Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
VI439A
Subvencións do programa de instalación de ascensores e outros dispositivos de accesibilidade en edificios de tipoloxía residencial colectiva, nas súas vivendas dúplex, e en vivendas unifamiliares.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
1. Esta orde ten por obxecto aprobar as bases que rexerán a concesión, a través dun procedemento de concorrencia non competitiva, de subvencións para a instalación de ascensores e outros dispositivos de accesibilidade en edificios de tipoloxía residencial colectiva, nas súas vivendas dúplex, así como en vivendas unifamiliares, que carezan deles (código do procedemento VI439A).
2. Así mesmo, por medio desta orde procédese á convocatoria destas subvencións para a anualidade 2018, con carácter plurianual.
Actuacións subvencionables.
1. Será subvencionable a instalación de ascensores, de elevadores, de salvaescaleiras e demais dispositivos de accesibilidade en edificios de tipoloxía residencial colectiva, nas súas vivendas dúplex e en vivendas unifamiliares, que carezan deles.
2. Serán subvencionables as actuacións preparatorias que se realizasen antes da data da presentación da solicitude, os honorarios dos profesionais que interveñan, os informes técnicos e certificados necesarios e os gastos derivados da tramitación administrativa. Así mesmo, serán subvencionables os custos en equipamentos, en materiais, en obra civil e en man de obra necesarios para a instalación dos dispositivos de accesibilidade. No custo total das obras non se incluirán os gastos derivados de impostos, taxas e tributos.
3. Non serán obxecto de subvención as actuacións en que se iniciasen as obras antes da data de presentación da solicitude.
4. Só se subvencionará a instalación dun ascensor ou dun elevador por persoa ou comunidade de persoas propietarias. Non obstante, as comunidades con varios portais que non estean comunicados poderán solicitar unha subvención para cada un deles. Neste caso, as solicitudes deberán presentarse por separado, e indicarase o número de vivendas de cada portal.
5. Subvencionarase a instalación de dispositivos de accesibilidade complementarios ao ascensor ou ao elevador cando as limitacións de accesibilidade do edificio ou vivenda así o requiran.
6. O prazo de execución das actuacións, en ningún caso, poderá ser superior a doce (12) meses, contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución de concesión.
Poderán obter a condición de persoas beneficiarias destas axudas as comunidades de persoas propietarias, as persoas físicas propietarias únicas de edificios de vivendas, as persoas físicas propietarias dun dúplex nun edificio de tipoloxía residencial colectiva e as persoas físicas propietarias dunha vivenda unifamiliar.
Para os efectos desta orde, considerarase como persoa propietaria única do edificio a persoa física titular do pleno dominio do edificio.
Obrigas das persoas beneficiarias.
Ademais das recollidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, as persoas ou as comunidades de persoas propietarias beneficiarias terán as seguintes obrigas:
a) Executar as actuacións subvencionadas dentro dos prazos máximos que se establezan na respectiva resolución de concesión.
b) Xustificar a execución coas facturas e documentos bancarios de pagamento en que se identifiquen as persoas ou comunidades de persoas propietarias beneficiarias.
c) Someterse ás actuacións de comprobación e inspección que o IGVS considere pertinentes ao longo do proceso de execución.
d) Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das subvencións.
e) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos en tanto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.
f) Subministrar ao IGVS, logo de requirimento para o efecto, de conformidade co artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, toda a información necesaria para o cumprimento das obrigas previstas no título I da citada lei.
g) Realizar plenamente todos os investimentos obxecto da axuda, de modo que estean operativos e verificables a partir da data de xustificación do investimento.
h) Estar ao día das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social no momento en que se aboen as subvencións.
i) As demais obrigas que se derivan desta orde.
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Secretaría Xeral de Vivenda e Urbanismo
Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)
Dirección Técnica de Axudas e Vivenda
Área Central. Fontiñas
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541910
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de A Coruña
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo da Coruña
R/ Vicente Ferrer, 2
1507 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184800
Fax: 981184860
Email: igvs.coruna@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Lugo
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Lugo
Avda. Ramón Ferreiro, 28
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294645
Fax: 982294624
Email: igvs.lugo@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Ourense
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Ourense
R/ Antonio Sáenz Díez, 1
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386269
Fax: 988386235
Email: igvs.ourense@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Pontevedra
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Pontevedra
R/ Alcalde Hevia, 7
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805601
Fax: 986805258
Prazo de presentación: PECHADO
27/03/2018 00:00 - 30/05/2018 23:59
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de maio de 2018 e, en todo caso, no momento do esgotamento do crédito orzamentario, o que será publicado no Diario Oficial de Galicia mediante resolución ditada pola persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.
- Para o caso de vivenda dúplex nun edificio de tipoloxía residencial colectiva e de vivenda unifamiliar, exixirase que os ingresos ponderados da unidade de convivencia da persoa beneficiaria non excedan de 3,5 veces o índice público de renda de efectos múltiples (en diante, IPREM).
- As persoas propietarias de dúplex ou de vivendas familiares deberán residir na vivenda para a que se solicita a subvención, o que se acreditará co certificado de empadroamento.
- Non poderán obter a condición de persoas beneficiarias aquelas que estean incursas nalgunha das causas previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
- Non poderá ser beneficiaria desta axuda quen recibise axudas do Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS) para o mesmo tipo de actuación ao abeiro deste programa durante os cinco anos anteriores á correspondente convocatoria.
Coa solicitude deberase achegar a seguinte documentación:
a) De ser o caso, documentación acreditativa da representación da persoa que actúe no nome da persoa física solicitante. A representación deberá acreditarse a través do modelo normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou por calquera outro medio válido en dereito. O modelo normalizado pódese descargar na seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/modelos-normalizados.
b) No caso de solicitudes en nome de comunidades de persoas propietarias, certificado da persoa que exerza as funcións de secretario/a, en que se recolla tanto o acordo de solicitar a axuda deste programa, como o nomeamento da persoa que a represente na tramitación do expediente, conforme o modelo que se xunta a esta orde como anexo II.
c) Anexo III, de comprobación de datos e declaración responsable da composición da unidade de convivencia, para o caso de persoas propietarias de vivendas dúplex e de vivendas unifamiliares. No suposto de non estar obrigado/a a presentar a declaración do IRPF, deberase presentar o modelo de devolución e copia da notificación-liquidación emitido pola AEAT. No suposto de que non se achegase o citado modelo, deberase achegar unha declaración responsable de todos os ingresos obtidos, á cal deberá xuntar, de ser o caso, o certificado de retribucións e retencións da empresa ou empresas en que estivese de alta no dito exercicio, certificado de pensións, prestacións periódicas, certificado do Servizo Público de Emprego e certificados das entidades bancarias de rendementos do capital mobiliario.
d) Proxecto técnico ou memoria, no caso de que non se requira proxecto, en que se describan axeitadamente as actuacións que se realicen, subscritos por persoa técnica competente. O proxecto ou a memoria identificará o edificio ou a vivenda, así como os datos que se refiren na solicitude e incluirá fotografías onde se amosen as zonas onde se realizarán as actuacións, e terá os seguintes contidos mínimos:
Descrición detallada das actuacións que se pretenden realizar.
Características do dispositivo de accesibilidade que se pretende instalar.
Orzamento desagregado e detallado do investimento da instalación.
e) Nota simple rexistral da vivenda, no caso de persoas físicas solicitantes.
f) Copia da escritura da división horizontal inscrita no Rexistro da Propiedade, no caso das comunidades de persoas propietarias.
g) Licenza municipal de obras, no caso de que sexa necesaria pola actuación que se realice. No suposto de non contar aínda coa licenza, achegarase a correspondente solicitude de licenza.
h) Comunicación previa ao concello, cando a actuación non estea sometida a licenza. No caso de ter transcorridos máis de quince (15) días hábiles, contados desde a data da presentación da comunicación previa ao concello, esta deberá vir acompañada dunha declaración responsable de non ter sido requirido para a súa subsanación.
i) Certificado de discapacidade, no caso de non terse emitido pola Xunta de Galicia da persoa solicitante e, de ser o caso, das demais persoas que compoñen a unidade de convivencia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) Documento nacional de identidade ou, de ser o caso, número de identidade de estranxeiro, da persoa solicitante ou da súa persoa representante.
b) Número de identificación fiscal da comunidade de persoas propietarias.
c) Certificacións da AEAT, da Tesouraría Xeral da Seguridade Social e da consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, acreditativas do cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, e de non ter pendente ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, da persoa solicitante e, de ser o caso, dos demais membros que compoñen a unidade familiar.
d) Certificado da renda expedido pola AEAT da persoa solicitante e, de ser o caso, dos demais membros que compoñen a unidade familiar, correspondente aos ingresos do exercicio vencido inmediatamente anterior á data da solicitude, no caso das persoas referidas no artigo 4.2 desta orde.
e) Certificado do nivel de renda expedido pola AEAT da persoa solicitante e, de ser o caso, dos demais membros que compoñen a unidade familiar, correspondente ao exercicio inmediatamente anterior á data da solicitude, no caso das persoas referidas no artigo 4.2 desta orde.
f) Certificado de empadroamento da persoa solicitante propietaria de dúplex ou vivenda unifamiliar.
g) Certificado de discapacidade emitido pola Xunta de Galicia da persoa solicitante ou, de ser o caso, das persoas que compoñen a unidade familiar.
2. Cando as persoas interesadas se opoñan a estas consultas, deberán facelo constar nos correspondentes cadros habilitados para tal efecto no anexo I e no anexo III e, ao mesmo tempo, achegar os documentos oportunos.
3. No caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
A solicitude realizarase mediante a presentación do modelo que se incorpora como anexo I a esta orde, que está dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Deberá dirixirse á área provincial do IGVS onde estea situado o edificio ou a vivenda.
As comunidades de persoas propietarias e as súas persoas representantes deberán presentar a súa solicitude electronicamente, de acordo co establecido no artigo 14.2.b) e d) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. No caso de que presentasen as súas solicitudes presencialmente, requiriráselle para que as emenden a través da súa presentación electrónica. Nestes casos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas físicas deberán presentar a súa solicitude preferiblemente por vía electrónica. Tamén poderán presentala en formato papel, por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
No modelo de solicitude a persoa solicitante realizará as seguintes declaracións:
a) Declaración de que non obtivo ningunha outra axuda para a mesma finalidade. No caso de ter solicitado ou obtido algunha outra axuda, deberá indicar cales e a súa contía.
b) Compromiso de comunicar calquera outra subvención que lle sexa concedida para esa mesma finalidade.
c) Declaración de non estar incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
d) Declaración de estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e ao artigo 9 do seu regulamento, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
e) Declaración responsable do representante da comunidade de persoas propietarias ou da persoa física solicitante de que o edificio ou a vivenda carece do dispositivo de accesibilidade que se pretende instalar.
f) Declaración de que todos os datos da súa solicitude son certos.
Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo foron presentados. Presumirase que o acceso a estes documentos é autorizado polas persoas ou as comunidades de persoas propietarias, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, a área provincial do IGVS poderá requirirlle a súa presentación ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos contidos a que se refire o documento.
As comunidades de persoas propietarias e as súas persoas representantes deberán presentar a documentación complementaria electronicamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, de acordo co establecido no artigo 14.2.b) e d) da Lei 39/2015, do 1 de outubro. No caso de que se presentase a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Nestes casos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas físicas deberán presentar a documentación complementaria preferiblemente por vía electrónica. Tamén poderán presentala en formato papel, por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Para o caso de que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.
As persoas ou comunidades de persoas propietarias responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais, sempre que exista constancia de que sexan auténticas. Excepcionalmente, o IGVS poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o seu cotexo coa copia electrónica presentada.
No caso de que os documentos que se presenten superen os tamaños máximos establecidos na sede electrónica ou teñan un formato non admitido, deberán seguirse para a súa presentación as instrucións da sede electrónica da Xunta de Galicia sinaladas no seguinte enderezo: https://sede.xunta.gal/documentacion-de-gran-tamano.
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas ou das comunidades de persoas propietarias unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos logo da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos, accedendo á carpeta do cidadán da persoa ou da entidade interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas non estean obrigadas á presentación electrónica das solicitudes, tamén poderán presentalas presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
- Fase de xustificación
- Memoria xustificativa económica e comunicación da finalización de obras (Anexo IV)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 14 de marzo de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións do Programa de instalación de ascensores e outros dispositivos de accesibilidade en edificios de tipoloxía residencial colectiva, nas súas vivendas dúplex e en vivendas unifamiliares, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018, con carácter plurianual (DOG nº 60 do 26 de marzo de 2018)
-
Extracto da Orde do 14 de marzo de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións do Programa de instalación de ascensores e outros dispositivos de accesibilidade en edificios de tipoloxía residencial colectiva, nas súas vivendas dúplex e en vivendas unifamiliares, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018, con carácter plurianual (DOG nº 60 do 26 de marzo de 2018).
-
Resolución do 12 de xuño de 2018, da Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, pola que se amplía a dotación orzamentaria da convocatoria de axudas destinadas ao Programa de instalación de ascensores e outros dispositivos de accesibilidade en edificios de tipoloxía residencial colectiva, nas súas vivendas dúplex e en vivendas unifamiliares, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018, con carácter plurianual (DOG nº 115 do 18 de xuño de 2018).
-
Resolución do 17 de outubro de 2018 pola que se dá publicidade do esgotamento de crédito da Orde do 14 de marzo de 2018, da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións do Programa de instalación de ascensores e outros dispositivos de accesibilidade en edificios de tipoloxía residencial colectiva, nas súas vivendas dúplex e en vivendas unifamiliares, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018, con carácter plurianual (DOG nº 209 do 2 de novembro de 2018).
-
Resolución do 15 de xullo de 2019 pola que se dá publicidade da relación das persoas ou entidades beneficiarias de varios programas de axudas concedidos ao abeiro das convocatorias realizadas no ano 2018 (DOG nº 140 do 24 de xullo de 2019).
-
Outros procedementos relacionados
Inscrición/modificación do certificado de edificios de nova construción no rexistro de certificados de eficiencia enerxética de edificios.
Aberto todo o ano
Inscrición/modificación do certificado de edificios existentes no rexistro de certificados de eficiencia enerxética de edificios.
Aberto todo o ano
Programa "Avais para a adquisición de vivenda".
Prazo aberto: 01/04/2025 00:00 - 31/10/2025 23:59
Programa de axuda ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Prazo aberto: 08/05/2025 00:00 - 08/07/2025 23:59