Guía de procedementos e servizos

VI432B

Renovación da axuda ao alugamento de vivendas do plan estatal de vivenda 2018-2021.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Convocatoria 2020 - Prazo pechado: 06/05/2020 00:00 - 31/12/2021 23:59
TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras que rexerán a renovación (código de procedemento VI432B) dos seguintes programas de axudas ao alugamento de vivendas, de conformidade co Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, polo que se regula o Plan estatal de vivenda 2018-2021 (en diante, Plan 2018-2021):

a) Liña A, axuda ao alugamento de vivenda: a súa finalidade é facilitar o desfrute dunha vivenda en réxime de alugamento a sectores de poboación con escasos medios económicos, mediante a concesión de axudas directas ás persoas inquilinas.

b) Liña B, axuda á mocidade para o alugamento de vivenda habitual e permanente: a súa finalidade é facilitar o acceso ao desfrute dunha vivenda digna e adecuada, en réxime de alugamento, a persoas menores de 35 anos con escasos medios económicos, mediante o outorgamento de axudas directas ás persoas inquilinas.

Para poder desfrutar das anualidades do segundo e terceiro ano deberá solicitarse a renovación anual no prazo que se sinale na resolución de concesión da axuda inicial ou, de ser o caso, da primeira renovación. Para estes efectos, deberase achegar documentación especificada no artigo 18 desta orde

Persoas que resulten beneficiarias das liñas de axudas.

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de A Coruña

Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo da Coruña

Praza de Luis Seoane, s/n

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184801/ 881881257/ 881881258

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Lugo

Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Lugo

Avda. Ramón Ferreiro 28

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294602

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Ourense

Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Ourense

Rúa Sáenz Díez, 1

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386268

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Pontevedra

Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Pontevedra

Rúa Alcalde Hevia 7

36071  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805610/ 986805283/ 986805611

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Pontevedra

Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Pontevedra

Praza da Estrela, s/n

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 886218269/ 986817577

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)

Prazo de presentación: PECHADO

06/05/2020 00:00 - 31/12/2021 23:59

Todas as persoas que resulten beneficiarias das liñas de axudas previstas nesta orde e que non perdesen o dereito mediante a oportuna resolución poderán renovala anualmente, ata acadar unha duración máxima de tres anos. Para tal efecto, deberán presentar, no prazo que se sinale na correspondente resolución de concesión da axuda inicial ou da primeira renovación, o anexo IV, de solicitude de renovación.

- No momento de renovación da axuda, a persoa beneficiaria deberá cumprir os requisitos comúns previstos no artigo 7 desta orde. A contía da axuda renovada será a mesma que a que se viña percibindo, sen prexuízo do seu reaxuste, para o caso de cambio de domicilio, conforme o artigo 27 desta orde.

- Para os efectos de determinar o cumprimento dos requisitos no momento da renovación anual das axudas, utilizaranse o IPREM e os datos fiscais correspondentes ao último período impositivo con prazo de presentación vencido.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 17 de abril de 2020 pola que se modifica a Orde do 2 de agosto de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para as axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019, con carácter plurianual (códigos de procedemento VI432A e VI432B) (DOG nº 77 do 22 de abril de 2020).

    • Orde do 2 de agosto de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para as axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019, con carácter plurianual (DOG nº 172 do 11 de setembro de 2019).

    • Resolución do 11 de agosto de 2020 pola que se dá publicidade das persoas beneficiarias das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 2 de agosto de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para as axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019, con carácter plurianual (códigos de procedemento VI432A e VI432B), e se lles notifica a resolución ás persoas a que se lles denegaron estas axudas (DOG nº 168 do 20 de agosto de 2020).

  • Ámbito Estatal
    • Extracto da Orde do 2 de agosto de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para as axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019, con carácter plurianual (DOG nº 172 do 11 de setembro de 2019).

    • Real Decreto 106/2018, do 9 de marzo, polo que se regula o Plan estatal de vivenda 2018-2021 (BOE nº 61 de 10 de marzo de 2018).

Outros procedementos relacionados

IN413C

Inscrición/modificación do certificado de edificios de nova construción no rexistro de certificados de eficiencia enerxética de edificios.

Aberto todo o ano

IN413D

Inscrición/modificación do certificado de edificios existentes no rexistro de certificados de eficiencia enerxética de edificios.

Aberto todo o ano

VI402B

Programa "Avais para a adquisición de vivenda".

Tramitar en liña

Prazo aberto: 01/04/2025 00:00 - 31/10/2025 23:59

VI406E

Programa de axuda ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 08/05/2025 00:00 - 08/07/2025 23:59