á súa consulta:
• DNI/NIE da persoa solicitante.
• DNI/NIE da persoa representante.
Consultaranse, así mesmo, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:
• Certificado do grao de discapacidade recoñecida pola Xunta de Galicia.
• Historial académico dos estudos cursados en centros dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio (anexo I) e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
Todos os trámites posteriores ao inicio do procedemento deberán realizarse presencialmente nos centros educativos sinalados anteriormente ou en calquera dos lugares e dos rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos para facilitar a realización dos ditos trámites que poderán ser empregados por elas.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo I)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 31 de xaneiro de 2025 pola que se regula a proba para a obtención do título de bacharel para persoas maiores de vinte anos na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 28 do 11 de febreiro de 2025).
-
Resolución do 21 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización (DOG nº 42 do 3 de marzo de 2025).
-
Outros procedementos relacionados
Actualización e/ou modificación do expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte ensinanzas non universitarias en centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
Aberto todo o ano
Autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.
Aberto todo o ano
Autorización de centros privados para impartir ensinanzas artísticas.
Aberto todo o ano
Certificación persoal na manipulación de gases fluorados
Aberto todo o ano