Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
VI482D
Prórroga do bono de alugueiro social para vítimas de violencia de xénero con financiamento do pacto de estado contra a violencia de xénero.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
1. Esta resolución ten por obxecto convocar para o ano 2021, con financiamento plurianual, as subvencións do Programa do bono de alugueiro social destinado ao alugamento de vivendas para as vítimas de violencia de xénero, así como a prórroga destas axudas para todas as persoas que resultasen beneficiarias deste programa nos anos 2019, 2020 e 2021, con financiamento do pacto de Estado contra a violencia de xénero (códigos de procedemento VI482C e VI482D, respectivamente).
2. A concesión das subvencións recollidas nesta resolución tramitarase polo procedemento de concorrencia non competitiva, ata esgotar o crédito dispoñible previsto na convocatoria, de acordo co sinalado no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Bases reguladoras.
As subvencións deste programa rexeranse polas bases reguladoras establecidas na Orde do 11 de abril de 2019 publicada no Diario Oficial de Galicia (en diante, DOG) núm. 78, do 24 de abril.
Poderán ser beneficiarias da prórroga da axuda prevista no artigo 8 das bases reguladoras aquelas persoas que, resultando beneficiarias desta axuda e non tendo perdido o dereito mediante a oportuna resolución, finalicen o seu período de desfrute durante o ano 2021 e cumpran os requisitos previstos no ordinal 5.3 desta resolución. O cómputo dos ingresos e a comprobación dos datos necesarios para a concesión da prórroga realizarase conforme o establecido nesta resolución. A duración máxima da axuda, incluídas as prórrogas, non poderá exceder os tres anos nin, en todo caso, do 31 de decembro de 2022, data de fin da vixencia do pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de A Coruña
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo da Coruña
Praza de Luis Seoane, s/n
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184801
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Lugo
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Lugo
Avda. Ramón Ferreiro 28
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294602
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Ourense
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Ourense
Rúa Sáenz Díez, 1
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386233
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Pontevedra
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Pontevedra
Rúa Alcalde Hevia 7
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805610
Prazo de presentación: PECHADO
17/03/2021 00:00 - 31/12/2021 23:59
A prórroga da axuda poderase solicitar dentro dos dous meses anteriores á data de remate da concesión inicial.
As persoas beneficiarias deste programa deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Que estean empadroadas e teñan residencia efectiva nun concello da Comunidade Autónoma de Galicia durante os doce meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude da axuda. Ademais, no caso das persoas estranxeiras, cando así o exixa a lexislación vixente, deberán posuír o permiso de residencia.
No caso de vítimas de trata con fins de explotación sexual, será suficiente acreditar que están empadroadas nun concello da Comunidade Autónoma de Galicia e que posúen autorización de residencia por circunstancias excepcionais.
b) Que sexan persoas arrendatarias ou que estean en condicións de subscribir un contrato de arrendamento de vivenda nun concello da Comunidade Autónoma de Galicia, cunha duración mínima dun ano e con mención expresa da súa referencia catastral, formalizado nos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos.
No caso dos/das menores de idade orfos por violencia de xénero, así como das vítimas de trata menores de idade, o contrato de arrendamento deberá ser asinado pola persoa que posúa a patria potestade, tutela ou acollemento familiar permanente do/da dito/a menor, nos termos que se determinen na normativa aplicable.
c) Que a vivenda obxecto do contrato de arrendamento constitúa ou vaia constituír o seu domicilio habitual e permanente.
d) Que a renda do contrato de arrendamento que se subvencione non supere os importes sinalados no artigo 4 das bases reguladoras.
e) Que os ingresos da súa unidade de convivencia, computados conforme estableza a resolución de convocatoria, sexan iguais ou inferiores a 1,5 veces o IPREM ponderado, coa excepción prevista no suposto sinalado no artigo 3.2.a) das bases reguladoras.
f) Que nin a persoa solicitante nin ningún outro membro da unidade de convivencia teña vínculo de matrimonio ou relación estable análoga coa persoa arrendadora. Así mesmo, que non exista vínculo de parentesco por consanguinidade, adopción ou afinidade, ata o segundo grao, coa persoa arrendadora. Esta mesma exixencia aplicarase cando a parte arrendadora sexa unha persoa xurídica, respecto de calquera dos seus socios ou partícipes.
g) Que nin a persoa solicitante nin ningún outro membro da súa unidade de convivencia teña no territorio nacional unha vivenda en propiedade ou en usufruto. Exceptúase o caso de que, dispoñendo dela, non goce do seu uso e desfrute ou se trate dunha vivenda insuficiente ou inadecuada, por razóns de habitabilidade e mobilidade.
Para os efectos anteriores:
– Considerarase unha vivenda insuficiente aquela en que a cada ocupante lle correspondan menos de 10 m² de superficie útil. Non se computará, neste suposto, a correspondente a baños, corredores e tendais.
– Considerarase vivenda inadecuada por razóns de habitabilidade aquela que estea en situación legal de ruína, así como aqueloutra que teña deficiencias que afecten de forma notoria a súa habitabilidade.
– Considerarase vivenda inadecuada por razóns de mobilidade aquela que, pola súa configuración arquitectónica e/ou accesos, implique unha grave perda de funcionalidade para unha persoa con mobilidade reducida.
h) Que non sexan arrendatarias de vivendas xestionadas polo IGVS.
i) Que a persoa solicitante e as restantes persoas da unidade de convivencia estean ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non teñan pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma. Ademais, non deben estar incursos en ningún dos outros supostos previstos no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
Solicitudes.
1. As solicitudes de concesión de prórroga realizaranse mediante a presentación do modelo que se incorpora como anexo II a esta resolución, debidamente cuberto (código de procedemento VI482D).
As solicitudes de prórroga deberán dirixirse á área provincial do IGVS de residencia da persoa solicitante.
2. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).
3. No modelo de solicitude de prórroga, a persoa solicitante realizará as seguintes declaracións:
a) Declaración de que non ten débedas coa persoa arrendadora por non pagamento das rendas e/ou subministracións.
b) Declaración de que nin a persoa solicitante nin ningunha outra persoa da unidade de convivencia está incursa en algunha clase de inhabilitación para a obtención das axudas previstas no número 2 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
c) Declaración de que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia están ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme ao artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
d) Declaración de que todos os datos da solicitude e dos documentos que se achegan son certos.
Documentación complementaria ás solicitudes de prórroga.
1. Coa solicitude de prórroga da concesión inicial, anexo II, deberase achegar a seguinte documentación (código de procedemento VI482D):
a) Anexo III, de comprobación de datos das persoas que integran a unidade de convivencia, distintas da persoa solicitante, no caso de que a unidade de convivencia estea integrada por máis dunha persoa.
b) Anexo V, modelo de informe dos servizos sociais públicos de Galicia, no que se faga constar que subsisten as condicións de necesidade que deron lugar á concesión inicial, así como os ingresos da unidade de convivencia dos tres meses anteriores á data da solicitude de prórroga.
c) Anexo VI, de declaración da persoa arrendadora da vivenda de que a persoa arrendataria non ten ningunha reclamación pendente por non pagamento das rendas e/ou subministracións.
d) Declaración formalizada polas persoas asinantes do contrato de arrendamento de que este se prorrogará nas mesmas condicións que o anterior.
2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puideran obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
3. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.
Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, o IGVS poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación destes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) Documento nacional de identidade ou número de identidade de estranxeiro da persoa solicitante e, de ser o caso, da persoa representante, das persoas que integran a unidade de convivencia que figuran no anexo III e da persoa arrendadora que figura no anexo IV.
b) Número de identificación fiscal da persoa representante, así como da persoa arrendadora que figura no anexo IV, no caso de que sexan persoas xurídicas.
c) Permiso de residencia legal da persoa solicitante, cando sexa estranxeira.
d) Certificado de empadroamento da persoa solicitante, no caso de cambio de domicilio durante a vixencia do contrato, e das persoas que figuran no anexo III.
e) Certificacións da Axencia Estatal de Administración Tributaria, da Tesouraría Xeral da Seguridade Social e coa Axencia Tributaria de Galicia, acreditativas do cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, correspondentes á persoa solicitante e ás persoas que integran a súa unidade de convivencia e que figuran no anexo III.
f) Datos catastrais correspondentes á persoa solicitante e ás persoas que integran a súa unidade de convivencia.
g) Certificación de titularidade de bens inmobles da Dirección Xeral do Catastro onde conste que nin a persoa solicitante nin ningunha das persoas integrantes da unidade de convivencia teñen en usufruto ou en propiedade outra vivenda en territorio español.
h) Consulta de inhabilitacións para obter Subvencións e Axudas da persoa solicitante.
i) Consulta de concesións de subvencións e axudas da persoa solicitante.
2. Consultaranse ademais os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:
a) Certificado acreditativo de discapacidade, no caso de que a persoa solicitante ou calquera das persoas que figuran no anexo III faga constar na solicitude que lle é de aplicación esta circunstancia, para o suposto de que o documento deba ser expedido pola Xunta de Galicia. No suposto de non tratarse dun documento expedido pola Xunta de Galicia, deberase presentar a correspondente documentación.
b) Consulta da prestación de desemprego percibida pola persoa solicitante, así como polas persoas que integran a súa unidade de convivencia e que figuran no anexo III.
c) Consulta das prestacións do Rexistro de Prestacións Sociais Públicas, incapacidade temporal e maternidade do Instituto Nacional da Seguridade Social, da persoa solicitante así como das persoas que integran a súa unidade de convivencia e que figuran no anexo III.
d) Certificado das percepcións da renda de integración social de Galicia (Risga) da persoa solicitante así como das persoas que integran a súa unidade de convivencia e que figuran no anexo III.
3. O acceso aos datos contidos nos documentos sinalados coas letras b), c) e d) da epígrafe anterior, de conformidade co artigo 155 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, poderá realizarse por aquelas administracións locais que dispoñan do correspondente convenio coa Xunta de Galicia para acceder a través das plataformas de intermediación de datos.
4. No caso de que a persoa solicitante e, de ser o caso, a persoa representante, os demais membros da unidade de convivencia ou a persoa arrendadora se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no anexo I, no anexo II, no anexo III e no anexo IV, respectivamente, e achegar os documentos correspondentes.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
5. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, as persoas interesadas tamén poderán realizar os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- Fase de solicitude
- Modelo de informe dos Servizos Sociais para o programa Bono alugueiro social destinado a vitimas de violencia de xénero con financiamento do pacto de estado (Anexo V)
- Declaración da persoa arrendadora da vivenda obxecto do contrato de alugamento (Anexo VI)
- Comprobación de datos das persoas que integran a unidade de convivencia distintas da persoa solicitante, no caso de que a unidade de convivencia estea integrada por máis dunha persoa (Anexo III)
- Solicitude (Anexo II)
Prazo de resolución:
2 meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 11 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do Programa do bono de alugueiro social destinado ao alugamento de vivendas para as vítimas de violencia de xénero, con financiamento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero (DOG nº 78 do 24 de abril de 2019).
-
Resolución do 4 de marzo de 2021 pola que se convocan, para o ano 2021, con financiamento plurianual, as subvencións do Programa do bono de alugueiro social destinado ao alugamento de vivendas para as vítimas de violencia de xénero con financiamento do pacto de Estado contra a violencia de xénero (DOG nº 51 do 16 de marzo de 2021).
-
Extracto da Resolución do 4 de marzo de 2021 pola que se convocan, para o ano 2021, con financiamento plurianual, as subvencións do Programa do bono de alugueiro social destinado ao alugamento de vivendas para as vítimas de violencia de xénero con financiamento do pacto de Estado contra a violencia de xénero (DOG nº 51 do 16 de marzo de 2021).
-
Outros procedementos relacionados
Título de familia numerosa / Carné familiar.
Aberto todo o ano
Recoñecemento e acreditación de centros de información á muller.
Aberto todo o ano
Extinción do recoñecemento e acreditación de centros de información á muller.
Aberto todo o ano
Prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero.
Prazo aberto: 21/01/2025 00:00 - 31/12/2025 23:59