Guía de procedementos e servizos

VI482B

Prórroga do bono de aluguer do Plan RehaVIta.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Pechado
TRAMITAR PRESENCIALMENTE

1. Convocar as axudas do Programa do bono de alugueiro social, para o ano 2021, con financiamento plurianual, que se tramitarán cos códigos de procedemento VI482A e VI482B.

2. A concesión das subvencións recollidas nesta resolución tramitarase polo procedemento de concorrencia non competitiva, ata esgotar o crédito dispoñible previsto na convocatoria, de acordo co sinalado no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Bases reguladoras.

As subvencións deste programa rexeranse polas bases reguladoras contidas na Orde do 18 de decembro de 2018, publicadas no Diario Oficial de Galicia (en diante, DOG) núm. 4 do 7 de xaneiro de 2019, modificada pola Orde do 16 de decembro de 2019 (DOG núm. 248 do 31 de decembro).

1. Poderán ser persoas beneficiarias deste programa as previstas no artigo 2 das bases reguladoras, sempre que cumpran os requisitos previstos no artigo 3 das citadas bases.

2. Así mesmo, poderán ser beneficiarias das prórrogas extraordinarias previstas no artigo 6.2 das bases reguladoras aquelas persoas que finalizasen o período máximo ordinario de desfrute das axudas deste programa durante o ano 2019, 2020 e 2021, coa excepción das sinaladas no artigo 2.1.h) das bases reguladoras.

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Secretaría Xeral de Vivenda e Urbanismo

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)

Área Central. Fontiñas

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981541982

Email: dx.igvs@xunta.es

http://www.igvs.es

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de A Coruña

Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo da Coruña

Praza de Luis Seoane, s/n

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184801

Fax: 981184860

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Lugo

Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Lugo

Avda. Ramón Ferreiro 28

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294602

Fax: 982294624

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Ourense

Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Ourense

Rúa Sáenz Díez, 1

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386579

Fax: 988386235

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Pontevedra

Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Pontevedra

Rúa Alcalde Hevia 7

36071  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805610

Fax: 986805663

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)

Prazo de presentación: PECHADO

1. As persoas beneficiarias deste programa e que non perdesen o dereito mediante a oportuna resolución poderán solicitar a prórroga ordinaria ou, se é o caso, a extraordinaria, dentro dos dous meses anteriores á data de remate da concesión inicial ou, se é o caso, da prórroga que estea percibindo, coa excepción sinalada no parágrafo seguinte.

2. As persoas que á data da publicación desta convocatoria xa tivesen desfrutado os períodos ordinarios da axuda durante tres anos poderán solicitar a prórroga extraordinaria no prazo de dous meses, contados dende a publicación desta resolución.

- As persoas beneficiarias deste programa e que non perderan o dereito mediante a oportuna resolución poderán solicitar a prórroga ordinaria ou, no seu caso, a extraordinaria, dentro dos dous meses anteriores á data de remate da concesión inicial ou, no seu caso, das prórrogas que estea percibindo, coa excepción sinalada no parágrafo seguinte.

- As persoas que á data da publicación desta convocatoria xa tiveran desfrutado os períodos ordinarios da axuda durante tres anos, poderán solicitar a prórroga extraordinaria no prazo de dous (2) meses, contados dende a publicación desta resolución.

Solicitudes.

1. As solicitudes de concesión de prórroga realizaranse mediante a presentación do modelo que se incorpora como anexo VI a esta resolución, debidamente cuberto (código de procedemento VI482B). As solicitudes deberán dirixirse á área provincial do IGVS onde estea situada a vivenda.

2. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Tamén se poderán presentar as solicitudes presencialmente por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

3. Para a presentación electrónica das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria.

1. Coa solicitude de prórroga da axuda inicial, anexo VI, deberase achegar a seguinte documentación:

a) Anexo II, de comprobación de datos das persoas que integran a unidade de convivencia.

b) Anexo IV, modelo de informe dos Servizos Sociais do concello no que está empadroada a persoa solicitante, no que se faga constar que subsisten as condicións de necesidade que deron lugar á concesión inicial, así como os ingresos da unidade de convivencia dos tres meses anteriores á data da solicitude de prórroga.

c) Anexo V, de declaración da persoa arrendadora da vivenda de que a persoa arrendataria non ten ningunha reclamación pendente por non pagamento das rendas e/ou subministracións.

d) Declaración formalizada polas persoas asinantes do contrato de arrendamento de que este se prorrogará nas mesmas condicións que o anterior.

2. Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo foron presentados. Presumirase que o acceso a estes documentos é autorizado polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

3. Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, a Área Provincial do IGVS poderá requirirlle a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación dos correspondentes datos.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) Documento nacional de identidade (en diante, DNI) ou número de identidade de estranxeiro (en diante, NIE) da persoa solicitante e, de ser o caso, da persoa representante, das persoas que integran a unidade de convivencia que figuran no anexo II e da persoa arrendadora que figura no anexo III.

b) Número de identificación fiscal da persoa representante, así como da persoa arrendadora que figura no anexo III, no caso de que sexan persoas xurídicas.

c) Permiso de residencia legal da persoa solicitante, cando sexa estranxeira.

d) Certificado de empadroamento da persoa solicitante, no caso de cambio de domicilio durante a vixencia do contrato, e das persoas que figuran no anexo II.

e) Certificacións da Axencia Estatal de Administración Tributaria (en diante, AEAT), da Tesouraría Xeral da Seguridade Social e da consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, acreditativas do cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, correspondentes á persoa solicitante e ás persoas que integran a súa unidade de convivencia e que figuran no anexo II.

f) Datos catastrais correspondentes á persoa solicitante e ás persoas que integran a súa unidade de convivencia.

g) Certificación de titularidade de bens inmobles da Dirección Xeral do Catastro onde conste que nin a persoa solicitante nin ningunha das persoas integrantes da unidade de convivencia teñen en usufruto ou en propiedade outra vivenda en territorio español.

h) Certificado acreditativo de discapacidade, no caso de que a persoa solicitante ou calquera das persoas que figuran no anexo II faga constar na solicitude que lle é de aplicación esta circunstancia, para o suposto de que o documento deba ser expedido pola Xunta de Galicia. No caso de non tratarse dun documento expedido pola Xunta de Galicia deberase presentar a correspondente documentación.

i) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas da persoa solicitante.

j) Consulta de concesións de subvencións e axudas da persoa solicitante.

k) Consulta da prestación de desemprego percibida pola persoa solicitante, así como polas persoas que integran a súa unidade de convivencia, segundo o seu anexo II.

l) Consulta das prestacións do Rexistro de Prestacións Sociais Públicas, incapacidade temporal e maternidade do Instituto Nacional da Seguridade Social, da persoa solicitante, así como das persoas que integran a súa unidade de convivencia, segundo o seu anexo II.

m) Certificado das percepcións da renda de integración social de Galicia (RISGA) da persoa solicitante, así como das persoas que integran a súa unidade de convivencia, segundo o seu anexo II.

2. O acceso aos datos contidos nos documentos sinalados coas letras k), l) e m) do apartado anterior, de conformidade co artigo 155 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, poderá realizarse por aquelas Administracións locais que dispoñan do correspondente Convenio coa Xunta de Galicia para acceder a través das plataformas de intermediación de datos.

3. No caso de que a persoa solicitante e, de ser o caso, a persoa representante, os demais membros da unidade de convivencia ou a persoa arrendadora se opoñan expresamente a estas consultas, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no anexo I, anexo II e no anexo III, respectivamente, e achegar os documentos correspondentes.

4. No caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Prazo de resolución:

Dous meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 18 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do Programa do bono de alugueiro social do Plan RehaVIta, Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora de acceso á vivenda 2015-2020 (DOG nº 4 do 7 de xaneiro de 2019).

    • Orde do 16 de decembro de 2019 pola que se modifica a Orde do 18 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do Programa do bono de alugueiro social do Plan RehaVIta: Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora de acceso á vivenda 2015-2020 (DOG nº 248 do 31 de decembro de 2019).

    • Resolución do 22 de decembro de 2020 pola que se convocan para o ano 2021, con financiamento plurianual, as subvencións do Programa do bono de alugueiro social (DOG nº 12 do 20 de xaneiro de 2021).

    • Extracto da Resolución do 22 de decembro de 2020 pola que se convocan para o ano 2021, con financiamento plurianual, as subvencións do Programa do bono de alugueiro social (DOG nº 12 del 20 de xaneiro de 2021).

    • Resolución do 4 de xuño de 2021 pola que se amplía a dotación orzamentaria da convocatoria de 2021 de subvencións do Programa do bono de alugueiro social para os exercicios 2021 e 2022 (DOG nº 109 do 10 de xuño de 2021).

    • Resolución do 12 de abril de 2022 pola que se dá publicidade á relación das persoas ou entidades beneficiarias de varios programas de axudas concedidas ao abeiro das convocatorias para o ano 2021 (DOG nº 79 do 26 de abril de 2022).

Outros procedementos relacionados

IN413C

Inscrición/modificación do certificado de edificios de nova construción no rexistro de certificados de eficiencia enerxética de edificios.

Aberto todo o ano

IN413D

Inscrición/modificación do certificado de edificios existentes no rexistro de certificados de eficiencia enerxética de edificios.

Aberto todo o ano

VI402B

Programa "Avais para a adquisición de vivenda".

Tramitar en liña

Prazo aberto: 01/04/2025 00:00 - 31/10/2025 23:59

VI406E

Programa de axuda ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 08/05/2025 00:00 - 08/07/2025 23:59