Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
VI481A
Subvención complementaria da comunidade autónoma para promotores de aloxamentos protexidos acollidos ao plan de vivenda e rehabilitación 2009-2012.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Esta orde ten por obxecto convocar, para a anualidade 2017, a través dun procedemento en réxime de concorrencia non competitiva, subvencións destinadas a favorecer a construción de aloxamentos protexido.
A contía será de 200 euros por cada metro cadrado de superficie útil protexida do aloxamento e de superficie útil protexida destinada a servizos comúns, a cal non poderá exceder o 30 % do total da superficie útil dos aloxamentos. As axudas fraccionaranse en función do número de aloxamentos alugados.
1. Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas físicas ou xurídicas promotoras de aloxamentos protexidos que reúnan os requisitos establecidos nos artigos 35 e seguintes do Real decreto 2066/2008, do 12 de decembro, polo que se regula o Plan estatal de vivenda e rehabilitación 2009-2012, e no Decreto 402/2009, do 22 de outubro. A promoción terá que contar con cualificación definitiva emitida con anterioridade ao 31 de decembro de 2012.
2. Para resolver sobre estas subvencións teranse en conta as circunstancias acreditadas no expediente de cualificación.
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de A Coruña
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo da Coruña
R/ Vicente Ferrer, 2
15071 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184824
Fax: 981184860
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Lugo
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Lugo
Avda. Ramón Ferreiro nº 28
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294600
Fax: 982294624
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Ourense
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Ourense
Rúa Sáenz Díez, 1
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386271
Fax: 988386235
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Pontevedra
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Pontevedra
Rúa Alcalde Hevia 7
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805610
Fax: 986805663
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Secretaría Xeral de Vivenda e Urbanismo
Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)
Área Central. Fontiñas
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541982
Email: dx.igvs@xunta.es
Prazo de presentación: PECHADO
09/08/2017 00:00 - 08/09/2017 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
1. A solicitude realizarase mediante a presentación do modelo que se incorpora como anexo I a esta orde, que estará dispoñible tamén na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Deberá dirixirse á área provincial do IGVS onde estea situada a promoción.
2. As persoas xurídicas e as súas persoas representantes deberán presentar a súa solicitude electronicamente, de acordo co establecido no artigo 14.2.b) e d) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. No suposto de que presentasen a súa solicitude presencialmente, serán requiridas para que a emenden a través da súa presentación electrónica. Nestes casos considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
3. As persoas físicas deberán presentar a súa solicitude preferiblemente por vía electrónica. Tamén poderán presentala en formato papel, por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
4. Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
5. No modelo de solicitude, a persoa ou entidade interesada realizará as seguintes declaracións:
a) Declaración de non ter solicitado ou obtido ningunha outra axuda para a mesma finalidade. No caso de ter solicitado ou obtido outras axudas, deberá indicar cales e o seu importe.
b) Compromiso de comunicar calquera outra subvención que lle sexa concedida para a mesma finalidade e o seu importe.
c) Declaración de non estar incurso/a en ningunha clase de inhabilitación para a obtención das axudas.
d) Declaración de estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións.
e) Declaración responsable sobre a veracidade dos datos consignados na solicitude relativos á conta bancaria en que desexe que se realice o pagamento.
f) Declaración de que todos os datos da solicitude e documentos que se acheguen son certos.
Documentación complementaria.
Xunto coa solicitude, deberá achegarse a seguinte documentación:
a) Acreditación da representación da persoa que actúe en nome da persoa solicitante, de ser o caso.
b) Nota simple ou certificación rexistral da anotación no Rexistro da Propiedade da cualificación definitiva dos aloxamentos protexidos, para o suposto de non a ter presentado con anterioridade no mesmo expediente de cualificación.
2. Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa solicitante deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo foron presentados. Presumirase que o acceso a estes documentos é autorizado polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
3. Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, a área provincial do IGVS poderá requirir a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos contidos a que se refire o documento.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) Documento nacional de identidade ou número de identidade de estranxeiro ou, de ser o caso, número de identificación fiscal da persoa ou entidade solicitante e, de ser o caso, da persoa representante.
b) Certificados da Axencia Estatal da Administración Tributaria, da Tesouraría Xeral da Seguridade Social e da consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia acreditativos do cumprimento pola persoa ou entidade solicitante das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. No suposto de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
3. No caso de que as persoas indicadas se opoñan á consulta prevista no número 1, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no anexo I e achegar os devanditos documentos.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas ou das entidades interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa ou da entidade interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas non estean obrigadas á presentación electrónica das solicitudes, tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Prazo de resolución: Dous meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Decreto 402/2009, do 22 de outubro, polo que se establecen as axudas públicas en materia de vivenda a cargo da Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a xestión das previstas no Real decreto 2066/2008, do 12 de decembro, para o período 2009-2012 (DOG nº 217 do 05 de novembro de 2009).
-
Resolución do 13 de maio de 2011 pola que se modifican os modelos de solicitude e a documentación que os acompaña previstos no anexo II do Decreto 402/2009, do 22 de outubro, polo que se establecen as axudas públicas en materia de vivenda a cargo da Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a xestión das previstas no Real decreto 2066/2008, do 12 de decembro, para o período 2009-2012 (DOG nº 102 do 27 de maio de 2011).
-
Orde do 21 de xullo de 2017 pola que se convoca a concesión de subvencións complementarias da Comunidade Autónoma de Galicia para as persoas promotoras de aloxamentos protexidos acollidos ao Plan de vivenda e rehabilitación 2009-2012 (DOG. nº 150 do 8 agosto de 2017).
-
-
Ámbito Estatal
-
Real Decreto 2066/2008, do 12 de decembro, polo que se regula o Plan Estatal de Vivenda e Rehabilitación 2009-2012 (BOE nº 309, do 24 de decembro de 2008).
-
Real Decreto 1713/2010, do 17 de decembro, polo que se modifica o Real Decreto 2066/2008, do 12 de decembro, polo que se regula o Plan Estatal de Vivenda e Rehabilitación 2009-2012 (BOE nº 307 do 18 de decembro de 2010).
-
Outros procedementos relacionados
Inscrición/modificación do certificado de edificios de nova construción no rexistro de certificados de eficiencia enerxética de edificios.
Aberto todo o ano
Inscrición/modificación do certificado de edificios existentes no rexistro de certificados de eficiencia enerxética de edificios.
Aberto todo o ano
Programa "Avais para a adquisición de vivenda".
Prazo aberto: 01/04/2025 00:00 - 31/10/2025 23:59
Programa de axuda ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Prazo aberto: 08/05/2025 00:00 - 08/07/2025 23:59