Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
VI432B
Renovación da axuda ao alugamento de vivendas do plan estatal de vivenda 2018-2021.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras que rexerán a renovación (código de procedemento VI432B) das seguintes axudas ao alugamento de vivendas, de conformidade co Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, polo que se regula o Plan estatal de vivenda 2018-2021:
a) Liña A, axuda ao alugamento de vivenda: a súa finalidade é facilitar o desfrute dunha vivenda en réxime de alugamento a sectores de poboación con escasos medios económicos, mediante a concesión de axudas directas ás persoas inquilinas.
b) Liña B, axuda á mocidade para o alugamento de vivenda habitual e permanente: a súa finalidade é facilitar o acceso ao desfrute dunha vivenda digna e adecuada, en réxime de alugamento, a persoas menores de 35 anos con escasos medios económicos, mediante o outorgamento de axudas directas ás persoas inquilinas.
Para poder desfrutar das anualidades do segundo e terceiro ano deberá solicitarse a renovación anual no prazo que se sinale na resolución de concesión da axuda inicial ou, de ser o caso, da primeira renovación, debéndose achegar, para estes efectos, a documentación especificada no artigo 14 desta orde.
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de A Coruña
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo da Coruña
Praza de Luis Seoane, s/n
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184801 / 881881257 / 881881258
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Lugo
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Lugo
Avda. Ramón Ferreiro 28
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294602
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Ourense
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Ourense
Rúa Sáenz Díez, 1
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386268
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Pontevedra
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Pontevedra
Rúa Alcalde Hevia 7
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805610 / 986805283 / 986805611
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Pontevedra
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Pontevedra
Praza da Estrela, s/n
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 886218269 / 986817577
Prazo de presentación: PECHADO
Todas as persoas que resulten beneficiarias das liñas de axudas previstas nesta orde e que non perdesen o dereito mediante a oportuna resolución poderán renovala anualmente, ata acadar unha duración máxima de tres anos. Para tal efecto, deberán presentar, no prazo que se sinale na correspondente resolución de concesión da axuda inicial ou da primeira da renovación, o anexo VI, de solicitude de renovación.
- No momento de renovación da axuda a persoa beneficiaria deberá cumprir os requisitos comúns previstos no artigo 3 desta orde. A contía da axuda renovada será a mesma que a que se viña percibindo, sen prexuízo do seu reaxuste, para o caso de cambio de domicilio, conforme o artigo 23.
- Para os efectos de determinar o cumprimento dos requisitos no momento da renovación anual das axudas, utilizaranse o IPREM e os datos fiscais correspondentes ao último período impositivo con prazo de presentación vencido.
a) Anexo II, de declaración responsable das persoas integrantes da unidade de convivencia da persoa solicitante e autorización para solicitar por vía telemática as acreditacións relativas a identidade, residencia, datos catastrais e de titularidade de bens inmobles, ingresos, débedas e discapacidade.
No caso de que unha unidade de convivencia estea composta por máis dunha unidade familiar, deberá cubrir un modelo de anexo II por cada unha delas.
b) Anexo IV, de declaración da persoa arrendadora da vivenda de que a persoa arrendataria non ten ningunha reclamación pendente por non pagamento das rendas e/ou das subministracións.
c) Anexo V, de declaración responsable de ingresos da unidade de convivencia da persoa solicitante, no suposto de non estar obrigado/a a realizar a correspondente declaración do IRPF, acompañado da documentación acreditativa dos ingresos percibidos que figuren neste anexo.
d) De ser o caso, declaración formalizada polas/os asinantes do contrato de alugamento de que este se prorrogará nas mesmas condicións.
A comprobación dos datos necesarios para a tramitación do procedemento de renovación efectuarase de conformidade co previsto no artigo 13 desta orde.
- Fase de Solicitude
- Declaración das persoas integrantes da unidade de convivencia (Anexo II)
- Solicitude (Anexo VI)
- Declaración responsable de ingresos da unidade de convivencia da persoa solicitante (Anexo V)
- Compromiso de someterse ás condicións das axudas ao alugamento de vivendas (Anexo III)
- Declaración da persoa arrendadora da vivenda obxecto do contrato de alugamento (Anexo IV)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 22 de xuño de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para as axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021 e se procede á súa convocatoria para o ano 2018, con carácter plurianual (DOG nº 123 do 28 de xuño de 2018).
-
Extracto da Orde do 22 de xuño de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para as axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021 e se procede á súa convocatoria para o ano 2018, con carácter plurianual (axudas ao alugamento de vivenda) (DOG nº 123 do 28 de xuño de 2018).
-
Extracto da Orde do 22 de xuño de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para as axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021 e se procede á súa convocatoria para o ano 2018, con carácter plurianual (axuda á mocidade para o alugamento de vivenda habitual e permanente) (DOG nº 123 do 28 de xuño de 2018).
-
Orde do 21 de febreiro de 2019 pola que se modifica a Orde do 22 de xuño de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para as axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021 e se procede á súa convocatoria para o ano 2018, con carácter plurianual (DOG nº 41 do 27 de febreiro de 2019).
-
Resolución do 16 de xullo de 2019 pola que se publica a relación das persoas beneficiarias e das persoas a que se lles denegaron as axudas da liña B, axuda á mocidade para o alugamento de vivenda habitual e permanente, tramitadas ao abeiro da Orde do 22 de xuño de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para as axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021 e se procede á súa convocatoria para o ano 2018, con carácter plurianual (DOG nº 140 do 24 de xullo de 2019).
-
Orde do 21 de febreiro de 2020 pola que se modifica a Orde do 22 de xuño de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para as axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021 e se procede á súa convocatoria para o ano 2018, con carácter plurianual. (DOG nº 40 do 28 de febreiro de 2020).
-
-
Ámbito Estatal
-
Real Decreto 106/2018, do 9 de marzo, polo que se regula o Plan estatal de vivenda 2018-2021 (BOE nº 61 de 10 de marzo de 2018).
-
Outros procedementos relacionados
Inscrición/modificación do certificado de edificios de nova construción no rexistro de certificados de eficiencia enerxética de edificios.
Aberto todo o ano
Inscrición/modificación do certificado de edificios existentes no rexistro de certificados de eficiencia enerxética de edificios.
Aberto todo o ano
Programa "Avais para a adquisición de vivenda".
Prazo aberto: 01/04/2025 00:00 - 31/10/2025 23:59
Programa de axuda ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Prazo aberto: 08/05/2025 00:00 - 08/07/2025 23:59