Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
VI436E
Cambio de réxime xeral a réxime de concerto.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
O cambio de réxime tramitarase de acordo co previsto para o procedemento de concesión do réxime de concertos de fianzas.
Logo de ver a documentación presentada, o Instituto Galego da Vivenda e Solo, devolverá á persoa solicitante do concerto os importes que procedan con relación ás fianzas depositadas en réxime xeral para que este deposite as cantidades previstas no artigo 26º, e será de aplicación o disposto no referido artigo.
Neste suposto procederá a cancelación dos xustificantes dos depósitos constituídos afectados.
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Secretaría Xeral de Vivenda e Urbanismo
Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)
Área Central. Fontiñas
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541982
Email: dx.igvs@xunta.es
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
A Orde do 7 de abril de 2016 entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Solicitude segundo o Anexo I.
Copia do NIF, DNI ou NIE da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade.
Relación de fianzas que no seu día se depositaron de forma individualizada e sigan en vigor no Instituto Galego da Vivenda e Solo e que pasarán a incluírse no rexime de concerto, así como a autorización expresa dos respectivos arrendadores para incluír esa fianza no rexime de concerto e para a cesión dos datos ao organismo.
Relación detallada do número de fianzas depositadas, importes e devolucións efectuados, da cal se reflicta a cifra de negocio do exercicio anterior e a previsible para o exercicio en curso, así como o número de fianzas que se deberán depositar e o importe total destas.
Aval bancario que cubra o 20 % do importe das fianzas xestionadas, no caso de rexime de depósito voluntario de arrendadores e asociacións destes e centros comerciais e/ou grandes superficies.
No caso de que algunha ou a totalidade das fianzas constituídas estivesen en papel de fianzas, será imprescindible presentar o documento físico, xunto co correspondente contrato de arrendamento.
Documentación acreditativa da capacidade xurídica e de obrar do solicitante. No caso dos profesionais dedicados á administración de leiras será suficiente coa presentación do certificado expedido polo respectivo colexio profesional e de copia do seguro de responsabilidade civil. Nos demais supostos, as persoas xurídicas poderán acreditar dita capacidade mediante a presentación da escritura de constitución ou modificación, de ser o caso, inscrita no Rexistro Mercantil, e as persoas físicas mediante a presentación do seu documento nacional de identidade ou o que o substitúa regulamentariamente.
Acreditación da representación, se e o caso.
- Inicio
- Solicitude (Anexo I)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 7 de abril de 2016 pola que se adaptan e se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (DOG nº 69 do 12 de abril de 2016).
-
Decreto 42/2011, do 3 de marzo, polo que se establece o procedemento para o depósito das fianzas dos arrendamentos relativos a predios urbanos no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 51 do 14 de marzo de 2011).
-
Corrección de erros. Decreto 42/2011, do 3 de marzo, polo que se establece o procedemento para o depósito das fianzas dos arrendamentos relativos a predios urbanos no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 98 do 23 de maio de 2011).
-
Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia (DOG nº 141 do 24 de xullo de 2012).
-
-
Ámbito Estatal
-
Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos (BOE nº 282, de 25 de novembro de 1994).
-
Outros procedementos relacionados
Inscrición/modificación do certificado de edificios de nova construción no rexistro de certificados de eficiencia enerxética de edificios.
Aberto todo o ano
Inscrición/modificación do certificado de edificios existentes no rexistro de certificados de eficiencia enerxética de edificios.
Aberto todo o ano
Programa "Avais para a adquisición de vivenda".
Prazo aberto: 01/04/2025 00:00 - 31/10/2025 23:59
Programa de axuda ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Prazo aberto: 08/05/2025 00:00 - 08/07/2025 23:59