Guía de procedementos e servizos

VI482D

Prórroga do bono de alugueiro social para vítimas de violencia de xénero con financiamento do pacto de estado contra a violencia de xénero.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2020 - Prazo pechado: 09/04/2020 00:00 - 12/12/2020 23:59
TRAMITAR PRESENCIALMENTE

1. Esta resolución ten por obxecto convocar para o ano 2020, con financiamento plurianual, as subvencións do Programa do bono de alugueiro social destinado ao alugamento de vivendas para as vítimas de violencia de xénero, así como a prórroga destas axudas para todas as persoas que resultasen beneficiarias deste programa no ano 2019, con financiamento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero (códigos de procedemento VI482C e VI482D, respectivamente).

2. A concesión das subvencións recollidas nesta resolución tramitarase polo procedemento de concorrencia non competitiva ata esgotar o crédito dispoñible previsto na convocatoria, de acordo co sinalado no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Bases reguladoras

As subvencións deste programa rexeranse polas bases reguladoras establecidas na Orde do 11 de abril de 2019, publicada no Diario Oficial de Galicia (en diante, DOG) núm. 78, do 24 de abril de 2019.

Poderán ser beneficiarias da prórroga da axuda prevista no artigo 8 das bases reguladoras aquelas persoas que, resultando beneficiarias desta axuda e non tendo perdido o dereito mediante a oportuna resolución, finalicen o seu período de desfrute durante o ano 2020 e cumpran os requisitos previstos no ordinal 5º.3 desta resolución. O cómputo dos ingresos e a comprobación dos datos necesarios para a concesión da prórroga realizarase conforme o establecido nesta resolución.

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de A Coruña

Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo da Coruña

Praza de Luis Seoane, s/n

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184801

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Lugo

Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Lugo

Avda. Ramón Ferreiro 28

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294602

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Ourense

Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Ourense

Rúa Sáenz Díez, 1

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386233

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Pontevedra

Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Pontevedra

Rúa Alcalde Hevia 7

36071  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805610

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)

Prazo de presentación: PECHADO

09/04/2020 00:00 - 12/12/2020 23:59

A prórroga da axuda poderase solicitar dentro dos dous meses anteriores á data de remate da concesión inicial.

As persoas beneficiarias deste programa deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Que estean empadroadas e ter residencia efectiva nun concello da Comunidade Autónoma de Galicia durante os doce meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude da axuda. Ademais, no caso das persoas estranxeiras, cando así o exixa a lexislación vixente, deberán posuír o permiso de residencia.

No caso de vítimas de trata con fins de explotación sexual, será suficiente acreditar que están empadroadas nun concello da Comunidade Autónoma de Galicia e que posúen autorización de residencia por circunstancias excepcionais.

b) Que sexan persoas arrendatarias ou que estean en condicións de subscribir un contrato de arrendamento de vivenda nun concello da Comunidade Autónoma de Galicia, cunha duración mínima dun ano e con mención expresa da súa referencia catastral, formalizado nos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos.

No caso dos/das menores de idade orfos por violencia de xénero, así como das vítimas de trata menores de idade, o contrato de arrendamento deberá ser asinado pola persoa que posúa a patria potestade, tutela ou acollemento familiar permanente do/da dito/a menor, nos termos que se determinen na normativa aplicable.

c) Que a vivenda obxecto do contrato de arrendamento constitúa ou vaia constituír o seu domicilio habitual e permanente.

d) Que a renda do contrato de arrendamento que se subvencione non supere os importes sinalados no artigo 4 das bases reguladoras.

e) Que os ingresos da súa unidade de convivencia, computados conforme estableza a resolución de convocatoria, sexan iguais ou inferiores a 1,5 veces o IPREM ponderado, coa excepción prevista no suposto sinalado no artigo 3.2.a) das bases reguladoras.

f) Que nin a persoa solicitante nin ningún outro membro da unidade de convivencia teña vínculo de matrimonio ou relación estable análoga coa persoa arrendadora. Así mesmo, que non exista vínculo de parentesco por consanguinidade, adopción ou afinidade, ata o segundo grao, coa persoa arrendadora. Esta mesma exixencia aplicarase cando a parte arrendadora sexa unha persoa xurídica, respecto de calquera dos seus socios ou partícipes.

g) Que nin a persoa solicitante nin ningún outro membro da súa unidade de convivencia teña no territorio nacional unha vivenda en propiedade ou en usufruto. Exceptúase o caso de que, dispoñendo dela, non goce do seu uso e desfrute ou se trate dunha vivenda insuficiente ou inadecuada, por razóns de habitabilidade e mobilidade.

Para os efectos anteriores:

– Considerarase unha vivenda insuficiente aquela en que a cada ocupante lle correspondan menos de 10 m2 de superficie útil. Non se computará, neste suposto, a correspondente a baños, corredores e tendais.

– Considerarase vivenda inadecuada por razóns de habitabilidade aquela que estea en situación legal de ruína, así como aqueloutra que teña deficiencias que afecten de forma notoria a súa habitabilidade.

– Considerarase vivenda inadecuada por razóns de mobilidade aquela que, pola súa configuración arquitectónica e/ou accesos, implique unha grave perda de funcionalidade para unha persoa con mobilidade reducida.

h) Que non sexan arrendatarias de vivendas xestionadas polo IGVS.

i) Que a persoa solicitante e as restantes persoas da unidade de convivencia estean ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non teñan pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma. Ademais, non deben estar incursos en ningún dos outros supostos previstos no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

As solicitudes de concesión de prórroga realizaranse mediante a presentación do modelo que se incorpora como anexo II a esta resolución, debidamente cuberto (código de procedemento VI482D).

As solicitudes de concesión inicial e de prórroga deberán dirixirse á área provincial do IGVS de residencia da persoa solicitante.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Tamén se poderán presentar presencialmente por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).

No modelo de solicitude de prórroga a persoa solicitante realizará as seguintes declaracións:

a) Declaración de que non ten débedas coa persoa arrendadora por non pagamento das rendas e/ou subministracións.

b) Declaración de que nin a persoa solicitante nin ningunha outra persoa da unidade de convivencia está incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención das axudas previstas no número 2 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

c) Declaración de que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia están ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

d) Declaración de que todos os datos da solicitude e dos documentos que se achegan son certos.

Documentación complementaria

Coa solicitude de prórroga da concesión inicial, anexo II, deberase achegar a seguinte documentación (código de procedemento VI482D):

a) Anexo III, de comprobación de datos das persoas que integran a unidade de convivencia, distintas da persoa solicitante, no caso de que a unidade de convivencia estea integrada por máis dunha persoa.

b) Anexo V, modelo de informe dos servizos sociais públicos de Galicia, en que se faga constar que subsisten as condicións de necesidade que deron lugar á concesión inicial, así como os ingresos da unidade de convivencia dos tres meses anteriores á data da solicitude de prórroga.

c) Anexo VI, de declaración da persoa arrendadora da vivenda de que a persoa arrendataria non ten ningunha reclamación pendente por non pagamento das rendas e/ou subministracións.

d) Declaración formalizada polas persoas asinantes do contrato de arrendamento de que este se prorrogará nas mesmas condicións que o anterior.

Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo foron presentados. Presumirase que o acceso a estes documentos é autorizado polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, a área provincial do IGVS poderalle requirir a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos contidos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

Comprobación de datos

1. Para tramitar estes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) Documento nacional de identidade ou número de identidade de estranxeiro da persoa solicitante e, de ser o caso, da persoa representante, das persoas que integran a unidade de convivencia que figuran no anexo III e da persoa arrendadora que figura no anexo IV.

b) Número de identificación fiscal da persoa representante, así como da persoa arrendadora que figura no anexo IV, no caso de que sexan persoas xurídicas.

c) Permiso de residencia legal da persoa solicitante, cando sexa estranxeira.

d) Certificado de empadroamento da persoa solicitante, no caso de cambio de domicilio durante a vixencia do contrato, e das persoas que figuran no anexo III.

e) Certificacións da Axencia Estatal de Administración Tributaria, da Tesouraría Xeral da Seguridade Social e da Axencia Tributaria de Galicia, acreditativas do cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, correspondentes á persoa solicitante e ás persoas que integran a súa unidade de convivencia e que figuran no anexo III.

f) Datos catastrais correspondentes á persoa solicitante e ás persoas que integran a súa unidade de convivencia.

g) Certificación de titularidade de bens inmobles da Dirección Xeral do Catastro onde conste que nin a persoa solicitante nin ningunha das persoas integrantes da unidade de convivencia teñen en usufruto ou en propiedade outra vivenda en territorio español.

h) Certificado acreditativo de discapacidade, no caso de que a persoa solicitante ou calquera das persoas que figuran no anexo III faga constar na solicitude que lle é de aplicación esta circunstancia, para o suposto de que o documento deba ser expedido pola Xunta de Galicia. No suposto de non tratarse dun documento expedido pola Xunta de Galicia, deberase presentar a correspondente documentación.

i) Percepción de subvencións para vítimas de violencia de xénero concedidas pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia.

j) Vixencia da orde de protección ou da medida cautelar, a través do Punto de Coordinación das Ordes de Protección da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia.

k) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas da persoa solicitante.

l) Consulta de concesións de subvencións e axudas da persoa solicitante.

m) Consulta da prestación de desemprego percibida pola persoa solicitante, así como polas persoas que integran a súa unidade de convivencia e que figuran no anexo III.

n) Consulta das prestacións do Rexistro de Prestacións Sociais Públicas, de incapacidade temporal e maternidade do Instituto Nacional da Seguridade Social da persoa solicitante, así como das persoas que integran a súa unidade de convivencia e que figuran no anexo III.

o) Certificado das percepcións da renda de integración social de Galicia (Risga) da persoa solicitante, así como das persoas que integran a súa unidade de convivencia e que figuran no anexo III.

2. O acceso aos datos contidos nos documentos sinalados coas letras m), n) e o) do número anterior, de conformidade co artigo 155 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, poderano realizar aquelas administracións locais que dispoñan do correspondente convenio coa Xunta de Galicia para acceder a través das plataformas de intermediación de datos.

3. No caso de que a persoa solicitante e, de ser o caso, a persoa representante, os demais membros da unidade de convivencia ou a persoa arrendadora se opoñan expresamente a estas consultas, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no anexo I, anexo II, no anexo III e no anexo IV, respectivamente, e achegar os documentos correspondentes.

4. No caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Prazo de resolución:

2 meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 11 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do Programa do bono de alugueiro social destinado ao alugamento de vivendas para as vítimas de violencia de xénero, con financiamento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero (DOG nº 78 do 24 de abril de 2019).

    • Resolución do 3 de abril de 2020 pola que se convocan, para o ano 2020, con financiamento plurianual, as subvencións do Programa do bono de alugueiro social destinado ao alugamento de vivendas para as vítimas de violencia de xénero con financiamento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero (DOG nº 69 do 8 de abril de 2020).

    • Extracto da Resolución do 3 de abril de 2020 pola que se convocan, para o ano 2020, con financiamento plurianual, as subvencións do Programa do bono de alugueiro social destinado ao alugamento de vivendas para as vítimas de violencia de xénero con financiamento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero (DOG nº 69 do 8 de abril de 2020).

Outros procedementos relacionados

BS423A

Título de familia numerosa / Carné familiar.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

SI433A

Recoñecemento e acreditación de centros de información á muller.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

SI433B

Extinción do recoñecemento e acreditación de centros de información á muller.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

SI434A

Prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 21/01/2025 00:00 - 31/12/2025 23:59