Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
VI432A
Axudas ao alugamento de vivenda do plan estatal de vivenda 2018-2021.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
1. Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras que rexerán a concesión (código de procedemento VI432A) das seguintes axudas ao alugamento de vivendas, de conformidade co Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, polo que se regula o Plan estatal de vivenda 2018-2021:
a) Liña A, axuda ao alugamento de vivenda: a súa finalidade é facilitar o desfrute dunha vivenda en réxime de alugamento a sectores de poboación con escasos medios económicos, mediante a concesión de axudas directas ás persoas inquilinas.
b) Liña B, axuda á mocidade para o alugamento de vivenda habitual e permanente: a súa finalidade é facilitar o acceso ao desfrute dunha vivenda digna e adecuada, en réxime de alugamento, a persoas menores de 35 anos con escasos medios económicos, mediante o outorgamento de axudas directas ás persoas inquilinas.
2. Así mesmo, por medio desta orde convócanse estas liñas de axudas para a anualidade 2018, con carácter plurianual.
3. A concesión das subvencións recollidas nesta orde tramitarase polo procedemento de concorrencia competitiva, de acordo co sinalado no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
A convocatoria para solicitar as subvencións da liña A, axuda ao alugamento de vivenda, e para a liña B, axuda á mocidade para o alugamento de vivenda habitual e permanente, rexerase polo establecido nesta orde.
As axudas de ambas as dúas liñas concederanse por un prazo máximo de 3 anos.
1. Requisitos específicos da liña A, axuda ao alugamento de vivenda:
Poderán beneficiarse destas axudas as persoas físicas maiores de idade que na data de presentación da solicitude sexan titulares, en condición de persoa arrendataria, dun contrato de alugamento de vivenda, con mención expresa da súa referencia catastral, formalizado nos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos.
2. Requisitos específicos da liña B, axuda á mocidade para o alugamento de vivenda habitual e permanente.
Poderán beneficiarse destas axudas as persoas físicas maiores de idade que reúnan os seguintes requisitos:
a) Ser titular ou estar en condicións de subscribir, en condición de persoa arrendataria, un contrato de alugamento de vivenda, con mención expresa da súa referencia catastral, formalizado nos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos.
b) Ter menos de 35 anos na data de presentación da solicitude desta axuda.
3. Requisitos comúns ás dúas liñas de axudas.
a) A persoa beneficiaria deberá posuír a nacionalidade española; no caso de que sexa estranxeira, deberá ter a residencia legal en España.
b) Que a vivenda arrendada constitúa ou vaia constituír a residencia habitual e permanente da persoa beneficiaria durante todo o período polo que se conceda a axuda. Para estes efectos, as persoas integrantes da unidade de convivencia deben constar empadroadas na vivenda obxecto do contrato de alugamento na data da presentación da solicitude ou, tratándose de axudas da liña B, no momento da presentación do contrato, para o caso de que este non se achegase coa solicitude.
c) Que a renda mensual da vivenda que teñen alugada ou vaian alugar non supere os importes establecidos no artigo 6.
d) Que os ingresos das persoas que compoñen a unidade de convivencia sexan iguais ou inferiores a 2,5 veces o IPREM. Este límite será de 4 veces o IPREM, se a unidade de convivencia é unha familia numerosa de categoría xeral ou ten persoas cunha discapacidade distinta das sinaladas a continuación. O límite será de cinco 5 veces o IPREM cando a unidade de convivencia sexa unha familia numerosa de categoría especial ou teña persoas con algún dos seguintes tipos de discapacidade:
i) Parálise cerebral, enfermidade mental, discapacidade intelectual ou discapacidade do desenvolvemento, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %.
ii) Discapacidade física ou sensorial, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 65 %.
e) Que os ingresos mínimos da unidade de convivencia non sexan inferiores a 0,7 veces o IPREM. Para o cómputo destes ingresos non serán de aplicación os coeficientes multiplicadores previstos no artigo 8.4.
f) Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da unidade de convivencia se atopen ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non teñan pendente ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
g) Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da unidade de convivencia non estean incursas nalgunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de decembro, xeral de subvencións, e no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, así como que non se lles teña revogada, ou fosen obxecto dunha resolución de reintegro dunha axuda, deste ou dun plan de vivenda anterior, por causa imputable a algunha das persoas integrantes da unidade de convivencia.
4. Non poderá concederse a axuda cando a persoa solicitante ou algunha das persoas integrantes da unidade de convivencia se atope nalgunha das situacións que a seguir se indican:
a) Ser propietario ou usufrutuario dalgunha vivenda en España. Para estes efectos, non se considerará que se posúe a propiedade ou o usufruto dunha vivenda se o dereito recae unicamente sobre unha parte alícuota desta e foi obtido por herdanza ou transmisión mortis causa sen testamento. Exceptuaranse deste requisito as persoas que, sendo titulares dunha vivenda, acrediten a non dispoñibilidade dela por causa de separación, divorcio ou por calquera outra causa allea á súa vontade ou cando a vivenda resulte inaccesible por razón de discapacidade da persoa solicitante ou dalgún membro da súa unidade de convivencia.
b) Que teña parentesco en primeiro ou segundo grao de consanguinidade ou de afinidade coa persoa arrendadora da vivenda.
c) Que sexa socia ou partícipe da persoa física ou xurídica que actúe como arrendadora.
d) Que sexa arrendataria dunha vivenda xestionada polo IGVS.
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de A Coruña
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo da Coruña
Praza de Luis Seoane, s/n
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184801 / 881881257 / 881881258
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Lugo
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Lugo
Avda. Ramón Ferreiro 28
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294602
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Ourense
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Ourense
Rúa Sáenz Díez, 1
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386268
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Pontevedra
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Pontevedra
Rúa Alcalde Hevia 7
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805610 / 986805283 / 986805611
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Pontevedra
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Pontevedra
Praza da Estrela, s/n
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 886218269 / 986817577
PROCESO DE SOLICITUDE
É obrigatorio que no proceso de achega de documentación se inclúan como arquivos adxuntos os que se cita a continuación. En caso contrario a solicitude quedará automaticamente inadmitida (artigo 15.2 da Orde do 2 de agosto de 2019):
- Contrato de alugamento de vivenda, cunha duración mínima dun ano, con mención expresa da referencia catastral
- Xustificante de empadroamento conxunto de todas as persoas integrantes da unidade de convivencia (expedido nos 3 meses anteriores)
- Anexo II, no caso de que a unidade de convivencia estea integrada por máis dunha persoa
Prazo de presentación: PECHADO
29/06/2018 00:00 - 30/07/2018 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día de publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
Coa solicitude deberase achegar a seguinte documentación:
a) De ser o caso, documentación acreditativa da representación da persoa que actúe no nome da persoa solicitante. A representación deberá acreditarse a través do modelo normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou por calquera outro medio válido en dereito. O modelo normalizado pódese descargar na seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/modelos-normalizados
b) Contrato de alugamento da vivenda, con mención expresa da súa referencia catastral, formalizado nos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos.
No caso de persoas solicitantes da liña B, axuda á mocidade para o alugamento de vivenda habitual e permanente, que desexen acceder a un alugamento de vivenda e non dispoñan dun contrato de alugamento no momento de presentar a solicitude, deberán indicar no anexo I en cal das zonas territoriais sinaladas no artigo 6 de convocatoria se localizará a vivenda que se vaia alugar. No prazo de dous (2) meses, contados desde a notificación da resolución de concesión, deberán presentar o contrato de alugamento nun concello da categoría referida, xunto co certificado de empadroamento.
c) Anexo II, de declaración responsable das persoas integrantes da unidade de convivencia da persoa solicitante e autorización para solicitar por vía telemática as acreditacións relativas a identidade, residencia, datos catastrais e de titularidade de bens inmobles, ingresos, débedas e discapacidade.
No caso de que unha unidade de convivencia estea composta por máis dunha unidade familiar, deberase cubrir un modelo de anexo II por cada unha delas.
d) Anexo III, de compromiso de someterse ás condicións das axudas ao alugamento desta orde, con indicación do número de conta bancaria da persoa arrendataria e da persoa arrendadora.
e) Anexo IV, de declaración da persoa arrendadora da vivenda obxecto do contrato de alugamento de que a persoa arrendataria non ten débedas por non pagamento das rendas nin das subministracións, no caso de dispoñer de contrato no momento de presentar a solicitude.
f) Anexo V, de declaración responsable da persoa solicitante e das persoas integrantes da unidade de convivencia, no caso de non estar obrigados a presentar a declaración do IRPF, acompañado da seguinte documentación:
Certificado de imputacións do IRPF do exercicio que se especifique na correspondente convocatoria, emitido pola AEAT.
Certificado de retribucións e retencións da empresa ou empresas nas cales estivese de alta no devandito exercicio.
Certificado de pensións ou prestacións periódicas, emitido polo correspondente organismo oficial, no caso de non ser outorgadas polo INSS.
Certificados bancarios de rendementos do capital mobiliario.
g) Xustificante de empadroamento conxunto de todas as persoas integrantes da unidade de convivencia. Estes xustificantes deberán estar expedidos dentro dos seis meses, anteriores á data da presentación da solicitude.
A data de alta das persoas integrantes da unidade de convivencia na vivenda obxecto do contrato que figure neste documento deberá ser igual ou anterior á do día de presentación da solicitude da axuda, agás para o caso das persoas solicitantes da liña B, axuda á mocidade para o alugamento de vivenda habitual e permanente, que non presenten contrato no momento da solicitude. Neste caso, a data de alta na vivenda das persoas integrantes da unidade de convivencia que figure no xustificante de empadroamento conxunto deberá ser igual ou anterior á data de presentación do contrato.
h) De ser o caso, convenio regulador de nulidade, separación ou divorcio, ou sentenza que acredite que a persoa solicitante non ten o uso da vivenda familiar, así como a documentación acreditativa de estar ao día no pagamento das pensións alimenticias e compensatorias, se for o caso, no caso das persoas separadas ou divorciadas.
Aquelas persoas que na solicitude indiquen que pertencen a algún dos colectivos preferentes especificados no artigo 8.5 deberán achegar a seguinte documentación:
a) No caso de familias numerosas, título de familia numerosa, no suposto de tratarse dun documento non expedido pola Xunta de Galicia.
b) No caso de unidades familiares monoparentais con cargas familiares, de non dispoñer do certificado de monoparentalidade expedido pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xunta de Galicia na data de presentación da solicitude, deberase achegar a seguinte documentación:
Copia do libro de familia.
Declaración responsable de non constituír unión estable de parella ou manter unha relación análoga á conxugal, así como de non ter contraído matrimonio con outra persoa.
Copia da resolución xudicial ou administrativa pola que se constitúa a tutela, adopción ou o acollemento permanente ou preadoptivo ou sentenza que acredite a exclusividade da patria potestade, de ser o caso.
Copia do certificado de defunción da persoa proxenitora falecida, no caso de atoparse nesta circunstancia e non constar no libro de familia.
Sentenza xudicial pola que se acredita cal dos proxenitores ten a obriga legal de pagar a pensión alimenticia e o réxime de convivencia coas fillas e fillos, de ser o caso.
Para o suposto de que un proxenitor teña a garda e custodia exclusiva ou total das fillas e fillos e non perciba a pensión alimenticia establecida xudicialmente, deberá acreditar esta circunstancia mediante un dos seguintes documentos:
Certificado da/do letrada/o da Administración de xustiza, dilixencia, providencia ou documento análogo do xulgado que acredite que o procedemento de reclamación da pensión alimenticia está en curso. Este documento deberá estar expedido dentro dos tres meses anteriores á data de presentación da solicitude.
Sentenza condenatoria por impago de alimentos.
c) No caso de que algunha das persoas integrantes da unidade de convivencia for obxecto dunha execución hipotecaria da súa vivenda habitual ou a tiver entregado en pagamento da débeda, documentación acreditativa da dita circunstancia, a cal deberá estar emitida dentro do prazo dos seis meses anteriores á data de presentación da solicitude.
d) No caso de unidades de convivencia en que exista algunha vítima acreditada de violencia de xénero:
Certificación da orde de protección ou medida cautelar, testemuño ou copia autenticada da/do letrada/o da Administración de xustiza da propia orde de protección ou medida cautelar.
Resolución xudicial que declare a existencia de violencia de xénero.
Informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de violencia.
Informe dos servizos de acollida.
Certificación e/ou informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública autonómica ou local.
Calquera outro que se estableza legal ou regulamentariamente para a acreditación da dita situación.
Os documentos acreditativos da situación de violencia anteditos deben de estar emitidos dentro dos seis meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude.
e) No caso de unidades de convivencia en que algunha persoa asuma a patria potestade, tutela ou acollemento familiar permanente dalgún menor orfo por violencia de xénero, documentación acreditativa desta circunstancia e copia da resolución xudicial ou administrativa pola que se constitúa a tutela, adopción ou o acollemento permanente ou preadoptivo, de ser o caso.
f) No caso de unidades de convivencia afectadas por situacións catastróficas, documentación que permita acreditar a citada situación.
g) No caso de unidades de convivencia que conten con algún membro con discapacidade, o correspondente certificado de discapacidade, no suposto de tratarse dun documento non expedido pola Xunta de Galicia.
h) No caso de persoas vítimas de terrorismo, documento oficial que acredite esta circunstancia.
Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente, sempre que non se modificasen as súas circunstancias e a persoa interesada outorgue o seu consentimento expreso para que sexan consultados ou obtidos os ditos documentos, segundo o Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas, no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos, DOUE do 4 de maio).
No suposto de que exista a imposibilidade material de obter o documento, a área provincial do IGVS poderá requirirlle á persoa solicitante a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos contidos a que se refire o documento.
A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia. Tamén se poderá presentar en formato papel, por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Para o caso de que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais, sempre que exista constancia de que sexan auténticas. Excepcionalmente, o IGVS poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o seu cotexo coa copia electrónica presentada.
No caso de que os documentos que se presenten superen os tamaños máximos establecidos na sede electrónica ou teñan un formato non admitido, deberán seguirse para a súa presentación as instrucións da sede electrónica da Xunta de Galicia sinaladas no seguinte enderezo: https://sede.xunta.gal/documentacion-de-gran-tamano
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) Documento nacional de identidade (en diante, DNI) ou, de ser o caso, número de identidade de estranxeiro (en diante, NIE) da persoa solicitante e, de ser o caso, da súa persoa representante, así como das persoas que integran a súa unidade de convivencia e da/s persoa/s arrendadora/s da vivenda.
b) Permiso de residencia legal da persoa solicitante, cando sexa estranxeira.
c) Certificado de empadroamento da persoa solicitante, así como das persoas que integran a unidade de convivencia.
d) Certificacións da Axencia Estatal de Administración Tributaria (en diante, AEAT), da Tesouraría Xeral da Seguridade Social e da consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, acreditativas do cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, correspondentes á persoa solicitante e ás persoas que integran a unidade de convivencia.
e) Certificado da renda expedido pola AEAT, da persoa solicitante e das persoas que integran a súa unidade de convivencia, correspondente aos datos fiscais que se establezan en cada convocatoria.
f) Certificado do nivel de renda expedido pola AEAT, da persoa solicitante e das persoas que integran a súa unidade de convivencia, correspondente aos datos fiscais que se establezan en cada convocatoria.
g) Datos catastrais correspondentes á persoa solicitante e ás persoas que integran a súa unidade de convivencia.
h) Certificación de titularidade de bens inmobles da Dirección Xeral do Catastro onde conste que nin a persoa solicitante nin ningunha das persoas integrantes da unidade de convivencia teñen en usufruto ou en propiedade outra vivenda en territorio español.
i) Consulta das prestacións do Rexistro de Prestacións Sociais Públicas, incapacidade temporal e maternidade do Instituto Nacional da Seguridade Social, da persoa solicitante así como das persoas que integran a súa unidade de convivencia.
j) Certificado das percepcións da renda de integración social de Galicia.
k) Certificado de monoparentalidade expedido pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.
l) Importes das prestacións de desemprego percibidos pola persoa solicitante, así como polas persoas que integran a súa unidade de convivencia, no caso de que fagan constar na solicitude que lle é de aplicación esta circunstancia.
m) Certificado de inscrición no Rexistro de parellas de feito de Galicia da persoa solicitante.
n) Título autonómico de familia numerosa, no caso de que a persoa solicitante ou calquera das persoas que integran a súa unidade de convivencia faga constar na solicitude que lle é de aplicación esta circunstancia. No suposto de tratarse dun documento non expedido pola Xunta de Galicia, deberá achegarse a correspondente documentación.
o) Certificado acreditativo da discapacidade, para o suposto de que o documento deba ser expedido pola Xunta de Galicia, no caso de que a persoa solicitante ou calquera das persoas integrantes da súa unidade de convivencia faga constar na solicitude que lle é de aplicación esta circunstancia. No suposto de tratarse dun documento non expedido pola Xunta de Galicia, deberá achegarse a correspondente documentación.
2. No caso de que a persoa solicitante, calquera das persoas que integran a súa unidade de convivencia e/ou a persoa arrendadora non autoricen esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado nos anexos I, II e III, respectivamente, e achegar os devanditos documentos.
3. No caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
A solicitude realizarase mediante a presentación do modelo que se incorpora como anexo I a esta orde, debidamente cuberto. Deberá dirixirse á área provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS) onde estea situada a vivenda.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
Tamén se poderán presentar as solicitudes presencialmente por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
No modelo de solicitude a persoa solicitante realizará as seguintes declaracións:
a) Declaración responsable de que nin a persoa solicitante nin ningunha outra persoa integrante da súa unidade de convivencia solicitou nin obtivo ningunha outra axuda para a mesma finalidade. No caso de ter solicitado ou obtido algunha outra axuda, deberá indicar cales e a súa contía.
b) Compromiso de comunicar calquera outra subvención que lle sexa concedida á persoa solicitante ou a calquera das persoas integrantes da súa unidade de convivencia para a mesma finalidade.
c) Declaración responsable de que a persoa solicitante é titular ou, se é o caso, está en condicións de subscribir un contrato de alugamento nun concello de Galicia.
d) Declaración responsable de que a vivenda obxecto do contrato de alugamento que se presente constitúe ou, se é o caso, vai constituír o seu domicilio habitual e permanente.
e) Declaración responsable de que nin a persoa solicitante nin ningunha outra persoa integrante da súa unidade de convivencia é propietaria ou usufrutuaria dunha vivenda situada no territorio nacional, agás o suposto exceptuado no artigo 3.4.a).
f) Declaración responsable de que nin a persoa solicitante nin ningunha outra persoa integrante da súa unidade de convivencia ten parentesco por consanguinidade, adopción ou afinidade, ata o segundo grao, coa persoa arrendadora.
g) Declaración responsable de que nin a persoa solicitante nin ningunha outra persoa integrante da súa unidade de convivencia é socia ou partícipe da persoa física ou xurídica que actúe como arrendadora.
h) Declaración responsable de que nin a persoa solicitante nin ningunha outra persoa integrante da súa unidade de convivencia é arrendataria de vivendas xestionadas polo IGVS.
i) Declaración responsable de que nin á persoa solicitante nin a ningunha outra persoa integrante da súa unidade de convivencia se lle teña revogada, ou for obxecto dunha resolución de reintegro dunha axuda, deste ou dun plan de vivenda anterior por causa imputable a algunha das persoas integrantes da unidade de convivencia.
j) Declaración responsable de que nin a persoa solicitante nin ningunha outra persoa integrante da súa unidade de convivencia está incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro.
k) Declaración responsable de que nin a persoa solicitante nin ningunha outra persoa integrante da súa unidade de convivencia está incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
l) Declaración responsable de que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia están ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e o artigo 9 do seu regulamento, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
m) Declaración responsable de que todos os datos da solicitude son certos.
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Opcionalmente, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- Fase de Solicitude
- Declaración responsable da persoa solicitante e das persoas integrantes da unidade de convivencia (Anexo V)
- Solicitude (Anexo I)
- Declaración da persoa arrendadora da vivenda obxecto do contrato de alugamento (Anexo IV)
- Declaración das persoas integrantes da unidade de convivencia da persoa solicitante (Anexo II)
- Compromiso de someterse ás condicións das axudas ao alugamento de vivendas (Anexo III)
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 22 de xuño de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para as axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021 e se procede á súa convocatoria para o ano 2018, con carácter plurianual (DOG nº 123 do 28 de xuño de 2018).
-
Extracto da Orde do 22 de xuño de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para as axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021 e se procede á súa convocatoria para o ano 2018, con carácter plurianual (axudas ao alugamento de vivenda) (DOG nº 123 do 28 de xuño de 2018).
-
Extracto da Orde do 22 de xuño de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para as axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021 e se procede á súa convocatoria para o ano 2018, con carácter plurianual (axuda á mocidade para o alugamento de vivenda habitual e permanente) (DOG nº 123 do 28 de xuño de 2018).
-
Orde do 21 de febreiro de 2019 pola que se modifica a Orde do 22 de xuño de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para as axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021 e se procede á súa convocatoria para o ano 2018, con carácter plurianual (DOG nº 41 do 27 de febreiro de 2019).
-
Resolución do 16 de xullo de 2019 pola que se publica a relación das persoas beneficiarias e das persoas a que se lles denegaron as axudas da liña B, axuda á mocidade para o alugamento de vivenda habitual e permanente, tramitadas ao abeiro da Orde do 22 de xuño de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para as axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021 e se procede á súa convocatoria para o ano 2018, con carácter plurianual (DOG nº 140 do 24 de xullo de 2019).
-
Resolución do 13 de novembro de 2019 pola que se dá publicidade ás persoas beneficiarias das axudas da liña A, axuda ao alugamento de vivenda, concedidas ao abeiro da Orde do 22 de xuño de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para as axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021 e se procede á súa convocatoria para o ano 2018, con carácter plurianual, e se notifica a resolución ás persoas ás cales se lles denegaron estas axudas (DOG nº 233 do 9 de decembro de 2019).
-
Orde do 21 de febreiro de 2020 pola que se modifica a Orde do 22 de xuño de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para as axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021 e se procede á súa convocatoria para o ano 2018, con carácter plurianual. (DOG nº 40 do 28 de febreiro de 2020).
-
-
Ámbito Estatal
-
Real Decreto 106/2018, do 9 de marzo, polo que se regula o Plan estatal de vivenda 2018-2021 (BOE nº 61 de 10 de marzo de 2018).
-
Outros procedementos relacionados
Inscrición/modificación do certificado de edificios de nova construción no rexistro de certificados de eficiencia enerxética de edificios.
Aberto todo o ano
Inscrición/modificación do certificado de edificios existentes no rexistro de certificados de eficiencia enerxética de edificios.
Aberto todo o ano
Programa "Avais para a adquisición de vivenda".
Prazo aberto: 01/04/2025 00:00 - 31/10/2025 23:59
Programa de axuda ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Prazo aberto: 08/05/2025 00:00 - 08/07/2025 23:59