Guía de procedementos e servizos

VI436D

Cese en réxime de concerto de fianzas

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Cesarase no réxime especial concertado polas seguintes causas:

a) Extinción da obriga de depósito.

b) Perda sobrevida das condicións que determinaron a súa concesión.

c) Non realización do ingreso no prazo sinalado no artigo 25º.2.

d) Incumprimento da obriga de actualizar o depósito coas liquidacións anuais, así como a constatación do incumprimento de calquera outra das obrigas previstas neste decreto.

e) Renuncia. Poderá renunciarse a este réxime en calquera momento, o que suporá a aplicación do réxime xeral, co depósito da totalidade das cantidades correspondentes ás fianzas, mediante a oportuna liquidación.

f) Pola causa prevista no artigo 29º.5.

g) Pola causa prevista no artigo 25º.2 no caso de non dispoñer o titular do concerto de fondos para a devolución das fianzas.

As causas descritas nas letras c), d), e), f) e g) serán de aplicación unicamente para os acollidos ao réxime voluntario.

O procedemento de cesamento no réxime de concerto poderase iniciar de oficio ou por instancia de parte.

Cuando el procedimiento de cese se inicie de oficio a Administración, comunicarase ao titular do concerto e, concederase trámite de audiencia por un prazo de dez días, co fin de que efectúe as alegacións que considere oportunas. Transcorrido o dito prazo, ditarase a correspondente resolución de cesamento no réxime de concerto ou ben de arquivo de actuacións.

A resolución que decida o cesamento no réxime de concerto e o cambio ao réxime xeral de depósito, implicará a liquidación definitiva do concerto e a conseguinte obriga de depósito destas fianzas no réxime xeral no prazo dun mes contado desde a recepción da súa notificación.

Nos supostos en que a inactividade dos interesados imposibilite a liquidación definitiva do concerto, procederase a acordar o cesamento de oficio no dito réxime coa incautación da cantidade depositada no organismo, unha vez transcorridos cinco anos desde a data da última actuación por parte do titular do concerto.

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Secretaría Xeral de Vivenda e Urbanismo

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)

Área Central. Fontiñas

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981541982

Email: dx.igvs@xunta.es

http://www.igvs.es

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

A Orde do 7 de abril de 2016 entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

  • Solicitude segundo o Anexo I.

DOCUMENTACIÓN QUE SE PRESENTA

  • Documentación que xustifique a cancelación (no caso de venda, traspaso, etc.).

COMPROBACIÓN DE DATOS

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente e achegar unha copia dos documentos.

  • DNI/NIE da persoa solicitante

  • DNI/NIE da persoa representante

CONSENTIMENTO PARA A COMPROBACIÓN DE DATOS

A persoa interesada autoriza a consulta a outras administracións públicas dos seguintes datos. De non autorizar a consulta deberá achegar o documento correspondente.

  • NIF da entidade solicitante

  • NIF da entidade representante

Prazo de resolución: Un mes

Sentido do silencio: Non especificado

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 7 de abril de 2016 pola que se adaptan e se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (DOG nº 69 do 12 de abril de 2016).

    • Decreto 42/2011, do 3 de marzo, polo que se establece o procedemento para o depósito das fianzas dos arrendamentos relativos a predios urbanos no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 51 do 14 de marzo de 2011).

    • Corrección de erros. Decreto 42/2011, do 3 de marzo, polo que se establece o procedemento para o depósito das fianzas dos arrendamentos relativos a predios urbanos no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 98 do 23 de maio de 2011).

    • Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia (DOG nº 141 do 24 de xullo de 2012).

  • Ámbito Estatal
    • Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos (BOE nº 282, de 25 de novembro de 1994).

Outros procedementos relacionados

IN413C

Inscrición/modificación do certificado de edificios de nova construción no rexistro de certificados de eficiencia enerxética de edificios.

Aberto todo o ano

IN413D

Inscrición/modificación do certificado de edificios existentes no rexistro de certificados de eficiencia enerxética de edificios.

Aberto todo o ano

VI402B

Programa "Avais para a adquisición de vivenda".

Tramitar en liña

Prazo aberto: 01/04/2025 00:00 - 31/10/2025 23:59

VI406E

Programa de axuda ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 08/05/2025 00:00 - 08/07/2025 23:59