Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
ED332A
Exención da materia da lingua galega no ensino non universitario en Galicia.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
- Regular o procedemento e os prazos para a solicitude da exención.
Deberes do alumnado exento.
1. A exención suporá a consignación de exento nos documentos oficiais de avaliación do alumnado.
2. O alumnado terá que asistir ás aulas como medio de integración lingüística e coa finalidade de que co seu esforzo persoal, con materiais didácticos específicos e cunha axuda continua do seu profesorado poida ter, ao remate do prazo da exención, un dominio adecuado da lingua galega, e seguir as ensinanzas propias do nivel no que estea ou vaia matricularse, en igualdade de condicións que os demais compañeiros ou compañeiras da clase.
3. O incumprimento por parte do alumno ou da alumna do establecido no punto anterior determinará a revogación da exención, logo dos informes pertinentes e oída a persoa interesada ou, de ser o caso, os seus proxenitores, titores ou titoras ou representantes legais.
4. A revogación ou denegación da exención producirán como efecto para o alumnado a obriga de ser cualificado nas avaliacións parciais e finais ao final do curso no que se atope.
5. Nos respectivos documentos oficiais de avaliación farase constar a exención concedida e, de ser o caso, a posible revogación e a conseguinte cualificación.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Coruña
Servizo Territorial de Inspección Educativa da Coruña
Vicente Ferrer, 2
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184731
Fax: 981184792
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Coruña
Servizo Territorial de Inspección Educativa da Coruña
San Lázaro, 107 (Rúa da Besada)
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981540197
Fax: 981540200
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Coruña
Servizo Territorial de Inspección Educativa da Coruña
Oficina de Inspección Educativa en Ferrol
Praza Camilo José Cela, s/n
15403 Ferrol (Coruña, A)
Teléfono: 981337074
Fax: 981337071
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de Lugo
Servizo Territorial de Inspección Educativa de Lugo
Ronda Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294212
Fax: 982294214
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de Ourense
Servizo Territorial de Inspección Educativa de Ourense
Rúa do Concello, 11 - 6º
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386615
Fax: 988386788
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de Pontevedra
Servizo Territorial de Inspección Educativa de Pontevedra
R/ Fernández Ladreda, 43 - 8º andar
36003 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805918
Fax: 986805699
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de Pontevedra
Inspección Educativa na Cidade de Vigo
Praza da Estrela s/n
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817539
Fax: 986817625
Prazo de presentación: PECHADO
01/09/2014 00:00 - 20/10/2014 23:59
Desde o 1 de setembro de cada ano e rematará o 5 de outubro de cada ano para o alumnado dos centros de educación primaria e secundaria obrigatoria, e o 20 de outubro de cada ano para o alumnado dos centros de bacharelato. *Consultar documentación.
2. Que o alumnado de nova incorporación proceda doutras comunidades autónomas ou dun país estranxeiro.
3. Que a incorporación ex novo ao sistema educativo de Galicia se produza no terceiro ciclo de educación primaria, na educación secundaria obrigatoria ou no bacharelato.
Solicitude segundo o Anexo I desta orde.
A solicitude da exención da materia de lingua galega deberá presentarse en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado que figura como anexo I desta orde, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es. A referida solicitude irá asinada polo alumno ou pola alumna solicitante ou polo seu pai, nai, titor, titora ou pola persoa que teña a súa representación legal, se e menor de idade, e nela exporanse as razóns polas que se solicita a exención.
Para o caso de enviala por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión e anterior ao remate do prazo de presentación de solicitudes.
*Prazos de presentación da solicitude da exención.
- Do 1 de setembro de cada ano e rematará o 5 de outubro de cada ano para o alumnado dos centros de educación primaria, secundaria obrigatoria e o 20 de outubro de cada ano para os dos centros de bacharelato.
- Traslado de matrícula: vinte días seguintes á incorporación da persoa interesada ao novo centro.
- Alumnado que se matricule en ensinanzas de persoas adultas (ensinanzas básicas iniciais, educación secundaria ou bacharelato): vinte días seguintes á presentación da súa solicitude de matrícula.
- Probas libres para a obtención do título de graduado en educación secundaria para maiores de dezaoito anos, ou a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos: a presentación da solicitude de exención presentarase simultaneamente á presentación da solicitude de inscrición nas probas libres, nos prazos que estableza a normativa que as regula.
Prazo de resolución: 10 días hábiles a partir da presentación da documentación completa
Sentido do silencio: Positivo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística (DOG nº 129 do 17 de setembro de 1983).
-
Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia (DOG nº 97 do 25 de maio de 2010).
-
Orde do 10 de febreiro de 2014 pola que se desenvolve o Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, con relación á exención da materia de lingua galega (DOG nº 34 do 19 de febreiro de 2014).
-
Outros procedementos relacionados
Avaliación e acreditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas da formación profesional inicial
Aberto todo o ano
Solicitude de exención de módulos de formación en centros de traballo (FCT) pola correspondencia coa practica laboral
Aberto todo o ano
Rexistro de librarías. Axudas para adquirir libros de texto e material escolar
Aberto todo o ano
Homologación e/ou validación de títulos e estudos estranxeiros de ensinanzas non universitarias.
Aberto todo o ano